Congreso dos Deputados de España

O Congreso dos Deputados é a cámara baixa das Cortes Xerais, o órgano constitucional que representa ao pobo español. Reúnese para sesións no Palacio das Cortes, situado na praza das Cortes de Madrid.

A Constitución de 1978 establece un Parlamento bicameral. As Cortes Xerais están formadas polo Congreso dos Deputados e o Senado. Ámbalas dúas Cámaras representan o pobo español. As Cortes Xerais:

  • exercen a potestade lexislativa do Estado.
  • aproban os seus orzamentos.
  • controlan a acción do Goberno.
  • e teñen as demais competencias que lles atribúe a Constitución.

No entanto, este bicameralismo non supón unha equiparación completa entre Congreso e Senado. A Constitución resérvalle ó Congreso unha serie de funcións e facultades que revelan a súa primacía. Deste xeito, o Congreso autoriza a formación do goberno, pode provoca-lo seu cesamento, coñece en primeiro lugar a tramitación dos proxectos lexislativos e dos orzamentos e debe confirmar ou rexeitar as emendas ou vetos que pode aprobar o Senado sobor destes textos lexislativos.

Congreso dos Deputados
XII lexislatura
Coat of Arms of the Congress of Spain
Datos xerais
ÁmbitoEspaña España
Creación1977
TipoCámara Baixa das Cortes Xerais
Inicio de sesións19 de xullo de 2016
PresidentaMeritxell Batet (PSOE)
desde o 21 de maio de 2019
Vicepresidente primeiroGloria Elizo (UP)
desde o 21 de maio de 2019
Composición
Membros350 deputados
Congreso de los Diputados de la XII Legislatura de España
Grupos representados     Grupo Popular      Grupo Socialista     Grupo Confederal de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea     Grupo Ciudadanos     Grupo de Esquerra Republicana     Grupo Vasco (EAJ-PNV)     Grupo Mixto
Salario39.394,18 /aNo
Soldo base en 2015 sen incluír indemnizacións nin complementos.
Título III da Constitución
Eleccións
Sistema electoralEscrutinio proporcional plurinominal mediante sistema d'Hondt con listas pechadas
Última elección26 de xuño de 2016
Sede(s)
Congreso de los Diputados (España) 14
Palacio das Cortes
Plaza de las Cortes, Madrid
Sitio web
www.congreso.es

Composición

A Constitución establece que o Congreso contará cun mínimo de 300 e un máximo de 400 Deputados, debendo a lei electoral concretar este número. A normativa vixente (Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral de 19 de xuño de 1985) fixara en 350 o número de membros da Cámara.

Tódolos Deputados son elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto. A circunscrición electoral é a provincia. A lei electoral asigna dous escanos a cada unha delas e distribúe os demais en proporción á poboación respectiva. Ceuta e Melilla elixen un representante cada unha.

Escudo de España (mazonado).svg
Eleccións xerais de España de 2016

Partido Líder % Dif. Dif.
Partido Popular (PP) Mariano Rajoy Brey 33,03 137 +14
  Partido Socialista Obrero Español (PSOE) Pedro Sánchez 22,66 85 -5
  Unidos Podemos (Podemos-IU-Equo) Pablo Iglesias 13,37 45 -
  Cidadáns-Partido da Cidadanía (C's) Albert Rivera 13,05 32 -8
En Comú Podem-Guanyem el Canvi (EPC) Xavier Domènech 3,55 12 =
A la valenciana (Compromís-Podemos-EU) Joan Baldoví 2,74 9 -
  Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) Joan Tardà 2,63 9 =
Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) Francesc Homs 2,01 8 =
Podemos-En Marea-Anova-EU Alexandra Fernández 1,44 5 -1
  Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) Aitor Esteban 1,20 5 -1
  EH Bildu 0,77 2 =
  Coalición Canaria (CC) Ana Oramas 0,33 1 =

Órganos

Mesa do Congreso dos Deputados[1]
Cargo Titular Lista
Presidenta Ana Pastor PP
Vicepresidente primeiro Ignacio Prendes C's
Vicepresidenta segunda Micaela Navarro PSOE
Vicepresidenta terceira Rosa Romero PP
Vicepresidenta cuarta María Gloria Elizo Unidos Podemos
Secretaria primeira Alicia Sánchez-Camacho PP
Secretario segundo Juan Luis Gordo PSOE
Secretario terceiro Marcelo Expósito En Comú
Secretaria cuarta Patricia Reyes C's

Prerrogativas dos deputados

Os deputados, o mesmo que os Senadores, dispoñen de dúas importantes prerrogativas, que a Constitución lles recoñece, non con carácter de privilexio persoal, senón para protexer o exercicio das súas funcións. Inviolabilidade e inmunidade son propiamente garantías institucionais das Cámaras, das que gozan os seus membros en canto participan no desenvolvemento das funcións constitucionais asignadas ó Congreso dos Deputados.

