Concurso de Saltos Internacional de Vigo

O Concurso de Saltos Internacional de Vigo foi unha proba hípica da Copa do Mundo de Saltos que cada mes de febreiro dende o ano 2002 ata o 2011[1] se organizaba dentro do IFEVI de Vigo. Tratábase da única proba da Copa do Mundo de Saltos que se disputaba en España.

O CSI Vigo tivo unha categoría de 5 estrelas (5*****), a máxima posible, un recoñecemento que teñen os concursos internacionais de saltos cun mínimo de 385.221 euros en premios (500.000 francos suízos) e nos que participan cabalos dunha idade mínima de sete anos.

Notas

  1. A. López. "Vigo se queda sin Copa del Mundo de saltos". Faro de Vigo. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2016. Consultado o 13 de xullo de 2018.

Véxase tamén

Ligazóns externas

IFEVI

O Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) é un complexo multifuncional utilizado para todo tipo de celebracións; concertos, eventos deportivos, feiras internacionais, nacionais ou locais, competicións, conferencias, convencións etc.

Dispón de 3 pavillóns, 5 salas de reunións, dous recibidores, unha sala de xuntas cunha capacidade máxima de 30 persoas, un auditorio con 506 butacas, unha cafetaría, un autoservizo, un restaurante e un aparcadoiro con capacidade para 2200 vehículos.

Está situado en Coto Grande (Cabral), nos arrabaldes de Vigo, a 300 metros do Aeroporto de Peinador. Dispón dunha saída directa dende a Autoestrada do Atlántico AP-9.

Cabalos en Galicia
Centros:
Competicións:
Rapa das bestas:
Outros artigos:
De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.