Condados de Irlanda

Os condados de Irlanda foron unha creación do Goberno británico do século XIX para administrar o país. Os condados tradicionais foron divididos noutros condados ou administración similares, máis emprégase moito a organización antiga dos condados, sobre todo no eido deportivo.

En Irlanda do Norte, os 6 condados foron trocados en 1973 por 26 novos condados artificiais, e na República de Irlanda, 6 dos 26 condados orixinais encóntranse divididos en administración distintas.

Tamén sinalar que as cidades de Cork, Dublín, Galway, Limerick e Waterford son independentes dos condados. O condado de Tipperary subdivídese un dúas entidades administrativas diferentes, Tipperary do Norte e Tipperary do Sur.

Os 26 Condados da República da Irlanda:

IrelandNumbered
Condados da República da Irlanda en verde e da Irlanda do Norte en rosa
Número no mapa Escudo Nome Nome irlandés Capital
1 Dublincocoarms.png Condado de Dublín Contae Bhaile Átha Cliath Dublín
2 Wicklowcocoarms.png Condado de Wicklow Contae Chill Mhantáin Wicklow
3 IRL COA County Wexford 3D.svg Condado de Wexford Contae Loch Garman Wexford
4 Carlowcocologo.png Condado de Carlow Contae Cheatharlach Carlow
5 [1] Condado de Kildare Contae Chill Dara Naas
6 Meath coa.svg Condado de Meath Contae An Mhí Navan
7 Condado de Louth Contae Lú Dundalk
8 Condado de Monaghan Contae Mhuineacháin Monaghan
9 Cavan crest.svg Condado de Cavan Contae an Chabháin Cavan
10 Condado de Longford Contae Longfoirt Longford
11 Westmeath coo coat of arms.PNG Condado de Westmeath Contae na hlarmhí Mullingar
12 Offaly crest.svg Condado de Offaly (*) Contae Uíbh Fhailí Tullamore
13 Laoiscocologo.png Condado de Laois (*) Contae Laoise Port Laoise
14 County Kilkenny arms.svg Condado de Kilkenny Contae Cill Chainnigh Kilkenny
15 [2] Condado de Waterford Contae Port Láirge Dungarvan
16 County Cork arms.png Condado de Cork Contae Chorcaí Cork
17 Kerrycocologo.png Condado de Kerry Contae Ciarraí Tralee
18 Condado de Limerick Contae Luimnigh Limerick
19 IRL county Tipperary COA.png Condado de Tipperary Contae Thiobraid Árann Nenagh (Norte)[3]
Clonmel (Sur)
20 Clarecocologo.png Condado de Clare Contae an Chláir Ennis
21 Logogalwayco.png Condado de Galway Contae na Gaillimhe Galway
22 County Mayo coat of arms.png Condado de Mayo Contae Mhaigh Eo Castlebar
23 Logo-contea-Roscommon.png Condado de Roscommon Contae Ros Comáin Roscommon
24 Sligococo.png Condado de Sligo Contae Shligigh Sligo
25 Leitrimcountylogo.png Condado de Leitrim Contae Liatroma Carrick-on-Shannon
26 Donegalcocologo.png Condado de Donegal Contae Dhún na nGall Lifford

Os 6 condados da Irlanda do Norte:

Número Escudo Nome Nome irlandés Capital
1 Ferm arms.png Condado de Fermanagh Contae Fhear Manach Enniskillen
2 Tyronecoatarms.png Tyrone arms 3d.svg Condado de Tyrone Contae Tír Eoghain Omagh
3 Londonderrycoatarms.png Lderry arms 3d.svg Lderry co arms.png Condado de Derry (ou Londonderry) Contae Dhoire Derry
4 Antrimcoatarms.png Condado de Antrim Contae Aontroma Antrim
5 Down arms.png Condado de Down Contae An Dúin Downpatrick
6 Armaghcoatarms.png Armagh arms 3d.svg Condado de Armagh Contae Ard Mhacha Armagh

Notas

  1. en:File:KildareCrest.png
  2. en:File:Waterfordcrest.png
  3. en:File:NorthTipp.png
Condado de Antrim

O condado de Antrim (en gaélico irlandés Contae Aontroma) é un dos seis condados de Irlanda que formen parte de Irlanda do Norte, e un dos nove que forman a provincia do Ulster. Está situado no nordeste da illa da Irlanda e a súa cidade máis importante é Belfast.

