Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é unha consellaría da Xunta de Galicia, que se encarga da promoción de obras públicas, do estado das estradas e das infraestruturas de comunicación, da política de transporte, da vivenda e da xestión e conservación do ambiente. O seu titular actualmente é Ethel Vázquez.

Consellería de Medio Ambiente 01-01
Sede central da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Santiago

Historia

A consellería de Obras Públicas tivo distintas denominacións ao longo da súa historia, así incorporase unhas funcións ou outras ou se incidise máis nuns aspectos políticos ou outros. Chamóuselle consellería de Transportes e Obras Públicas (COTOP) e tamén consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. Os cambios máis importantes prodúcense en 2005 cando as competencias sobre vivenda pasan a ter unha consellería de seu, e en 2009, coa incorporación da área de xestión e conservación do ambiente, que ata daquela fora xestionado pola consellería de Medio Ambiente e a recuperación de vivenda. Tamén nese ano perde a competencia sobre os portos, que pasan a depender da consellería do Mar.

Lista dos conselleiros

  1. Ángel Mario Carreño: 1982 - 1986, como conselleiro de Obras Públicas e Ordenación do Territorio.
  2. Xavier Suárez-Vence: 1986 - 1986, como conselleiro de Obras Públicas e Ordenación do Territorio.
  3. Fernando Pedrosa Roldán: 1986 - 1987, como conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas.
  4. Antolín Sánchez Presedo: 1987 - 1990, como conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas.
  5. Xosé Cuíña: 1990 - 2003, como conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
  6. Alberto Núñez Feijóo: 2003 - 2005, como conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
  7. María Xosé Caride: 2005-2009, como conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.
  8. Agustín Hernández: 2009-2014, como conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
  9. Ethel Vázquez: 2014- , como conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Estrutura interna

Secretarías e direccións xerais

Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, a consellería de Territorio conta coas seguintes direccións e secretarías xerais:

  • Secretaría xeral de Ordenación do territorio e urbanismo: María Encarnación Rivas
  • Secretaría xeral de Calidade e avaliación ambiental: Justo de Benito Basanta
  • Dirección xeral de Infraestruturas: Isabel Vila
  • Dirección xeral de Mobilidade: Miguel Rodríguez Bugarín
  • Dirección xeral de Sustentabilidade e paisaxe: Manuel Borobio
  • Dirección xeral de Conservación da Natureza: Ricardo García-Borregón Millán

Entes públicos adscritos

Véxase tamén

Ligazóns externas

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Ángeles Vázquez Mejuto

María Ángeles Vázquez Mejuto, nada en Melide o 3 de abril de 1972, é unha política galega do PPdeG. Dende 2015 é a conselleira de Medio Rural .

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.