Concellos de Galicia

En Galicia hai 313[1] concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.

Con respecto aos demais concellos do estado, os galegos son grandes en extensión e especialmente en poboación, pois só 21 teñen menos de 1000 habitantes (conforme o censo de 2011). Consecuentemente, a densidade de poboación de Galicia é maior cá media de España, máis especialmente na costa occidental.

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 986 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 219 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab/km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab/km² no 2016.

Galicia poboacion concellos 2010
Mapa dos concellos de Galicia coa poboación de 2010.
Galicia250k Parroquial
Mapa das parroquias de Galicia e límites de concello.

Historia

En xeral, a organización actual dos concellos obedece á división territorial de España en 1833, cando se abandonou a estrutura do antigo réxime, cando o territorio estaba organizado en xurisdicións, e se adoptou o modelo francés, que incluíu as provincias e os concellos.

Co tempo, algunhas vilas e cidades foron anexionando concellos limítrofes: Vigo absorbeu os municipios de Bouzas (1904) e Lavadores (1941); A Coruña o concello de Oza en 1912; Ourense absorbeu Canedo en 1943; Santiago de Compostela anexionou Conxo (1925) e A Enfesta (1962); Pontevedra sumou Alba (1868), Salcedo e Mourente, Xeve (1944) e Ponte Sampaio (1960); Ferrol incluíu Serantes en 1940; Vilagarcía de Arousa sumou O Carril e Vilaxoán en 1913; Celanova anexionou Vilanova dos Infantes (1927) e Acevedo do Río (1967). En 1927 o concello de Moreiras integrouse no de Xinzo de Limia.

En 1837 uníronse os concellos de Coutos de Vega e Oca, Viso, Codeseda e Vea con Tabeirós, dando lugar ao concello de Cereixo, con sede en Pernaviva, mais en 1841 o municipio mudou o seu nome polo da Estrada ao mudar a capital. En 1845 uníronse os concellos de Conforto e Miranda, creando o novo concello de Vilaoudriz. En 1853 o concello de Chapa pasou a chamarse Silleda ao mudarse a capital.

En 1924 Mondariz-Balneario constituíuse como concello de seu, independizándose do de Mondariz. Até 1925 o concello da Proba de Burón abrangueu os actuais municipios da Fonsagrada e Negueira de Muñiz. Nese mesmo ano Pontecesures independízase de Valga, e Rábade segregouse de Begonte. En 1926 creouse o concello de Ramirás ao se fusionaren Freás de Eiras con Vilameá de Ramirás.

En 1944 o concello de Carbia pasou a chamarse Vila de Cruces, ao pasar a este lugar a capitalidade. En 1950 Vilameá mudou o seu nome polo de Puente Nuevo, fusionándose á súa vez en 1963 con Vilaoudriz co nome da Pontenova. En 1952 Riobarba pasou a denominarse Vicedo, e desde 1983 O Vicedo. En 1960 o concello de Buxán mudou o seu nome polo de Val do Dubra. En 1974 Neira de Xusá pasou a chamarse Baralla.

En xullo de 1982 as parroquias de Goente, Bermui, Espiñaredo, San Pedro de Eume, Ribadeume, A Faeira e Seoane, pasaron do concello da Capela ao das Pontes de García Rodríguez.

En 1988 o concello de Cariño segregouse de Ortigueira, En 1995 Burela separouse de Cervo, e en 1997 A Illa de Arousa independizouse de Vilanova de Arousa. No ano 2012 os concellos de Oza dos Ríos e Cesuras iniciaron un proceso de fusión, culminado en xuño de 2013 coa creación do concello de Oza-Cesuras. O 22 de setembro de 2016 creouse o concello de Cerdedo-Cotobade, formado pola fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.[2]

Moitos dos concellos reciben o seu nome da cidade ou vila principal. Outros municipios mudaron a súa capital, polo que o topónimo do concello non se corresponde co lugar onde está a casa consistorial. Noutros casos o nome do concello non se corresponde co dunha entidade de poboación concreta, como no caso de Alfoz ou O Saviñao.

Lista de concellos

(Véxase tamén Lista de concellos galegos por poboación)

