Concelleiro

O concelleiro ou concelleira,[1] ou edil,[2] é cada unha das persoas membros do pleno dun concello, elixida democraticamente cada catro anos nas eleccións municipais, dentro das listas electorais de cada partido ou coalición política que se presenta ás eleccións.

Os concelleiros poden formar parte do grupo de goberno municipal ou poden formar parte do grupo ou grupos da oposición.

Os concelleiros que forman parte do grupo de goberno poden ter unha ou máis materias dedicadas (facenda, seguridade cidadá, deporte, turismo ...) segundo a concellería que se lles atribúa.

O cargo de concelleiro pode ser remunerado, o que acostuma ocorrer nos municipios grandes. Os concelleiros do grupo de goberno poden formar parte da comisión de goberno do municipio.

O número de concelleiros de cada municipio varía segundo a súa poboación de dereito, é dicir, a censada no padrón municipal.

O seu estatuto e a súa función están regulados por disposicións de dereito político e dereito administrativo.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para concelleiro.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para edil.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
13 de xullo

O 13 de xullo é o 194º día do ano do calendario gregoriano e o 195º nos anos bisestos. Quedan 171 días para finalizar o ano.

22 de agosto

O 22 de agosto e o 234º día do ano do calendario gregoriano e o 235º nos anos bisestos. Quedan 131 días para finalizar o ano.

Activismo

O activismo e a actividade a favor dunha doutrina ou organización que implique un cambio social ou político.

O termo apareceu pola primeira vez na prensa belga en 1916 para facer referencia ó movemento nacionalista flamengo.

O activismo pode consistir en realizar múltiples tarefas como escribir cartas ós xornais, poñer mensaxes en foros de internet, participar en campañas políticas, boicots, manifestacións ou folgas e mesmo nalgúns casos tode asumir tácticas de guerrilla, o que pode levar a que sexa considerado terrorista por uns e liberador por outros.

En especial, o activismo de carácter relixioso, feminista ou ecoloxista pode tratar de convencer á xente para cambiar os seus hábitos no canto de dirixirse ós gobernos.

Deba, Guipúscoa

Deba, (en español Deva, mais o único nome oficial é Deba), é un concello e localidade costeira situada ao noroeste de Guipúscoa, Euskadi. Está chantada na desembocadura do río Deba, pertencente á comarca de Debabarrena. Ten unha poboación de 5.274 habitantes segundo o censo do ano 2006 e unha superficie de 52 km², cunha densidade poboacional de 102,32 habitantes por quilómetro cadrado.

Coa orixe no próximo núcleo rural de Itziar, estabeleceuse na actual situación en 1343 co nome de Montreal de Deba, que xa tiña no 24 de xuño de 1294. Ten unha gran praia, que é o seu atractivo turístico principal, xunto coa súa grande alameda.

Distribúese por dúas vertentes diferentes, a do río Deba e a do río Urola, e o seu terreo e moi accidentado. A costa destaca pola chamada rasa mareal, que se estende até Zumaia. Sitúase na marxe dereita da río que o río forma na súa desembocadura; nela, noutros tempos, houbo un porto comercial; na actualidade só se emprega como porto deportivo e de recreo.

As súas armas son un escudo de goles cun castelo sostido por un león e un grifón tenantes e, ós seus pés, tres teixos de sinople.

Frente Popular Galega

A Frente Popular Galega é unha organización política galega situada ideoloxicamente no marxismo-leninismo e no independentismo, que traballa pola consecución dunha República Galega.

A súa acción política guíase polos principios de: independencia nacional, socialismo, anticolonialismo, democracia popular, anti-imperialismo, solidariedade internacionalista e auto-organización.

Independencia

A independencia, termos políticos, é a situación dun país que detenta e goza, ademais do dereito de autodeterminación, o de soberanía.

Municipio

O concello ou municipio é, nas súas diversas formas, e baixo diferentes designacións, a estrutura básica de administración local en moitos países do mundo. Con orixes diferentes, consonte ás tradicións locais, os concellos modernos teñen, porén, bastantes puntos de contacto na súa estrutura e competencias.

En xeral, poden distinguirse tres tipos de concellos:

Urbanos: concellos constituídos exclusivamente, ou case, por territorio urbanizado;

Rurais: municipios constituídos por un ou máis núcleos poboacionais de pequenas dimensións e por territorio non urbanizado relativamente vasto;

Mixtos: concellos que comprenden cantidades significativas quer de territorio urbano, quer de territorio rural.Nalgúns países e nalgunhas subdivisións doutros países (como algúns estados norte-americanos), estes diferentes tipos están separados por lei, constituíndo diferentes unidades administrativas. Noutros, como en Portugal e España, todos os concellos son iguais ante a lei, aínda que por mor da súa poboación ou características estean suxeitos a un distinto trato financeiro, electoral etc. (achegas doutras administracións, número de concelleiros elixibles, estatutos de capitalidade, áreas metropolitanas etc).

Murcia

Murcia é un municipio e a capital da Rexión de Murcia (España). Está situada no sueste da Península Ibérica e atravesada polo río Segura, en plena Huerta de Murcia, comarca da que é capital. Murcia é a sétima cidade de España pola súa poboación. Segundo o INE en 2017 tiña 441 003 habitantes.

Médico Cebreiro, Santa María de Neda, Neda

Médico Cebreiro é un lugar da parroquia de Santa María de Neda no concello de Neda na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2015 tiña 155 habitantes (69 homes e 86 mulleres).

