Consellería de Vivenda

A Consellería de Vivenda foi unha antiga consellería da Xunta de Galicia que se encargou de tarefas relacionadas coa promoción de vivenda de protección oficial e do alugueiro e coa ordenación dos núcleos habitados e das edificacións sobre o territorio. Na actualidade, as súas competencias están recollidas dentro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Historia

A consellería de Vivenda existiu unicamente como consellería independente no período comprendido entre 2005 e 2009, baixo o goberno bipartito do PSdeG e o BNG. As competencias tanto antes como despois foron asumidas pola consellería encargada da Política Territorial. Esta asunción de competencias foi explícita na denominación das consellerías entre 1993 e 2005.

Conselleira

Alba Cid

Alba Cid Fernández, nada en Ourense o 10 de marzo de 1989, é unha poeta galega.

Bipartito galego

O bipartito galego, tamén coñecido como goberno bipartito, foi unha forma de goberno en coalición da Xunta de Galicia durante o período comprendido entre o 2 de agosto de 2005 e o 16 de abril de 2009 entre o PSdeG-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego, caracterizado polo repartimento entre ambas forzas políticas e mediante convenio dos diferentes organismos públicos administrativos que a compoñen.

A coalición de goberno entre socialistas e nacionalistas galegos foi posible tras coñecerse os resultados das eleccións autonómicas de xuño de 2005, que deron o seguinte resultado:

PPdG: 756.562 votos (45,81%) e 37 escanos

PSdeG-PSOE: 555.603 votos (33,64%) e 25 escanos

BNG: 311.954 votos (18,89%) e 13 escanos

Cosme Pombo

Cosme Eladio Pombo Rodríguez, nado no Incio en 1956, é un político nacionalista galego.

Igrexa de San Bieito de Fefiñáns

A igrexa de San Bieito é un templo católico localizado na praza de Fefiñáns, Cambados, a carón do Pazo de Fefiñáns.

O edificio actual foi edificado entre o 1618 e o 1634 sobre as ruínas dunha capela románica, por instancia de Gonzalo de Valladares (1583-1659), primeiro vizconde de Fefiñáns. Posúe dúas torres de estilo churrigueresco levantadas a finais do século XVIII. No lateral, de cara á praza, existía unha escalinata actualmente suprimida, se ben a Consellería de Vivenda anunciou un plan para reconstruíla, co ánimo de que a praza recuperase o seu aspecto orixinal .

No seu interior atópanse os sepulcros de Gonzalo de Valladares e a súa muller.

José Navas

José Navas Amores, nado en Portugalete (Biscaia), en 1957 é un político vasco de Ezker Batua-Berdeak.

José Navas naceu na localidade biscaíña de Portugalete en 1957. Ten formación como electricista, cursando mestría industrial. Navas chegou á política desde o mundo do sindicalismo.

Foi concelleiro de Esquerda Unida na súa localidade natal entre 1991 e 1996. En 1996, abandonou o seu cargo de concelleiro ó ser elixido Deputado do Congreso pola Provincia de Biscaia dentro da candidatura de Esquerda Unida-Ezker Batua. Foi Deputado entre 1996 e 2000 dentro do Grupo Parlamentario Federal de Esquerda Unida. Desta forma José Navas converteuse no único deputado que obtivo na súa historia a coalición Esquerda Unida no País Vasco. A súa elección coincidiu co teito electoral histórico desta formación política que chegou a obter o 9,21% dos votos no País Vasco naquelas eleccións, o mellor resultado da súa historia.

Volveu ocupar o cargo de concelleiro en Portugalete entre 1999 e 2003. En 2001 a sede de Esquerda Unida-Ezker Batua en Portugalete sufriu un ataque de kale borroka tras votar Navas en contra de permitir a homenaxe a un expreso de ETA.En 2002 trasládase a vivir a Vitoria onde entra a traballar como asesor do Conselleiro de Vivenda e Asuntos Sociais do Goberno Vasco, Javier Madrazo. O seu labor foi a de técnico de orzamentos na Consellería de Vivenda e Asuntos Sociais.

Instalado en Vitoria, pasou a converterse rapidamente na cabeza visible do seu partido no eido local da capital arabesa. Foi candidato de Ezker Batua-Berdeak á alcaldía de Vitoria nas eleccións municipais de 2003 e 2007, sendo elixido en ambas ocasións concelleiro e exercendo como voceiro do seu partido no consistorio vitoriano. Nas eleccións municipais de 2011 foi por terceira vez candidato do seu partido á alcaldía de Vitoria, pero nesta ocasión non logrou revalidar a súa acta, ó quedar o seu partido sen representación.

Nacionalismo galego

O nacionalismo galego é unha corrente política que reivindica o recoñecemento de Galiza como nación e do dereito de autodeterminación para o pobo galego. Vicente Risco na súa Teoría do nacionalismo galego definiuno así:

É tamén un movemento social, coas súas dimensións culturais e políticas. Os historiadores recoñecen ó longo dos séculos, desde a prehistoria ata a nosa época, a formación dun pobo galego e da súa peculiar unidade. A corrente política á que se refire o nacionalismo galego nace a finais do século XIX con movementos culturais que logo foron ós poucos dando o paso a partidos políticos.

Pazo de Fefiñáns

O Pazo de Fefiñáns é unha construción civil situada no barrio de Fefiñáns, en Cambados, na comarca do Salnés. Pecha polo sur e o leste a praza máis destacada desta vila, a praza de Fefiñáns. De aire clásico, integra un harmonioso conxunto coa súa arcada, torre da homenaxe e a veciña igrexa de San Bieito, ó norte.

Redondela

Redondela é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. O seu xentilicio é redondelán. Ten unha superficie de 52,1 km² e, segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2018 tiña 29.194 habitantes, dos cales 14.219 eran varóns e 14.975 eran mulleres, resultando unha densidade de poboación de 560,35 hab./km². É o cuarto concello máis poboado da provincia, por detrás de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, e está situado entre as dúas primeiras, a 13 km de Vigo e a 20 km de Pontevedra.

Telmo Martín

Telmo Martín González, nado en Xil (Meaño) o 16 de agosto de 1958, é un político conservador e empresario da construción galego.

Xestur

Unha Xestur é unha sociedade anónima de ámbito provincial que se encarga da xestión do solo galego. Son dependentes das institucións galegas, de xeito que un 80% do seu capital é xestionado pola Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS); e un 20% do capital pertence ás diferentes deputacións provinciais.

Institucións
Consellerías
Eleccións
Referendos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.