Concilio

Concilio (do latín concilium) é unha reunión ou asemblea de autoridades relixiosas (bispos e outros eclesiásticos) xeralmente efectuada pola Igrexa Católica ou Ortodoxa, para deliberar ou decidir sobre as materias doutrinais e de disciplina.

Distínguense tres clases de concilios:

  • Os Concilios ecuménicos, xerais ou universais. Ata 1054, data en que se produciu o Gran Cisma de Oriente e Occidente, contabilizáronse oito concilios deste tipo. Convocados polo Emperador, salvo o oitavo que foi convocado conxuntamente polo Emperador bizantino e o Papa; participaban os bispos, abades e patriarcas de toda a cristiandade (Concilios Gregos).
Desde 1054 este tipo de concilios só se celebraron en Occidente, onde sumaron outros doce concilios, sendo convocados en todos os casos polo Papa e participando todo o episcopado católico (Concilios Latinos).
O último Concilio Ecuménico foi o chamado "Vaticano II" xa que a súa sede foi na cidade do Vaticano (Roma, Italia) e foi o segundo nese lugar. A convocatoria realizouna Xoán XXIII en 1959 e foi clausurado polo Papa Paulo VI no ano 1965
  • Os Concilios nacionais ou plenarios. Son convocados con autorización papal e neles só participa o episcopado dun continente, Estado ou rexión.
  • Os concilios provinciais. Son convocados polo bispo metropolitano da diocese provincial correspondente, celébranse periodicamente cada vinte anos, e neles participan os titulares de oficios eclesiásticos da diocese.
Así temos os Concilios de Toledo, que foron Xuntas de Prelados e Magnates durante a dominación visigoda, que se celebraron en devandita cidade para tratar asuntos eclesiásticos e militares.

Véxase tamén

Outros artigos

Arianismo

O arianismo foi unha doutrina cristolóxica desenvolvida por Ario de Alexandria no século IV, negaba que Cristo e Deus fosen da mesma natureza e vía o Fillo como un ser divino creado polo Pai, a primeira das criaturas vindas ao mundo pola vontade de Deus, pero inferior a el. Negaba, polo tanto, a "consustancialidade" do Pai e do Fillo. O Primeiro Concilio de Nicea (325) condeouno como unha herexía, despois de moitas discusións, pero sobreviviu entre os xermanos ata o século VIII.

Concilio Vaticano Segundo

O Concilio Vaticano Segundo ou Segundo Concilio Ecuménico do Vaticano foi un Concilio ecuménico da Igrexa católica, comezado baixo o papado de Xoán XXIII (1962) e finalizado con Paulo VI en 1965.

Concilio de Trento

O Concilio de Trento foi o XIX Concilio ecuménico da Igrexa católica, celebrado en períodos descontinuos entre 1545 e 1563. Tivo lugar en Trento, unha cidade do norte da Italia actual que por aquel entón era unha cidade libre rexida por un príncipe-bispo.

Constantino, papa

Constantino, nado en Tiro (Siria, hoxe no Líbano) e finado en Roma o 9 de abril de 715, foi o Papa nº 88 da Igrexa católica de 708 a 715.

Cristianismo

O cristianismo (da verba en grego antigo Χριστός, Khristós (Cristo)) é unha relixión monoteísta baseada na vida e ensinanzas de Xesús Cristo como aparecen nos evanxeos canónicos e noutros escritos do Novo Testamento. Actualmente é a relixión, se contamos tódalas súas ramas, que conta con maior número de practicantes, coñecidos como cristiáns.

Os cristiáns cren que Xesús é o Fillo de Deus, Deus feito home, e o salvador da humanidade. Por mor disto, refírense a Xesús como Cristo, o Mesías profetizado nos textos xudeus que compoñen o Antigo Testamento. A doutrina teolóxica básica aparece nos primeiros textos cristiáns, cuxo contido é aceptado pola maioría das confesións cristiás. Estas profesións de fe din que Xesús sufriu, morreu e resucitou de entre os mortos para garantir a vida eterna a aqueles que cren nel e que confían nel para o perdón dos seus pecados. A maioría sosteñen tamén que Xesús subiu ao Ceo e que alí goberna xunto con Deus Pai. Aínda que o cristianismo é unha relixión monoteísta a maioría dos cristiáns cren que Deus existe en tres persoas, Deus Pai, Deus Fillo e Deus Espírito Santo que constitúen unha mesma substancia de Deus, o que constitúe o misterio da Santa Trindade.