  • A inviolabilidade afecta ás opinións manifestadas e ós votos emitidos no exercicio do cargo representativo e supón a irresponsabilidade polos mesmos. Así e todo, esta irresponsabilidade non ten carácter absoluto, senón só en relación a terceiros estraños á Cámara. No ámbito interno, o deputado está suxeito ás normas de disciplina parlamentaria que, de acordo co Regulamento, aplican o presidente e a Mesa do Congreso.
  • A inmunidade cobre os actos realizados polo deputado durante o período do seu mandato e supón a prohibición de ser inculpado ou procesado sen a previa aprobación do Congreso, e que a súa detención tan só sexa posible no caso de flagrante delito.

Os deputados perciben unha asignación económica con cargo ós orzamentos da Cámara, tendo dereito, asemade, a outras axudas (dietas), franquías e indemnizacións por gastos indispensables para o cumprimento das súas funcións.

Sede

Artigo principal: Palacio das Cortes.

O Palacio das Cortes é o edificio que alberga o Congreso dos Deputados. Está situado entre a Calle Zorrilla e a Carrera de San Jerónimo, a escasa distancia do Paseo del Prado, en Madrid. É un dos edificios emblemáticos do Madrid do século XIX, de estilo neoclásico.

Notas

  1. "PP e Ciudadanos certifican a súa maioría na Mesa do Congreso". El Norte de Castilla. 19 de xullo de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2016.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

27 de decembro

O 27 de decembro é o 361º día do ano do calendario gregoriano e o 362º nos anos bisestos. Quedan 4 días para finalizar o ano.

Bicameralismo

A bicameralidade é a práctica de ter dous cámaras lexislativas. Nese senso, un parlamento bicameral é un parlamento ou congreso que posúe dous cámaras: unha Cámara baixa, xeralmente denominada Cámara dos Deputados, e unha Cámara alta, habitualmente chamada Senado.

Congreso

Un congreso é unha xuntanza solemne ou asemblea de persoas competentes para debater unha cuestión

Convergència i Unió

Convergència i Unió (CiU) foi unha federación nacionalista catalá composta pola liberal Convergència Democràtica de Catalunya e a democristiá Unió Democràtica de Catalunya existente entre 1978 e 2015.Fundada como coalición electoral en 1978, gobernou a Generalitat de Cataluña entre 1980 e o 2003, e tamén entre 2010 e 2015. Ademais, foi a terceira forza política en escanos (en votos éo Esquerda Unida) no Congreso dos Deputados de España, por detrás de PSOE e PP.

CiU colaborou co BNG e o PNV a través de Galeusca para a consecución dun Estado plurinacional.

Deputado

Deputado, integrante dun Parlamento ou dunha Cámara dos Deputados. Nos sistemas bicamerais xeralmente integran a cámara baixa, mentres que a cámara alta está integrada polos senadores. Representan a soberanía popular.

Teñen a responsabilidade de ser os representantes do pobo e nos sistemas democráticos son elixidos polo voto libre e segredo dos cidadáns.

No Reino Unido e noutros países que seguen o seu sistema parlamentario os deputados coñécense como Membros do Parlamento (Member of Parliament en inglés, frecuentemente abreviado en MP)

Distrito electoral da Estrada

O Distrito electoral da Estrada foi unha demarcación electoral vixente dende 1872 ata 1923. Elixíase un deputado no Congreso dos Deputados de España. Estaba formado polos concellos da Estrada, Cerdedo, Forcarei e Silleda.

Distrito electoral de Ortigueira

O Distrito electoral de Ortigueira foi unha demarcación electoral vixente dende 1847 ata 1923 con dúas interrupcións de 1853 a 1857, e de 1865 a 1871. Elixíase un deputado no Congreso dos Deputados de España. Estaba formado polos concellos de Ortigueira, que naqueles tempos abranguía as parroquias do actual concello de Cariño, Cerdido e Mañón.

Distrito electoral de Pontedeume

O Distrito electoral de Pontedeume era unha demarcación electoral vixente desde 1847 ata 1923 con dúas interrucións de 1853 a 1857, e de 1865 a 1871. Elixíase un deputado no Congreso dos Deputados de España. Estaba formado polos concellos de Ares, Cabanas, A Capela, Castro (actualmente Miño), Fene, Monfero, Mugardos, Neda, Pontedeume, San Sadurniño e Vilarmaior.

