Consellaría

Denomínase consellaría ou consellería a cada unha das carteiras en que se dividen os gobernos das comunidades autónomas de España, incluídas as da Xunta de Galicia. Trátase do equivalente aos ministerios na repartición por funcións dos órganos de goberno estatais. A cabeceira dunha consellaría é rexida por un responsábel máximo, que se coñece como conselleiro. Así mesmo, a dependencia ou sede de cada consellaría recibe a mesma denominación.

Consellarías da Xunta de Galicia

Actualmente[cando?] o goberno da Xunta de Galicia está formado por 10 consellarías, amais do departamento da Presidencia e da Vicepresidencia. Non obstante, o número de consellarías é variábel e cada novo goberno dispón o numero de carteiras en función das súas preferencias políticas.[1]

Notas

  1. Xunta de Galicia. "Inicio". Consultado o 29/10/2015.
A Divina Comedia

A Divina Comedia, tamén coñecida como Comedia ou Divina Comedia (en italiano Commedia /{komˈmɛdja/ ou Divina Commedia /diˈvina komˈmɛdja/) é un poema de Dante Alighieri escrito en lingua vernácula, o dialecto toscano de Florencia, entre 1308 e a súa morte en 1321. O adxectivo Divina, atribuído a Boccaccio, atópase soamente a partir da edición impresa en 1555 por Ludovico Dolce. A Commedia é a obra de Dante máis coñecida e unha importante testemuña da civilización medieval. Coñecida e estudada en todo o mundo, considérase unha das obras mestras da literatura do mundo de tódolos tempos.

Foi traducida ao galego por Darío Xohán Cabana, publicada en 1990 polo Servizo Central de Publicacións da Consellaría da Presidencia e Administración Pública, e galardoada u ano máis tarde coa Medalla de Ouro de Florencia. Con todo, volvería ser retraducida polo mesmo tradutor e publicada de novo por Edicións da Curuxa en 2014.

Ambiente

Para a publicación semanal véxase Ambiente (O Carballiño).

O ambiente (ou o medio), en ecoloxía, defínese como os elementos bióticos e abióticos que rodean aos organismos, ou ás poboacións, e que determinan a súa capacidade de supervivencia, o seu desenvolvemento e a súa evolución. O conxunto de condicións externas que afectan a esas condicións poden ser de tipo social e cultural, e nalgúns contextos, incluso políticas e económicas. As dimensións dos ambientes varían desde escalas microscópicas ao conxunto da terra e son incontables. Os ambientes pódense clasificar segundo as súas características, por exemplo, en ambientes mariños, atmosféricos ou terrestres. Cando se lle presta atención aos espazos ocupados polas especies, o termo ambiente soe ser un sinónimo de hábitat.

Os espazos onde as actividades humanas tiveron un efecto de transformación importante do ambiente "natural", como a construción de cidades e urbanizacións ou transformado a terra en labradío intensivo, pódese definir como ambientes de antroposfera.

O "día mundial do ambiente" celebrase o 5 de xuño.

Centro Ramón Piñeiro

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (ou CIRP, da antiga denominación: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro) é un organismo investigador dependente da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria no que se desenvolven diferentes proxectos a prol da lingua e a cultura galegas.

Foi fundado en 1993 baixo o nome de Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, designación que foi modificada en 1997 pola que detenta na actualidade.

Entre os proxectos que desenvolve cómpre destacar:

Proxecto Termigal: centro terminolóxico do galego onde se investiga a terminoloxía de certos campos e os interesados poden tamén facer consultas:

Proxecto Base de datos do ALiR (Atlas Lingüístico Románico), dirixido por Manuel González González

Proxecto de Fraseoloxía: o equipo dirixido por Xesús Ferro Ruibal ata 2015 e por Isabel González Rey desde esa data, pon en marcha os monográficos e a revista Cadernos de Fraseoloxía Galega (18 números ata 2016);

Proxecto CORGA (Corpus de Referencia do Galego Actual);

Proxecto Dicionario de literatura;

Proxecto Dicionario de termos literarios;

Proxecto de Recuperación de textos poéticos e xornalísticos galegos;

Proxecto de Dimensións da identidade colectiva en Galicia;

Proxecto de Informes anuais de literatura;

Proxecto de Cantigas de Santa María;

Proxecto de Investigación e estudo do galego exterior;O centro naceu na estrada de Santiago de Compostela a Noia, na Barcia - Lamas de Laraño, Santiago de Compostela, pero en xaneiro de 2014 trasladouse ó Hospitaliño de San Roque, na rúa de San Roque (Santiago).

Consellería de Cultura e Turismo

A Consellería de Cultura e Turismo é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias na xestión e promoción da cultura e do turismo, así como da protección do patrimonio. Tamén se encargou en tempos do fomento do deporte. O seu último titular foi Roberto Varela, cando en 2012 foi fusionada coa consellería de Educación.

Consellería de Economía

A Consellería de Economía foi unha antiga consellaría da Xunta de Galicia que se ocupou da planificación económica. As súas competencias actuais foron incorporadas á Consellería de Economía e Industria.

Consellería de Economía, Emprego e Industria

A Consellería de Economía e Industria é unha consellería da Xunta de Galicia que se ocupa da política enerxética, da planificación económica e empresarial e da promoción industrial.

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (CCEOU) é o órgano da Xunta de Galicia encargado dos asuntos culturais e da regulación do ensino dende a primaria ata a educación universitaria, a formación profesional e o ensino de adultos. O seu titular actual é Román Rodríguez González.

