Concatedral de San Xiao de Ferrol

A concatedral de San Xiao é un templo de culto católico situado na cidade de Ferrol (Galiza) e adicada ao patrón da cidade, San Xiao.[1] Pertence á diocese de Mondoñedo-Ferrol e trátase do monumento relixioso máis importante da cidade.

Coordenadas: 43°28′56″N 08°14′06″O / 43.48222, -8.23500

Concatedral de San Xiao de Ferrol
Ferrol - Concatedral de San Julián (San Xiao) 01

Fachada da Concatedral de San Xiao
Tipo Concatedral
Advocación San Xiao
Situación Ferrol
Culto Igrexa católica
Diocese Mondoñedo-Ferrol
Construción 1765-1772
Estilo arquitectónico Neoclasicismo, manierismo

Historia

O templo foi proxectado polo enxeñeiro e arquitecto de mariña Julián Sánchez Bort a partir do ano 1763, e comezouse a construír en 1765 sobre os restos dunha antiga igrexa románica, sendo finalizado en 1772. Este templo estaba proxectado para a nova barriada que se levantaba na cidade de Ferrol. En 1959, mediante unha bula de Xoán XXIII acadou a categoría de concatedral o 9 de marzo, o motivo polo cal acadou a categoría de concatedral e non de catedral foi porque na súa mesma diocese xa había outra catedral, a catedral de Mondoñedo.

Descrición

Na súa planta centrada e nos primeiros proxectos, recollíanse conceptos arquitectónicos renacentistas, aínda que o edificio considérase neoclásico. O templo presenta a peculiaridade de ter a súa planta en forma de cruz grega e non latina como é habitual. Está cuberta cunha gran cúpula, que non se deixa ver ao exterior. Ten capelas laterais e unha fachada principal flanqueada por dúas torres rematadas por cúpulas. A portada repite modelos compositivos propios do manierismo.

Notas

  1. San Julián de Ferrol, un patronazgo confuso

Véxase tamén

Ligazóns externas

Arciprestados de Galicia

Os arciprestados de Galicia son as agrupacións de parroquias eclesiásticas en que se subdividen as dioceses da Igrexa Católica con xurisdición en Galicia. Algúns dos topónimos fan referencia á comarca, a vila de cabeceira, ou a entidades étnicas prerromanas como Nemancos, Céltigos, Entíns ou Posmarcos.

Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela

A arquidiocese de Santiago de Compostela é a diocese ou bispado (territorio eclesiástico da Igrexa católica rexido por un bispo) cuxa sé eclesiástica é a catedral de Santiago de Compostela en Santiago de Compostela.

Basílica de San Martiño de Mondoñedo

Non confundir coa Catedral de Mondoñedo.A basílica de San Martiño de Mondoñedo é un templo de orixe prerrománica situado na Mariña Lucense, sé do bispado de Mondoñedo durante moitos anos, que se atopa en bo estado de conservación. Atópase na parroquia de San Martiño de Mondoñedo, concello de Foz, no norte da provincia de Lugo. Na actualidade, amais de estar aberta ó culto, alberga no seu interior un museo.Está considerada como a catedral máis antiga de España, xa que no século IX foi sé de dous bispados do Reino de Galicia, un trasladado desde Dumio, no distrito de Braga (Portugal), e outro trasladado desde Bretoña, na provincia de Lugo.O edificio actual é románico de finais do século XI e os recios contrafortes son obra do século XVIII. Desde o ano 1931 está catalogada como BIC e no 2007 obtivo a categoría de basílica.Ó lado da basílica está a fonte da Zapata, segundo a lenda neste lugar o bispo San Gonzalo tirou unha zapatilla e abrollou auga, auga que se considera que ten propiedades milagreiras.

Catedral de Lugo

A catedral de Santa María é a catedral da cidade galega de Lugo. Está adicada á Virxe María e atópase situada a rentes da muralla, concretamente diante da porta de Santiago, preto da Praza Maior. Foi comezada no século XII, e ten trazas de estilo románico, con engadidos góticos, barrocos e neoclásicos. Desde o ano 2015 é considerada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO como parte dos Camiños Primitivo e Norte.

Catedral de Mondoñedo

Non confundir coa Basílica de San Martiño de Mondoñedo.A catedral de Mondoñedo é un templo católico da vila de Mondoñedo, unha das sés episcopais da diocese de Mondoñedo-Ferrol xunto coa Concatedral de Ferrol. Foi declarada Monumento Nacional en 1902 e nomeada basílica por Xoán XXIII cunha bula datada o 9 de marzo de 1959.

Catedral de Ourense

A catedral de Ourense, baixo a advocación de san Martiño, é un templo católico situado na cidade de Ourense, sede da diocese do mesmo nome. É de estilo románico de transición con influencias cistercienses nalgúns aspectos arquitectónicos e mateanos no eido escultural, pero no que se realizaron numerosas modificacións posteriores.