Concello Habitantes
(2017)
Superficie
(km²)
Capital Comarca Provincia Alcaldía
(agosto de 2017)
Abadín 2.490 196 Abadín A Terra Chá Lugo Xosé María López Rancaño (PPdG; 1983-)
Abegondo 5.467 83,9 San Marco A Coruña A Coruña José Antonio Santiso Miramontes (PPdG; 2009-)
Agolada 2.431 147,8 Agolada O Deza Pontevedra Ramiro Varela Peón (PPdG; 2005-)
Alfoz 1.782 77,5 A Seara A Mariña Central Lugo Jorge Val Díaz (PSdeG-PSOE; 2015-)
Allariz 6.026 86 Allariz Allariz - Maceda Ourense Francisco García Suárez (BNG; 2000-)
Ames 30.835 80 Bertamiráns Santiago A Coruña José Miñones Conde (PSdeG; 2015-)
Amoeiro 2.231 39,7 Amoeiro Ourense Ourense Rafael Rodríguez Villarino (PSdeG; 2007-)
Antas de Ulla 2.059 103,6 Antas de Ulla A Ulloa Lugo Javier Varela Pérez (PPdG; 1999-)
Aranga 1.935 119,6 Ponte Aranga Betanzos A Coruña Alberto Platas (PPdG; 2011-)
Arbo 2.711 42,9 Arbo A Paradanta Pontevedra Horacio Gil (PPdG; 2014-)
Ares 5.658 18,3 Ares Ferrol A Coruña Julio Iglesias Redondo (PSdeG; 2007-)
A Arnoia 1.013 20,7 Outeiro Cruz O Ribeiro Ourense Rodrigo Aparicio Santamaría (PPdG; 2015-)
Arteixo 31.534 93,4 Arteixo A Coruña A Coruña Carlos Calvelo (PPdG; 2011-)
Arzúa 6.123 155,4 Arzúa Arzúa A Coruña Xosé Luís García López (BNG 2011-2015; AA 2015-)
Avión 1.860 120,5 San Xusto O Ribeiro Ourense Antonio Montero Fernández (PPdG; 2005-)
Baiona 12.169 34,5 Baiona Vigo Pontevedra Ángel Rodal Almuíña (PPdG; 2015-)
Baleira 1.296 168,8 O Cádavo A Fonsagrada Lugo Ángel Martínez-Puga (PPdG; 2013-)
Baltar 957 94 Baltar A Limia Ourense José Antonio Feijoo Alonso (PPdG; 2007-)
Bande 1.618 99 Bande A Baixa Limia Ourense José Antonio Armada Pérez (PPdG; 2007-)
A Baña 3.541 98 San Vicenzo A Barcala A Coruña Andrés García Cardeso (PPdG; 1995-)
Baños de Molgas 1.623 67,6 Baños de Molgas Allariz - Maceda Ourense Xaime Iglesias Pérez (BNG; 2015-)
Baralla 2.630 141,2 Baralla Os Ancares Lugo Manuel Jesús González Capón (PPdG; 1987-)
Barbadás 10.791 30,2 Barbadás Ourense Ourense Xosé Carlos Valcárcel Doval (PSdeG-PSOE; 2015-)
O Barco de Valdeorras 13.581 85,7 O Barco Valdeorras Ourense Alfredo García Rodríguez (PSdeG; 1999-)
Barreiros 2.948 72,4 San Cosme A Mariña Oriental Lugo Alfonso Fuente Parga (PPdG; 2005-)
Barro 3.699 37,6 Santo Antoniño Pontevedra Pontevedra Xosé Manuel Fernández Abraldes (BNG; 2015-)
Beade 411 6,4 Beade O Ribeiro Ourense Senén Pousa (PPdG; 1974-)
Beariz 982 56 Beariz O Carballiño Ourense Manuel Prado López (PPdG; 1983-)
Becerreá 2.856 172,1 Becerreá Os Ancares Lugo Manuel Martínez Núñez (PSdeG; 2007-)
Begonte 3.071 126,8 Begonte Terra Chá Lugo José Ulla Rocha (PPdG; 2011-)
Bergondo 6.623 32,7 Carrio A Coruña A Coruña Alejandra Pérez Máquez (PSdeG; 2008-)
Betanzos 12.941 24,2 Betanzos Betanzos A Coruña Ramón García Vázquez (PSdeG; 2011-)
Os Blancos 812 47,6 Os Blancos A Limia Ourense José Manuel Castro Blanco (APG 2011-2015, PPdG 2015-)
Boborás 2.375 87,8 Boborás O Carballiño Ourense Cipriano Caamaño Castro (PPdG; 1991-)
Boimorto 2.040 82,4 Vilanova Arzúa A Coruña María Jesús Novo Gómez (PPdG; 2016-)
Boiro 18.885 86,6 Boiro A Barbanza A Coruña Juan José Dieste (PPdG; 2011-)
A Bola 1.251 34,9 Campo de Veiga A Terra de Celanova Ourense María Teresa Barge Bello (IPB 2003-2007, BNG 2007-2015, PPdG 2015-)
O Bolo 938 91,2 O Bolo Valdeorras Ourense Manuel Corzo Macías (PPdG; 1999-)
Boqueixón 4.242 73,2 O Forte Santiago A Coruña Manuel Fernández Munín (PPdG; 2016-)
Bóveda 1.527 91,1 Bóveda A Terra de Lemos Lugo José Manuel Arias López (PPdG; 1999-)
Brión 7.699 74,9 Pedrouzos Santiago A Coruña José Luis García García (PSdeG; 1979-)
Bueu 12.145 30,8 Bueu O Morrazo Pontevedra Félix Juncal Novas (BNG; 2007-)
Burela 9.524 7,3 Burela A Mariña Central Lugo Alfredo Llano García (PSdeG-PSOE; 2007-2011 e 2015-)
Cabana de Bergantiños 4.347 99,8 A Carballa Bergantiños A Coruña José Muíño Domínguez (PPdG; 2003-)
Cabanas 3.314 30,3 Cabanas O Eume A Coruña Germán Castrillón Permuy (PPdG; 2007-)
Caldas de Reis 9.825 68,2 Caldas de Reis Caldas Pontevedra Juan Manuel Rey Rey (PSdeG; 2007-)
Calvos de Randín 818 97,7 Calvos A Limia Ourense Aquilino Valencia Salgado (PSdeG; 2007-)
Camariñas 5.419 51,9 Camariñas A Terra de Soneira A Coruña Manuel Valeriano Alonso de León (PSdeG; 2007-)
Cambados 13.900 23,4 Cambados O Salnés Pontevedra Fátima Abal Roma (PSdeG-PSOE; 2015-)
Cambre 24.348 40,7 Cambre A Coruña A Coruña Óscar Alfonso García Patiño (UxC; 2015-)
