Consellería de Sanidade

A Consellería de Sanidade é unha das consellarías da Xunta de Galicia. Dela depende o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), entidade que administra a rede de centros públicos sanitarios de Galicia. O seu titular actual é Jesús Vázquez Almuíña.

Historia

A consellería de Sanidade é das máis estables de toda a historia da administración autonómica. Ademais das súas competencias básicas sobra a atención sanitaria, ao longo da historia incorporou tamén temporalmente competencias sobre defensa do consumidor e os servizos sociais, que posteriormemte chegaron a conformarse como unha consellería de seu. Dende 2005 limitouse unicamente ás competencias en materia de asistencia sanitaria.

Conselleiros

  1. José María Hernández Cochón (1982–1983)
  2. Xavier Suárez-Vence (1983–1986). A partir de 1984 co cargo de conselleiro de Sanidade e Consumo.
  3. José María Hernández Cochón (1986–1987). Conselleiro de Sanidade e Seguridade Social.
  4. Pablo Padín (1987–1990). Conselleiro de Sanidade.
  5. Manuel Montero Gómez (1990–1991).
  6. José Manuel Romay Beccaría (1991–1996). A partir de 1993 co cargo de conselleiro de Sanidade e Servizos Sociais.
  7. José María Hernández Cochón (1996–2004). A partir de 2001, outra vez unicamente co cargo de conselleiro de Sanidade.
  8. José Manuel González Álvarez (2004–2005)
  9. María José Rubio (2005–2009)
  10. Pilar Farjas (2009–2011)
  11. Rocío Mosquera (2012–2015)
  12. Jesús Vázquez Almuíña (2015– )

Estrutura interna

A Consellería de Sanidade estrutúrase en [1]:

  • A conselleira ou o conselleiro.
  • A Secretaría Xeral: Antonio Fernández-Campa
  • A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública: Sonia Martínez Arca
    • A Subdirección Xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento
    • A Subdirección Xeral de Información sobre saúde e Epidemioloxía
    • A Subdirección Xeral de Xestión
    • A Subdirección Xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde
    • A Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables

De por parte, o Servizo Galego de Saúde é un organismo autónomo adscrito á Consellería de Sanidade. A súa xerente é Nieves Domínguez González.

Entes adscritos á consellería

  • Instituto Galego de Medicina Técnica
  • Instituto Galego de Oftalmoloxía
  • Centro de Transfusión de Galicia
  • Urxencias Sanitarias de Galicia
  • Escola Galega de Administración Sanitaria

Notas

  1. Decreto 310/2009, de 28 de maio, modificado polo Decreto 185/2010, de 11 de novembro.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina oficial do SERGAS

Citoquina

A citoquina ou citocina é un termo xenérico empregado para designar a un extenso grupo de moléculas implicadas na emisión de sinais intercelulares durante o desencadeamento das respostas inmunes. Constitúen un grupo de factores extracelulares que poden ser producidos por diversas células, coma monócitos, macrófagos, linfócitos e outras células non linfocíticas. Todas as citoquinas son pequenas proteínas ou péptidos, algunhas delas contendo moléculas de azucre ligadas (glicoproteínas). As diferentes citoquinas poden ser encadradas en diversas categorías: interferóns (IFN), interleucinas (IL), factores estimuladores de colonias (CSF), factor de necrose tumoral (TNF-alfa e TNF-beta), e factor de crecemento transformante beta (TGF-beta).

Consellaría

Denomínase consellaría ou consellería a cada unha das carteiras en que se dividen os gobernos das comunidades autónomas de España, incluídas as da Xunta de Galicia. Trátase do equivalente aos ministerios na repartición por funcións dos órganos de goberno estatais. A cabeceira dunha consellaría é rexida por un responsábel máximo, que se coñece como conselleiro. Así mesmo, a dependencia ou sede de cada consellaría recibe a mesma denominación.

Consellería de Asuntos Sociais

A Consellería de Asuntos Sociais foi unha antiga consellería da Xunta de Galicia que se encargou de tarefas relacionadas coa prestación de servizos de integración e sociais. A miúdo, esta consellería integrou tamén outros abanos de competencia, relacionados co traballo, a muller ou a mocidade. Na actualidade atópase integrada na consellería de Traballo e Benestar.

Cóccix

O cóccix ou vértebras coccíxeas é a parte inferior da columna vertebral, articulada co sacro e formada por catro ou cinco vértebras soldadas, na especie humana, e que noutros vertebrados constitúe o esqueleto do rabo. Ao igual ca o sacro, resulta da fusión de varias vértebras. Neste caso, entre tres e cinco vértebras fusionadas. Só a primeira conserva apófises transversas (ás do sacro) e apófises articulares superiores. O resto de vértebras só posúen os corpos vertebrais fusionados. O tamaño das vértebras coccíxeas vai diminuíndo cara ao extremo inferior.