Diocese de Britonia

A diocese de Britonia (tamén chamada de Bretoña) foi unha antiga división episcopal da Gallaecia, e na actualidade é unha sé titular da Igrexa Católica.

Gran Cisma

O Gran Cisma é a denominación que se dá ao acontecemento que dividiu a Cristiandade en Catolicismo Occidental e Ortodoxia Oriental. Aínda que se acostuma datar no ano 1054, O Cisma entre Occidente e Oriente vese na actualidade como o resultado dun dilatado período de estrañamento entre as dúas Igrexas. As causas primarias do Cisma foran as disputas sobre a autoridade papal ( o Papa reclamaba que el posuía autoridade sobre os catro patriarcas orientais de fala grega) e sobre a admisión, por parte das Igrexas Orientais, da cláusula de filioque no Credo de Nicea. Aínda hoxe a Ortodoxia Oriental sostén que a primacía do Patriarca de Roma era só honoraria, e que só posúe autoridade sobre a súa propia diocese e que non ten autoridade para mudar as decisións tomadas por un Concilio Ecuménico. Houbo outras diferenzas, menos significativas, como variantes sobre prácticas litúrxicas e queixas conflitivas sobre xurisdicións territoriais.

Gregorio XII, papa

Gregorio XII, nado en Venecia sobre o 1326 e finado en Recanati o 18 de outubro de 1417, foi o Papa nº 205 da Igrexa católica de 1406 a 1415 e o cuarto papa do período dominado polo Cisma de Occidente e un dos poucos pontífices romanos en abdicar do ministerio petrino.

Herexía

No cristianismo, a herexía, é unha opinión ou doutrina mantida en oposición ao dogma de calquera igrexa ou credo considerado ortodoxo.

Igrexa católica

A Igrexa católica, tamén coñecida como Igrexa católica romana, é a maior denominación relixiosa cristiá con máis de 1.200 millóns de fieis. Reclámase organizativa e doutrinalmente a Igrexa cristiá orixinal fundada por Xesús e os Doce Apóstolos. A Igrexa católica está gobernada polo papa e polo Colexio Episcopal, integrado polos bispos en comuñón con el, e do cal é cabeza. Hoxe en día os ritos que se empregan na Igrexa son o rito latino (con diversas variacións nalgunhas igrexas locais e nalgunhas ordes relixiosas), o rito bizantino, o rito copto, o siríaco, o armenio, o maronita e o rito caldeo.As notas esenciais que definen á Igrexa son a súa Unidade, Santidade, Catolicidade e Apostolicidade; estas notas atópanse en tódalas Igrexas particulares que constitúen a Igrexa católica, que son a Igrexa latina e as igrexas católicas orientais; todas elas teñen en común as devanditas notas ou características esenciais e a autoridade suprema do Romano Pontífice.

En ocasións a Igrexa católica é aludida como Igrexa católica apostólica romana ou como Igrexa católica romana; quen fai isto sostén que as Igrexas anglicana e ortodoxa tamén son católicas (no sentido etimolóxico e en todo o contido do termo) e que a única diferenza é non estar sometidos á autoridade do papa, ou ben se trata de persoas procedentes de países nos que o idioma adoptou esta expresión debido ao uso intenso por parte de comunidades relevantes de anglicanos e outros protestantes e de ortodoxos.

Igrexas católicas orientais

O termo Igrexas católicas orientais, tamén coñecidas como uniatas, refírese colectivamente ás 22 igrexas particulares autónomas en comuñón coa Santa Sé que, xunto coa Igrexa Latina, forman a Igrexa Católica universal. Conservan moitas antigas tradicións teolóxicas, litúrxicas e devocionais que, en moitos casos, comparten co resto das igrexas cristiás orientais coas que estiveron unidas no pasado, como a Igrexa Ortodoxa ou as igrexas ortodoxas orientais.

Aínda que comparten tradicións similares con estas igrexas ortodoxas, afástanse delas en temas doutrinais e teolóxicos, polo que non admiten a participación de membros destas outras igrexas nos sacramentos, agás baixo as circunstancias previstas polo dereito canónico. No caso da Igrexa Ortodoxa isto é consecuencia, de xeito principal mais non exclusivo, de diferenzas conceptuais en canto ao papel e á autoridade do Bispo de Roma.

