Concello de Cotobade

Cotobade foi un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. En 2016 fusionouse co concello de Cerdedo, dando orixe ao concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2014 tiña 4327 habitantes (2079 homes e 2248 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cotobadés.

Coordenadas: 42°28′19″N 8°28′55″O / 42.471890, -8.481895

Concello de Cotobade
Escudo de Concello de Cotobade
ConcelloCot
Casa do Concello
Situacion Concello de Cotobade
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Pontevedra
Poboación4.327 hab. (2014)
Área134,7 km²
Densidade32,12 hab./km²
Entidades de poboación13 parroquias
Capital do concelloA Chan
Política (2015)
AlcaldeJorge Cubela López (PPdG)
Concelleiros
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 4
Eleccións municipais en Cotobade
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes51,72%
Na rede
http://www.concellodecotobade.org

Toponimia

En ocasións pensouse que o topónimo Cotobade derivaba de couto do abade, dado que toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de bieitos de Tenorio, e como tamén mal referenciara o Padre Sarmiento. O nome aparece referenciado ao logo da historia coma: Castro Cutubade cum tota terra sua (ano 1180); Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1182), Terra que dicitur Montes in qua est castellum Cutubadi (ano 1188); castrum quod dicitur Cotobadi cum pertinentiis suis (ano 1199), castrum quod dicitur Cotobade (ano 1225). Cotobade débese descompoñer en coto, palabra galaica de orixe prerromana *Cotto (…) e un nome persoal en xenitivo Bade, o cal se repite illado na toponimia galega e parece que non é aférese de abbas -atis, "abade", senón o antropónimo Vatis (Ares 2001:74). [3]

Xeografía

Mapa cotobade
mapa do concello.

Estaba situado ao oeste da provincia de Pontevedra. Limitaba ao norte co concello de Campo Lameiro, ao nordeste con Cerdedo, ao leste con Forcarei, ao sueste coa Lama, ao sur con Ponte Caldelas e ao oeste con Pontevedra.

Tiña unha extensión de 135,2 km², e contaba con 13 parroquias e 135 entidades de poboación. A capital do municipio atopábase no lugar da Chan, na parroquia de Carballedo, sen que o seu topónimo correspondese a ningunha entidade de poboación, o cal non é moi frecuente.

Tiña dúas zonas diferenciadas: As "Terras Altas", as situadas no val do río Almofrei, cara ao sueste. O río nace no monte do Seixo e desde Caroi discorre limpo por vales frondosos onde abundan as carballeiras e outras masas forestais. Ademais, nos montes de Valongo nace o río Calvelle, que xunto co río Barbeira flúen ao río Verdugo, que formará a ría de Vigo.

As chamadas "Terras Baixas", que abarcan o val do río Lérez, que recibe os ríos Cabanelas, Calvelo e o propio Almofrei, o seu afluente máis importante. O Lérez servíalle de límite ao concello, excepto na parroquia de San Xurxo de Sacos, na que o bordo viña marcado polo río Calvos. Tamén sobresaía o monte Seixo, que con 990 metros de altitude era a cota máxima do concello.

Historia

Prehistoria e Idade antiga

O poboamento das terras de Cotobade comezou en época bastante antiga, como testemuñan a abundancia de restos arqueolóxicos (mámoas, castros e insculturas rupestres) repartidos por toda a súa xeografía. Así mesmo quedan restos da época romana na calzada do monte Pé da Múa.

Ata o século VII a rexión era coñecida como "terra de Escutarios", como consta no Cronicón Iriense. Afírmase que no Concilio de Lugo, celebrado a instancias de Teodomiro (rei dos Suevos) en 569, agregouse á Diocese de Iria Flavia, entre outras, a circunscrición de Escutarios.

