Condado

Na antigüídade, un condado era o territorio rexido por un Conde.

Esta denominación tamén se refire a unha forma de división administrativa dun territorio, utilizada frecuentemente polos pobos anglosaxóns, como o Reino Unido, Canadá ou os EUA. En Luisiana a parroquia (en inglés: parish) e en Alasca o borough, representan a mesma entidade que o condado baixo distintas denominacións.

Véxase tamén

Outros artigos

California

California é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Situado na costa norte do océano Pacífico, é o estado máis poboado do país, con máis de 38 millóns de habitantes. É tamén o terceiro maior estado en extensión dos Estados Unidos, por detrás só de Alasca e Texas. California é o maior centro comercial e industrial dos Estados Unidos, así como o líder nacional na produción de produtos agropecuarios.

Das vinte maiores cidades de Estados Unidos, catro están localizadas en California: Os Ánxeles, San Jose, San Diego e San Francisco. A súa capital, Sacramento, tamén é unha gran cidade. A rexión sur ten unha alta densidade de poboación, e alí é onde se localizan as catro maiores cidades do estado, mentres que a rexión norte está menos densamente habitada, e Sacramento é a única gran cidade situada nesa rexión setentrional.

Os españois foron os primeiros en explorar e colonizar a área onde actualmente se sitúa o estado de California e, despois da independencia mexicana, tornou parte de México. Os estadounidenses anexionaron California por volta de 1850, despois dunha guerra con México.

O alcume do estado é The Golden State, é dicir, o "estado dourado". Con todo, a orixe deste nome aínda é tema de discusión. Pode proceder da febre dourada de 1849, cando as minas de ouro atraeron decenas de milleiros de persoas de todo o país á rexión. Outra posibilidade é unha referencia á herba nativa do estado, que adquire unha cor dourada na estación seca. Comunmente, o alcume tamén é unha referencia ao seu clima, quente e soleado durante a maior parte do ano. O nome do estado vén dunha novela (Las sergas de Espladián, As aventuras de Espladián) do século XVI, escrita polo español Garci Rodríguez de Montalvo, onde existía un paraíso chamado California.

Cambridge

Cambridge é unha cidade inglesa de 123.900 habitantes (2010), centro administrativo do condado de Cambridgeshire, célebre pola súa universidade, que acolleu, entre outros alumnos e profesores a Isaac Newton.

Comarca do Condado

A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas. A cal pertencen a ela os concellos Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

O topónimo O Condado vén do celta galaico: *Comdato < *kom-dhh1t-o 'confluencia, reunión de augas'.

Condado de Treviño

Condado de Treviño é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). Xunto co municipio de La Puebla de Arganzón forma o enclave de Treviño, situado dentro da provincia vasca de Áraba. A capital do municipio é a localidade de Treviño.

Croacia

Croacia ( pronunciación ) (en croata: Hrvatska [xř̩ʋaːtskaː] ), oficialmente República de Croacia ( pronunciación ) (en croata: Republika Hrvatska ( pronunciación )), é un país de Europa central, rodeado pola chaira Panónica, os Balcáns e o mar Mediterráneo. A súa capital e cidade máis grande é Zagreb. Comparte fronteiras con Eslovenia e Hungría ao norte, Bosnia e Hercegovina ao sueste e Serbia e Montenegro ao leste.

Antigo membro da República Federal Socialista de Iugoslavia, o 25 de xuño de 1991 Croacia declarou a súa independencia converténdose nun Estado soberano. O 1 de xullo de 2013 Croacia entrou na Unión Europea. Ademais é membro das Nacións Unidas, o Consello de Europa, a OTAN, a Organización Mundial do Comercio e membro non permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas durante o período 2008 e 2009. Croacia está clasificada como unha economía emerxente e en desenvolvemento polo Fondo Monetario Internacional e país de alta renda polo Banco Mundial.