Campo Lameiro 1.867 63,8 A Lagoa Pontevedra Pontevedra Julio Sayáns Bugallo (PPdG; 1983-)
Cangas 26.490 38,1 Cangas O Morrazo Pontevedra Xosé Manuel Pazos Varela (ACE-SON; 2015-)
A Cañiza 5.233 108,1 A Cañiza A Paradanta Pontevedra Miguel Domínguez Alfonso (PPdG; 2011-)
A Capela 1.247 58 As Neves O Eume A Coruña Manuel Meizoso López (PSdeG; 2011-)
Carballeda de Avia 1.356 47 Carballeda de Avia O Ribeiro Ourense Luís Milia Méndez (PSdeG; 2001-)
Carballeda de Valdeorras 1.623 222,7 Sobradelo Valdeorras Ourense María Carmen González Quintela (PPdG; 1991-)
Carballedo 2.266 138,8 A Barrela Chantada Lugo Julio Yebra-Pimentel (PPdG; 1983-)
O Carballiño 13.854 54,4 O Carballiño O Carballiño Ourense Francisco Fumega Piñeiro (PSdeG-PSOE; 2015-)
Carballo 31.195 186,8 Carballo Bergantiños A Coruña Evencio Ferrero Rodríguez (BNG; 2003-)
Cariño 4.004 46,8 Cariño O Ortegal A Coruña José Miguel Alonso Pumar (PSdeG-PSOE; 2015-)
Carnota 4.060 70,9 Carnota Muros A Coruña Ramón Noceda Caamaño (BNG; 2011-)
Carral 6.237 48 Carral A Coruña A Coruña José Luis Fernández Mouriño (PPdG; 2003-)
Cartelle 2.683 94,3 Cartelle A Terra de Celanova Ourense Jaime Sousa Seara (PPdG; 2017-)
Castrelo de Miño 1.445 39,7 Barral O Ribeiro Ourense Xurxo Rodríguez Méndez (BNG; 2007-)
Castrelo do Val 1.028 122 Castrelo do Val Verín Ourense Vicente Gómez García (PSdeG; 2007-)
Castro Caldelas 1.298 87,6 O Castro de Caldelas A Terra de Caldelas Ourense Sara Inés Vega Núñez (PSdeG-PSOE; 2014-)
Castro de Rei 5.013 177 Castro de Rei Terra Chá Lugo Francisco Balado Teijeiro (PPdG; 2011-)
Castroverde 2.676 174,2 Castroverde Lugo Lugo Xosé María Arias Fernández (PSdeG; 1999-)
Catoira 3.337 29,4 Catoira Caldas Pontevedra Alberto García García (PSdeG; 1989-)
Cedeira 6.888 85,4 Cedeira Ferrol A Coruña Pablo Diego Moreda Gil (PSdeG; 2015-)
Cee 7.539 57,5 Cee Fisterra A Coruña Ramón Vigo Sambade (IxCee; 2015-)
Celanova 5.455 67,3 Celanova A Terra de Celanova Ourense José Luis Ferro (PPdG; 2012-)
Cenlle 1.176 29 Cenlle O Ribeiro Ourense Gabriel Alén Castro (PPdG; 2011-)
Cerceda 4.992 110,9 Cerceda Ordes A Coruña José García Liñares (PSdeG; 1992-)
Cerdedo-Cotobade 6.107 214,50 A Chan Pontevedra - Tabeirós - Terra de Montes Pontevedra Jorge Cubela López [3] (PP; 2016-)
Cerdido 1.170 52,7 As Felgosas O Ortegal A Coruña Benigno Galego Castro (PSdeG-PSOE; 2015-)
Cervantes 1.423 277,6 San Román Os Ancares Lugo Benigno Gómez Tadín (PSdeG; 2007-)
Cervo 4.274 78,3 Cervo A Mariña Occidental Lugo Alfonso Villares Bermúdez (PPdG; 2007-)
Chandrexa de Queixa 494 171,8 Celeiros A Terra de Trives Ourense Francisco Rodríguez Rodríguez (PPdG; 1991-)
Chantada 8.371 176,7 Chantada Chantada Lugo Manuel Lorenzo Varela Rodríguez (INTA; 2011-)
Coirós 1.801 33,9 Coirós Betanzos A Coruña Francisco Quintela Requeijo (PPdG; 1991-)
Coles 3.077 38,1 Vilarchao Ourense Ourense Manuel Rodríguez Vázquez (PSdeG; 2007-)
Corcubión 1.592 6,5 Corcubión Fisterra A Coruña Manuel Insua Insua (PSdeG; 2015-)
O Corgo 3.523 157,3 O Corgo Lugo Lugo José Antonio Ferreiro González (PPdG; 1995-)
Coristanco 6.313 141,1 San Roque Bergantiños A Coruña Amancio Lavandeira Suárez (TEGA; 2015-)
Cortegada 1.125 26,9 Cortegada O Ribeiro Ourense Avelino de Francisco Martínez (PSdeG-PSOE 2007-2015, PPdG 2015-)
A Coruña 244.099 37,83 A Coruña A Coruña A Coruña Xulio Ferreiro Baamonde (Marea; 2015-)
Cospeito 4.665 144,8 A Feira do Monte Terra Chá Lugo Armando Castosa Alvariño (PPdG; 1991-)
Covelo 2.505 125,3 Santiago de Covelo A Paradanta Pontevedra Pablo Castillo (PPdG; 2014-)
Crecente 2.082 57,5 Crecente A Paradanta Pontevedra Julio César García-Luengo Pérez (PPdG; 2007-2014 e 2015-)
Cualedro 1.721 117,6 Cualedro Verín Ourense Luciano Rivero Cuquejo (PPdG; 2006-)
Culleredo 29.982 62,3 Tarrío A Coruña A Coruña Julio Sacristán de Diego (PSdeG; 1983-)
Cuntis 4.750 79,8 Cuntis Caldas Pontevedra Manuel Campos Velay (PSdeG-PSOE; 2015-)
Curtis 3.968 116,6 Teixeiro Betanzos A Coruña Javier Francisco Caínzos Vázquez (PPdG; 2001-)
Dodro 2.832 36,1 Tallós O Sar A Coruña Valentín Alfonsín Somoza (PPdG; 2011-)
Dozón 1.179 74,2 O Castro O Deza Pontevedra Adolfo Campos Panadeiros (PPdG; 1987-)
Dumbría 3.053 124,7 Dumbría Fisterra A Coruña José Manuel Pequeño Castro (PSdeG; 1983-)
Entrimo 1.184 85,4 A Terrachá A Baixa Limia Ourense Ramón Alonso López (PSdeG; 2003-)
Esgos 1.154 37,8 Esgos Ourense Ourense Mario Rodríguez González (PPdG; 2011-)
