Consellería do Medio Rural

A Consellería de Medio Rural é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias na xestión e promoción da agricultura, da gandaría, dos produtos con denominación de orixe, e da política forestal. O seu titular actual é Ángeles Vázquez Mejuto.

Consellería do Medio Rural
Escudo de la Xunta de Galicia


TratamentoExcelentísimo señor
ÁmbitoComunidade Autónoma de Galicia
Designado porPresidencia da Xunta
DuraciónCatro anos, sen límite de mandatos
Primeiro titularAlfredo Suárez Canal
Creaciónoutubro de 2015 (como tal)
Sitio webmediorural.xunta.gal

Historia

A consellería de Medio Rural e do Mar é, a pesar das mudanzas de nomes, unha das máis estables da historia dos gobernos autonómicos en canto a funcións e competencias. A variación máis importante foi a incorporación, entre 1983 e 1986 das políticas relacionadas coa pesca e a acuicultura que antes, coma o foron despois, tiveron unha consellería de seu. Estas competencias foron recuperadas trala remodelación de goberno producida en 2012. Non obstante, en 2015 a Consellería divídese en "Consellería do Medio Rural" dirixida por Ángeles Vázquez e a Consellería do Mar, dirixida por Rosa Quintana.

Conselleiros

  1. Jaime Rey de Roa (1982-1984). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.
  2. Fernando Garrido Valenzuela (1984-1986). A partir de 1985, como conselleiro de Agricultura, Pesca e Alimentación e uns meses despois, como conselleiro de Agricultura.
  3. Ángel Ruiz Fidalgo (1986-1987).
  4. Francisco Sineiro (1987-1990).
  5. Xosé Manuel Romay Beccaría (1990-1991). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Forestal.
  6. Tomás Pérez Vidal (1991-1997). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.
  7. Cástor Gago (1997-2001). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
  8. Xoán Manuel Diz Guedes (2001-2004). A partir de 2001, uns meses máis tarde, como conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.
  9. José Antonio Santiso Miramontes (2004-2005).
  10. Alfredo Suárez Canal (2005-2009). Como conselleiro de Medio Rural.
  11. Samuel Juárez (2009-2012).
  12. Rosa Quintana (2012-2015). Como conselleira de Medio Rural e do Mar.
  13. Ángeles Vázquez Mejuto (2015-). Como conselleira de Medio Rural.
  14. Rosa Quintana (2015-). Como conselleira do Mar.

Estrutura interna

Secretarías e direccións xerais

Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, que ocupa Francisco José Vidal-Pardo y Pardo, a consellería do Medio Rural e do Mar conta coas seguintes secretarías e direccións xerais:

Entes asociados

Outros entes

Véxase tamén

Ligazóns externas

Outros artigos

A Marola

A Marola é un pequeno illote situado fronte á costa de Dexo-Serantes, no concello de Oleiros na Comarca da Coruña.

Banco de Terras de Galicia

O Banco de Terras de Galiza (denominación oficial) ou BanTeGal é un banco público creado pola Consellería do Medio Rural adicado a mobilizar as terras agrarias abandonadas ou improdutivas mediante o seu aluguer.

Can de palleiro

O can de palleiro é unha raza de can de tamaño medio orixinaria de Galicia. Tradicionalmente, era o can por antonomasia do agro galego e a súa función era a de can pastor e tamén de garda, mais hoxe en día hai exemplares adicados a distintas funcións, como axuda a discapacitados, cans de terapias, cans de salvamento ou en competicións deportivas como o canicross e o agility. É unha das catro razas de cans autóctonas de Galicia, xunto co guicho, o perdigueiro e o podengo galego.

Estivo a piques de desaparecer por mor dos cruzamentos con outras razas. O seu proceso de recuperación comezou na década de 2000, e en decembro de 2017 había 1 275 exemplares inscritos no libro xenealóxico do Club da Raza Can de Palleiro.

Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia

O Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia (CRZG), inaugurado en 2006 e situado no Pazo de Fontefiz (Ucelle, Coles), é un organismo que ten por obxectivo a recuperación e conservación das razas animais autóctonas en perigo de extinción. O organismo dependen da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia.No Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, as razas bovinas autóctonas críanse seguindo a agricultura ecolóxica, caracterizada pola crianza ao aire libre e a alimentación natural.

Coles

Coles é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.150 habitantes (3.201 en 2003).

Concentración parcelaria

A concentración parcelaria ou parcelaria é un procedemento administrativo da Xunta de Galicia polo cal a Consellería do Medio Rural busca a redución do número de parcelas e o seu agrupamento nunha determinada zona en concreto e limitado ao concello no que se realiza para aumentar a rendibilidade dos recursos agrarios e forestais. Este agrupamento de parcelas pasará a chamarse leiras, e supón a mellora e construción de máis accesos ás novas leiras.

Dende os anos 1980 en Galicia lévanse concentrado 416.504 hectáreas cun custo duns 1.200 millóns de euros.

Consellaría

Denomínase consellaría ou consellería a cada unha das carteiras en que se dividen os gobernos das comunidades autónomas de España, incluídas as da Xunta de Galicia. Trátase do equivalente aos ministerios na repartición por funcións dos órganos de goberno estatais. A cabeceira dunha consellaría é rexida por un responsábel máximo, que se coñece como conselleiro. Así mesmo, a dependencia ou sede de cada consellaría recibe a mesma denominación.