Estonia

Estonia ( pronunciación ) (en estoniano: Eesti, [ˈeːsti] (AFI)), oficialmente República de Estonia ( pronunciación ) (en estoniano: Eesti Vabariik, [ˈeːsti ˈʋɑbɑriːk] (AFI)), é un dos tres países bálticos. O país atópase na Europa do norte e está constituído por unha porción continental e un grande arquipélago de illas no mar Báltico. Estonia limita polo norte co golfo de Finlandia que o separa da veciña Finlandia. Polo leste o país fai fronteira con Rusia, ao sur con Letonia e ao oeste co mar Báltico, que o separa de Suecia. Estonia ten unha poboación de pouco máis dun millón trescentos mil habitantes, distribuídos ao longo de 45 mil quilómetros cadrados. O país é membro da Unión Europea dende o 1 de maio do ano 2004, da OTAN dende o 29 de marzo do 2004 e da Eurozona dende o 1 de xaneiro de 2011.Os estonianos son un pobo fínico etnicamente vencellado aos finlandeses e aos saamis. O país ten ademais vencellos culturais e históricas cos países nórdicos, particularmente con Finlandia, a Suecia e Dinamarca.

A lingua estoniana forma parte das linguas ugrofinesas grupo que comparte co finés e o húngaro, aínda que difire moito deste. Xunto co finés, o húngaro e o maltés, o estoniano forma o grupo de linguas oficiais da Unión Europea que non teñen orixe indoeuropea.

Durante séculos os estonianos viviron baixo o dominio doutros pobos que ocuparon a súa terra. A noción de país chegou bastante tarde para os estonianos, apenas na metade do século XIX, cun forte crecemento cultural unido ao crecemento da poboación urbana, e á industrialización do país, que favoreceu a unión dos estonianos e ao movemento nacionalista, resultando nun Estado independente, establecido en 1917.

Gotemburgo

Gotemburgo (en sueco: Göteborg, [jœtəˈbɔrj] (AFI), escoitar) é unha cidade do condado de Västergötland na costa oeste de Suecia. No ano 2006, a cidade tiña unha poboación de 490.000 habitantes na súa área e 879.000 na área metropolitana, facéndoa a segunda maior cidade do país, despois de Estocolmo. A cidade tamén destaca pola súa importante universidade.

A cidade está situada no esteiro do Göta Älv no Kattegat, o río divide a cidade en dúas porcións, unha situada na illa de Hisingen e a outra en terra firme. Grazas ao río Göta Älv Gotemburgo é un dos portos máis importantes de Escandinavia.

Lingua polaca

O polaco ou polonés é unha lingua eslava do nordés de Europa, oficial na República de Polonia e no Condado de Vilnius. Forma parte da póla lequítica das linguas eslavas setentrionais e existe un algo grao de intercomprensibilidade co checo e o eslovaco.

Manhattan

Manhattan é o nome dunha illa no río Hudson e tamén dun dos cinco distritos metropolitanos que forman a cidade de Nova York.

O distrito metropolitano ten os mesmos límites que o condado de Nova York e inclúe a illa de Manhattan así como varias illas máis pequenas (Roosevelt, Randall, entre outras), a máis diso unha pequena porción de terra continental (Marble Hill, que xeograficamente está no Bronx, pero politicamente pertence ao condado de Nova York). No ano 2004, a poboación era de 1 562 723 persoas. O condado de Nova York é o de menor área en Nova York.

Margarita Ledo Andión

Margarita Ledo Andión, nada en Castro de Rei o 5 de febreiro de 1951, é unha xornalista, escritora e cineasta galega.

Miami

Miami é unha cidade da Florida, nos Estados Unidos de América. É a sede do condado de Miami-Dade. Ten preto de 350 mil habitantes, aínda que súa zona metropolitana posúa 2.1 millóns, chegando a cinco millóns, cando se contan os condados veciños de Broward e Palm Beach. Foi fundada o 28 de xullo de 1896 e segundo as Nacións Unidas no ano 2008, Miami converteuse na cuarta área urbanizada máis grande do país, despois dos Ánxeles, Nova York e Chicago. Tamén no 2008 a cidade de Miami foi premiada co galardón de "Cidade máis limpa dos Estados Unidos".

Municipio

O concello ou municipio é, nas súas diversas formas, e baixo diferentes designacións, a estrutura básica de administración local en moitos países do mundo. Con orixes diferentes, consonte ás tradicións locais, os concellos modernos teñen, porén, bastantes puntos de contacto na súa estrutura e competencias.

