Consellería de Emigración

A Consellería de Emigración foi unha antiga consellería da Xunta de Galicia que se encargou de tarefas relacionadas coa relación coas comunidades galegas no exterior, aínda que tamén asumiu temporalmente competencias en materia de cooperación para o desenvolvemento con terceiros países. Na actualidade, as competencias sobre emigración recaen directamente no presidente da Xunta a través da figura dunha secretaría xeral.

Historia

Dende os primeiros tempos da Xunta de Galicia, en 1982, a consellería de Emigración estivo enmarcada competencialmente dentro da área da consellería de Traballo, e recollida explicitamente no título ata 1983. Despois dese momento desapareceu, coas súas competencias asumidas por outros departamentos, e non se volveu recuperar ata 2001, xa como consellería de seu. Desapareceu de novo en 2005, integrada nos asuntos de xestión directa do presidente da Xunta.

Conselleiro

  • Aurelio Miras Portugal (2001-2005). Ata 2003 baixo o nome de Consellería de Emigración e Cooperación Internacional, e dende 2003 xa só como consellería da Emigración.
Institucións
Consellerías
Eleccións
Referendos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.