A Estrada 20.700 281,8 A Estrada Tabeirós - Terra de Montes Pontevedra José Carlos López Campos (PPdG; 2011-)
Fene 13.110 26,3 Fene Ferrol A Coruña Juventino Trigo Rey (BNG; 2015-)
Ferrol 67.569 82,6 Ferrol Ferrol A Coruña Jorge Suárez Fernández (FeC-SON; 2015-)
Fisterra 4.734 29,4 Fisterra Fisterra A Coruña José Marcote Suárez (PSdeG-PSOE; 2015-)
Folgoso do Courel 1.025 192,8 Folgoso do Courel Quiroga Lugo Dolores Castro Ochoa (PPdG; 2009-)
A Fonsagrada 3.670 438,4 A Fonsagrada A Fonsagrada Lugo Argelio Fernández Queipo (PSdeG; 2007-)
Forcarei 3.523 168,4 Forcarei Tabeirós - Terra de Montes Pontevedra Belén Cachafeiro (PPdG; 2012-)
Fornelos de Montes 1.694 83,1 Fornelos de Montes Vigo Pontevedra Emiliano Lage Rodríguez (PSdeG; 2011-)
Foz 9.931 100,3 Foz A Mariña Central Lugo Javier Jorge Castiñeira (PPdG; 2011-)
Frades 2.422 81,7 Cimadevila Ordes A Coruña Roberto Rey Martínez (PPdG; 2012-)
Friol 3.842 292,3 Friol Lugo Lugo José Ángel Santos Sánchez (PPdeG; 2015-)
Gomesende 778 28,3 Sobrado A Terra de Celanova Ourense Pura Rodríguez Álvarez (PPdG; 2007-)
Gondomar 14.233 74,5 Gondomar Vigo Pontevedra Juan Francisco Ferreira González (PSdeG-PSOE; 2015-)
O Grove 10.746 21,9 O Grove O Salnés Pontevedra José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE; 2007-2011 e 2015-)
A Guarda 10.051 20,5 A Guarda O Baixo Miño Pontevedra Antonio Lomba Baz (PSdeG-PSOE; 2015-)
A Gudiña 1.360 171,4 A Gudiña Viana Ourense José María Lago Cabo (PP; 2016-)
Guitiriz 5.512 293,7 Guitiriz Terra Chá Lugo Regina Polín Rodríguez (PSdeG-PSOE; 2003-2011 e 2015-)
Guntín 2.780 154,8 Guntín de Pallares Lugo Lugo Jesús Carreira Ferreiro (PPdG; 1991-)
A Illa de Arousa 4.968 7 Arousa O Salnés Pontevedra Carlos Iglesias Cores (PSdeG-PSOE; 2015-)
O Incio 1.667 146,2 A Cruz do Incio Sarria Lugo Laura Celeiro García (PSdeG; 2011-)
O Irixo 1.519 121 O Irixo O Carballiño Ourense Manuel Penedo (PPdG; 1987-)
Irixoa 1.361 68,6 O Pazo de Irixoa Betanzos A Coruña Antonio Deibe Sanmartín (PPdG; 2005-)
Lalín 20.075 326,8 Lalín O Deza Pontevedra Rafael Cuíña Aparicio (CxG-CCTT; 2015-)
A Lama 2.478 111,8 A Lama Pontevedra Pontevedra Jorge Canda Martínez (PPdG; 1999-)
Láncara 2.696 121,7 A Pobra de San Xiao Sarria Lugo Darío Antonio Piñeiro López (PSdeG-PSOE; 2007-2009 e 2015-)
A Laracha 11.281 125,8 A Laracha Bergantiños A Coruña José Manuel López Varela (PPdG; 1999-)
Larouco 472 23,7 Larouco Valdeorras Ourense Joaquín Prieto Rodríguez (PPdG; 1999-)
Laxe 3.090 36,9 Laxe Bergantiños A Coruña José Manuel Mouzo Castiñeira (PSdeG; 2015-)
Laza 1.331 215,9 Laza Verín Ourense José Ramón Barreal (PPdG; 2011-)
Leiro 1.601 38,3 Leiro O Ribeiro Ourense Francisco José Fernández Pérez (PPdG; 1995-)
Lobeira 825 68,9 A Vila A Baixa Limia Ourense Antonio Iglesias Álvarez (PPdG; 2015-)
Lobios 1.795 168,4 A Baixa Limia Ourense María del Carmen Yáñez Salgado (PPdG; 2011-)
Lourenzá 2.224 62,6 A Mariña Central Lugo Rocío López García (PSdeG-PSOE; 2015-)
Lousame 3.447 93,6 Noia A Coruña Teresa Villaverde Pais (PPdG; 2012-)
Lugo 97.995 329,78 Lugo Lugo Lugo Lara Méndez López (PSdeG-PSOE; 2015-)
Maceda 2.924 101,9 Allariz - Maceda Ourense Rubén Quintas Rodríguez (PPdG; 2015-)
Malpica de Bergantiños 5.518 61,4 Bergantiños A Coruña Eduardo Parga Veiga (PPdG; 2011-)
Manzaneda 906 114,6 A Terra de Trives Ourense Félix Domínguez Cortiñas (Son de Manzaneda-ANOVA 2016-)
Mañón 1.391 82,2 O Barqueiro O Ortegal A Coruña Alfonso Balseiro Gómez (PPdG; 1987-)
Marín 24.637 36,7 Marín O Morrazo Pontevedra María Pilar Ramallo Vázquez (PPdG; 2011-)
Maside 2.797 40 O Carballiño Ourense Celso Fernández López (PSdeG; 2007-)
Mazaricos 4.014 187,3 A Picota O Xallas A Coruña Juan José Blanco Riveiro (BNG; 2015-)
Meaño 5.318 27,8 O Salnés Pontevedra Lourdes Ucha Varela (PPdG; 2012-)
Meira 1.726 46,5 Meira Lugo Antonio de Dios Álvarez (PSdeG-PSOE; 2007-2011 e 2015-)
Meis 4.788 52,4 O Mosteiro O Salnés Pontevedra José Luis Pérez Estévez (PPdG; 1999-)
Melide 7.503 101,3 A Terra de Melide A Coruña Dalia García Couso (PPdG; 2015-)
Melón 1.254 53,4 O Ribeiro Ourense Cristina Francisco Vílchez (PPdG; 2011-)
A Merca 1.924 51 A Terra de Celanova Ourense Manuel Jorge Velo Reinoso (PPdG; 2003-)
Mesía 2.637 106,8 Ordes A Coruña Mariano Iglesias Castro (PSdeG; 2007-)
A Mezquita 1.034 104,3 Viana Ourense Rafael Pérez Vázquez (BNG; 2011-)
Miño 5.905 33 A Carreira Betanzos A Coruña Ricardo Sánchez Oroza (CxG-CCTT; 2015-)