Scutarius en latín é o que fai escudos. No século IV Amiano Marcelino, na Historia dos Emperadores Romanos, afirma que son os soldados armados de escudos. O antigo nome de Cotobade vén polos moitos escudeiros (scutigerullus, de scutum-gero) da terra. Estes fidalgos eran cobizados por nobres e cabaleiros de toda a península polo seu valor e destreza no combate.[Cómpre referencia]

Idade Media

Entre os antigos monumentos históricos atópase no monte Castelo, que se estende polos límites de Borela, Carballedo, Tenorio e Viascón, a torre que noutrora se chamaba Couto do abade, da que quedan apenas vestixios.

Preto desta están os restos do castelo de Tenorio, que, a finais do século XV, pertencía a Pedro Madruga, señor de Soutomaior e conde de Camiña, e que foi conquistado polos irmandiños. Trala súa estadía en Portugal, Pedro Álvarez de Soutomaior reconquistou o castelo, malia ser defendido tenazmente por Gómez Pazos de Probén ó mando de 3.000 ou 4.000 viláns. A derrota irmandiña debeuse á traizón dun escravo mouro que revelou os puntos febles da defensa, polo que Manuel de Brito, ó mando de cen lanceiros e 2.000 peóns, conseguiu entrar no castelo, dando morte ós seus defensores. Segundo Vasco da Ponte, na época o castro recibía o nome de "Famela" ou "Framela".[Cómpre referencia]

O concello tivo a súa propia xurisdición, na que o Duque de Soutomaior nomeaba xuíz ordinario, e que comprendía todas as súas parroquias agás a de Caroi.

No século X fundouse o convento de beneditinos de Tenorio. A boa posición estratéxica deste causou que caese en mans de Pedro Madruga, quen substituíu o seu abade, Pedro Tenorio, por un monxe de Lérez. Este nomeamento, ó non ser acatado pola comunidade, trouxo como consecuencia o abandono do convento. Posteriormente utilizouse como reduto defensivo polos guerrilleiros durante a Guerra da Independencia, e acabou destruído ó ser incendiado polos franceses.

Idade Contemporánea

Século XIX

Na loita contra os franceses pode dicirse que Cotobade abriu a guerra, ó ataca-los seus habitantes ás guarnicións francesas de Borela, San Xurxo de Sacos e Tenorio, o 19 de febreiro de 1809, obrigando a estas a renderse. Así mesmo o día 20 fan baterse en retirada ás tropas francesas de Pontevedra que acudían a se desquitaren da acción do día anterior. Posteriormente, o 28 do mesmo mes e ano, atacan a guarnición francesa de Pontevedra e o 7 de xuño toman parte na Batalla de Ponte Sampaio contribuíndo á derrota das forzas do Xeneral Ney.[Cómpre referencia]

Nestes feitos destaca a utilización polos veciños de Cotobade do "canón de pau", que consistía nun tronco furado e suxeito con argolas de ferro, e que resistía ata doce canonazos.[Cómpre referencia]

Destes feitos, que fan que se coñeza Cotobade coma terra do "canón de pau", hai varias recensións históricas que están profusamente recollidas nun libro, editado polo concello, do que é autor Salustiano Portela Pazos.[Cómpre referencia]

Segundo a tradición, Cotobade era berce de afamados canteiros. Traballaban por toda España, e coñecíanse coa denominación popular de "barrocos"; semella que esta denominación ten relación co estilo arquitectónico do mesmo nome. Entre estes cabe destacar o mestre Cerviño, natural de Augasantas e autor dos cruceiros do Hío, Covelo, Ponteareas e outros, e do que di Castelao que "foi xenial, revolucionario, capaz de transforma-los pequenos cruceiros en grandes calvarios ó estilo dos que se levantan na Bretaña".[Cómpre referencia]

No monte do Seixo, preto do nacemento do río Almofrei, atópase unha antiga neveira, onde se aprisionaba a neve que, transportada en cabalerías, vendíase no porto de Marín.

