Consellería do Mar

A Consellería de Mar é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias en pesca, acuicultura e instalacións portuarias. A súa titular é Rosa Quintana.

Historia

A consellería de Mar naceu con nome de consellería de Pesca en 1982, xa no primeiro goberno autonómico de Xerardo Fernández Albor. En todos estes anos mudou en varias ocasións de nome, pero non modificou de forma considerable as súas competencias ata que en 2009 se fixo cargo da xestión dos Portos de Galicia, que ata daquela pertenceran á consellería de Política Territorial. Porén, entre 1984 e 1986 foi integrada na consellería de Agricultura. En 2012 volveu fusionarse con esta, nesa altura xa chamada Consellería do Medio Rural. Foi novamente creada en outubro de 2015[1]

Conselleiros

  1. José Baldomero Fernández Calviño (1979-1982). Como conselleiro de Pesca.
  2. Ramón Díaz del Río (1982-1983). Como conselleiro de Pesca.
  3. Xoán Manuel Páramo Neira (1986-1987). Como conselleiro de Pesca, Marisqueo e Cultivos Mariños.
  4. Xosé Henrique Rodríguez Peña (1987-1990). Como conselleiro de Pesca.
  5. Henrique López Veiga (1990-1993). Como conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
  6. Xoán Caamaño (1993-1997).
  7. Amancio Landín Jaraiz (1997-2001).
  8. Henrique López Veiga (2001-2005). Primeiro como conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, e despois duns meses, aínda en 2001, como conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos.
  9. Carmen Gallego (2005-2009).
  10. Rosa Quintana (2009-2012). Como conselleira de Mar.
  11. Rosa Quintana (2012-2015). Como conselleira de Medio Rural e do Mar.
  12. Rosa Quintana (2015-). Como conselleira de Mar.

Notas

  1. Núñez Feijoo destitúe a Rocío Mosquera nunha ampla reestruturación do seu Goberno, artigo en Praza Pública, 4 de outubro de 2015.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Bartolomé García de Nodal

Bartolomé García de Nodal, nado en Pontevedra en 1574 e finado no mar Caribe o 5 de setembro de 1622, foi un navegante galego, que canda seu irmán Gonzalo García de Nodal, chamados os irmáns Nodales ou Los Nodales, foi enviado por Filipe III a recoñecer o estreito de Magallanes e o novo estreito descuberto pola expedición de Jacob Le Maire e Willem Schouten.

Consellaría

Denomínase consellaría ou consellería a cada unha das carteiras en que se dividen os gobernos das comunidades autónomas de España, incluídas as da Xunta de Galicia. Trátase do equivalente aos ministerios na repartición por funcións dos órganos de goberno estatais. A cabeceira dunha consellaría é rexida por un responsábel máximo, que se coñece como conselleiro. Así mesmo, a dependencia ou sede de cada consellaría recibe a mesma denominación.

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é unha consellaría da Xunta de Galicia, que se encarga da promoción de obras públicas, do estado das estradas e das infraestruturas de comunicación, da política de transporte, da vivenda e da xestión e conservación do ambiente. O seu titular actualmente é Ethel Vázquez.

Consellería do Medio Rural

A Consellería de Medio Rural é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias na xestión e promoción da agricultura, da gandaría, dos produtos con denominación de orixe, e da política forestal. O seu titular actual é Ángeles Vázquez Mejuto.

Francisco José Vidal-Pardo y Pardo

Francisco José Vidal-Pardo y Pardo, nado en Madrid en 1973, é un avogado e político galego, do PPdeG.

Gardacostas de Galicia

O Servizo de Gardacostas de Galicia, tamén coñecido de modo extraoficial como Gardacostas de Galicia, é o organismo encargado de velar pola garda costeira, vixilancia pesqueira, busca e salvamento e protección do medio mariño nas augas da comunidade autónoma de Galicia, España. Depende directamente da Consellería do Mar por medio da Subdirección Xeral de Gardacostas.

A súa fundación coma corpo de gardacostas data do ano 2004, a raíz da promulgación da Lei 2/2004, de 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia. O corpo de gardacostas naceu a partir de servizos que xa estaban a funcionar Galicia, como eran o Servizo de Vixilancia Pesqueira e o Servizo de Busca e Salvamento. No servizo traballan 239 persoas (incluído persoal colaborador doutras empresas) , entre eles 112 axentes e conta con 2 helicópteros, 19 embarcacións, 60 vehículos e 3 camionetas .

Gonzalo García de Nodal

Gonzalo García de Nodal, nado en Pontevedra en 1569 e finado no Océano Atlántico en 1622, foi un navegante galego, que canda seu irmán Bartolomé García de Nodal, chamados os irmáns Nodales ou Os Nodales, foi enviado por Filipe III a recoñecer o estreito de Magallanes e o novo estreito descuberto pola expedición de Jacob Le Maire e Willem Schouten.

