Condado da Limia

O condado da Limia é a denominación dunha antiga rexión altomedieval e baixomedieval (Século X - Século XII) que se situaba na actual provincia de Ourense ademais de chegar ata Viana do Castelo, seguindo o curso do río Limia.

Obviamente, esta Limia medieval era moito máis extensa ca actual comarca da Limia e chegaba ata Maceda, ocupando na parte galega practicamente case que toda a provincia de Ourense menos a conca do Ribeiro, do Sil e do Bibei. É dicir, que á actual comarca da Limia, haberíalle que sumar a Limia da zona de Celanova, Allariz, Maceda, e tamén á Limia portuguesa, ou sexa a parte de Viana de Castelo, posto que neste intre histórico niada non existía Portugal, condado que se independizaría no século XII.

A Limia medieval terá un gran peso no reino de Galicia neses séculos, sendo Allariz, a capital política da mesma. Sendo cidade do rei, os notarios do rei asinaran dende o século XII ata fins da Idade Media como notarios de Allariz e da terra da Limia. Destacar tamén a grande importancia desta Limia medieval do mosteiro de Celanova, que foi moito máis cun mosteiro, foi un centro señorial, repoboador, e que tivo unha importancia política paralela á de Allariz pola relación da familia de San Rosendo coa monarquía galaica.

Ata ben fai pouco tempo a vila de Maceda, denominábaselle Maceda da Limia.

Afonso VIII de León e Galicia

Afonso VIII de León e Galicia, denominado pola historiografía española como Afonso IX, nado en Zamora, Reino de León, o 15 de agosto de 1171 e finado en Sarria, Reino de Galicia o 23 de setembro de 1230, foi rei de León e Galicia (Adeffonsus Rex Legionensium et Gallecie) desde o 22 de xaneiro de 1188 até a súa morte, o 23 de setembro de 1230.Segundo a numeración cronolóxica real da coroa galego-leonesa, correspóndelle o ordinal VIII, pero, historicamente asignóuselle o ordinal IX, como forma de entroncar as cronoloxías de León e de Castela —en Castela reinaba por aquel entón Afonso VIII de Castela—. Ademais, nas Sete Partidas do seu neto Afonso X o Sabio, este afirmaba ser Afonso IX.

Limia

Limia pode referirse a:

Río Limia, un río ibérico que decorre por Galiza e por Portugal.

Comarca da Baixa Limia, unha comarca galega situada na provincia de Ourense

Comarca da Limia, unha comarca galega situada na provincia de Ourense

Xinzo de Limia, un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia.

Condado da Limia, a denominación dunha antiga rexión altomedieval e baixomedieval que se situaba na actual provincia de Ourense ademais de chegar ata Viana do Castelo, seguindo o curso do río Limia.

Baixa Limia - Serra do Xurés, un parque natural que abrangue seis concellos galegos e cinco portugueses

Xinzo de Limia, unha parroquia do concello ourensán de Xinzo de Limia.

Couso de Limia, Sandiás, unha parroquia do concello ourensán de Sandiás.

Prado de Limia, Muíños, unha parroquia do concello ourensán de Muíños.

Souto de Limia, Muíños, unha parroquia do concello ourensán de Muíños.

Solbeira de Limia, Xinzo de Limia, unha parroquia do concello ourensán de Xinzo de Limia.

Pedro Froilaz de Traba

Pedro Froilaz (tamén escrito Froylaz ou Fróilaz), foi un nobre galego nado no século XI, conde de Traba (ou Trava), Trastámara, Galiza e señor doutras tenencias e castelos. Foi o máis importante partidario do conde de Galiza Raimundo de Borgoña, quen lle confiou a crianza do seu fillo Afonso Raimúndez. Na defensa dos dereitos sucesorios do neno enfrontouse á raíña Urraca, nai do infante, e ao seu esposo Afonso o Batallador. No ano 1111, cando Afonso só contaba seis anos de idade, coroouno xunto ao bispo Xelmírez como rei de Galiza na catedral de Santiago de Compostela. Nos anos posteriores guiouno e protexeuno até coroalo tamén en Toledo (1117) e León (1126). Finou no ano 1126 sendo sucedido nos seus títulos e posesións polo seu herdeiro Fernando Pérez de Traba, terceiro dos seus quince fillos. Foi soterrado no cemiterio da igrexa de Santiago e os seus restos consérvanse actualmente nun sartego no Panteón Real da Catedral.

Sandiás

Sandiás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.307 habitantes (1.584 en 2004, 1.618 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sandiao».

Tratado de Tui (1137)

O tratado de Tui foi un acordo celebrado en Tui en 1137 entre Afonso VII, o emperador, e o seu curmán, o infante D. Afonso Henriques, como fin das hostilidades.

Segundo parece, D. Afonso Henriques, sabendo que o emperador se atopaba en mala posición no conflito co rei de Navarra, aproveitou a oportunidade favorable para, de acordo con este, entrar co seu exército no reino de Galiza, recuperando o Condado de Toronho e o Condado da Limia, derrotando ao Conde de Traba e Rodrigo Vélaz na batalla de Cerneja, onde o último foi feito cativo. Afonso VII recuperou Tui por medio deste acordo que será vixente até 1140. O acordo foi asinado polos dous reis e atopou o equilibrio nun recoñecemento lixeiro e vago de vasalaxe do rei Afonso Henriques ao rei de León, que estaba en posesión de título de emperador.

Algúns autores consideran que Afonso Henriques, na continuación da política de independencia de seus pais, evitou calquera acto que o levase á submisión do curmán. Don Afonso Henriques nunca recoñeceu ao curmán como emperador, e este tampouco non invocou tal feito nas relacións con Portugal, pero que o rei de León e Castela non renunciaba á súa supremacía móstrao a protesta que dirixiu ao papa Uxío III co gallo do Concilio de Reims (1148) sen falar da intransixencia con que loitou até a fin da vida pola primacía eclesiástica de Toledo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.