Século XX

Desde os anos 20 do século XX, o concello viviu unha profunda regresión demográfica produto da emigración (na súa maior parte a Brasil, México e Arxentina) que non foi corrixida ata o ano 2005. Nesa data, por primeira vez en case un século, o crecemento vexetativo da poboación foi positivo (isto é, por primeira vez houbo un crecemento do número de habitantes).

Evolución da poboación de Concello de Cotobade   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
7.978 7.969 7.671 6.031 4.644 4.658 4.432 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

A raíz do Alzamento Nacional que provocou a guerra civil española, sufriron represión 27 persoas naturais ou veciños de Cotobade[4]:

Século XXI

Poboación no ano 2014:

Censo total 2014 4.327 habitantes
Menores de 15 anos 431 (9.96 %)
Entre 15 e 64 anos 2.654 (61.33 %)
Maiores de 65 anos 1.242 (28.7 %)

Eleccións municipais

Artigo principal: Eleccións municipais en Cotobade.

Na historia democrática, Cotobade tivo tan só tres alcaldes. Jose Ramón Abal Varela (do Partido Popular), que xa era rexedor baixo o réxime franquista, gobernou ata o 2003.

Nas eleccións de 2003 Manoel Loureiro (do PSdeG-PSOE) foi o candidato máis votado, chegando a un acordo co BNG para a formación dun goberno de coalición. Esta situación repetiuse tralas eleccións de 2007.

Nas eleccións de 2011 a anterior candidata do BNG, Lina Garrido, pasou a ser a nº 2 da lista do PSdeG. Pola súa parte, o PPdG presentou como candidato a Jorge Cubela López, de 22 anos. O PPdG acadou a maioría absoluta con 6 concellarías, por 5 do PSdeG.

Patrimonio histórico e artístico

Patrimonio arqueolóxico[5]

  • Calzada do monte Pé da Múa.

Petróglifos

Patrimonio arquitectónico[6]

Festas populares

Son varias as festas que se celebraban en todo o territorio de Cotobade ó longo do ano, pero hai tres que destacaban sobre o resto:

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cotobade.
Placa altimétrica.
Placa altimétrica. 
Igrexa Parroquial de San Martiño de Borela.
Igrexa Parroquial de San Martiño de Borela. 
Igrexa parroquial de Santa María de Aguasantas.
Igrexa parroquial de Santa María de Aguasantas
Muíño con acueduto no rego de Chan das Latas.
Muíño con acueduto no rego de Chan das Latas. 
Ricardo Portela2
Busto de Ricardo Portela

Lugares de Cotobade

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cotobade vexa: Lugares de Cotobade.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  3. Gonzalo Navaza: "Cotobade. Nin couto nin abade" Portal das Palabras, RAG.
  4. www.vitimas.nomesevoces.net
  5. Sitios arqueolóxicos en Cotobade[Ligazón morta] (en castelán).
  6. Patrimonio arquitectónico de Cotobade[Ligazón morta]

Véxase tamén

Bibliografía

  • Barros Justo, R. (2015) Materiais de literatura oral da Terra de Cotobade. ISBN 978-84-606-8394-0
  • Fortes Bouzán, X. (2015): Terra de Cotobade. Ed. Guiverny. ISBN 978-84-939449-9-5
  • Fraguas Fraguas, A. (1985) Aportacións ó cancioneiro de Cotobade. Fundación Otero Pedrayo. ISBN 978-84-398-4218-X
  • Portela Pazos, S. (1976): O cañón de pau. Concello de Cotobade. ISBN 978-84-500-7370-7

Ligazóns externas

A Chan, Carballedo, Cerdedo-Cotobade

A Chan é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 59 habitantes (25 homes e 34 mulleres), 5 máis ca en 2005.

Debe o seu topónimo a que está localizado nun territorio plano, á beira do río Almofrei. É a capital do concello, como tamén o foi do extinto concello de Cotobade ata 2016, e nel sitúanse a casa consistorial e diversos edificios de servizos.