Edificio Docente Roberto Novoa Santos

O Edificio Docente Roberto Novoa Santos da USC, integrado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), é un edificio anexo ao novo Hospital Clínico.

Epidat

Epidat é un proxecto non lucrativo iniciado a principios dos anos 90, na Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia. Consiste no desenvolvemento e difusión dun programa de libre distribución para a análise estatística e epidemiolóxica de datos. Por ofrecer posibilidades en ocasiones novidosas, pola súa amigabilidade e a pola calidade das súas axudas, a aplicación conseguiu unha grande aceptación nos países de Iberoamérica.

O desenvolvemento das primeiras versións de Epidat integrouse no marco dun convenio de colaboración firmado pola Organización Panamericana de la Salud (OPS) e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia; na actualidade a OPS presta o seu apoio institucional ao proxecto e a Universidade CES de Colombia sumouse dende 2012 como organismo auspiciador.

Goberno de Cantabria

O Goberno de Cantabria (oficialmente Gobierno de Cantabria) é unha das institucións estatutarias que conforman a comunidade autónoma de Cantabria, sendo o órgano superior colexiado que dirixe a política e a Administración desta autonomía española e é, así mesmo, o titular da función executiva e da potestade regulamentaria sobre devandito territorio. Ata 1998 recibiu o nome de Deputación Rexional de Cantabria (Diputación Regional de Cantabria).

Gripe A (H1N1)

A gripe A (H1N1) é un abrocho dunha nova cepa de virus H1N1 de gripe que se comezou a detectar en marzo de 2009 nos Estados Unidos, pero que tivo as súas primeiras pegadas severas en abril dese ano en México. A cepa de virus da gripe A (H1N1) deriva parcialmente de catro subtipos de virus, un de gripe humana, outro de gripe aviaria e dous de gripe porcina e transmítese directamente entre humanos.

José Manuel Romay Beccaría

José Manuel Romay Beccaría, nado en Betanzos o 18 de xaneiro de 1934, é un político e xurista galego, foi ministro de Sanidade e Consumo e presidiu o Consello de Estado de 2003 a 2004 e de 2012 a 2018.

Mar Pereira

María del Mar Pereira Álvarez, nada en 1967 en Vigo, é unha física galega.

Mar Sánchez

Mar Sánchez Sierra, nada na Coruña en 1969, é unha xornalista e política galega.

María José Rubio

María José Rubio Vidal, nada en 1956, foi conselleira de Sanidade no Goberno galego dende o 4 de agosto de 2005 ata o 20 de abril de 2009 durante toda a VII Lexislatura autonómica presidida por Emilio Pérez Touriño.

Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia

A Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia (OCT) é un organismo público galego, dependente da Consellería de Sanidade, encargado dos asuntos relacionados cos transplantes de órganos. Foi creada pola Orde do 8 de xuño de 1992, e as súas funcións son as mesmas que as da Organización Nacional de Transplantes (ONT), no ámbito da Comunidade Autónoma.Ten a súa sede en Santiago de Compostela, na Consellería de Sanidade, no Complexo Administrativo de San Lázaro.

Quilomicron

Os quilomicrons son un tipo de partículas globulares de lipoproteicas formadas por unha mestura de triglicéridos (85-92%), fosfolípidos (6-12%), colesterol (1-3%) e proteínas (1-2%). Transportan os lípidos da dieta desde os intestinos a outras partes do corpo. Os quilomicrons son un dos cinco grandes tipos de lipoproteínas, as de maior tamaño e menor densidade entre elas; as outras son as VLDL, IDL, LDL e HDL, as cales permiten o transporte de graxas e colesterol insolubles a través da solución de base acuosa do sangue. Os quilomicrons prodúcense nos enterocitos (células do epitelio intestinal que absorben os alimentos dixeridos) e pasan ao sangue.

Rocío Mosquera

Rocío Mosquera Álvarez, nada en Gomesende en 1956, é unha médica e política galega do PPdeG.

Servizo Galego de Saúde

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) é o organismo da Xunta de Galicia, a cargo da asistencia sanitaria pública. Foi creado pola Lei 1/1989, ó transferirse as competencias en materia sanitaria por parte do Insalud.

Integra tódolos centros e servizos sanitarios da administración galega. É un organismo autónomo de carácter administrativo dependente da Consellería de Sanidade da Xunta.

Urxencia cero

Urxencia Cero é unha serie de televisión de ficción, sobre o persoal sanitario que traballa na unidade de transplantes de órganos do Hospital Francisco Balmis.

A produción contou coa colaboración da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e co apoio de profesionais do SERGAS e, especialmente, da Coordinación de Transplantes de Galicia e do CHUAC.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Óso pube

O óso pube ou pube (denominación científica:os pubis) é a parte anterior do óso coxal ou ilíaco.

O termo pube (feminino) refírese por extensión tamén á parte inferior do abdome, que se cobre de pelo na pubertade.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.