Está dividido en nove distritos:

Distrito de Belfast

Distrito de Ballymena

Distrito de Ballymoney

Distrito de Carrickfergus

Distrito de Antrim

Distrito de Larne

Distrito de Newtonabbey

Distrito de Moyle

Distrito de Lisburn

Condado de Armagh

O condado de Armagh (en gaélico irlandés Ard Mhacha) é un dos seis condados de Irlanda que forman parte da Irlanda do Norte, na provincia do Ulster.

O condado limita co lago Neagh ao norte, Condado de Down ao leste, Condado de Tyrone ao nordeste, e os condados de Louth e Monaghan, ambos na República de Irlanda, ao sur e a suroeste, respectivamente.

Está dividido en tres distritos:

Distrito de Armagh

Distrito de Newry e Mourne

Distrito de Craigavon

Condado de Cavan

O condado de Cavan (en gaélico irlandés An Cabhán) é un condado da provincia do Ulster (República de Irlanda).

Condado de Clare

O condado de Clare (en gaélico irlandés an Chláir) é un condado da provincia de Munster (República de Irlanda). A capital é Ennis, e o condado é parte da bacía do río Shannon, contendo o aeroporto de Shannon. Na súa costa atópanse os cantís de Moher, uns dos máis altos de Europa.

Os condados veciños de Clare son Galway polo norte, Tipperary polo leste, Limerick polo sur, Kerry polo suroeste, e ao oeste e ao norte limita co Océano Atlántico.

Condado de Derry

O Condado de Londonderry ou Condado de Derry (Doire, cuxo significado é "carballo" en irlandés) é un dos seis condados de Irlanda do Norte. Leva o nome da súa cidade máis importante. Derry, despois chamada Londonderry polos británicos. O condado ocupa unha superficie de 2.074 quilómetros cadrados e ten unha poboación de 213.000 habitantes.

O nome está suxeito á disputa política. Os nacionalistas irlandeses prefiren Derry, mentres que os unionistas prefiren Londonderry. Na República de Irlanda é empregado oficialmente o nome Derry, mentres que as autoridades británicas empregan Londonderry.

Condado de Donegal

O condado de Donegal (en gaélico irlandés Dún na nGall) é un condado de Irlanda da provincia de Ulster, sendo un dos tres condados da provincia do Ulster que non forman parte de Irlanda do Norte. Tamén foi coñecido como o Condado de Tyrconnel (en gaélicoTír Chonaill). Aínda que a capital do condado é a cidade de Lifford, a maior é Letterkenny.

Condado de Down

O condado de Down (en gaélico irlandés An Dúin) é un dos seis condados irlandeses que forman parte da Irlanda do Norte, na provincia do Ulster. A capital é Downpatrick, mais a maior cidade é Bangor.

Limita polo norte co condado de Antrim (Contae Aontrama en irlandés), co Mar de Irlanda polo leste e co condado de Armagh (Contae Ard Mhacha en irlandés) polo oeste.

Atópase dividido en seis distritos:

Distrito de Castlereagh

Distrito de Lisburn

Distrito de Banbridge

Distrito de Ards

Distrito de Downpatrick

Distrito de North Down

Condado de Dublín

O Condado de Dublín (en irlandés: Contae Bhaile Átha Cliath, en inglés: County Dublin) é unha antiga subdivisión administrativa de Irlanda que existiu na provincia de Leinster dende a formación dos condados de Irlanda, pasando polo seu recoñecemento oficial en 1898, ata a súa extinción e o desmembramento do seu territorio polo Dáil Éireann en 1994.

Ademais da cidade de Dublín, que xa tiña status administrativo especial dende 1898 e se lle pode considerar un condado de pleno dereito (county-borough), foron creados tres novos condados para fins administrativos en 1994: Fingal ó norte, Dublin meridional ó suroeste e Dun Laoghaire-Rathdown ó sueste.

O condado de Dublín permanece como un condado tradicional, a pesar de non posuír funcións administrativas, é xeralmente respectado para outros fins, principalmente culturais e deportivos.

Condado de Fermanagh

O condado de Fermanagh (en gaélico irlandés Fear Manach) é un dos seis condados de Irlanda que forman parte de Irlanda do Norte e un dos nove condados que forman a provincia tradicional de Ulster.

Ser, é a parte máis occidental do conxunto do Reino Unido e limita cos condados de Tyrone dentro de Irlanda do Norte polo nordeste, e cos condados da República de Irlanda de Donegal polo noroeste, Leitrim polo suroeste, Monaghan polo sueste e Cavan polo sur.

