Condado de Trastámara

O de Conde de Trastámara foi un título outorgado como dignidade en diversas ocasións (e utilizado incluso polo rei Henrique II de Castela) até que foi concedido por Xoán II de Castela con carácter hereditario a Pedro Álvarez Osorio, I conde de Trastámara en 1445 e segue asociado á familia dos Osorio de Vilalobos.

No documento de concesión dicía:

As terras de Trastámara (Trans Tameris) están entre o río Tambre e o mar e danlle nome á Casa de Trastámara.

Condado de Trastámara
Corona de conde
Primeiro titularPedro Álvarez Osorio
ConcesiónXoán II de Castela
4 de febreiro de 1445
LiñaxesCasa de Trastámara
Actual titularJaime Castellano de la Chica

Notas

  1. Gran Enciclopedia Gallega: Trastámara, Condado de Silverio Cañada, 1974
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Casa de Traba

A familia Froilaz-Traba ou casa de Traba (escrito Trava na maioría das fontes históricas), foi unha importante liñaxe nobiliaria do Reino de Galiza que tivo un papel político preponderante durante os séculos XI e XII. A súa orixe xenealóxica remóntanse até o século IX, onde liga coa mais antiga nobreza do reino e continúa até o século XIII momento no que, após da morte sen herdeiros directos do seu último representante Roi Gómez de Trastámara, dou lugar a outras destacadas liñaxes baixomedievais.

Casa de Trastámara

A casa de Trastámara foi unha dinastía de reis de orixe castelá. Os seus membros reinaron na coroa de Castela (de 1369 até 1504), en Aragón (de 1412 até 1516), en Navarra (de 1425 até 1479), e en Nápoles (de 1458 até 1501).

A casa colle o seu nome do condado de Trastámara, no noroeste de Galiza, título que tiña antes o rei Henrique II de Castela.

A casa de Trastámara reinou en Aragón polo Compromiso de Caspe (1412) e substituíu a casa de Aragón despois da morte de Martiño I o Humano cando houbo un período de interregno onde se puido chegar a unha guerra civil.

A derradeira raíña desta casa en gobernar na coroa de Castela foi a raíña Xoana I "a Tola", que polo seu matrimonio con Filipe I e a través do fillo dos dous, Carlos I, deu paso ao goberno dos reinos da coroa de Castela e Aragón por reis da casa de Habsburgo.

Compromiso de Caspe

O Compromiso de Caspe foi un acordo asinado en Caspe o 25 de xuño de 1412 entre os reinos de Aragón e Valencia e o principado de Cataluña para designar sucesor no trono, trala morte en 1410 de Martiño I de Aragón. Foi elixido como herdeiro da Coroa de Aragón Fernando de Antequera, da Casa de Trastámara, co nome de Fernando I de Aragón.

Década de 1080

A década de 1080 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1080 e remata o 31 de decembro de 1089.

Fernando I de Aragón

Fernando I de Aragón, nado en Medina del Campo o 27 de novembro de 1380 e finado en Igualada o 2 de abril de 1416, chamado tamén Fernando de Trastámara, Fernando de Antequera, Fernando o Xusto e Fernando o Honesto, foi infante de Castela, rei de Aragón, de Valencia, de Mallorca, de Sicilia, de Sardeña e de Córsega; duque de Neopatria e de Atenas; conde de Barcelona, de Rosellón e de Cerdaña; e rexente de Castela. Foi o primeiro monarca aragonés da dinastía castelá dos Trastámara, aínda que era Aragón (como o resto dos pretendentes ao trono no Compromiso de Caspe) pola rama materna, pois a súa nai Leonor de Aragón era irmá de Martiño I de Aragón, chamado o Humano.

Fernando Ruiz de Castro

Fernando Ruiz de Castro, finado en 1377 en Bayonne, foi un nobre galego do século XIV, III conde de Lemos, Trastámara e Sarria con carácter non hereditario. Foi un dos persoeiros galegos máis importantes e influentes da centuria do XIV. Adaíl da causa de Pedro I na guerra civil de Castela, aparece coma insaciable canalizador das lealdades petristas. Mesmo logo da morte do monarca, continuaría coa súa cruzada ata o derradeiro alento.

Formación das liñaxes na nobreza galega baixomedieval

A finais do difícil século XIV e durante o convulso século XV tivo lugar na illada Galicia a transformación da antiga nobreza e a incorporación dunha nova que conformaron o seu poder económico e social alicerzado na posesión da terra -unificada nun único patrimonio, baixo a man do cabeza de familia- e o poder das armas. Configurouse deste xeito unha sociedade baseada na institución do morgado e o ideal cabaleiresco, dando lugar ás liñaxes, que perduraron durante toda a Baixa Idade Media ata a chegada da Idade Moderna coa reforma política levada a cabo polos Reis Católicos, tendo moitas delas continuidade cando conseguiron adaptarse á nova situación achegándose ao novo centro real de poder, a Corte Real.

