Condado de Treviño

Condado de Treviño é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). Xunto co municipio de La Puebla de Arganzón forma o enclave de Treviño, situado dentro da provincia vasca de Áraba. A capital do municipio é a localidade de Treviño.

Condado de Treviño, Spain location
Situación de Treviño (España)
Alava municipalities
Mapa de Áraba, cos seus concellos, no que se observa o baleiro que corresponde ao Condado de Treviño
Mapa Treviño en Burgos
Mapa da provincia de Burgos,onde se observa a localización de Treviño.

Historia

Na pedanía de Laño aínda se poden ver as covas artificiais que foran habitadas por ermitáns hai uns mil quiñentos anos. O conxunto de Las Gobas conserva gravados de figuras de animais e inscricións.

A fundación oficial de Treviño tivo lugar en 1161 polo rei de Navarra Sancho VI o Sabio, mais en 1200 pasa a poder de Castela logo da vitoria obtida polo rei castelán Afonso VIII, durante a guerra sostida contra o monarca navarro, pasando a ser, desde ese momento, o Condado de Treviño unha parte máis de Castela ata hoxe.

Ao ficar nunha encrucillada de vías durante a Idade Media, desenvolveuse aquí unha próspera poboación xudía. Sáseta foi unha das aldeas que antes se desenvolveron, ao estar na entrada no Condado do "Camiño do Viño e o Peixe" (Camiño Real que comunicaba os vales do Ebro coa costa cantábrica).

O 8 de abril de 1366, Henrique II de Trastámara concedeu a Pedro Manrique, como pago polos servizos por el emprestados, a vila de Treviño de Uda, con todas as súas aldeas e termos, polo que a comarca pasa de ser zona de reguengo a zona de señorío. Un bisneto de Pedro, Diego Gómez Manrique, recibiu do rei Xoán II de Castela, en 1453, o título de conde de Treviño. Un fillo deste, Pedro Manrique de Lara, recibiu dos Reis Católicos o título de duque de Nájera, título que hoxe día ostentan aínda.

No século XVI, os condes de Treviño, que eran xa, desde 1593, duques de Nájera, construíron o seu pazo, na actualidade Casa do Concello da Vila.

N1 Trebinu
Autovía do Norte (Nacional I) ao paso por Treviño.

Política

As eleccións de 2003 deron, no concello de Condado de Treviño, cinco concelleiros á Agrupación Electoral Independiente del Condado de Treviño e catro ao Partido Popular. A Agrupación Electoral Independiente, favorábel a que o condado pase a depender administrativamente de Áraba, fíxose co goberno municipal.

As eleccións municipais de 2007 deron, no municipio de Condado de Treviño, catro concelleiros ao Partido Popular, tres concelleiros á Agrupación Electoral Indepiendente del Condado de Treviño, un para o PSOE e outro para ANV.

En 2011 EAJ/PNV e Bildu logran un concelleiro cada un sendo o único municipio non vasco nin navarro con representación de devanditos partidos nacionalistas.

Reivindicación territorial

Desde hai ben anos, as forzas políticas presentes en Áraba reclaman e consideran este territorio como parte de Áraba. Celebrouse unha consulta e a maior parte da poboación, residente en Treviño, mostrouse a favor de solicitar un referendo ao respecto. A Deputación de Burgos e a Xunta de Castela e León, pola súa parte, opóñense a que o Condado deixe de formar parte de Burgos.

O Estatuto de Autonomía de Castela e León esixe, para que Treviño se incorpore a Áraba, un informe favorábel da provincia de Burgos e da Comunidade Autónoma de Castela e León, así como a aprobación polas Cortes Xerais mediante Lei Orgánica. O goberno e o parlamento vascos presentaron un recurso de inconstitucionalidade nos anos 80 contra o devandito Estatuto, que foi desestimado polo Tribunal Constitucional.

Mentres tanto o nacionalismo castelán reivindica a pertenza de Treviño a Burgos e a Castela e León, avogando por continuar coa situación actual.

Dáse a curiosa situación que desde hai varios lustros proliferaron no Condado moreas de urbanizacións de chalés en ringleira dada a proximidade da cidade de Vitoria, sendo a gran maioría dos residentes vitorianos que cambiaron o seu andar na capital do País Vasco por un chalé no Condado burgalés.

Pedanías

  • Aguillo
  • Albaina
  • Añastro
  • Argote
  • Armentia
  • Arrieta (Burgos)
  • Ascarza
  • Bajauri
  • Burgueta
  • Busto de Treviño
  • Cucho
  • Dordóniz
  • Doroño
  • Franco
  • Fuidio
  • Golernio
  • Grandival
  • Imiruri
  • Laño
  • Marauri
  • Muergas
  • Obécuri
  • Ocilla y Ladrera
  • Ogueta
  • Ozana
  • Pangua
  • Pariza
  • Samiano
  • San Martín de Zar
  • San Vicentejo
  • Saraso
  • Taravero
  • Torre
  • Treviño
  • Uzquiano
  • Villanueva Tobera

Localidades do Condado que non son pedanías

  • Ajarte
  • Araico
  • Arana
  • Caricedo
  • Meana
  • Mesanza
  • Moraza
  • Moscador de Treviño
  • Ochate
  • Pedruzo
  • San Esteban
  • San Martín de Galvarín
  • Sáseta
  • Uralde
  • Zurbitu

Véxase tamén

Ligazóns externas

Agrupación Electoral Independiente del Condado de Treviño

A Agrupación Electoral Independiente del Condado de Treviño (Agrupación Electoral Independente do Condado de Treviño en galego) (AEI) é unha agrupación de electores que actúa no enclave burgalés de Treviño, concretamente no concello do Condado de Treviño.

