Concurso nacional de contos infantís O Facho

O Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho, foi creado por esta asociación, como parte do seu esforzo de dinamización e normalización do idioma e da cultura propias. Premia obras de literatura infantil e xuvenil escritas en galego.

O primeiro premio convocouse no ano 1968 e foi premiado o conto A galiña azul, de Carlos Casares.

A galiña azul (libro)

A galiña azul é unha obra narrativa de literatura infantil de Carlos Casares, gañadora do 1º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1968 e publicada o mesmo ano por Galaxia na colección Tartaruga. Foi traducida ao ucraíno en 1987 por Myhajlo Lytvynec.

Agrupación Cultural O Facho

A Agrupación Cultural O Facho é unha asociación cultural creada na Coruña o 23 de decembro de 1963.

Ana María Fernández Martínez

Ana María Fernández Martínez, nada en Palma en 1949, é unha escritora galega.

Concha Blanco

María Concepción Blanco Blanco, nada en Lires (Cee) o 19 de xuño de 1950, é unha pedagoga, mestra e escritora en lingua galega, xa xubilada. Dende o comenzo da súa actividade editou libros de materia pedagóxica. Foi unha das primeiras autoras de materiais didácticos para o ensino do galego.

Dora Vázquez

Dorinda Remedios Vázquez Iglesias, nada no barrio do Polvorín (Ourense) o 21 de agosto de 1913 e finada o 23 de setembro de 2010 na mesma cidade, foi unha escritora galega. Foi irmá da tamén escritora Pura Vázquez.

Fiz Vergara Vilariño

Fiz Vergara Vilariño, nado na parroquia de Santalla do concello lugués de Samos o 15 de abril de 1953 e finado na mesma parroquia o 18 de xullo de 1997, foi un poeta galego.

Manoel Riveiro Loureiro

Manoel Riveiro Loureiro, nado na Coruña en 1933 e finado na mesma cidade o 15 de xaneiro de 2009, foi un escritor galego.

Mar adiante

Mar adiante é unha obra narrativa de María Victoria Moreno, publicada por Ediciós do Castro en 1973, subtitulada Historias de nenos pra nenos. Fixo as ilustracións do libro a autora e a cuberta Carmen Arias.

Con esta primeira obra súa, a profesora converteuse nunha das voces pioneiras da narración en galego destinada ao público máis novo; e tamén é pioneira en introducir nenas protagonistas . "Crarisa e o luceiro" -capítulo VII deste libro- gañou o segundo premio (dotado con 3.500 pesetas) do Concurso nacional de contos infantís O Facho en 1972. A obra remata cun vocabulario galego-castelán para mellor entender o texto.

A pesar de que todas as historias do libro teñen un nexo común -o barco escola que parte de Portosouril- poden verse como historias diferentes. A idea principal é que o ensino pode cambiar, a escola debe basearse na observación e na experiencia integrando a realidade dos nenos e nenas.

Na lapela do libro comenta Xesús Alonso Montero: "pra compor estes contos infantiles, María Victoria botóu mau de personaxes moi coñecidos neste xénero de historias: nenos, vermes, mariñeiros, estrelas, gaivotas, ventos, lobos, peixes, etc".

O Facho

Un facho é unha mañiza de palla atada á que se lle prende lume ou fogueira acesa nun alto. Como topónimo pode referirse a:

O Facho, lugar da parroquia de Castrelo no concello de Cambados.

O Facho, lugar da parroquia de Rebordelo no concello de Cerdedo-Cotobade.

O Facho, lugar da parroquia de Baldráns no concello de Tui.

O Facho, lugar da parroquia de Beade no concello de Vigo.

O cataventos

O cataventos é un libro de literatura infantil escrito por María Victoria Moreno e ilustrado por Carme Peris. No ano 1989 publicouno, en tapa dura, Sotelo Blanco Edicións, como parte da colección "Libros do sol e da lúa". A obra fora distinguida co primeiro premio en contos para nenos do VIII Concurso nacional de contos infantís O Facho.

Segundo Carmen Blanco, o relato é unha parábola da vaidade e da obsesión de poder que lea a un galo fachendoso a converterse en cataventos para estar así por encima dos demais.

Pepe Carreiro

Xosé Carreiro Montero, máis coñecido como Pepe Carreiro, nado en Vigo en 1954, é un humorista gráfico, debuxante e guionista de banda deseñada.

Sabela Álvarez Núñez

Sabela Álvarez Núñez, nada en Lugo en 1954, é unha escritora galega e tradutora do castelán ao galego de literatura infantil.

Xavier Rodríguez Barrio

Xavier Rodríguez Barrio, nado en Lugo en 1954, é un poeta, tradutor, narrador e ensaísta galego, pertencente á Xeración Poética dos 80.

Xesús Pisón

Xesús Emilio Pisón Villapol, nado en Ferreira do Valadouro, Lugo, en 1954, é un autor dramático galego.

Xosé-Henrique Costas

Para ver artigos doutras persoas chamadas Quique Costas, acuda á páxina de homónimos correspondenteXosé-Henrique Costas González, nado en Sárdoma (Vigo) o 11 de agosto de 1962, é un lingüista galego director de Normalización lingüística desde 2010.

Xosé Agrelo Hermo

Xosé Agrelo Hermo, máis coñecido como Pepe Agrelo, nado en Barro (Noia) o 10 de abril de 1937 e falecido en Santiago de Compostela o 21 de novembro de 2006, foi un escritor galego.

Xosé Luís Martínez Pereiro

Xosé Luís Martínez Pereiro, nado na Coruña en 1959, é un escritor galego.

Xosé Vázquez Pintor

Xosé Vázquez Pintor, nado en Melide o 30 de novembro de 1946, é un escritor galego.

Xoán Bernárdez Vilar

Xoán Bernárdez Vilar, nado en Marín o 5 de abril de 1936, é un escritor, historiador e ensaísta galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.