Consellería de Cultura e Turismo

A Consellería de Cultura e Turismo é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias na xestión e promoción da cultura e do turismo, así como da protección do patrimonio. Tamén se encargou en tempos do fomento do deporte. O seu último titular foi Roberto Varela, cando en 2012 foi fusionada coa consellería de Educación.

Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura e Turismo.

Historia

A consellería de Cultura viviu ao longo dos anos diversas modificacións, tanto en competencias como en denominacións. Os principais elementos de variación foron o turismo (unha área que tamén correspondeu á consellería de Industria e o deporte (que ás veces correspondeu a outras consellerías, como Familia e outras veces dependeu directamente do presidente da Xunta co rango de secretaría xeral. O primeiro conselleiro foi Xosé Filgueira Valverde, en calidade de asesor especial do presidente Xerardo Fernández Albor. Posteriormente consolidouse como unha das consellerías fundamentais. Ademais, durante o período dun ano ao remate da era Albor, asociouse con Benestar social.

Ademais. entre 1983 e 1986 foi integrada na estrutura da consellería de Educación, fusión que volveu repetir a partir de 2012.

Conselleiros

  1. Xosé Filgueira Valverde (1982–1983). Como conselleiro adxunto ao presidente en materia cultural.[1] A partir de finais de 1982 fíxoo co nome de conselleiro para a Cultura.[2]
  2. Alejandrino Fernández Barreiro (1986–1987). Como conselleiro de Cultura e Benestar Social: .
  3. Alfredo Conde (1987–1990). Como conselleiro de Cultura e Deportes.
  4. Daniel Barata Quintas (1990–1993). Como conselleiro de Cultura e Xuventude.
  5. Víctor Manuel Vázquez Portomeñe (1993–1996). Como conselleiro de Cultura.
  6. Xesús Pérez Varela (1996–2005). Como conselleiro de Cultura e Comunicación Social. A partir de 1997 como conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
  7. Ánxela Bugallo (2005–2009). Como conselleira de Cultura e Deporte.
  8. Roberto Varela (2009–2012). Como conselleiro de Cultura e Turismo.

Notas

  1. Decreto, DOG. n.º 1 22 de xaneiro de 1982.
  2. Decreto, DOG. n.º 33 17 de decembro de 1982.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Antonio Noriega Varela

Antonio Noriega Varela, nado en Mondoñedo o 19 de outubro de 1869 e finado en Viveiro o 27 de marzo de 1947, foi un mestre, xornalista e poeta galego de ideoloxía tradicional-católica.

Consellería de Turismo e Deportes

A Consellería de Turismo e Deportes foi unha antiga consellería da Xunta de Galicia que se encargou de tarefas relacionadas coa promoción turística de Galicia e coa xestión do deporte, e que estivo operativa na década dos oitenta. As súas competencias repartíronse posteriormente entre diversas consellerías.

Cuenca del Guadarrama

A Cuenca del Guadarrama é unha das comarcas da Comunidade de Madrid segundo a Guía de Turismo Rural e Activo, editada pola Dirección Xeral de Turismo (Consellería de Cultura e Turismo) da Comunidade de Madrid. Está bañada polas augas do río Guadarrama e o seu concello máis poboado é Collado Villalba.

David Cal

David Cal Figueroa, nado o 10 de outubro de 1982 en Vilariño (Cangas), é un piragüista galego, especialista nas categorías C1-1000 metros e C1-500 metros e medallista olímpico en cinco ocasións.

Converteuse no deportista español con máis medallas olímpicas ó acadar nos Xogos Olímpicos de 2012 a súa quinta medalla, a medalla de prata en C1 1000 metros.

Dicionario biográfico de Galicia

O Dicionario biográfico de Galicia, en tres volumes, foi publicado a partir de novembro de 2010 por Ir Indo Edicións.

Festa do Monte

A Festa do Monte de Santa Trega, coñecida coloquialmente como Festa do Monte, é unha festa popular galega que se celebra a segunda fin de semana de cada mes de agosto no Monte de Santa Trega, na localidade pontevedresa da Guarda. Está declarada como festa de interese turístico galego.