Moaña 19.439 35,1 O Morrazo Pontevedra Leticia Santos Paz (BNG; 2015-)
Moeche 1.230 48,5 Ferrol A Coruña Beatriz Bascoy Maceiras (BNG; 2015-)
Mondariz 4.548 85,1 O Condado Pontevedra Xoán Carlos Montes Bugarín (AporM; 2015-)
Mondariz-Balneario 627 2,3 O Condado Pontevedra José Antonio Lorenzo Rodríguez (PPdG; 1983-)
Mondoñedo 3.722 142,7 A Mariña Central Lugo Elena Candia López (PPdG; 2015-)
Monfero 1.985 171,7 O Eume A Coruña Andrés Feal Varela (PSdeG-PSOE; 1987-2011 e 2015-)
Monforte de Lemos 18.783 199,5 A Terra de Lemos Lugo José Tomé Roca (PSdeG-PSOE; 2015-)
Montederramo 760 135,6 A Terra de Caldelas Ourense Antonio Rodríguez Álvarez (PPdG; 1991-)
Monterrei 2.655 119,1 Verín Ourense José Luís Suárez Martínez (PPdG; 2015-)
Monterroso 3.678 114,6 A Ulloa Lugo Miguel Rico Gómez (INTA; 2016-)
Moraña 4.246 41,3 Caldas Pontevedra Luísa Piñeiro Arcos (PPdG; 2011-)
Mos 15.132 53,2 Reguengo Vigo Pontevedra Nidia Arévalo (PPdG; 2008-)
Mugardos 5.303 12,8 Ferrol A Coruña María del Pilar Díaz Otero (EU-SON; 2016-)
Muíños 1.514 109,7 A Baixa Limia Ourense Plácido Álvarez Dobaño (PPdG; 1995-)
Muras 648 163,8 Terra Chá Lugo Manuel Requeijo Arnejo (BNG; 2015-)
Muros 8.792 72,9 Muros A Coruña María Xosé Alfonso Torres (CxG-CCTT; 2015-)
Muxía 4.852 121,3 Fisterra A Coruña Félix Porto Serantes (PSdeG; 2007-)
Narón 39.280 67 Ferrol A Coruña Xosé Manuel Blanco (TEGA; 2009-)
Navia de Suarna 1.140 242,6 A Proba Os Ancares Lugo José Fernández Fernández (PSdeG; 2007-)
Neda 5.165 23,8 Ferrol A Coruña Ángel Alvariño Saavedra (PSdeG-PSOE; 2015-)
Negreira 6.883 115,1 A Barcala A Coruña Jorge Tuñas Caamaño (PSdeG-PSOE; 2017-)
Negueira de Muñiz 219 72,3 A Fonsagrada Lugo José Manuel Braña (PSdeG; 2003-)
As Neves 3.968 65,5 O Condado Pontevedra Xosé Manuel Rodríguez Méndez (BNG; 2015-)
Nigrán 17.622 34,8 Vigo Pontevedra Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE; 2015-)
As Nogais 1.146 110,3 Os Ancares Lugo Jesús Núñez Díaz (PPdG; 2011-)
Nogueira de Ramuín 2.033 98,3 Ourense Ourense César Parente Pérez (PPdG; 2011-)
Noia 14.295 37,2 Noia A Coruña José Santiago Freire Abeijón (PP; 2016-)
Oia 3.004 83,3 O Baixo Miño Pontevedra Cristina Correa Pombal (PPdG; 2015-)
Oímbra 1.818 71,9 Verín Ourense Ana María Villarino Pardo (PPdG; 2015-)
Oleiros 35.198 43,8 A Coruña A Coruña Ángel García Seoane (AV; 2003-)
Ordes 12.580 157,3 Ordes A Coruña José Luis Martínez Sanjurjo (PPdG; 2015-)
Oroso 7.452 72,1 Sigüeiro Ordes A Coruña Manuel Mirás Franqueira (PSdeG; 2002-)
Ortigueira 5.966 210 O Ortegal A Coruña Juan Vicente Penabad Muras (PSdeG-PSOE; 2015-)
Ourense 105.636 84,5 Ourense Ourense Ourense Xesús Vázquez Abad (PPdG; 2015-)
Ourol 1.016 142,1 A Mariña Occidental Lugo José Luis Pajón Camba (PSdeG-PSOE; 2015-)
Outeiro de Rei 5.063 134,2 Lugo Lugo José Pardo Lombao (PPdG; 1998-)
Outes 6.514 99,7 A Serra de Outes Noia A Coruña María Beatriz Molinos Vidal (PPdG; 2016-)
Oza-Cesuras 5.133 151,8 Oza Betanzos A Coruña José Pablo González Cacheiro (PPdG; 2013-)
Paderne 2.441 39,8 O Consistorio Betanzos A Coruña César Longo Queijo (PSdeG; 1999-)
Paderne de Allariz 1.414 38,8 Allariz - Maceda Ourense José Manuel Fernández Gómez (PPdG; 2007-)
Padrenda 1.838 57 A Terra de Celanova Ourense Manuel Pérez Pereira (PPdG; 1991-)
Padrón 8.463 48,4 O Sar A Coruña Antonio Fernández Angueira (PPdG; 2011-)
Palas de Rei 3.489 199,7 A Ulloa Lugo Pablo José Taboada Camoira (PPdG; 2011-)
Pantón 2.565 143,2 A Terra de Lemos Lugo José Luis Álvarez Blanco (PPdG; 2007-)
Parada de Sil 593 62,4 A Terra de Caldelas Ourense Yolanda Jácome Rodríguez (PSdeG-PSOE; 2015-)
Paradela 1.851 121,1 Sarria Lugo José Manuel Mato Díaz (PPdG; 1979-)
O Páramo 1.420 74,8 Sarria Lugo Gumersindo Rodríguez Liz (PPdG; 1983-)
A Pastoriza 3.133 175 Terra Chá Lugo Primitivo Iglesias Sierra (PSdeG; 2007-)
Pazos de Borbén 2.991 50 Pazos Vigo Pontevedra Andrés Iglesias Rodríguez (PPdG; 1999-)
Pedrafita do Cebreiro 1.070 104,9 Os Ancares Lugo José Luis Raposo Magdalena (PSdeG; 1986-)
O Pereiro de Aguiar 6.228 60,9 Ourense Ourense Eliseo Fernández Gómez (PPdG; 1987-)
A Peroxa 1.902 54,5 Ourense Ourense Manuel Seoane Rodríguez (PPdG; 1979-)
Petín 921 30,5 Valdeorras Ourense Miguel Bautista Carballo (PSdeG; 1999-)
O Pino 4.644 131,9 Arzúa A Coruña Manuel Taboada Vigo (PPdG; 1995-)
Piñor 1.172 52,7 O Carballiño Ourense José Luís González Rodríguez (PPdG; 2015-)
