Confederación Española de Derechas Autónomas

A Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA, en galego: Confederación Española de Dereitas Autónomas) foi unha coalición de partidos de dereitas que se formou o 5 de marzo de 1933 en España a partir dun congreso no que apareceron representantes do partido Acción Popular e de Derecha Regional Valenciana, dirixida por Luis Lucía[1] e posteriormente agruparía a outros máis.

Entre os fundadores, destacan José María Gil Robles e Ángel Herrera Oria. Contaba con case 500.000 afiliados.

A CEDA era un partido de ideoloxía clerical conservadora e partidaria dun Estado corporativo; aínda que aceptaba a república como forma de goberno, as Juventudes de Acción Popular (JAP) tiñan claras influencias do fascismo italiano.

Nas eleccións de novembro de 1933 converteuse na primeira forza do parlamento e entra no goberno con tres ministros en outubro de 1934. Tralo alzamento franquista, gran parte dos militantes da organización danlles apoio aos sublevados, pero Francisco Franco disólvea en abril de 1937.

CEDA flag
CEDA.

Galicia

En Galicia a CEDA formábaa a Unión Regional de Derechas, dirixida por Gil Casares.

Notas

  1. Ruiz (1990), p. 34

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ruiz Manjón-Cabeza, Octavio (1990). Historia general de España y América. XVII (La segunda república y la guerra). Madrid: Rialp. ISBN 84-321-2115-0.
Acción Popular

Acción Popular foi un partido político español confesional católico durante a Segunda República, que foi o núcleo principal que deu orixe á Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA).

Celso López Blanco

Celso López Blanco, nado en Laza o 14 de outubro de 1891 e finado en Pontevedra o 23 de setembro de 1958, foi un médico odontólogo e político galego.

Eleccións Xerais de 1936 en España

Os días 16 e 23 de febreiro de 1936 celebráronse en España as terceiras eleccións xerais, e últimas, da Segunda República Española. As eleccións deron o triunfo á coalición de esquerdas denominada Fronte Popular (Front d'Esquerres en Cataluña e Valencia), que, con máis do 60% dos deputados electos, agrupaba a PSOE, Izquierda Republicana, Unión Republicana, ERC, PCE, Acció Catalana, POUM, Partido Sindicalista e outros. Con todo, non obtiveron o 50% en canto a voto se refíre. É difícil calcular cantos votos recibiu cada partido, xa que a lei electoral era por listas abertas, e non é posible dicir cantos votos obtivo cada candidatura, xa que os votantes podían elixir candidatos de distintas listas para cada un dos escanos da súa circunscrición. O certo é que o goberno nunca publicou os resultados na súa integridade.Segundo dispoñía a Lei Electoral vixente, a mecánica de adxudicación das actas de deputados era complexa e necesitaba de tempo para levar a cabo o escrutinio xeral, unha segunda volta onde fose necesario e a discusión das Actas no Parlamento. En 1933 o Presidente do Goberno dirixiu a segunda volta presentando ao Parlamento os resultados. A dimisión de Portela Valladares o 19 de febreiro vai permitir ao Fronte Popular a ocupación do Goberno para, desde el, acabar de redondear os resultados e forzar a maioría. A dimisión de Portela arrastrou a de moitos gobernadores provinciais que dimitiron aterrados sen esperar a chegada duns substitutos adecuados.

Eleccións xerais de España de 1933

O 19 de novembro de 1933 celebrouse a primeira volta das segundas eleccións xerais da Segunda República Española para as Cortes e foron as primeiras en que as votaron as mulleres exerceron o dereito ao voto. As eleccións deron a maioría aos partidos de centro-dereita e de dereitas, o que deu lugar ao denominado bienio radical-cedista ou bienio negro dos anos 1933-1936.

Fernando Pérez Barreiro

Fernando Pérez Barreiro, nado en Viveiro o 22 de decembro de 1896 e finado en Ferrol o 19 de agosto 1968, foi un xornalista, escritor e político galego.

José María Gil Robles

José María Gil Robles y Quiñones de León, nado en Salamanca o 22 de novembro de 1898 e finado en Madrid o 14 de setembro de 1980, foi un avogado e político español.

José María Lasarte

José María Lasarte Arana, nado en Donostia en 1912 e finado o 20 de decembro de 1974, foi un avogado e político do País Vasco, militante do nacionalismo vasco.

Lluís Companys

Lluís Companys i Jover, nado en El Tarròs (Tornabous), o 21 de xuño de 1882 e asasinado en Barcelona o 15 de outubro de 1940, foi un político catalán. Primeiro Presidente do Parlamento de Cataluña (1932-1933), Ministro do Goberno Español (2º semestre de 1933) e Presidente da Generalitat de Cataluña (1934-1940) durante a Segunda República Española.

Manuel Azaña

Manuel Azaña Díaz, nado en Alcalá de Henares (Madrid), o 10 de xaneiro de 1880 e finado en Montauban (Francia) o 3 de novembro de 1940, foi un político e escritor español, segundo presidente da Segunda República Española (1936-1939). Foi un dos políticos e oradores máis importantes da política española do século XX, ademais de ser un consolidado escritor (acadou o Premio Nacional de Literatura en 1926 por Vida de Juan Valera. As súas memorias son un documento moi importante para coñecer a sociedade da época.

Partido Republicano Radical

O Partido Republicano Radical ou PRR, máis coñecido simplemente como Partido Radical, foi un partido político español fundado por Alejandro Lerroux en 1908 en Santander, ao escindirse da histórica Unión Republicana de Nicolás Salmerón.

Sada

Sada é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2014 tiña 15.156 habitantes (14.922 no 2012, 14.487 no 2009, 13.606 no 2007, 13.134 no 2006, 12.867 no 2005, 12.453 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sadés» e «sadense».

Segunda República Española

A Segunda República Española foi o réxime político polo que se rexeu España no período que vai dende o 14 de abril de 1931, data de proclamación da mesma, até o 1 de abril de 1939, data da vitoria definitiva do bando autoproclamado nacional (é dicir, o dos alzados contra a República os días 17 e 18 de xullo de 1936, chamados así en oposición ós leais a ela, que eran coñecidos como republicanos).

Tomás Abeigón Pazos

Tomás Jesús Juan Abeigón Pazos, nado en Pontevedra o 28 de decembro de 1896 e finado en Madrid o 19 de marzo de 1975, foi un médico e político galego.

Cronoloxía
Organizacións políticas
Implicación estranxeira
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.