O templo foi construído como unha fortaleza defensiva, como adoitaba facerse nos edificios relixiosos da época. Pódese comprobar esta concepción na estrutura das torres orixinais e nas ameas que coroaban os muros, das que aínda queda algunha mostra se ben a maioría foron eliminadas durante as reformas posteriores.

Foi declarada Monumento Nacional o 3 de xuño de 1931 e recibe os honores de basílica desde 1867, por Breve Pontificio do papa Pío IX asinado o 30 de xuño dese ano . Está rexistrada como Ben de Interese Cultural co código RI-51-0000771.

Catedral de Santiago de Compostela

A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación. Un privilexio concedido en 1122 polo papa Calisto II declarou que serían «ano santo» ou «ano xubilar» en Compostela todos os anos nos que o día 25 de xullo, día de Santiago, coincidise en domingo; este privilexio foi confirmado polo papa Alexandre III na súa bula Regis aeterni en 1179.

Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1896, e a cidade vella de Santiago de Compostela, que se concentra ao redor da catedral, foi declarada ben cultural Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985.

Catedral de Tui

A catedral de Santa María de Tui é un templo católico situado na cidade de Tui, próxima á beira do río Miño. É sé da diocese de Tui-Vigo, convertida en sede episcopal durante o reino suevo. O edificio actual foi iniciado cara a 1120 en estilo románico, e foi finalizada cara a 1225 coa fachada xa de estilo gótico, ano no que foi consagrada polo bispo Esteban Egea. En 1931 foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC).

Colexiata de Santa María de Vigo

A colexiata de Santa María de Vigo é un templo católico situado na cidade de Vigo. Desde 1959 ten a consideración de concatedral, compartindo a sede catedralicia da diocese de Tui-Vigo coa catedral de Tui. Foi construída entre 1816 e 1834, substituíndo a antiga colexiata, danada trala explosión dunha polvoreira en 1809.

O actual edificio foi deseñado por Melchor de Prado y Mariño, membro da Real Academia de San Fernando. O seu estilo principal é o neoclásico, se ben as torres son barrocas.

Cruz grega

A cruz grega ou crux immissa quadrata é unha cruz formada por catro brazos de igual medida que intersecan en ángulo recto.

Diocese católica latina de Lugo

A diocese de Lugo (en latín: Dioecesis Lucensis in Hispania) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. No ano 2004 contaba con 296.389 bautizados sobre 296.961 habitantes. Actualmente está presidida polo bispo Alfonso Carrasco Rouco.

Diocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol

A diocese de Mondoñedo-Ferrol (en latín: Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis) é unha sé territorial galega da igrexa católica latina sufragánea da Arquidiocese de Santiago de Compostela. No 2004 contaba con 286.097 bautizados sobre 288.998 habitantes.

Diocese católica latina de Ourense

A diocese de Ourense (en latín: Diœcesis Auriensis) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre xaneiro de 2010 e febreiro de 2012 a cadeira bispal estivo vacante, sendo a diocese administrada de forma temporal por Luís Quinteiro Fiúza, bispo da diocese de Tui-Vigo e anterior bispo ourensán. Porén, en febreiro de 2012 tomou posesión como bispo José Leonardo Lemos Montanet.

Diocese católica latina de Tui-Vigo

A diocese de Tui-Vigo (en latín: dioecesis Tudensis-Vicensis) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. O seu patrón é san Telmo e actualmente está presidida polo bispo Luís Quinteiro Fiúza.

Diocese de Britonia

A diocese de Britonia (tamén chamada de Bretoña) foi unha antiga división episcopal da Gallaecia, e na actualidade é unha sé titular da Igrexa Católica.

Diocese de Iria

A diocese de Iria (en latín: Diocesis Iriensis) foi unha sede territorial galega da Igrexa Católica, predecesora da Diocese de Santiago de Compostela e finalmente da Arquidiocese de Santiago de Compostela.

Julián Sánchez Bort

Julián Sánchez Bort nado en Cuenca en 1705 e finado o 31 de agosto de 1781 na Isla de León, Cádiz, foi un militar, enxeñeiro e arquitecto español. Traballou en diversas cidades de Galiza e España. Súa é a fachada da catedral de Lugo e Ferrol. Traballou nos arsenais de Ferrol, Cartaxena e La Carraca, Cádiz, no século XVIII.

Parroquia eclesiástica galega

Parroquia defínese no Código de Dereito Canónico como a unidade básica de delimitación territorial da Igrexa, agrupados xerarquicamente en arciprestados.

Xan Viaño

Xoán Alfonso Viaño Martínez, máis coñecido como Xan Viaño, nado o 11 de decembro de 1960 en Ferrol e finado o 26 de marzo de 1991 en Vigo, foi un compositor galego.

Dioceses
Relacionadas historicamente
Catedrais
Lugares de interese de Ferrol
Lugares senlleiros
Museos
Parques e espazos naturais
Artes escénicas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.