Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (CCEOU) é o órgano da Xunta de Galicia encargado dos asuntos culturais e da regulación do ensino dende a primaria ata a educación universitaria, a formación profesional e o ensino de adultos. O seu titular actual é Román Rodríguez González.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Escudo de la Xunta de Galicia


TratamentoExcelentísimo señor
ÁmbitoComunidade Autónoma de Galicia
Designado porPresidencia da Xunta de Galicia
DuraciónCatro anos, sen límite de mandatos
Sitio webwww.edu.xunta.gal

Historia

A consellería de Educación e Ordenación Universitaria comezou chamándose unicamente de Educación, e é un dos departamentos máis estables da historia da Xunta de Galicia polo que corresponde ás súas funcións. Ademais, e ata o ano 2005, foi o departamento encargado da xestión da política lingüística, función que recuperou a partir de 2009. En 2012 asumiu as funcións da extinta consellería de Cultura.

Conselleiros

Competencias de Educación

Competencias de Cultura

Competencias de Educación e Cultura

Estrutura interna

Secretarías e direccións xerais

Ademais da necesaria Secretaría Xeral Técnica da consellería (ocupada por Jesús Oitavén Barcala), a consellería de Educación conta coas seguintes direccións xerais e secretarías xerais:

  • Secretaría xeral de Cultura: Anxo Lorenzo Suárez.
  • Dirección xeral de Patrimonio Cultural: María del Carmen Martínez Ínsua.
  • Secretaría xeral de Política Lingüística: Valentín García Gómez.
  • Secretaría Xeral de Universidades: José Alberto Díez de Castro.
  • Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa: Manuel Corredoira López.
  • Dirección xeral de Centros e Recursos Humanos: José Manuel Pinal Rodríguez.

Órganos colexiados

Entres adscritos

Véxase tamén

Ligazóns externas

Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Dicionario de Bioloxía galego-castelán-inglés

O Dicionario de Bioloxía galego-castelán-inglés é unha obra lexicográfica elaborada polo Seminario de Terminoloxía da Real Academia Galega e coordinada por Jaime Gómez Márquez, catedrático de Bioquímica e antigo decano da facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Ana María Viñas Díaz, profesora titular de Xenética desa universidade, e Manuel González González, catedrático de Filoloxía Románica da USC e coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro.

María Reimóndez

María Reimóndez Meilán, nada en Lugo en 1975, é unha escritora galega, doutora en tradución e interpretación pola Universidade de Vigo. Cultiva tanto a narrativa e a poesía coma o ensaio e o teatro.

María del Carmen Gueimunde

María Carmen Gueimunde González, nada en Viveiro o 7 de setembro de 1968, é unha política galega, Xefa Territorial de Lugo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Foi a primeira muller que ocupou acta no Senado pola provincia de Lugo.

Premio Begoña Caamaño

O Premio Begoña Caamaño á Acción Cultural pola Igualdade de Xénero é un recoñecemento ás persoas e iniciativas culturais e artísticas que promoven socialmente a igualdade de xénero desde o campo da cultura. Está convocada pola Deputación da Coruña en memoria da activista cultural e feminista galega Begoña Caamaño.

Comezou a convocarse no ano 2017 e está dotado con 6500 euros

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.