Consellería de Facenda

A Consellería de Facenda é o órgano da Xunta de Galicia encargado da preparación e xestión dos orzamentos de Galicia e da recadación de impostos. A súa titular actual é Valeriano Martínez García.

Consellería de Familia

A Consellería de Familia foi unha antiga consellería da Xunta de Galicia que se encargou de tarefas relacionadas coa xestión de contidos de carácter social e transversal, que non tiñan acomodo dentro do organigrama habitual da Xunta. Así, ao longo da súa historia ocupouse do deporte, da mocidade ou da muller. Na actualidade, as competencias sobre estes temas están repartidos entre diversas consellerías, especialmente a consellería de Traballo e Benestar.

Consellería de Medio Ambiente

A Consellería de Medio Ambiente foi unha antiga consellaría da Xunta de Galicia. As súas competencias actuais foron incorporadas á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é unha consellaría da Xunta de Galicia, que se encarga da promoción de obras públicas, do estado das estradas e das infraestruturas de comunicación, da política de transporte, da vivenda e da xestión e conservación do ambiente. O seu titular actualmente é Ethel Vázquez.

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza é unha consellería da Xunta de Galicia que ten como principais funcións a xestión das relacións da Xunta coas administracións locais e de xustiza. Tamén se ocupa de xestión interna e da administración autonómica, así como da policía autonómica de Galicia. O actual conselleiro é Alfonso Rueda.

Consellería de Sanidade

A Consellería de Sanidade é unha das consellarías da Xunta de Galicia. Dela depende o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), entidade que administra a rede de centros públicos sanitarios de Galicia. O seu titular actual é Jesús Vázquez Almuíña.

Consellería de Traballo e Benestar

A consellería de Traballo e Benestar é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias en promoción do emprego, formación profesional e servizos sociais, o que inclúe dende garderías ata a asistencia a persoas dependentes ou a inmigración. A súa titular actual é Beatriz Mato.

Consellería do Mar

A Consellería de Mar é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias en pesca, acuicultura e instalacións portuarias. A súa titular é Rosa Quintana.

Consellería do Medio Rural

A Consellería de Medio Rural é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias na xestión e promoción da agricultura, da gandaría, dos produtos con denominación de orixe, e da política forestal. O seu titular actual é Ángeles Vázquez Mejuto.

Consello da Generalitat Valenciana

O Consello ou Goberno valenciano é unha das institucións básicas da Generalitat, xunto ao Presidente e Les Corts, segundo o Estatuto de Autonomía do País Valenciano.

Actualmente o Consello está formado polas seguintes Consellerías e os seus correspondentes conselleiros, todos eles membros do Partit Popular de la Comunitat Valenciana:

Cap del Consell

Francisco Camps Ortiz

Cabeza do Consello

Conselleria de Presidència i vicepresident primer del Consell

Vicente Rambla Momplet

Consellaría de Presidencia e vicepresidente primeira do Consello

Conselleria d´Economia, Hisenda i Ocupació i vicepresident segon del Consell

Gerardo Camps Devesa

Consellaría de Economía, Facenda e Ocupación e vicepresidente segundo do Consello

Conselleria de Benestar Social i vicepresident tercer del Consell

Juan Gabriel Cotino Ferrer

Consellaría de Benestar Social e vicepresidente terceiro do Consello

Conselleria d´Infraestructures i Transport

Mario Flores Lanuza

Consellaría de Infraestruturas e Transporte

Conselleria d´Educació

Alejandro Font de Mora Turón

Consellaría de Educación

Conselleria de Cultura i Esport

Trinidad María Miró Mira

Consellaría de Cultura e Deporte

Conselleria de Sanitat

Manuel Cervera Taulet

Consellaría de Sanidade

Conselleria d´Indústria, Comerç i Innovació

Belén Juste Picón

Consellaría de Industria, Comercio e Innovación

Conselleria d´Agricultura, Pesca i Alimentació

Maritina Hernández Miñana

Consellaría de Agricultura, Pesca e Alimentación

Conselleria de Medi Ambient, Aigua, Urbanisme i Habitatge

José Ramón García Antón

Consellaría de Medio Ambiente, Auga, Urbanismo e Vivenda

Conselleria de Justícia i Administracions Públiques

Paula Sánchez de León Guardiola

Consellaría de Xustiza e Administracións Públicas

Conselleria de Governació

Serafín Castellano Gómez

Consellaría de Gobernación

Conselleria de Turisme

Angélica Such Ronda

Consellaría de Turismo

Conselleria d´Immigració i Ciutadania

Rafael Blasco Castany

Consellaría de Inmigración e Cidadanía

Consello de Goberno do Principado de Asturias

O Goberno do Principado de Asturias é unha das institucións estatutarias que conforman o Principado de Asturias, sendo o órgano superior colexiado que dirixe a política e a Administración desta comunidade autónoma española e é, así mesmo, o titular da función executiva e da potestade regramentaria sobre dito territorio.

Paisaxe protexida

Unha paisaxe protexida é un espazo natural que polo seu valor estético, ou singularidade no aproveitamento humano do medio natural, se lle outorga unha protección. Esta figura e protección pretende conservar a paisaxe e os elementos socio-económicos que a orixinaron e a mantiveron.O marco lexislativo galego recoñece esta categoría seguindo a Lei 42/2007 do patrimonio natural e da biodiversidade española e o Convenio da paisaxe do Consello de Europa.

Institucións
Consellerías
Eleccións
Referendos
Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.