Consellería de Economía, Emprego e Industria

A Consellería de Economía e Industria é unha consellería da Xunta de Galicia que se ocupa da política enerxética, da planificación económica e empresarial e da promoción industrial.

Historia

A consellería de Industria incorporou ao longo da súa historia distintas competencias que, á súa vez, tamén fixeron parte doutras consellerías. É o caso do comercio, por exemplo, que en 1983 se incorpora durante uns meses á consellería de Economía e Facenda, do turismo que se incorpora a Industria entre 1985 e 1990 e entre 2005 e 2009. A partir de 2009 incorpóranse ademais as competencias de planificación da antiga consellería de Economía e Facenda, que agora queda reducida a consellería de Economía.

Conselleiros

  1. Ramón de Vicente Vázquez (1982-1983). Como conselleiro de Industria, Enerxía e Comercio.
  2. Juan Manuel de la Fuente (1983-1984). Como conselleiro de Industria e Enerxía
  3. Ramón Díaz del Río (1984-1985). Como conselleiro de Industria, Enerxía e Comercio.
  4. Luciano Asorey (1985-1987). Como conselleiro de Traballo, Industria e Turismo.
  5. Santos Oujo Bello (1987-1990). Como conselleiro de Industria, Comercio e Turismo.
  6. Xoán Fernández (1990-1994). Como conselleiro de Industria e Comercio.
  7. Antonio Couceiro (1994-1999).
  8. Juan Rodríguez Yuste (1999-2005). A partir de 2003, como conselleiro de Innovación, Industria e Comercio.
  9. Fernando Blanco Álvarez (2005-2009). Como conselleiro de Innovación e Industria.
  10. Xavier Guerra (2009-2012). Como conselleiro de Economía e Industria.
  11. Francisco Conde López (2012- ). Como conselleiro de Economía e Industria.

Estrutura interna

Secretarías e direccións xerais

Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, a consellería de Industria conta coas seguintes direccións xerais:

  • Dirección xeral de Investigación, desenvolvemento e innovación: Ricardo Capilla
  • Dirección xeral de Comercio: Sol María Vázquez Abeal
  • Dirección xeral de Industria, enerxía e minas: Ángel Bernardo Tahoces

Entes adscritos á consellería

Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Asociación Sindical Galega de Guionistas

A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), anteriormente Asociación Galega de Guionistas, é unha asociación sindical fundada en 1997 que conta cos seguintes obxectivos fundamentais:

A representación, defensa e promoción dos intereses comúns dos seus afiliados no ámbito laboral, profesional, social, económico e cultural.

A representación dos intereses xerais da profesión fronte ás administracións, institucións, empresas e outros colectivos de ámbito autonómico, estatal e internacional participando nos órganos consultivos das mesmas cando sexa necesario, defendendo os dereitos recoñecidos pola Lei da Propiedade Intelectual.

A difusión social e cultural da profesión de guionista e a súa tarefa.

A organización de actividades formativas e culturais para os seus afiliados.

Axencia Galega de Innovación

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) é unha axencia pública autonómica, adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria pero con personalidade xurídica propia, que ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas, e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas, a través da implementación de estratexias e programas de innovación eficientes.A Axencia creouse o 12 de xaneiro do ano 2012 polo o Decreto 50/2012, no que se aprobaron os seus estatutos, que se modificaron polo Decreto 15/2014, do 6 de febreiro, co cal a súa estrutura organizativa quedou dividida nas seguintes catro unidades orgánicas, dependentes directamente da Dirección da Axencia: Área de Xestión, Área de Programas, Área de Servizos e Área de Centros.A súa sede está situada na Rúa Airas Nunes s/n, Conxo, Santiago de Compostela.

Castro da Trinidade

Castro da Trinidade ou Monte da Trinidade (chamado Castro de Flores, no concello de Lourenzá, co código GA27027012), é un castro de cumio fortificado situado no concello de Mondoñedo. En 2008 atopouse un machado votivo de bronce, só hai outros dous machados votivos semellantes en Galicia. O Machado duns 10 cm, ten representado un torque. A peza está en exposición no Museo do Castro de Viladonga.

Consellaría

Denomínase consellaría ou consellería a cada unha das carteiras en que se dividen os gobernos das comunidades autónomas de España, incluídas as da Xunta de Galicia. Trátase do equivalente aos ministerios na repartición por funcións dos órganos de goberno estatais. A cabeceira dunha consellaría é rexida por un responsábel máximo, que se coñece como conselleiro. Así mesmo, a dependencia ou sede de cada consellaría recibe a mesma denominación.

Mabel Loza García

María Isabel Loza García, nada en Tapia o 7 de xullo de 1961 é unha científica asturiana, coñecida como Mabel Loza.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.