Consellería de Facenda

A Consellería de Facenda é o órgano da Xunta de Galicia encargado da preparación e xestión dos orzamentos de Galicia e da recadación de impostos. A súa titular actual é Valeriano Martínez García.

Historia

A consellería de Facenda recibiu ese nome dende abril de 2009, co goberno de Alberto Núñez Feijóo. Ese nome tamén o levara entre marzo e setembro de 1983. Anteriormente fora denominada consellería de Economía e Finanzas ou tamén como Economía e Facenda, e integraba tamén as competencias en promoción económica. Durante un determinado período entre 1983 e 1984 ocuparase tamén das competencias sobre comercio.

Conselleiros

Estrutura interna

Secretarías e direccións xerais

Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, que neste caso particular se denomina secretaría xeral e do patrimonio (ocupada a partir de xaneiro de 2012 por Socorro Martín Hierro, a consellería de Facenda conta coas seguintes direccións xerais:

  • Intervención xeral: Almudena Chacón (con rango de dirección xeral)
  • Dirección xeral de Orzamentos: Miguel Corgos López-Prado
  • Dirección xeral de Tributos: Carlos Enrique Rodríguez Sánchez
  • Dirección xeral de Planificación e fondos: Francisco Javier Rodríguez Seijo
  • Dirección xeral de Función pública: José María Barreiro Díaz
  • Dirección xeral de Política financeira e Tesouro: Eugenio García Lalinde

Outros organismos dependentes

  • Instituto Galego de Estatística.
  • Tribunal Galego de Defensa da Competencia
  • Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable
  • Consello Económico e Social

Véxase tamén

Ligazóns externas

Afundación

Afundación (A Fundación Galicia Obra Social) é unha organización privada de mecenado cultural ligada a Abanca. Procura unha acción educativa, social e cultural que, de xeito sostido, eficiente e relevante, contribúa a mellorar a sociedade galega, dentro e fóra de Galicia, e posibilite así o desenvolvemento integral das persoas que forman parte dela.

Avellentamento da poboación galega

O avellentamento da poboación galega é un proceso demográfico que afecta ao territorio galego desde finais do século XX. Consiste no paseniño e progresivo envellecemento da poboación, de xeito que aumentan os individuos comprendidos entre idades maduras e anciás, e minguan os suxeitos en idade infantil e xuvenil. A partir de 1975 a poboación galega comezou a presentar un declive demográfico, de xeito que en 1986 o saldo de poboación tornouse negativo, isto é, foi o primeiro ano no que morreron más galegos dos que naceron. En 2014 o 23,1% dos galegos superaba os 65 anos de idade, e as previsións do Instituto Nacional de Estadística debullan que hanse perder 300.000 habitantes até o 2044.O avellentamento da poboación en Galicia supón non só un problema demográfico, senón tamén un problema económico. En 2014, a Xunta de Galicia calculou en 500 millóns de euros máis de media o sobrecusto sanitario que implicaría o envellecemento da poboación galega.Ademais do avellentamento característico das sociedades occidentais, producido por un aumento da calidade e da esperanza de vida, así coma na mellora e potenciación de programas de saúde pública, en Galicia existen outros factores endémicos que agravan a situación de envellecemento. O éxodo rural ou a emigración son algúns dos problemas cos que a sociedade galega veu combatendo nas últimas décadas.

Consellaría

Denomínase consellaría ou consellería a cada unha das carteiras en que se dividen os gobernos das comunidades autónomas de España, incluídas as da Xunta de Galicia. Trátase do equivalente aos ministerios na repartición por funcións dos órganos de goberno estatais. A cabeceira dunha consellaría é rexida por un responsábel máximo, que se coñece como conselleiro. Así mesmo, a dependencia ou sede de cada consellaría recibe a mesma denominación.

Consellería de Economía

A Consellería de Economía foi unha antiga consellaría da Xunta de Galicia que se ocupou da planificación económica. As súas competencias actuais foron incorporadas á Consellería de Economía e Industria.

Instituto Galego de Consumo

O Instituto Galego de Consumo (coñecido co acrónimo IGC) é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado no ano 1994 e adscrito á Consellería de Innovación e Industria.Foi creada en base á Lei 8/1994, do 30 de decembro ao abeiro das competencias que outorga o Estatuto de Autonomía de Galicia, e posteriormente foi modificada no ano 2003 pola Lei 9/2003 de medidas tributarias e administrativas, derogando o artigo 9 e modificando o artigo 3.A súa sede atópase en Santiago de Compostela.

José Antonio Orza

José Antonio Orza Fernández, nado en Codeso (Boqueixón) en 1941 e finado na Coruña o 29 de outubro de 2012, foi un profesor e político galego.

José Luis Larrea

José Luís Larrea Jiménez de Vicuña, nado en Elgoibar, Guipúscoa o 11 de marzo de 1956, é un economista vasco. Licenciado en Empresariais polo LESTE de Donostia, nos seguintes anos traballou como profesor na devandita facultade.

Vaca

A vaca (Bos taurus) é un animal doméstico orixinario de Europa. Utilízase para a produción de leite, carne e coiro e tamén é animal de traballo, dependendo da raza e o grao de tecnificación do lugar. As femias coñécense como vacas e os machos como bois ou touros. As crías denomínanse puchos, cuchos, cuxos, becerros ou tenreiros, e desde o ano de idade ata que paren, xovencas. Existen os adxectivos vacún/vacúa e bovino.

Segundo a FAO, no ano 2005 existían no planeta 1.272 millóns de vacas, incluíndo nesta cifra a cebús e iacs. En 2009 a cifra ascendía a 1.382.241.378. Delas corresponderían 270.675.336 a África, 509.551.701 a América, 439.175.098 a Asia, 38.616.809 a Oceanía e 124.222.434 a Europa. Destas, 6.020.200, están en España, que ocupa o sétimo lugar do continente e o sexto da Unión Europea por número de cabezas de gando bovino.

Valeriano Martínez García

Valeriano Martínez García, nado en Aldán (Cangas) en 1961, é un economista e político galego, do PPdeG.

Xunta de Andalucía

A Xunta de Andalucía (en castelán: Junta de Andalucía) é a institución na que se organiza o goberno da Comunidade Autónoma de Andalucía. Está integrada polo Parlamento de Andalucía, a Presidencia da Xunta de Andalucía e polo Consello de Goberno da Xunta de Andalucía.

Os presupostos do ano 2010 ascenderon a 33.737.7 millóns de euros e posúe máis de 200.000 empregados directos.

No 2014, a Presidenta da Xunta de Andalucía é Susana Díaz Pacheco, pertencente ao Partido Socialista Obrero Español de Andalucía (PSOE-A). Na Xunta goberna o PSOE desde a creación da primeira Xunta preautonómica o 27 de maio de 1978, cando Plácido Fernández Viagas chegou a presidencia en detrimento de Jaime García Añoveros, de UCD. A presenza do PSOE na presidencia é polo tanto anterior á autonomía de Andalucía e esténdese ao longo de 32 anos e 6 presidencias distintas.

Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha

A Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha (en castelán: Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha) ou simplemente Xunta de Comunidades, é a institución en que se organiza o autogoberno da comunidade autónoma de Castela-A Mancha, España.

A Xunta de Comunidades está integrada polas Cortes de Castela-A Mancha, polo presidente da Xunta de Comunidades e polo Consello de Goberno.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.