Concordia de Villafáfila

A Concordia de Villafáfila é o acordo histórico asinado o 27 de xuño de 1506 na localidade de Villafáfila por Fernando o Católico, e ao día seguinte en Benavente por Filipe o Fermoso, marido de Xoana a Tola.[1]

Mediante este tratado recoñecíase a incapacidade da raíña Xoana para reinar debido ao seu alleamento mental. Filipe o Fermoso quedaba como único rei de Castela; mentres que Fernando o Católico, que ata entón viña gobernando Castela en virtude do indicado no testamento de Isabel a Católica (12 de outubro de 1504)[2] e do acordado con Xoana e Filipe na Concordia de Salamanca (24 de novembro de 1505), retirábase aos seus reinos de Aragón.

A vixencia do acordo foi breve, como consecuencia do falecemento de Filipe o fermoso o 25 de setembro de 1506. Fernando o Católico volveu asumir goberno de Castela como rexente da súa filla Xoana, dado que o fillo primoxénito de Xoana e Filipe (o futuro Carlos V) tiña cinco anos de idade.

Michel Sittow 004
Fernando o Católico un dos asignantes da Concordia de Villafáfila
Juan de Flandes 004
Felipe I o Fermoso o outro asignante da Concordia de Villafáfila

Notas

  1. Jerónimo Zurita: Historia del rey Don Fernando el Católico. De las empresas, y ligas de Italia Arquivado 09 de decembro de 2007 en Wayback Machine., libro VII, cap. VII.
  2. Luis Suárez Fernández, Análisis del testamento de Isabel la Católica. Testamento de la Señora Reyna Católica Doña Isabel, hecho en la villa de Medina del Campo, a doce de octubre del año 1504, texto en Wikisource.

Ligazós externas

Casa dos Austria

A casa dos Austria é o nome co que se coñece á dinastía Habsburgo reinante na Monarquía Hispánica nos séculos XVI e XVII; desde a Concordia de Villafáfila (27 de xuño de 1506) en que Filipe I o Fermoso é recoñecido como rei consorte da Coroa de Castela, quedando para o seu sogro Fernando o Católico a Coroa de Aragón, ata a morte sen sucesión directa de Carlos II o Enfeitizado (1 de novembro de 1700), feito que provocou a Guerra de Sucesión Española. A rama dinástica española dos Habsburgo seguiu por parte da filla de D. Juan José de Austria, Dª. Margarita da Cruz de Habsburgo, que abandonou os hábitos o 17 de setembro de 1681 para contraer matrimonio co nobre galego D. Felipe de Romay.

Coroa de Castela

A Coroa de Castela foi unha entidade histórica da Península Ibérica que desde o 1230 comprendía un conxunto de reinos asociados dinasticamente baixo a figura dun común monarca, que tiñan o seu centro de decisión no reino de Castela. A súa orixe remóntase ao ano 1230, cando Fernando III o Santo, rei de Castela e de Toledo desde 1217, usurpou o goberno dos reinos de Galicia e León ás súas medias-irmás e previsibles futuras raíñas Sancha e Aldonza..

Fernando II de Aragón e V de Castela

Fernando "o Católico", V de Castela, II de Aragón, Valencia e Barcelona, III de Sicilia e I de Navarra, nado en Sos del Rey Católico (Zaragoza) o 10 de maio de 1452 e finado en Madrigalejo (Cáceres) o 22 de xaneiro de 1516, foi rei de Aragón, Valencia, Mallorca, Sicilia (1468-1516), Castela (1474-1504), Sardeña (1479-1516), de Nápoles (1503-1516) e Navarra (1512-1515); rexente de Castela (1507-1516); Príncipe de Xirona e Duque de Montblanc (1472-1478); Conde de Barcelona e de Ribagorza (1458-1469).

Filipe I de Castela

Filipe de Habsburgo, alcumado o Fermoso, nado en Bruxas (Flandres) o 22 de xullo de 1478 e finado en Burgos o 25 de setembro de 1506, foi un nobre da casa de Habsburgo, arquiduque de Austria, duque de Borgoña, Brabante, Limburgo e Luxemburgo, conde de Flandres, Habsburgo, Hainaut, Holanda, Zelandia, Tirol e Artois, señor de Antuerpen e Malinas, entre outras cidades (1482 - 1506), e rei de Castela e de León (1504 - 1506) polo seu matrimonio con Xoana, filla e herdeira dos Reis Católicos.

Foi quen trouxo a liñaxe dos Habsburgo nos territorios da actual España. O apelativo o Fermoso, deullo o rei Luís XII de Francia. En 1501, Filipe e Xoana viaxaban cara a Castela para seren coroados e detivéronse en Blois. Alí o rei francés recibiunos, a velo exclamou: Velaí un fermoso príncipe.

Era fillo de Maximiliano I, emperador de Alemaña e de María de Borgoña. O seu pai pactou o seu matrimonio con Xoana, filla dos Reis Católicos, no marco da Liga Santa que uniu a monarquía castelá-aragonesa co Sacro Imperio, Inglaterra, Nápoles, a república de Xénova e o ducado de Milán contra as pretensións hexemónicas de Francia na península italiana (1495).

Deste matrimonio naceran 6 fillos:

Leonor (Lovaina,1498 - Talavera,1558). Arquiduquesa de Austria. Casada co rei Manuel I de Portugal.

Carlos (Gante, 1500 - Mosteiro de Yuste, 1558). Rei de Castela, Aragón e emperador do Sacro Imperio.

Isabel (Bruxelas, 1501 - Zwijnaerde, Gante, 1526). Arquiduquesa de Austria. Casada co rei Cristián II de Dinamarca.

Fernando (Alcalá de Henares, - Viena,1564), emperador do Sacro Imperio.