A Pobra de Trives 2.150 84,2 A Terra de Trives Ourense Francisco Fernández Blanco (ATI; 2011-)
A Pobra do Brollón 1.709 176,7 A Terra de Lemos Lugo Xosé Lois Maceda Vilariño (BNG; 2007-)
A Pobra do Caramiñal 9.440 32,4 A Barbanza A Coruña Xosé Lois Piñeiro García (Nós Pobra; 2015-)
Poio 16.871 33,9 Pontevedra Pontevedra Luciano Sobral (BNG; 1995-)
Pol 1.663 125,9 Meira Lugo Lino Rodríguez Ónega (PSdeG; 2007-)
Ponte Caldelas 5.562 87 Pontevedra Pontevedra Andrés Díaz Sobral (PSdeG-PSOE; 2015-)
Ponteareas 22.893 125,6 Ponteareas O Condado Pontevedra Xosé Represas Giráldez (BNG; 2015-)
Ponteceso 5.613 91,9 Bergantiños A Coruña Lois García Carballido (PSdeG-PSOE; 2015-)
Pontecesures 3.037 6,7 Caldas Pontevedra Juan Manuel Vidal Seage (PP; 2016-)
Pontedeume 7.937 29,3 O Eume A Coruña Bernardo Fernández Piñeiro (PSdeG-PSOE; 2015-)
Pontedeva 570 9,9 A Terra de Celanova Ourense Juan Carlos González Carbajales (PPdG; 2007-)
A Pontenova 2.330 135,8 A Mariña Oriental Lugo Darío Campos Conde (PSdeG; 2007-)
As Pontes de García Rodríguez 10.324 249,4 O Eume A Coruña Valentín González Formoso (PSdeG; 2007-)
Pontevedra 82.671 118,3 Pontevedra Pontevedra Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores (BNG; 1999-)
Porqueira 848 43,4 A Limia Ourense Susana Vázquez Dorado (PPdG; 2003-)
O Porriño 19.600 61,2 O Porriño Vigo Pontevedra Eva García de la Torre (PSdeG-PSOE; 2015-)
Portas 3.016 22,6 Caldas Pontevedra Víctor Estévez Casal (PPdG; 2015-)
Porto do Son 9.271 94,6 Noia A Coruña Luís Oujo (PPdG; 2011-)
Portomarín 1.508 115,1 Lugo Lugo Juan Carlos Serrano López (PPdG; 2011-)
Punxín 713 17,1 O Carballiño Ourense Manuel Vázquez Fernández (PPdG; 2011-)
Quintela de Leirado 615 31,3 A Terra de Celanova Ourense José Antonio Pérez Cortés (PPdG; 1979-)
Quiroga 3.328 317,4 Quiroga Lugo Julio Álvarez Núñez (PPdG; 1987-)
Rábade 1.519 5,2 Lugo Lugo Francisco Fernández Montes (IR; 1999-)
Rairiz de Veiga 1.330 72,4 A Limia Ourense Josefa Asunción Morgade Rúa (PPdG; 2015-)
Ramirás 1.550 40,7 A Terra de Celanova Ourense Juan Carlos Rodríguez Matías (PPdG; 2015-)
Redondela 29.392 52,1 Redondela Vigo Pontevedra Javier Bas (PPdG; 2011-)
Rianxo 11.188 58,8 A Barbanza A Coruña Adolfo Muíños (BNG; 2011-)
Ribadavia 5.095 25,2 O Ribeiro Ourense Ignacio Gómez Pérez (PSdeG-PSOE; 2015-)
Ribadeo 9.962 108,9 A Mariña Oriental Lugo Fernando Suárez Barcia (BNG; 2007-)
Ribadumia 5.081 19,7 Barrantes O Salnés Pontevedra David Castro Mougán (IR; 2015-)
Ribas de Sil 980 67,8 Quiroga Lugo Miguel Ángel Sotuela Vega (PSdeG; 1997-)
Ribeira 27.159 69 A Barbanza A Coruña Manuel Ruiz Rivas (PPdG; 2011-)
Ribeira de Piquín 554 73 Meira Lugo Roberto Fernández Rico (PSdeG-PSOE; 2015-)
Riós 1.609 114,4 Verín Ourense Francisco Armando Veiga Romero (PPdG; 1995-)
Riotorto 1.288 66,3 Meira Lugo Clemente Iglesias González (PPdG; 2015-)
Rodeiro 2.567 154,9 O Deza Pontevedra Luís López Diéguez (PPdG; 2011-)
Rois 4.627 92,8 Samil O Sar A Coruña Ramón Tojo Lens (PPdG; 2007-)
O Rosal 6.328 44,1 O Baixo Miño Pontevedra Jesús María Fernández Portela (PPdG; 1999-)
A Rúa 4.459 35,9 Valdeorras Ourense María González Albert (BNG; 2015-)
Rubiá 1.462 100,7 Valdeorras Ourense Elías Rodríguez Núñez (PPdG; 2003-)
Sada 15.242 27,4 A Coruña A Coruña Benito Portela Fernández (Sadamaioría; 2015-)
Salceda de Caselas 9.017 35,9 Vigo Pontevedra Marcos Besada (BNG 2007-2015, Movemento Salceda 2015-)
Salvaterra de Miño 9.657 62,5 O Condado Pontevedra Arturo Grandal Vaqueiro (PPdG; 1979-)
Samos 1.343 136,6 Sarria Lugo Julio Gallego Moure (PSdeG; 2007-)
San Amaro 1.112 28,9 O Carballiño Ourense Ernesto Pérez González (PPdG; 2003-)
San Cibrao das Viñas 5.184 39,5 Ourense Ourense Manuel Pedro Fernández Moreiras (PPdG; 2011-)
San Cristovo de Cea 2.241 93,9 O Carballiño Ourense José Luís Valladares Fernández (PPdG; 1991-)
San Sadurniño 2.877 99,7 Ferrol A Coruña Secundino García Casal (BNG; 2007-)
San Xoán de Río 561 61,1 A Terra de Trives Ourense Luís Castro Álvarez (PSdeG-PSOE; 2010-2011 e 2015-)
Sandiás 1.261 52,8 A Limia Ourense Felipe Traveso García (AGRELSAN; 2015-)
Santa Comba 9.477 203,7 O Xallas A Coruña María Josefa Pose Rodríguez (PP; 2014-2015 e 2016-)
Santiago de Compostela 96.456 220,6 Santiago de Compostela Santiago A Coruña Martiño Noriega Sánchez (CA; 2015-)
Santiso 1.630 67,4 A Terra de Melide A Coruña Manuel Adán López (BNG; 2015-)
Sanxenxo 17.241 45,1 O Salnés Pontevedra Telmo Martín González (PP; 1999-2006 e 2017-)