En xeral, poden distinguirse tres tipos de concellos:

Urbanos: concellos constituídos exclusivamente, ou case, por territorio urbanizado;

Rurais: municipios constituídos por un ou máis núcleos poboacionais de pequenas dimensións e por territorio non urbanizado relativamente vasto;

Mixtos: concellos que comprenden cantidades significativas quer de territorio urbano, quer de territorio rural.Nalgúns países e nalgunhas subdivisións doutros países (como algúns estados norte-americanos), estes diferentes tipos están separados por lei, constituíndo diferentes unidades administrativas. Noutros, como en Portugal e España, todos os concellos son iguais ante a lei, aínda que por mor da súa poboación ou características estean suxeitos a un distinto trato financeiro, electoral etc. (achegas doutras administracións, número de concelleiros elixibles, estatutos de capitalidade, áreas metropolitanas etc).

Oxford

Oxford é unha vella cidade universitaria inglesa no condado de Oxfordshire, en Inglaterra. Segundo o censo de 2001 a súa poboación é de 134.248 habitantes. A súa posición xeográfica é 51º44'29N 1º16'38W (corresponde á Torre Carfax, considerada como o centro da cidade).

Ponteareas

Ponteareas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 23.115 habitantes.

Reino de Castela

O Reino de Castela foi un dos reinos medievais da Península Ibérica. Castela xurdiu como entidade política autónoma no século IX baixo a forma dun condado vasalo do Reino de León. Non será ata o século XI cando acade a categoría de reino. O seu nome débese á gran cantidade de castelos que había naquela zona.

Rexións de Francia

Desde o 1 de xaneiro de 2016 Francia está dividida en 18 rexións administrativas, das que 13 se achan na Francia metropolitana (12 régions de France métropolitaine, ás que se engade Córsega, que non ten a denominación de rexión pero exerce competencias similares), e 5 son rexións de alén mar.Porén a división administrativa realmente importante dende o punto de vista organizativo é a dos departamentos, divisións interiores das rexións.

A administración francesa entende que as rexións son unha zona xeográfica definida ligadas a unha identidade cultural ou social.

As rexións francesas non teñen ningunha capacidade de autonomía, non poden promulgar leis nin teñen capacidade recadatoria propia. Limítanse unicamente a administrar un orzamento que lles concede o estado e que se dirixe fundamentalmente a obras públicas de pequeno investimento, servizos sociais e eventos culturais.

Só unha destas rexións francesas, Córsega, desenvolveu institucións de autogoberno limitadas baixo o nome de colectividade territorial.

Polo demais, cada rexión ten o seu consello rexional, elixido a partir das eleccións municipais, que escolle, á súa vez, un presidente rexional.

Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 9.626 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «salvaterrense».

San Diego

San Diego é unha cidade situada no extremo suroeste do estado de California (Estados Unidos) e, polo tanto, ao extremo suroeste continental dos Estados Unidos. O condado fai fronteira con Tijuana, Baixa California, México. Capital do Condado de San Diego, a cidade ten fama polo seu clima tépedo e as súas numerosas praias. No censo de 2000 tiña unha poboación total de 1.223.400 habitantes. É a segunda cidade máis grande de California e a sétima do país.

San Diego acolle varias bases militares, incluíndo portos da armada estadounidense e bases de infantería de mariña. É ademais a sede da maior frota naval no mundo, incluíndo dous super-portaavións da armada, o USS Nimitz (CVN-68) e o USS Ronald Reagan (CVN-76), cinco naves de asalto anfibio, varios submarinos nucleares e moitas naves menores. Un dos dous centros de recrutamento da infantería de mariña sitúase aquí.

Como proba da súa vinculación histórica coa mariña estadounidense, varios buques desta chamáronse USS San Diego para honrar á cidade. A base naval de North Island tamén é coñecida como o Berce da Aviación Naval en Estados Unidos, aínda que a base naval de Pensacola, en Florida, tamén reivindica este título.

Vegas del Condado

Vegas del Condado é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 1.215 habitantes (INE 2011).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.