Francisco López Barxas

Francisco López Rodríguez, coñecido co heterónimo Francisco López Barxas, nado en Ponte Barxas (Padrenda) o 24 de abril de 1952, é un escritor, xornalista e crítico galego.

Igrexa vella de Santa Comba de Louro

A igrexa vella de Santa Comba de Louro foi un templo relixioso de orixe tardorromana situado na parroquia de Cordeiro (Valga).

Isorna, Rianxo

Santa María de Isorna é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 666 habitantes (320 homes e 346 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 795 habitantes.

Manuel María Chaín Pérez

Manuel María Chaín Pérez, nado na vila de Cedeira en 1962, é un arquitecto galego.

Pazo de Liñares

O Pazo de Liñares é unha casa señorial localizada no lugar de Liñares, na parroquia de Prado (Lalín), é estilo barroco. É de planta rectangular de cantería cunha gran fachada principal á que abre os balcóns e fiestras. Na fachada posterior destaca unha galería de cinco arcos de medio punto e escudos no peitoril. Nos escudos do pazo campean as armas dos Mosqueira, Churruchaos e López de Lemos xunto ás dos Taboada.

Foi fundado a finais do século XVII por Álvaro Núñez Taboada, da Casa de Bendoiro. No pazo pasou a súa infancia o pioneiro da aviación Joaquín Loriga.

Foi adquirido polo concello de Lalín a finais do ano 2002. No ano 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de Monumento por Decreto 334/2009 de 4 de xuño da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. As obras de rehabilitación comezaron o día 14 de abril de 2011, e asinouse a recepción das mesmas o 28 de febreiro de 2013.

Pazo de Tovar

O pazo de Tovar, tamén coñecido como fortaleza de Tovar, é unha edificación que data de comezos do século XIII, unha xoia do gótico isabelino e Ben de Interese Cultural. Localízase en Pacio de Tovar, parroquia de San Tomé de Lourenzá, no concello de Lourenzá.

Premio Cultura Galega das Letras

O Premio Cultura Galega das Letras é un galardón concedido como parte dos Premios da Cultura Galega pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas "con traxectoria vencellada á escrita galega, que se consideren con méritos especiais no que atinxe a recursos literarios, investigación de linguaxes propias, innovación no plano expresivo, creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas ou calquera outro aspecto que contribúa a fortalecer o sistema literario galego e a súa imaxe pública interna ou externa".

Ribadetea, Ponteareas

San Xurxo de Ribadetea é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2010 tiña 943 habitantes (492 mulleres e 451 homes), distribuídos en 46 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 874 habitantes.

A parroquia dista 2,5 quilómetros da capital municipal e está bañada polas augas do río Tea. No lugar da Freixa hai un cámping de primeira categoría.

Ricardo Martínez-Conde

Ricardo Martínez-Conde, nado en Aldariz (Padriñán, Sanxenxo) en 1949, é un escritor galego.

Tabagón, O Rosal

San Xoán de Tabagón é unha parroquia do concello pontevedrés do Rosal na comarca do Baixo Miño. Ten 7 entidades de poboación: A Mina, A Paradela, A Portela, O Río, A Rúa da Cal, A Rúa de Abaixo e O Xisco. Segundo o IGE en 2014 tiña 630 habitantes (320 mulleres e 310 homes).

Está bañada polas augas do Río Miño e dista 5 quilómetros da capital do concello.

Turgalicia

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, coñecida co seu nome comercial de Turgalicia, é unha sociedade de capital público, inscrita no organigrama da Xunta de Galicia e responsable da promoción turística de Galicia.

Xesús Vázquez Abad

Xesús Vázquez Abad, nado en Nürnberg (Alemaña) o 22 de setembro de 1967, é un político galego pertencente ao PPdeG.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Institucións
Consellerías
Eleccións
Referendos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.