Irmáns García Nodal

O Irmáns García Nodal é un buque de salvamento e apoio, do servizo de gardacostas da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

Leva o nome en honra de Bartolomé e Gonzalo García de Nodal, navegantes pontevedreses que recoñeceron o estreito de Magallanes en 1619.

Juan Carlos Maneiro

Juan Carlos Maneiro Cadillo, nado en 1958 en Vilagarcía de Arousa, é un biólogo e político galego do PPdeG.

Lagostino

O lagostino ou cigala (Nephrops norvegicus), é un crustáceo decápodo da suborde dos pleociemados, infraorde dos astacideos, o tipo da familia dos nefrópidos (Nephropidae), e a única especie do xénero Nephrops. Trátase dunha especie comestible moi apreciada en gastronomía polo seu sabor.

Pesca

A pesca é a extracción de organismos acuáticos do medio onde se desenvolveron para diversos fins, tales como a alimentación, a recreación (pesca recreativa ou pesca deportiva), a ornamentación (captura de especies ornamentais) ou a industria, incluíndo a fabricación de comida para o alimento de animais en crianza e a produción de substancias con interese para a saúde -como o "famoso" aceite de fígado de bacallau.

Portos de Galicia

Portos de Galicia é un ente público adscrito á Consellería do Mar que administra os portos dependentes da Xunta de Galicia.

Comezou as súas actividades en 1996 e xestiona, conserva e explota o desenvolvemento dos 122 portos e instalacións portuarias de Galicia, nos que se desenvolven actividades pesqueiras, marisqueiras, comerciais e náutico-deportivas. O presidente do consello de administración de Portos de Galicia é José Manuel Álvarez-Campana.

En Galicia existen seis portos de interese xeral que son xestionados polas súas respectivas autoridades portuarias: porto de Ferrol-San Cibrao, porto da Coruña, porto de Vilagarcía, porto de Marín e porto de Vigo.

Reló

O reló, Dosinia exoleta, (Linnaeus, 1758), é un molusco bivalvo heterodonte da orde dos veneroides e familia dos venéridos, común en Galicia.

A súa cuncha é grosa e practicamente circular, de ata 60 mm de diámetro.O talle mínimo de captura e comercialización é de 30 mm.

Ademais do nome de reló, derivado da forma circular da cuncha, recibe tamén os nomes de reloxo, reloxito, moelo, ameixa de can, arola e tato.En Panxón chaman reló a outro molusco, o carneiro (Venus verrucosa).

Robaliza

A robaliza (Dicentrarchus labrax), ou robalo (unha robaliza grande), é un peixe perciforme da familia dos Moronidae, con aletas con radios espiñosos, moi apreciados entre os pescadores polo seu exquisito sabor. Chega a medir 100 cm de lonxitude.

Rosa Liaño

Rosa Liaño Pedreira, nada na Coruña, é unha bióloga e personalidade pública galega, muller do presidente da Xunta Fernando González Laxe.

Ría de Ortigueira

A ría de Ortigueira, tamén coñecida como ría de Ortigueira e Ladrido e como ría de Santa Marta de Ortigueira, é unha ría galega situada ao norte da provincia da Coruña, en Galicia, España.

Está formada pola desembocadura do río Mera, as súas augas bañan os concellos de Cariño e Ortigueira. Debe o seu nome á vila de Ortigueira, e conta con dous portos pesqueiros, o de Espasante, actualmente sen apenas actividade pesqueira, e o de Cariño, moito máis importante.

Está catalogada como unha zona especial de conservación (ZEC) e unha zona de especial protección para as aves (ZEPA). Ademais, por ser un importante lugar de paso e invernada de aves acuáticas está dentro do Convenio de Ramsar como zona húmida protexida.

Sikorsky S-76

O Sikorsky S-76 é un modelo de helicóptero medio utilitario fabricado pola compañía estadounidense Sikorsky Aircraft, a fabricante do UH-60 Black Hawk. O S-76 conta con dous motores turboeixo, un rotor principal de catro palas e tren de aterraxe retráctil.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Zamburiña

A zamburiña (Chlamys varia) é un molusco bivalvo da familia Pectinidae. Ten forma asimétrica e coloración variable, en xeral uniformemente marrón, pero tamén pode ser purpúrea, branca, amarela, avermellada ou con vetas marmóreas.

É unha especie do Mediterráneo, o Atlántico, o mar do Norte e o mar Vermello, onde vive nas costas ata os 80 m de profundidade. Adoitan vivir pegadas ó substrato rochoso, raras veces soltas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.