Hemiciclo

Por hemiciclo (do grego emi, medio e kyklos círculo) enténdese en arquitectura, un elemento ou estrutura que se dispón en forma semicircular. O termo indica xeralmente a forma arquitectónica cóncava como a famosa Praza do Plebiscito (Nápoles) ou a da Praza da República (Roma). A miúdo, utilízase tamén para designar a forma da ábsida.

A elección de forma curva en lugar da angular (por exemplo, cadrada) pode estar xustificada por esixencias estilísticas. Por exemplo, a forma circular ou oval pode dar a unha praza en particular un efecto escenográfico. Este é o caso da Praza de San Pedro en Roma. Outras veces, prevalecen esixencias prácticas, por exemplo no uso do hemiciclo nos teatros gregos. A mellor disposición obtíñase de feito se o público se atopaba sentado nun chanzo (cavea) construído ao redor da escena.

Doutra banda, está claro que a apertura do ángulo non debe necesariamente corresponder á do semicírculo. No caso do teatro grego, por exemplo, esta superaba os 180 graos.

Do hemiciclo do teatro grego provén de forma metafórica, o uso desta palabra para indicar un parlamento ou unha sala parecida (por exemplo, o Congreso dos Deputados de España ou a Asemblea Nacional de París, situada no Palacio dos Borbóns) ou ben os órganos que se reúnen en devandita sala.

Josu Erkoreka

Josu Iñaki Erkoreka Gervasio, nado o 3 de xullo de 1960 en Bermeo, é un político vasco pertencente ao Partido Nacionalista Vasco (PNV-EAJ), deputado no Congreso dos Deputados de España por este partido dende o ano 2000 e portavoz dende o 2004.

Landelino Lavilla

Landelino Lavilla Alsina, nado en Lleida o 6 de agosto de 1934, é un xurista e político catalán que chegou a ser ministro e presidente do Congreso dos Deputados de España.

Lei Orgánica de Educación

A Lei Orgánica de Educación é a actual lei orgánica estatal que regula o ensino non universitario en España. Foi promovida polo goberno do PSOE e aprobada o 3 de maio de 2006 (publicada no BOE do 4 de maio) no Congreso dos Deputados de España co voto a favor de PSOE, CiU, ERC, PNV, ICV, CC e EA, co voto en contra do PP, e coa abstención de IU, BNG, ChA e NB.

Lista de presidentes do Congreso dos Deputados de España

O presidente do Congreso dos Deputados é o terceiro cargo en importancia no Estado Español segundo a Constitución española de 1978. A súa función é a presidencia do Congreso dos Deputados, e é escollido polos membros da cámara.

Ourense en Común

Ourense en Común é un movemento cidadán e político creado na cidade de Ourense que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015, obtendo 3 concelleiros na cámara municipal. O seu candidato á alcaldía foi Miguel Doval Garza.

David Bruzos, membro de OuEC, foi escollido deputado nas eleccións xerais de 2015 nas listas de En Marea.

Nas eleccións municipais de 2019 non obtiveron escanos.

Parlamento de Galicia

O Parlamento de Galicia é a institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Instaurouse con anterioridade ás primeiras eleccións autonómicas de 1981 formado polos deputados elixidos para o Congreso dos Deputados de España polas circunscricións galegas. Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia debe estar formado por entre 60 e 80 deputados, así e todo desde a primeira lexislatura fixouse o seu número en 75, que se elixen por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto por un prazo de catro anos. Destes 75, son elixidos 25 pola provincia da Coruña, 22 pola de Pontevedra, 14 pola de Lugo e 14 pola de Ourense (Decreto 92/2016).

Partido Galeguista (histórico)

Este artigo trata do Partido Galeguista fundado en decembro de 1931. Para outras organizacións políticas co mesmo nome, vexa Partido Galeguista.

O Partido Galeguista foi un partido fundado en decembro de 1931 de carácter nacionalista galego e con relevancia na política da Segunda República. O seu órgano de prensa foi A Nosa Terra e a sección xuvenil, a Federación de Mocedades Galeguistas, fundouse en xaneiro de 1934 e contaba con 1.000 afiliados.

Senado de España

O Senado é a cámara alta das Cortes Xerais, órgano constitucional que representa ao pobo español. É a cámara de representación territorial.

Vicente Riestra Calderón

Vicente Riestra Calderón, nado en Pontevedra en 1885 e finado o 4 de outubro de 1967, foi un enxeñeiro e político galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.