Sarreaus 1.220 77,3 A Limia Ourense Gumersindo Lamas Alvar (PPdG; 1991-)
Sarria 13.359 184,6 Sarria Lugo Pilar López Yáñez (PSdeG-PSOE; 2015-)
O Saviñao 3.832 196,6 Escairón A Terra de Lemos Lugo Joaquín González González (PPdG; 1991-)
Silleda 8.669 168 O Deza Pontevedra Manuel Cuíña Fernández (PSdeG-PSOE; 2013-)
Sober 2.338 133,3 A Terra de Lemos Lugo Luis Fernández Guitián (PPdG; 2011-)S
Sobrado 1.847 120,6 Sobrado A Terra de Melide A Coruña María Jesús García Souto (TxS; 2017-)
As Somozas 1.128 70,9 Ferrol A Coruña Juan Alonso Tembrás (PPdG; 2014-)
Soutomaior 7.242 25 Vigo Pontevedra Agustín Reguera Ocampo (PPdG; 1995-)
Taboada 2.862 146,7 Chantada Lugo Ramiro Moure Ansoar (PPdG; 2009-)
Taboadela 1.458 25,2 Ourense Ourense Manuel Gallego Vila (PPdG; 1972-)
A Teixeira 339 27,6 A Terra de Caldelas Ourense Miguel Antonio Cid Álvarez (PPdG; 1995-)
Teo 18.478 79,3 Santiago A Coruña Rafael Sisto Edreira (Son de Teo-ANOVA; 2015-)
Toén 2.377 58,3 Ourense Ourense Amancio Cid Pérez (PPdG; 2007-)
Tomiño 13.585 106,6 O Seixo O Baixo Miño Pontevedra Sandra González (BNG; 2007-)
Toques 1.173 77,9 A Terra de Melide A Coruña José Ángel Penas García (BNG; 2015-)
Tordoia 3.433 124,5 Ordes A Coruña Antonio Pereiro Liñares (PPdG; 1999-)
Touro 3.693 115,3 Arzúa A Coruña Ignacio Codesido Barreiro (PPdG; 1992-)
Trabada 1.117 82,7 A Mariña Oriental Lugo Mayra García Bermúdez (PSdeG-PSOE; 2015-)
Trasmiras 1.327 56,7 A Limia Ourense Emilio Pazos Ojea (PPdG; 2007-)
Trazo 3.186 101,4 Ordes A Coruña José Dafonte Varela (PPdG; 1995-)
Triacastela 658 51,2 Sarria Lugo Olga Iglesias (PPdG; 2011-)
Tui 16.860 68,3 O Baixo Miño Pontevedra Enrique Cabaleiro González (PSdeG; 2015-)
Val do Dubra 3.931 108,7 Santiago A Coruña Antonio Negreira Noya (Son de Val do Dubra-ANOVA; 2015-)
O Valadouro 2.002 110,5 A Mariña Central Lugo Edmundo Maseda (PSdG; 2013-)
Valdoviño 6.594 88,2 Ferrol A Coruña Alberto González Fernández (PSdeG-PSOE; 2015-)
Valga 5.986 40,6 Caldas Pontevedra José María Bello Maneiro (PPdG; 1999-)
Vedra 5.051 52,8 Santiago A Coruña Carlos Martínez Carrillo (PPdG; 2011-)
A Veiga 907 290,5 Valdeorras Ourense Juan Anta Rodríguez (PPdG; 2015-)
Verea 956 94,2 A Terra de Celanova Ourense Juan Antonio Martínez González (PPdG; 2004-)
Verín 13.889 94,1 Verín Verín Ourense Gerardo Seoane Fidalgo (PSdeG-PSOE; 2015-)
Viana do Bolo 2.964 270,4 Viana Ourense Secundino Fernández Fernández (BNG; 2015-)
O Vicedo 1.747 76 A Mariña Occidental Lugo José Jesús Novo Martínez (PPdG; 2001-)
Vigo 292.986 109,1 Vigo Vigo Pontevedra Abel Caballero (PSdeG; 2007-)
Vila de Cruces 5.389 155 Vila de Cruces O Deza Pontevedra Jesús Otero Varela (PPdG; 1990-)
Vilaboa 6.023 36,9 O Toural Pontevedra Pontevedra José Luis Poceiro Martínez (PSdeG; 2003-)
Vilagarcía de Arousa 37.479 44,2 Vilagarcía de Arousa O Salnés Pontevedra Alberto Varela Paz (PSdeG-PSOE; 2015-)
Vilalba 14.354 379 Vilalba Terra Chá Lugo Agustín Baamonde Díaz (PPdG; 1990-2005 e 2016-)
Vilamarín 1.940 56,1 Vilamarín Ourense Ourense Amador Vázquez Vázquez (PPdG; 1983-)
Vilamartín de Valdeorras 1.771 88,3 Valdeorras Ourense Enrique Álvarez Barreiro (PSdeG-PSOE; 2011-2013 e 2015-)
Vilanova de Arousa 10.361 33,7 O Salnés Pontevedra Gonzalo Durán (PPdG; 1995-)
Vilar de Barrio 1.360 106,7 A Limia Ourense Julio Pérez Carballo (PPdG; 1983-)
Vilar de Santos 850 20,7 A Limia Ourense Xoán Xardón (BNG e CxG-CCTT; 2005-)
Vilardevós 1.971 152,1 Verín Ourense Manuel Cardoso Pérez (PPdG; 2011-)
Vilariño de Conso 558 200,2 Viana Ourense Melisa Macía Domínguez (PPdG; 2017-)
Vilarmaior 1.249 30,3 Betanzos A Coruña Carlos Vázquez Quintián (PPdG; 2003-)
Vilasantar 1.241 59,2 Betanzos A Coruña Fernando Pérez Fernández (PPdG; 2011-)
Vimianzo 7.270 187,4 A Terra de Soneira A Coruña Manuel Antelo (BNG; 2011-)
Viveiro 15.550 109,3 A Mariña Occidental Lugo María Loureiro García (PSdeG-PSOE; 2013-)
Xermade 1.884 166,6 Terra Chá Lugo Roberto García Pernas (PSdeG-PSOE; 2015-)
Xinzo de Limia 9.875 132,7 A Limia Ourense Antonio Pérez Rodríguez (PPdG; 2010-)
Xove 3.342 89,1 A Mariña Occidental Lugo Demetrio Salgueiro Rapa (PPdG; 2007-)
Xunqueira de Ambía 1.438 60,2 Allariz - Maceda Ourense José Luis Gavilanes (PPdG; 1979-)
Xunqueira de Espadanedo 756 27,6 Allariz - Maceda Ourense Carlos Gómez Blanco (PPdG; 2011-)
Zas 4.671 133,2 A Terra de Soneira A Coruña Manuel Muíño Espasandín (BNG; 2007-)