María (Bruxelas, 1505 - Cigales, 1558). Archiduquesa de Austria. Casada con Luís II Xagellón, rei de Hungría, Bohemia e Croacia.

Catarina (Torquemada, 1507 - Lisboa, 1578). Arquiduquesa de Austria. Casada co rei Xoán III de Portugal.Nos Países Baixos borgoñóns (Bélxica, Holanda e Luxemburgo) actuou como un administrador competente e un soberano popular e amado, que soubo unir os intereses dos seus diversos territorios, demostrando especial talento para planear reformas e para dar tranquilidade e paz logo de anos de turbulencias políticas.

Mortos os infantes Juan (1497) e Isabel (1498), así como o fillo desta última, o infante Miguel (1500), a súa esposa convértese na herdeira de Castela e Aragón. Morta a raíña Isabel a Católica (1504), ábrese o problema da sucesión nos reinos casteláns. Pola Concordia de Salamanca (1505), acórdase o goberno conxunto de Filipe, Fernando de Aragón e a propia Xoana. Porén, as malas relacións entre el (apoiado pola nobreza castelá) e o seu sogro, o rei Fernando o Católico, obrigaron a este a renunciar ao poder en Castela para evitar un enfrontamento armado. Pola Concordia de Villafáfila (1506), Fernando retírase aos seus estados de Aragón, como rei, e Filipe é proclamado rei de Castela. Hai pois catro monarquías na península neste momento: Portugal, Navarra, Castela-León, Aragón.

Entre tanto, Xoana mostra visos de loucura, segundo algúns polos celos que lle producían as infidelidades do marido, polo que sentía un amor tan apaixonado como pouco correspondido. Aínda que as Cortes de Castela reunidas en Valladolid se negaron a declarar a incapacidade da raíña Xoana, Filipe I exerce o poder efectivo sen contar con ela. Tradicionalmente ténselle censurado polo favoritismo que demostrou polos seus conterráneos flamengos, así como por repartiren dádivas e prebendas entre os nobres casteláns para buscar o seu apoio; mais é posíbel que iso respondese a unha estratexia dirixida a afianzar o poder real e a pór couto as inxerencias de seu sogro nos asuntos casteláns. A figura que atinxira maior preeminencia no seu breve goberno (mais non ata consideralo un valido) foi un escuro nobre, o señor de Belmonte, de nome Juan Manuel.

En xuño de 1506 desembarcou coa súa muller na Coruña para dirixirse á Pobra de Sanabria a reunirse co seu sogro, pasando a noite do día 15 na vila da Gudiña. A súa morte, que ocorreu na burgalesa Casa del Cordón, foi tan súbita que correu o rumor de que seu sogro o envelenara. Segundo parece mentres se encontraba Filipe en Burgos, xogando aos birlos, tras a partida, suando aínda, bebeu abundante auga fría, a consecuencia do cal caeu enfermo con alta febre e morreu uns días despois. Porén, os investigadores máis recentes e autorizados atribúen a súa morte á peste. O falecemento do monarca acrecentou a suposta loucura da raíña Xoana.

Fernando o Católico aproveitou o débil estado mental da súa filla para encerrala no pazo de Tordesillas (Valladolid), do que xa no sairá ata a súa morte, para converterse en rexente dos reinos castelán-leoneses.

Reis Católicos

Os Reis Católicos foi a denominación que recibiron os reis Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela, soberanos da Coroa de Castela (1474-1504) e da Coroa de Aragón (1479-1516).

Os Reis accederon ao trono de Castela trala Guerra de Sucesión Castelá (1475-1479) contra os partidarios da princesa Xoana a Beltranexa, filla do rei Henrique IV de Castela. En 1479 Fernando herdou o trono de Aragón ao morrer o seu pai, o rei Xoán II de Aragón. Isabel e Fernando reinaron xuntos ata a morte dela en 1504. Entón Fernando quedou unicamente como rei de Aragón, pasando Castela á súa filla Xoana, alcumada "a Tola", e ao seu marido Filipe de Austria, alcumado "o Fermoso", Arquiduque de Austria, duque de Borgoña e conde de Flandres. Con todo Fernando non renunciou a controlar Castela e, tras morrer Felipe en 1506 e ser declarada Xoana incapaz, conseguiu ser nomeado rexente do reino ata a súa morte en 1516.

A historiografía española considera o reinado dos Reis Católicos como a transición da Idade Media á Idade Moderna. Co seu enlace matrimonial uníronse provisionalmente, na dinastía dos Trastámara, dúas coroas: a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón dando nacemento ao Imperio Español e, apoiados polas cidades e a pequena nobreza, estableceron unha monarquía forte fronte ás apetencias de poder de eclesiásticos e nobres. Coa conquista do Reino de Granada, do Reino de Navarra, de Canarias, de Melilla e doutras prazas africanas conseguiron a unión territorial baixo unha soa coroa da totalidade dos territorios que hoxe forman España –exceptuando Ceuta e Olivenza que entón pertencían a Portugal–, que se caracterizou por ser persoal, xa que se mantiveron as soberanías, normas e institucións propias de cada reino e coroa.

Os Reis estableceron unha política exterior común marcada por enlácelos matrimoniais con varias familias reais de Europa que resultaron na hexemonía dos Habsburgo durante os séculos XVI e XVII.

Por outra banda, o descubrimento de América, en 1492, modificou profundamente a historia mundial.

Xoana I de Castela

Xoana I de Castela ou Xoana I de Aragón e Castela, coñecida tamén como Xoana a Tola, nada en Toledo en 1479 e finada en Tordesillas, Valladolid, en 1555, foi entre outras cousas raíña de Aragón e Castela.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.