Historicamente, estás igrexas tiñan o seu ámbito de actuación en Europa do Leste, Oriente Medio, o Norte de África e a India. Por mor da emigración, teñen presenza tamén en Europa Occidental, América e Oceanía, onde teñen creado eparquías de xeito paralelo ás dioceses latinas.

Inocencio III, papa

Inocencio III (nado en Anagni, cara o ano 1161 e falecido en Perugia o 16 de xullo de 1216) foi o papa nº 176 da Igrexa católica.

Nobre de familia italiana, estudou Teoloxía na Universidade de París e despois Dereito Canónico en Bolonia. Incluso antes de ser elixido Papa xa era unha personalidade respectable e connotada. Por isto Celestino III nomeouno cardeal e, tralo seu falecemento en 1198, nunha votación unánime foi elixido como sumo pontífice o 8 de xaneiro dese ano. O colexio Cardenalicio viu máis tarde satisfeitas as súas perspectivas. Parte da grande enerxía que despregou como Pontífice débese a que foi un Papa inusualmente novo, pois foi elixido con 35 anos.

A súa influencia non pasou desapercibida para ninguén. As súas prédicas sempre foron sustentadas no seu propio exemplo, sendo moi destacable o seu estilo de vida humilde dentro da curia romana. Ademais, as súas grandes dotes como diplomático permitiron adherir a Roma os territorios adxacentes ata Rávena, as Marcas, Ancona e o antigo ducado de Spoleto.

Convocou o IV concilio de Letrán de 1215, por medio do cal ditou un regulamento que deu forma á Inquisición pontificia.

León XIII, papa

León XIII, nado como Vincenzo Gioacchino Pecci en Carpineto Romano (provincia de Roma, Italia) o 2 de marzo de 1810 e finado en Roma o 20 de xullo de 1903), foi un eclesiástico católico latino italiano, 256º Papa da Igrexa católica dende o 20 de febreiro de 1878 até o seu pasamento.

Nicolao II, papa

Nicolao II, nado cara o ano 990 e finado en Florencia o 27 de xullo de 1061 foi o papa n.º 155 da Igrexa católica de 1059 a 1061.

Papa

Papa é o título dado ao bispo e patriarca de Roma, supremo líder espiritual da Igrexa católica e tamén xefe do Estado do Vaticano. Papa é tamén o título dos patriarcas da Igrexa copta e da Igrexa apostólica armenia.

Paulo VI, papa

Giovanni Battista Montini, nado en Concesio (Lombardía) o 26 de setembro de 1897 e morto en Castel Gandolfo, o 6 de agosto de 1978, foi o Papa número 262 da Igrexa católica co nome de Paulo VI (en latín: Paulus PP. VI).

Pío IX, papa

Beato Pío IX tamén coñecido como Pío Nono, nado en Senigallia o 13 de maio de 1792 e finado en Roma o 7 de febreiro de 1878, foi un relixioso italiano, Sumo Pontífice, derradeiro soberano temporal dos Estados Pontificios, bispo de Roma e papa número 255 da Igrexa católica dende o 16 de xuño de 1846 ata a súa morte.

Antes da súa elección, o seu nome era Giovanni Maria Mastai Ferretti. O seu pontificado de 31 anos e medio foi o máis longo da historia da Igrexa católica, exceptuando a tradición de que San Pedro, o apóstolo, estivo a cargo da Igrexa por un período de entre 34 e 37 anos.

Século VI

século V < século VI > século VII

O século VI é o período de tempo dende o 501 ata o 600 da era cristiá.

Uxío IV, papa

Uxío IV C.R.S.A., nado en Venecia en 1383 e finado en Roma o 23 de febreiro de 1447, foi o papa n.º 207 da Igrexa católica de 1431 a 1447.

Xoán XXIII, papa

San Xoán XXIII, en latín Ioannes PP. XXIII, nado como Angelo Giuseppe Roncalli en Sotto il Monte, Bérgamo, o 25 de novembro de 1881 e finado en Roma o 3 de xuño de 1963, foi o papa n.º 261 da Igrexa católica, bispo da diocese de Roma e soberano da Cidade do Vaticano dende o 28 de outubro de 1958 ata a súa morte.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.