Ameyugo

Ameyugo é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 199 habitantes (INE 2012).

Arlanzón

Arlanzón é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 439 habitantes (INE 2012).

Bildu

Bildu (Reunirse en éuscaro) é unha coalición política cunha ideoloxía nacionalista vasca e situado no chamado polo soberanista e independentista, conformada polos partidos Eusko Alkartasuna, Alternatiba, a plataforma cidadá Herritarron Garaia e outros independentes abertzales e de esquerdas. Os seus integrantes afirmaron a súa vontade de continuar o proxecto de coalición máis alá das eleccións de 2011. Presentaron candidaturas nas eleccións do mes de maio de 2011, como foron as eleccións ao Parlamento de Navarra, as Xuntas Xerais de Araba, de Guipúscoa e de Biscaia, e as eleccións municipais españolas de 2011 en Euskadi, Navarra e no Condado de Treviño (Castela e León).

Caleruega

Caleruega é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 506 habitantes (INE 2012).

Cardeñadijo

Cardeñadijo é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 1.220 habitantes (INE 2012).

Cavia

Cavia é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 283 habitantes (INE 2012).

Covarrubias

Covarrubias é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 626 habitantes (INE 2012).

Exclave

Exclave é un estranxeirismo, empregado en xeografía política para referirse a un territorio que pertence politicamente a outro pero que non está conectado por terra con este (a excepción das illas).

ExemplosEn España:

A vila navarra de Petilla de Aragón en Aragón.

O municipio cántabro de Valle de Villaverde en Biscaia.

A vila catalá de Llívia en Francia.

O Rincón de Anchuras na provincia de Cidade Real rodeado das provincias de Toledo e Badaxoz.

O Rincón de Ademuz, situado entre a provincia de Teruel e a de Cuenca.

O Condado de Treviño, pertencente á provincia de Burgos, situado dentro da provincia de Áraba.

O municipio biscaíño de Orduña entre Áraba e a provincia de Burgos.

A madrileña Dehesa da Cepeda, situada entre as provincias de Ávila e de Segovia.

A localidade de Villar (provincia de Córdoba) na provincia de Sevilla.En Galiza:

Bruma, parroquia do concello de Mesía.

Vilar de Mouros, lugar na parroquia de Doade no concello de Sober.

A Lampaza, lugar na parroquia de Doade no concello de Sober.No mundo:

A rexión rusa de Kaliningrado, entre Polonia e Lituania.

A antiga Berlín Occidental dentro da República Democrática Alemá.

A República autónoma de Najicheván, que está entre Irán e Armenia. Podería pertencer a algún deles dous pero é un territorio pertencente a Acerbaixán.

A península de Copacabana, que pertence a Bolivia pero conecta territorialmente a Perú.

A Illa Martín García que pertence a Arxentina pero está no sector uruguaio do Río de la Plata.

A Illa da Liberdade de Nova York, atópase no territorio de Nova Jersey.

O distrito de Temburong de Brunei, único distrito que se atopa separado do resto do territorio e que está rodeado por Malasia e con costas sobre a baía de Brunéi.

A rexión chamada Likoma en Malawi.

Hacinas

Hacinas é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 177 habitantes (INE 2012).

La Puebla de Arganzón

La Puebla de Arganzón é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 534 habitantes (INE 2012). Forma, xunto ao concello de Condado de Treviño o enclave de Treviño, situado en Áraba.

Neila

Neila é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 206 habitantes (INE 2012).

Provincia de Burgos

A provincia de Burgos é unha das provincias de Castela e León, está situada ao nordés desta comunidade. A súa capital é a cidade homónima de Burgos. Ocupa unha superficie de 14.300 km² e a súa poboación en 2006 era de 363.874 habitantes. Moitos dos 370 concellos da provincia (131 en 2006) teñen menos de 100 habitantes.

Burgos posúe un enclave no interior da provincia de Áraba: o enclave de Treviño.

Quintanaortuño

Quintanaortuño é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 261 habitantes (INE 2012).

Rubena

Rubena é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 181 habitantes (INE 2012).

Sotresgudo

Sotresgudo é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 515 habitantes (INE 2012).

Valmala, Burgos

Valmala é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 31 habitantes (INE 2012).

Villaldemiro

Villaldemiro é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 76 habitantes (INE 2012).

Villasandino

Villasandino é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 213 habitantes (INE 2012).

100 000+
10 000+
1000+
Menos de
1000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.