Listas de concellos por provincias

Notas

  1. Galicia se queda con 313 concellos tras aprobar la fusión de Cerdedo-Cotobade
  2. DECRETO 134/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba a fusión voluntaria dos municipios de Cerdedo e Cotobade e se constitúe o municipio de Cerdedo-Cotobade., DOG nº 197, de 17 de outubro de 2016.
  3. Elixido alcalde de Cotobade en 2011 e 2015, e presidente da xestora en 2016 [1]

Véxase tamén

Outros artigos

  • Imaxes dos concellos de Galicia
  • Imaxes de bandeiras de concellos de Galicia
  • Imaxes de escudos de concellos de Galicia
  • Concellos galegos desaparecidos
  • Parroquias de Galicia
Alcaldes de Ourense

Neste artigo recóllese unha listaxe incompleta dos alcaldes de Ourense. Ata o ano 2012 nunca unha muller fora alcaldesa de Ourense.

Alcaldes de Vigo

Esta é unha listaxe incompleta dos alcaldes de Vigo. Dúas mulleres están entre eles (1978 e 2003).

Casa do concello

A casa do concello é unha construción da arquitectura civil destinada a sede da administración local. Este edificio alberga a alcaldía, as dependencias e servizos municipais, e nel celébranse periodicamente os plenos do concello.

Cerceda

Cerceda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Galería de imaxes de casas dos concellos de Galicia

Galería de imaxes de casas dos concellos de Galicia.

Historia de Santiago de Compostela

A historia de Santiago de Compostela remóntase a prehistoria, a cultura castrexa, a pegada dos romanos, e como punto de inflexión o achado do enterramento do Apóstolo Santiago. A partir dese momento a cidade conformarase entorno ao centro de poder representado polo Arcebispo de Santiago e a súa representación física, a Catedral. O Camiño de Santiago marcou dende entón o devir da cidade.

Lista de concellos da Coruña

Lista dos 93 concellos da provincia da Coruña:

Fonte: IGE

Lista de concellos de Lugo

Lista dos 67 concellos da provincia de Lugo:

Fonte: IGE

Lista de concellos de Ourense

Lista dos 92 concellos da provincia de Ourense:

Fonte: IGE

Lista de concellos de Pontevedra

Lista dos 61 concellos da provincia de Pontevedra:

Fonte: IGE

Muras

Muras é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2018 tiña 636 habitantes (926 no 2006, 941 no 2005, 978 no 2004, 1.020 no 2003).

Navia de Suarna

Navia de Suarna é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.211 habitantes (1.615 no 2006, 1.680 no 2005, 1.732 no 2004, 1.807 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «naviego».

Negueira de Muñiz

Negueira de Muñiz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Fonsagrada. Segundo o IGE no 2018 tiña 218 habitantes, sendo o concello menos poboado de Galicia.

O Valadouro

O Valadouro é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 2.069 habitantes (2.233 no 2006, 2.268 no 2005, 2.305 no 2004, 2.328 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valadourés».

Ourol

Ourol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE, en 2014 tiña 1.090 habitantes (1.301 no 2006, 1.324 no 2005, 1.365 no 2004, 1.407 no 2003).

Quiroga

Quiroga é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 3.257 habitantes.

Rodeiro

Rodeiro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2015 tiña 2.700 habitantes.

Vila de Cruces

Vila de Cruces é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Limita cos concellos de Boqueixón, Touro, Arzúa e Santiso (da provincia da Coruña), e Silleda, Agolada e Lalín (provincia de Pontevedra).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.