Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza é unha consellería da Xunta de Galicia que ten como principais funcións a xestión das relacións da Xunta coas administracións locais e de xustiza. Tamén se ocupa de xestión interna e da administración autonómica, así como da policía autonómica de Galicia. O actual conselleiro é Alfonso Rueda.

Historia

Xunta cons priap

A consellería de presidencia tivo distintas denominacións e funcións ao longo da historia. Ademais, durante algúns períodos levou tamén aparellado o cargo de vicepresidencia da Xunta.

En 1983 (por uns meses) e despois dende 1983 ata 1990 absorbe ademais as competencias da Consellería de Xustiza e Interior. Durante a maior parte da súa existencia, agás entre 1990 e 1993, e 2005 e 2009 a consellería integra tamén a área de Relacións Institucionais (véxase tamén Consellería de Relacións Institucionais).

Conselleiros

Estrutura interna

Secretarías e direccións xerais

Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, a consellería de Presidencia conta coas seguintes direccións xerais:

  • Dirección xeral de Xustiza: Juan José Martín Álvarez
  • Dirección xeral de Administración local: Norberto Uzal
  • Dirección xeral de Relacións institucionais e parlamentarias: Roberto Castro
  • Dirección xeral de Emerxencias e interior: Santiago Villanueva Álvarez
  • Dirección xeral de Relacións exteriores e coa Unión Europea: Xesús Gamallo
  • Dirección xeral de Avaliación e reforma administrativa: Jaime Bouzada

Entes adscritos á consellería

Véxase tamén

Ligazóns externas

Almudena Chacón

Almudena Chacón Pichel, nada na Coruña[cando?], é unha economista galega, interventora xeral da Comunidade Autónoma de Galicia dende 2012.

Bipartito galego

O bipartito galego, tamén coñecido como goberno bipartito, foi unha forma de goberno en coalición da Xunta de Galicia durante o período comprendido entre o 2 de agosto de 2005 e o 16 de abril de 2009 entre o PSdeG-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego, caracterizado polo repartimento entre ambas forzas políticas e mediante convenio dos diferentes organismos públicos administrativos que a compoñen.

A coalición de goberno entre socialistas e nacionalistas galegos foi posible tras coñecerse os resultados das eleccións autonómicas de xuño de 2005, que deron o seguinte resultado:

PPdG: 756.562 votos (45,81%) e 37 escanos

PSdeG-PSOE: 555.603 votos (33,64%) e 25 escanos

BNG: 311.954 votos (18,89%) e 13 escanos

Carracha

Chámase carracha, carracho ou carraza a diversos xéneros de arácnidos hematófagos (aliméntanse de sangue) do filo Arthropoda, Clase Arachnida e orde Ixodida. Encádranse nas familias Ixodidae, Argasidae e Nuttalliellidae.

Este tipo de animais practica o parasitismo (ectoparasitos) unha das relacións interespecíficas que ten lugar entre individuos de distinta especie.

Para atopar un hóspede adecuado poden esperar semanas ou mesmo meses entre a herba ou nas árbores. Cando se atopan cun posible candidato apropiado, ruben sobre el (algúns deixanse caer dende a vexetación alta), e por medio dos seus quelíceros, penetran a pel e empezan a chuparlle o sangue. O seu corpo ínchase e cando está cheo sóltanse. Os Ixodidae atacan a numerosos mamíferos, incluído o home, e os Argasidae parasitan sobre todo a aves.

As carrachas atópanse a miúdo na herba alta, onde esperan no extremo dunha folla para tentar engancharse a calquera animal ou persoa que pase. Unha idea falsa moi común é pensar que a carracha é capaz de saltar da planta ao hóspede, pero o único método de transmisión é o contacto físico.

A carracha termina caendo do animal cando se enche, pero isto pode tardar varios días. Na súa boca, as carrachas teñen unha estrutura que lles permite engancharse firmemente ao lugar do que están a chuchar sangue.

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) é o colexio profesional oficial de arquitectos de Galicia. Forma parte do Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España.

Consellaría

Denomínase consellaría ou consellería a cada unha das carteiras en que se dividen os gobernos das comunidades autónomas de España, incluídas as da Xunta de Galicia. Trátase do equivalente aos ministerios na repartición por funcións dos órganos de goberno estatais. A cabeceira dunha consellaría é rexida por un responsábel máximo, que se coñece como conselleiro. Así mesmo, a dependencia ou sede de cada consellaría recibe a mesma denominación.

Consellería de Relacións Institucionais

A Consellería de Relacións Institucionais foi unha antiga consellería da Xunta de Galicia que se encargou de tarefas relacionadas coa relación con outras administracións, especialmente a administración do estado. As súas competencias pertencen na actualidade á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Consellería de Xustiza e Interior

A Consellería de Xustiza e Interior foi unha antiga consellería da Xunta de Galicia que se encargou de tarefas relacionadas coa seguridade e coa relación coas administracións de Xustiza. Na actualidade, as súas competencias están recollidas dentro da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Escola Galega de Administración Pública

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) é un centro oficial de docencia e de investigación en todas aquelas materias que foren de interese para o persoal ao servizo da Xunta de Galicia e, de ser o caso, doutras administracións galegas. Ten a súa sede en Santiago de Compostela.

Fundación Galicia Sustentable

A Fundación Galicia Sustentable é unha fundación galega sen fin de lucro.

Fundación María José Jove

A Fundación María José Jove é unha organización sen ánimo de lucro constituída en 2003 en memoria de María José Jove Santos, filla de Manuel Jove e finada en marzo de 2002. Está orientada cara a infancia e persoas con diversidade funcional.

Foi declarada de interese galego pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia o 14 de marzo de 2003. Ten establecida a súa sede no edificio WorkCenter, no polígono industrial da Grela.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Hilda Rodríguez

María Hilda Rodríguez Rodríguez, nada en Portomarín o 10 de maio de 1955, é unha xogadora de boccia galega con parálise cerebral.

Marisol Díaz Mouteira

Marisol Díaz Mouteira, nada en Alemaña en 1967, é unha política galega militante do PPdeG. Dende 2015 é a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense.

Xogo de aposta

O xogo de aposta é un xogo de azar no que as persoas que interveñen (xogadores ou apostantes) pagan unha cantidade fixa ou variábel de diñeiro ou aportan un ben material (aposta), por predicir o resultado incerto do xogo a cambio de obter un premio económico ou material se a súa predición resulta certa.

Calquera xogo de azar, sen ser necesariamente un xogo de aposta, pode converterse nun xogo deste tipo mediante un acordo entre os xogadores, quen pactan unhas cantidades ou bens materiais que o(s) perdedor(es) debe(n) entregar ao gañador(es). Por exemplo, no xogo do tute pódese pactar unha cantidade fixa por partida que o(s) perdedor(es) debe(n) entregar ao(s) gañador(es); no xogo das bólas os rapaces participantes establecen regras para que as bólas cambien de propietario. Ademais, o xogo de aposta require a presenza de tres elementos: azar, premio e recompensa. Con frecuencia o desenlace da aposta é inmediato, como o simple lanzamento dun dado ou da bóla na ruleta, pero tamén son comúns apostas a medio ou longo prazo como ocorre nas apostas deportivas, algunhas das cales poden abranguer unha temporada completa.

En España réxense pola Lei 13/2011 de regulación do xogo. A institución pública responsábel de regular esta actividade en Galiza é a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galiza.

Os xogos de apostas son unha importante actividade comercial, cun mercado legal mundial estimado en 335.000 millóns de dólares no ano 2009.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.