Condado de Galway

O Condado de Galway (en inglés County Galway, en irlandés: Contae na Gaillimhe) atópase na costa oeste de Irlanda. Forma parte da provincia de Connacht. A súa capital é a cidade de Galway. O condado contén varias áreas das coñecidas como Gaeltacht, cunha notoria proporción de falantes de irlandés.

Condado de Kerry

O condado de Kerry (en gaélico irlandés Contae Ciarraí ou Chiarraí) é un condado da provincia de Munster (República de Irlanda, no suroeste do país. É celebre por ser o punto entrada do cristianismo nas Illas Británicas e por conter algunhas das máis importantes e históricas abadías da orde irlandesa. Ocupa unha extensión de 4.746 km² nos que habitaban 139.616 persoas no 2006. É o quinto condado máis grande dos 32 condados de Irlanda, e é o décimo cuarto en termos de poboación.. Con respecto á provincia é o segundo máis grande por superficie e o cuarto por poboación. A capital do condado é Tralee, mais neste condado áchase unha cidade senlleira irlandesa, Killarney.

O seu territorio limita co condado de Limerick polo leste e co condado de Cork polo sueste. Tamén ten costas atlánticas. Alberga un Parque Nacional (Killarney National Park), onde se atopan os Lagos de Killarney. A punta da Península de Dingle é o punto máis occidental de Irlanda, coas Illas Blasket, actualmente deshabitadas, ao oeste.

O condado tamén é sede dun dos equipos de fútbol gaélico máis importantes do país.

Condado de Kildare

O Condado de Kildare (en gaélico irlandés: Cill Dara) é un condado da República de Irlanda situado na provincia de Leinster. O seu nome, en irlandés, significa igrexa (Cill) dos carballos (Dara). A capital do condado é Naas.

Condado de Leitrim

O condado de Leitrim (en gaélico irlandés contae Liatroim) é un condado da provincia de Connacht (República de Irlanda). Segundo o censo de 2006, a súa capital, Carrick-on-Shannon, posuía 3,163 habitantes, e o condado, 28.837.

Condado de Limerick

O condado de Limerick (en gaélico irlandés Luimneach) é un condado da provincia de Munster (República de Irlanda). A capital, Limerick, sitúase na foz do río Shannon.

Limerick limita cos condados de Clare polo norte, Tipperary polo leste, Cork polo sur e Kerry polo oeste.

Condado de Meath

O condado de Meath (en gaélico irlandés An Mhí) é un condado da provincia de Leinster (República de Irlanda). Aínda que a capital é Navan, a cidade máis importante historicamente é Trim.

O seu nome provén do antigo Reino de Mide.

Condado de Roscommon

O condado de Roscommon (en gaélico irlandés contae Ros Comáin) é un condado de Irlanda que forma parte da provincia de Connacht. A capital ten o mesmo nome que o condado, Roscommon.

Condado de Sligo

O condado de Sligo (en gaélico irlandés Sligeach) é un condado da provincia de Connacht (República de Irlanda). O nome do condado, en gaélico, quere dicir "lugar onde abundan cunchas". No 2006 contaba cunha poboación de 60 894 persoas espalladas por 1.836 km². A súa capital é Sligo.

Condado de Tyrone

O Condado de Tyrone (Contae Tír Eoghain en irlandés, Coontie Owenslann en escocés do Ulster) é o maior dos seis condados de Irlanda do Norte, un dos condados tradicionais da illa de Irlanda, que se localiza na provincia do Ulster.

Posúe unha área de 3,155 km² e é o sétimo dos 32 condados irlandeses en tamaño e o oitavo por poboación. É o segundo máis grande dos 9 condados da provincia do Ulster e o cuarto por poboación.

A capital de Tyrone é Omagh. Castlederg e Coalisland son outras poboacións importantes. Antigamente Tyrone chegaba até o Lago Foyle, no norte, incluíndo parte do actual Condado de Londonderry.

Divídese en catro distritos:

Cookstown

Dungannon

Omagh

Strabane

Condado de Wexford

O condado de Wexford (en gaélico irlandés Loch Garman) é un condado da República de Irlanda que forma parte da provincia de Leinster. O condado porta o nome da súa capital, Wexford, fundada polos viquingos co nome de Vestfjord ("Fiorde Occidental" no antigo nórdico).

Condados de Irlanda
Flag of Connacht.svg Connacht
Flag of Leinster.svg Leinster
Flag of Munster.svg Munster
Flag of Ulster.svg Ulster

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.