Froila Arias de Traba

Froila Arias de Traba foi un conde galego, señor das terras e o castelo de Traba, durante a segunda metade do século XI. Foi fillo de arias Tedoniz, irmán do bispo Cresconio de Iria e pai de Urraca Froilaz, a primeira esposa de Pedro Froilaz, Conde de Galiza.

Henrique II de Castela

Henrique II de Castela, nado en Sevilla o 13 de xaneiro de 1334 e finado en Santo Domingo de la Calzada o 29 de maio de 1379, foi rei de Castela, fillo ilexítimo de Afonso XI de Castela e Leonor de Guzmán e polo tanto medio irmán de Pedro I de Castela.

Hidria de Xerusalén

A hidria de Xerusalén é unha pía de pedra de case un metro de altura conservada na igrexa de Santa María de Cambre. Considerada pola tradición como un dos seis recipientes nos que Xesús de Nazaret transformou a auga en viño nas vodas de Caná, a peza áchase moi deteriorada debido ao costume popular de raspar a pedra para elaborar remedios cos que tratar diversas doenzas. Fixo parte da exposición Gallaecia Petrea do ano 2012.

Historia de Pontedeume

A historia de Pontedeume é moi rica. A súa situación nun lugar con boas condicións naturais e estratéxicas fixo que estivese poboada desde moi antigo. De todas as épocas históricas hai vestixios e feitos dignos de mención.

Ordes

Ordes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o IGE en 2014 tiña 12.844 habitantes (12.868 no 2010, 12.294 no 2006, 12.272 no 2005, 12.287 no 2004, 12.266 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ordense».

Pedro Froilaz de Traba

Pedro Froilaz (tamén escrito Froylaz ou Fróilaz), foi un nobre galego nado no século XI, conde de Traba (ou Trava), Trastámara, Galiza e señor doutras tenencias e castelos. Foi o máis importante partidario do conde de Galiza Raimundo de Borgoña, quen lle confiou a crianza do seu fillo Afonso Raimúndez. Na defensa dos dereitos sucesorios do neno enfrontouse á raíña Urraca, nai do infante, e ao seu esposo Afonso o Batallador. No ano 1111, cando Afonso só contaba seis anos de idade, coroouno xunto ao bispo Xelmírez como rei de Galiza na catedral de Santiago de Compostela. Nos anos posteriores guiouno e protexeuno até coroalo tamén en Toledo (1117) e León (1126). Finou no ano 1126 sendo sucedido nos seus títulos e posesións polo seu herdeiro Fernando Pérez de Traba, terceiro dos seus quince fillos. Foi soterrado no cemiterio da igrexa de Santiago e os seus restos consérvanse actualmente nun sartego no Panteón Real da Catedral.

Pontedeume

Pontedeume é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. O seu xentilicio é eumés/eumesa. É un concello pequeno (29,3 km²) que en 2014 tiña unha poboación de 8 117 habitantes cunha alta densidade de poboación (277 hab./km²). Está situado entre as cidades da Coruña (38 km) e Ferrol (18 km), e preto de Betanzos (26 km) e As Pontes (31 km).

A vila de Pontedeume é unha das poucas poboacións galegas que conserva o seu centro histórico. As súas rúas e prazas manteñen moitos elementos tradicionais como os soportais, as casas con balcóns de madeira e galerías acristaladas, as fontes públicas e un gran número de edificios monumentais. Todo isto, unido a unha gran riqueza paisaxística e natural na súa contorna, fixo que en 1971 a comarca eumesa fose declarada Conxunto histórico e paraxe pintoresca. Pontedeume é un importante destino turístico, no seu territorio está un dos portais de acceso e o Centro de Interpretación do Parque Natural das Fragas do Eume. Por Pontedeume pasa o Camiño de Santiago, o Camiño Inglés.

Río Tambre

O río Tambre é un curso fluvial galego, pertencente á vertente atlántica. A súa parte media e alta (río Tambre) así como a súa desembocadura (esteiro de Tambre) foron declaradas zonas especiais de conservación.Nace na lagoa de Sobrado, que recolle as augas dos regos de Fontevirtude e de Rodelo e mailos seus afluentes, preto da aldea da Porcariza, en Sobrado, leva dirección xeral SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada de Langaño. Ten un percorrido de 125 km, e percorre os concellos de Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame. A súa cunca abarca 1.531 km².

Os seus principais afluentes son o Dubra, o Barcala , o Maruzo, o Samo e o Lengüelle.

Urraca Froilaz de Traba

Urraca Froilaz (Urraca Froile) foi unha nobre galega de finais do século XI, filla do conde Froila Arias de Traba e Ardiu Díaz de Aranga.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.