Neste lugar atópase a capela de San Roque, cun cruceiro adxacente. Hai outros dous cruceiros, un deles feito en 1988 por Alfonso González Arís.

Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e cronista xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Casimiro Cubela

Casimiro Cubela García, nado en San Xurxo de Sacos (Concello de Cotobade) o 2 de febreiro de 1908 e finado en Santa María de Trasmonte o 14 de agosto de 1986, foi un sacerdote e escritor galego.

Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade. Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km². Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.

Comarca de Tabeirós - Terra de Montes

A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é A Estrada. Pertencen a esta comarca os concellos de Cerdedo (fusionado co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra), A Estrada e Forcarei. A comarca como o seu nome indica está formada por dúas partes diferenciadas, por unha banda Tabeirós (integrada polo concello da Estrada) e por outra banda a comarca histórica de Terra de Montes.

Constantino Fraguas

Constantino Fraguas Couceiro, nado no concello de Cotobade, foi un veterinario e xornalista galego.

Cotobade

O topónimo galego Cotobade pode referirse a:

Concello de Cotobade, antigo concello da provincia de Pontevedra, que forma parte do concello de Cerdedo-Cotobade;

Cotobade, lugar da parroquia de Ordoeste, no concello da Baña;

Cotobade, lugar da parroquia de Argozón, no concello de Chantada;

Cotobade, lugar da parroquia de Pías, no concello de Ponteareas.

Eleccións municipais en Cotobade

Corporacións democráticas no Concello de Cotobade desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Ramón Abal Varela — UCDModelo:Cotobade 1979

1983 Alcalde: José Ramón Abal Varela — CPModelo:Cotobade 1983

1987 Alcalde: José Ramón Abal Varela — APModelo:Cotobade 1987

1991 Alcalde: José Ramón Abal Varela — PPdeG

1995 Alcalde: José Ramón Abal Varela — PPdeG

1999 Alcalde: José Ramón Abal Varela — PPdeG

2003 Alcalde: Manuel Loureiro Adán — PSdeG-PSOE

2007 Alcalde: Manuel Loureiro Adán — PSdeG-PSOE

2011 Alcalde: Jorge Cubela López — PPdG

2015 Alcalde: Jorge Cubela López — PPdGCandidaturas: Jorge Cubela López (PP), María Lina Garrido Garrido (PSdeG-PSOE), Anxo Santomé Fentanes (BNG) e Manuel Suárez Pérez (Gañemos Cotobade).

Galería de imaxes da comarca de Pontevedra

Galería de imaxes da comarca de Pontevedra.

A comarca de Pontevedra comprende os concellos de Barro, Campo Lameiro, Concello de Cotobade (fusionado co Concello de Cerdedo, da comarca de Tabeirós-Terra de Montes), A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

Galería de imaxes da comarca de Tabeirós - Terra de Montes

Galería de imaxes da comarca de Tabeirós - Terra de Montes.

A comarca de Tabeirós - Terra de Montes comprende os concellos de Cerdedo (fusionado co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra), A Estrada e Forcarei.

Jaime Vidal Rey

Jaime Vidal Rey, nado no concello de Cotobade e finado en Hinojosa del Duque (Córdoba) o 2 de febreiro de 1939, foi un estudoso e xornalista galego.

La Voz de Cotobad

La Voz de Cotobad foi un periódico editado no Concello de Cotobade en 1936.

Lorenzo García Vidal

Lorenzo García Vidal, nado en Loureiro (Concello de Cotobade) o 20 de febreiro de 1847 e finado na mesma parroquia o 30 de abril de 1928, foi un avogado e político galego.

