Condado de Fenosa

O condado de Fenosa é un título nobiliario galego, creado en 1955 por Francisco Franco.

Condado de Fenosa
Corona de conde
Primeiro titularPedro Barrié de la Maza
ConcesiónFrancisco Franco
1 de outubro de 1955
Actual titularJosé María Arias Mosquera

Historia

En 1955 o xefe do estado español instaurou o título de conde de Fenosa para recompensar o empresario coruñés Pedro Barrié de la Maza. Este foi o seu primeiro titular.

Ao falecer este sen descendencia directa en 1971, o título pasou a súa muller, Carmela Arias Díaz de Rábago. Cando esta faleceu en 2009 o título quedou vacante temporalmente. Porén, a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica solicitou a anulación do título por ser creado e concedido inicialmente durante o franquismo[1]. En 2011 o sobriño da antiga condesa, Xosé María Arias herdou o título.

Titulares

Notas

  1. El condado de Fenosa sigue vacante tres meses después de fallecer Carmela Arias Arquivado 04 de febreiro de 2010 en Wayback Machine., DAPENA, S., Xornal, 2/2/2010.
  2. Orde JUS/1836/2011, de 15 de xuño, BOE, 2/7/2011.
Fenosa (homónimos)

Fenosa é o acrónimo de Fuerzas Eléctricas del Noroeste. pode referirse a:

Fuerzas Eléctricas del Noroeste, empresa eléctrica creada en 1942 por Pedro Barrié de la Maza;

Unión Fenosa, empresa herdeira da anterior trala súa fusión con Unión Eléctrica Madrileña, e que operou entre 1982 ata 2008;

Gas Natural Fenosa, empresa creada en 2008 logo da absorción de Unión Fenosa por Gas Natural;

Fenosa, empresa eléctrica creada en 2011, dedicada á explotación de enerxías renovables, nacida da concentración deste negocio dentro do grupo Gas Natural Fenosa;

Condado de Fenosa, título nobiliario galego instaurado para Pedro Barrié de la Maza.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.