Debe o seu nome a Francisco Cebreiro Barros, coñecido como "O doutor dos pobres" ou "Paco o da Mercé", doutor de comezos do século XX, concelleiro durante a II República, que axudou a guerrilleiros na posguerra.

País

Para coñecer sobre a historia do desenvolvemento dos estados nacionais modernos, ver estado. Ver estado, para unha definición segundo o dereito internacional.

Un país (do francés pays, procedente do latín pagus, -i, ‘aldea, distrito’), ou estado nacional, é unha área xeográfica e unha entidade politicamente independente, co seu propio goberno, administración, leis, a maior parte das veces unha constitución, policía, forzas armadas, leis tributarias, e un grupo humano. Tamén é un país un territorio que constitúe unha nación, ou incluso unha rexión ou bisbarra (País do Loira). Un exemplo de país é Galicia.

Moitas veces, partes dun estado nacional cunha historia ou cultura diferentes son chamados países: Gales e Escocia son ás veces chamados países, inda cando non son estados nacionais, senón máis ben nacións.

Os termos país, nación, estado e terra acostuman ser utilizados coma sinónimos, mais nun uso máis estrito deben ser distinguidos:

país é unha área xeográfica.

nación designa á xente, porén nacional e internacional refírense tamén ao que son estritamente estados, como en capital nacional e lei internacional.

estado é acerca do goberno, unha entidade na lei internacional.

terra pode ser usado como "un país e a súa xente" pero tamén como un país pertencente a unha nación ou a un monarca.

Poder executivo

Seguindo o esquema de Montesquieu, o poder executivo é un dos tres poderes do Estado moderno, cuxa función é executar as leis aprobadas polo poder lexislativo.

O poder executivo é desenvolvido polo goberno do Estado. Este está sometido ao control parlamentario e ao control xudicial, nun sistema de pesos e contrapesos no que cada poder controla aos demais a través de distintos mecanismos, que se estudan na teoría da separación de poderes.

Presidencia

A presidencia é un cargo que ostentan as/os líderes de organizacións, empresas e entidades políticas. Etimoloxicamente, presidencia vén do latín prae- 'antes' e sedere 'sentarse'. Orixinalmente o termo referíase a quen presidía unha cerimonia ou asemblea, mais hoxe en día o termo refírese a unha persoa que ten poderes executivos.

Nunha república, a xefatura de Estado recibe o nome de presidenta/e desa república. Nalgúns países con goberno presidencialista a presidencia é tamén da xefatura de goberno (ex: Arxentina, Estados Unidos), namentres, noutros con réxime parlamentario (ex: Italia) o xefatura de goberno é do Primeiro Ministro.

Primeiro ministro

O primeiro ministro é un político que serve como xefe da póla executiva. É xeralmente o xefe do goberno no sistema parlamentario. Para o feminino úsase "a primeira ministra".

A míudo, un primeiro ministro traballa cun presidente ou un monarca que é o xefe do estado. O primeiro ministro é normalmente o líder do partido político que ten a maioría no parlamento. As súas principais responsabilidades inclúen coordina-lo goberno , designar ós oficiais do goberno, e á representación do goberno do seu país no mundo.

Os primeiros ministros poden recibir diferentes nomes dependendo do país no que gobernen: así o primeiro ministro de España recibe o nome de Presidente do Goberno, o de Italia, Presidente do Consello, o de Irlanda Taoiseach, e o do Perú, Premier.

Protectorado

Denomínase protectorado á soberanía parcial que un Estado exerce, especialmente no referido ás relacións exteriores, nun territorio que non foi incorporado plenamente ao da súa nación e no cal existen autoridades autóctonas propias.

Como exemplo, podemos citar o protectorado que no seu día exerceron España e Francia sobre Marrocos, onde a autoridade sobre a poboación nativa era exercida polo Sultán, existindo forzas militares e policiais autóctonas, pero tuteladas polos exércitos dos países protectores.

Os gobernos destes países estaban representados, no caso da zona controlada por España, polo Alto Comisario, normalmente un xeneral, e no da zona francesa polo Residente Xeral.

Provincia

Unha provincia é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división administrativa antedita.

Este termo utilizase con características diferentes seguindo os países e as épocas históricas. Polo tanto unha provincia abarca realidades de organización territorial diversas.

Rexencia

A rexencia (do latín regentia) é un período transitorio durante o cal unha personalidade (xeralmente da familia real) exerce o poder en nome do monarca titular xa sexa porque este é demasiado novo ou vello, por ausencia do mesmo, ou pola súa incapacidade para gobernar por si mesmo.

A rexencia cesa cando desaparece a causa que a motivou. A rexencia pode ser individual ou colectiva. Xeralmente exercen a rexencia persoas achegadas á Coroa como o pai ou a nai do rei, tamén o príncipe herdeiro no suposto caso de ausencia ou incapacidade do rei.

Xesús Rodríguez López

Xesús Rodríguez López, nado en Lugo o 28 de xullo de 1859 e finado o 24 de marzo de 1917, foi un médico e escritor en galego e castelán. Foi escritor de temas variados, pois ademais de obra literaria estrita, novela, teatro e poesía, acometeu tamén o ensaio.

Xosé Franco Montes

José Franco Montes (en realidade José Franco Domonte[Cómpre referencia]), nado en Vigo o 22 de xaneiro de 1879 e finado ibídem o 31 de xullo de 1939, foi un escultor, arquitecto e político galego.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.