Consellería do Mar

A Consellería de Mar é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias en pesca, acuicultura e instalacións portuarias. A súa titular é Rosa Quintana.

Emilio López Pérez

Emilio López Pérez, coñecido como Milucho, nado o 31 de marzo de 1952 en Sindrán (Monforte de Lemos), é un político e sindicalista galego.

Eucalipto

Eucalipto é a denominación dada ás especies vexetais do xénero Eucalyptus (do grego eu (εὖ), ben, e kalyptos (καλυπτός), cuberto; en alusión ás súas flores: ben cubertas, ben protexidas polo opérculo). O xénero inclúe máis de 600 especies autóctonas de Australia que forman parte da flora característica do continente australiano, existindo apenas un pequeno número de especies propias dos territorios veciños da Nova Guinea e Indonesia. De feito, ningún continente está tan marcadamente caracterizado por un só xénero de árbore como acontece na Oceanía cos eucaliptos.

A especie do xénero eucalipto máis espallada ao longo do país é o eucalipto azul (Eucalyptus globulus Labill.). A FAO, nunha reclasificación da sistemática desta especie, utiliza a forma E. globulus Labill. subsp. globulus. J. S. Labillardiere foi quen identificou esta especie, en 1792, a partir de mostras recollidas en Tasmania.

Fene

Fene é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra. Segundo o IGE en 2014 tiña 13.498 habitantes (14.165 no 2009, 14.346 no 2006, 14.355 no 2005, 14.485 no 2004, 14.530 en 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «fenés, fenesa».

Está situado á beira da ría de Ferrol. Ten unha superficie de 26,3 km² e conta con 8 parroquias.

Illas de San Pedro

As Illas de San Pedro son un arquipélago galego da provincia da Coruña, situadas no municipio da Coruña, na parroquia de San Pedro de Visma, ao pé do Monte de San Pedro. Son 5 illotes case chairos moi próximos uns aos outros, separados por unha canle inferior ao quilómetro e a 250 metros da costa. O conxunto das illas suma unha extensión de 15 hectáreas (a maior conta con 4). Tradicional zona de marisqueo. A súa vexetación é de carácter herbáceo onde se distinguen 14 especies diferentes.

Os illotes tamén teñen nomes de seu e son: Illa Vendaval ou Cetárea, Illa do Pé, Aguión, As tres illas e Os Fernandiños.

En 2009 o arquipélago foi declarado espazo natural de interese local de xeito provisorio durante dous anos, mais non se prorrogou. En 2016 o concello aprobou por unanimidade o procedemento para a súa declaración definitiva e a declaración provisional foi aprobada pola Xunta o 16 de novembro de 2017.

Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) é un Instituto Universitario de Investigación de Carácter Mixto, creado no ano 2001, cuxa sede se atopa na cidade de Lugo. Esta Institución pertence á Universidade de Santiago de Compostela no seu Campus de Lugo. En 2011 estaba conformada pola Universidade de Santiago de Compostela, a Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Consellería do Medio Rural) e a Deputación Provincial de Lugo.

Lugares de importancia comunitaria en Galicia

En Galicia existen 21 novas propostas de lugares de importancia comunitaria (LIC) e 28 de ampliación de zonas especiais de conservación (ZEC) desde 2011. Esta proposta da Xunta de Galicia, e por solicitude da Comisión Europea, suporía aumentar a Rede Natura 2000 galega en 154.174 ha. e acadar, se se aprobase, un total de 528.609 ha. protexidas polos ZEC e ZEPAs.

Pazo do Conde de Gondomar

O pazo do Conde de Gondomar, tamén chamado fortaleza de Gondomar, é unha fortificación de orixe medieval situada ao sur da vila de Gondomar. Está declarado Ben de Interese Cultural, e sitúase nunha fraga de árbores centenarias, rodeado por unha leira de 30 ha.

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia

A Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia foi unha empresa galega de capital público, integrada na Consellería do Medio Rural e que tiña por obxectivo apoiar o desenvolvemento rural. Entre eses labores de apoio estaba o de realizar actividades de investigación e estudos sobre desenvolvemento e planificación do medio rural.

Terreo Cinexeticamente Ordenado

Un Terreo Cinexeticamente Ordenado (TECOR) é unha área do territorio galego susceptible de aproveitamento cinexético que fose declarada e recoñecida como tal pola Consellería do Medio Rural. Esta categoría territorial naceu coa Lei de Caza de Galicia de 1997, substituíndo os antigos cotos de caza.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Zonas especiais de conservación en Galicia

A Rede Natura 2000 galega conta con 59 zonas especiais de conservación (ZECs) que foron aceptadas e declaradas pola Comunidade Europea e que son xestionadas pola Xunta de Galicia. Ademais á fronte da costa galega está tamén o Banco de Galicia, que foi declarado como ZEC e que está xestionado polo Goberno de España, xa que está en augas da súa competencia.

Desde 2011 existe unha proposta de ampliación de 21 novos lugares de importancia comunitaria (LICs) e de ampliación do espazos que ocupan outros 28 ZECs xa declarados, tal e como lle suxeriu a Unión Europea a Galicia. Considerando tamén a área dos LICs, contaríase así con 389.737 ha. protexidas de territorio litoral e terrestre (excluíndo ao Banco de Galicia).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.