Lugares de Cotobade

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares do Concello de Cotobade

Martín

O topónimo Martín pode referirse a:

En Galiza

Martín, parroquia do concello de Baleira;

Martín, lugar de dita parroquia;

Martín, parroquia do concello de Bóveda;

Martín, lugar de dita parroquia;

Martín, lugar da parroquia de Cutián, no concello de Antas de Ulla;

Martín, lugar da parroquia de Reboredo, no concello de Antas de Ulla;

Martín, lugar da parroquia de Cabalar, no concello da Capela;

Martín, lugar da parroquia de Aguasantas, no concello de Cotobade;

Martín, lugar da parroquia de Fisteus, no concello de Curtis;

Martín, lugar da parroquia de Buxantes, no concello de Dumbría;

Martín, lugar da parroquia de Brión, no concello de Ferrol;

Martín, lugar da parroquia de Santo Acisclo do Valadouro, no concello de Foz;

Martín, lugar da parroquia de Gondomar, no concello de Gondomar;

Martín, lugar da parroquia de Entrambasaugas, no concello de Guntín;

Martín, lugar da parroquia de Santa Mariña do Incio, no concello do Incio;

Martín, lugar da parroquia de Madriñán, no concello de Lalín;

Martín, lugar da parroquia de Valboa, no concello de Monterroso;

Martín, lugar da parroquia de Rodeiro, no concello de Oza-Cesuras;

Martín, lugar da parroquia de Ribeira, no concello de Ribeira;

Martín, lugar da parroquia do Rosal, no concello do Rosal;

Martín, lugar da parroquia de Fornelos, no concello de Salvaterra de Miño;

Martín, lugar da parroquia da Ciadella, no concello de Sobrado;

Martín de Abaixo, lugar da parroquia de Trobo, no concello de Begonte;

Martín de Arriba, lugar da parroquia de Trobo, no concello de Begonte;

Martín de Louredo, lugar da parroquia de Louredo, no concello de Maside;

Martín Mouro, lugar da parroquia de Cambás, no concello de Aranga;

A Bouza Martín, lugar da parroquia de Ribadumia, no concello de Ribadumia;

A Pena de Martín, lugar da parroquia de Rodeiro, no concello de Oza-Cesuras;

O Pinar de Martín, lugar da parroquia de Aguiño, no concello de Ribeira;

Porto Martín, lugar da parroquia de Zobra, no concello de Lalín;

Portomartín, lugar da parroquia de Aguasantas, no concello de Cerdedo-Cotobade;

Soutomartín, lugar da parroquia de Camanzo, no concello de Vila de Cruces.

N-541

A N-541 é unha estrada nacional que vai desde Ourense ata Pontevedra. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Sergio Portela

Sergio Portela Campos, nado en Madrid en 1970 e criado en Pontevedra desde 1971, onde reside, é un pintor, escultor e arquitecto galego, fillo do tamén arquitecto César Portela.

Comezou na pintura pero pronto paso a outras áreas (escultura, arquitectura e fotografía), e existen esculturas súas en diferentes cidades galegas, como Pontevedra (Centro Social Caixanova) Vigo (Museo do Mar), Tui, Lalín, Redondela (Monumento al Capitán Nemo), Vilalba, Santiago ou A Coruña, así como noutras cidades españolas.

Outras das súas actuacións foron a reconstrución do foxo do lobo no Concello de Cotobade así como de muíños de auga e de vento no mesmo concello.

Severino Pérez Vázquez

Severino Pérez Vázquez, nado no Concello de Cotobade en 1840 e finado en 1915, foi un músico experto en acústica, inventor, xornalista e político galego.

Terra de Montes

Para a comarca actual, véxase Comarca de Tabeirós - Terra de Montes

A Terra de Montes era unha comarca histórica galega situada entre as provincias de Pontevedra e Ourense. Pertencían a esta comarca os concellos de Cerdedo e Forcarei na provincia de Pontevedra e Beariz na provincia de Ourense. Ademais destes tres concellos, a comarca estaba integrada tamén pola parroquia de Sabucedo na Estrada, Morillas e Montes en Campo Lameiro, Caroi no antigo concello de Cotobade, A Barcia do Seixo na Lama e Santa María de Zobra no concello de Lalín. Non ten recoñecemento legal ou xurídico.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.