Conca fluvial

Unha conca fluvia, cunca fluvial ou bacía fluvial (ou hidrográficas)[1] é unha porción de territorio drenada por un único sistema de carácter natural.

Formación e características

Unha conca hidrográfica defínese polo río que fai e vén delimitada pola liña dos cumes que arrodean o espazo. Conforme se avanza polo curso do río cara abaixo, a superficie da conca vai aumentando. En xeral acéptase que o divisor das augas subterráneas coincida co divisor das augas superficiais, se ben este feito non se verifica en todos os casos. A conca hidrográfica é a unidade xeralmente adoptada para estudos hidrolóxicos e, máis recentemente, a partir dos anos 70, para a planificación racional do uso dos recursos naturais.

As principais características dunha conca hidrográfica son:

  • A curva cota (superficie): esta característica dá unha indicación do potencial hidroeléctrico da conca.
  • O coeficiente de forma: dá indicacións preliminares da onda de avenida que é capaz de xerar.
  • O coeficiente de ramificación: tamén da indicacións preliminares respecto o tipo de onda de avenida.

Tipos de concas

Existen tres tipos de concas:

  • Exorreicas: drenan as súas augas ao mar ou ao océano. Un exemplo é a conca do Amazonas, en Sudamérica.
  • Endorreicas: desembocan en lagos, lagoas ou salares que non teñen comunicación ao mar. Por exemplo, a conca do río Desaguadero, en Bolivia.
  • Arreicas: as augas evapóranse ou fíltranse no terreo antes de encamiñarse nunha rede de drenaxe. Os arroios, regos e cañadóns da meseta central patagónica pertecen a este tipo, xa que non desaugan en ningún río ou outro corpo hidrográfico de importancia.

Partes dunha conca

Cunca alta

Corresponde á zona onde nace o río, o cal se despraza por unha gran pendente.

Ver Conca de recepción.

Cunca media

É a parte da conca na cal hai un equilibrio entre o material sólido que chega traído pola corrente e o material que sae. Visibelmente non hai erosión.

Cunca baixa

É a parte da conca na cal o material extraido da parte alta se deposita no que se chama cono de dexección.

Notas

  1. A RAG acepta tanto o termo cunca coma os termos conca e bacía. Véxase bacía, conca, cunca no dicionario da RAG.

Véxase tamén

Outros artigos

Golfo de San Lourenzo

O golfo de San Lourenzo (en francés, golfe du Saint-Laurent; en inglés, Gulf of Saint Lawrence) é un vasto golfo do leste do Canadá que comunica co océano Atlántico. Este golfo drena unha gran conca fluvial que comprende os Grandes Lagos norteamericanos. O río San Lourenzo aflúe neste golfo, a través do estuario máis grande do mundo.

Grandes Lagos, América do Norte

Os Grandes Lagos son un conxunto de cinco lagos situados na América do Norte, entre o Canadá e os Estados Unidos de América. A bacía hidrográfica dos Grandes Lagos e do Río San Lourenzo é o maior reservatorio de auga doce do mundo. A rexión dos Grandes Lagos-San Lourenzo é unha zona densamente habitada na América do Norte, onde o centro económico e ademais o 40% da poboación canadense están concentradas, e onde innúmeras grandes cidades canadenses e norteamericanas están localizadas.

Lago Léman

O lago Léman é un lago situado na fronteira entre Francia e Suíza; ás veces é denominado lago de Xenebra. Está atravesado de leste a oeste polo Ródano. Este é o lago máis grande de Europa occidental, cos seu 72 km de longo e os seus 582,4 km² de superficie (234 km² en Francia, 348,4 km² en Suíza. A súa costa ten 372 m e a súa profundidade máxima acada os 309,7 m (cota +62,3 m, entre Lausana e Évian). A súa lonxitude máxima é de 13 km, e o seu volume 89 km3. É o segundo maior lago da Europa, o primeiro é o lago Balaton (na Hungría).

A súa extremidade occidental, próxima a Xenebra, denomínase Petit-Lac (Pequeno Lago) en oposición ao Haut-Lac (Lago alto), moito máis longo.

Alén da Alta Savoia, tres cantóns suízos teñen costa no Léman: os cantóns de cantón de Xenebra, de Vaud e do Valais. Está sobre todo bordeado polos seguintes concellos: Xenebra, Versoix, Nyon, Gland, Rolle, Morges, Lausana, Vevey, Montreux, Villeneuve, Évian e Thonon-les-Bains. As localidades principais que o bordean están unidas por viaxes regulares en barco servidas pola Compañía Xeral de Navegación (Compagnie générale de navigation (CGN)).

Cada ano, unha importante competición de vela ten lugar no lago: le Bol d'Or.

Lago Superior

O Lago Superior é o maior dos cinco Grandes Lagos de Norteamérica, e o maior lago de auga doce do mundo por superficie. O Lago Baikal de Siberia conten maior volume, e o Mar Caspio é maior, pero é de auga salgada.

O Lago Superior localízase entre o Canadá (provincia de Ontario) e os Estados Unidos (estados de Michigan, Minnesota, e Wisconsin.

Cunha área de 82,000 km², o Lago Superior é, ironicamente, o menos densamente habitado dos Cinco Lagos. Cidades importantes no litoral do Lago Superior son Sault Saint Marie e Thunder Bay, en Ontario, e Duluth, en Minnesota.

Lago Winnipeg

O Lago Winnipeg é un gran lago, de 24,400 km² na Norteamérica central, situado na provincia de Manitoba, Canadá, a uns 55 km ao norte da cidade de Winnipeg. É o maior lago do sur do Canadá, e a conca fluvial pertence á zona menos desenvolvida humanamente, mantendo gran pureza nas súas augas e un importante valor ecolóxico e turístico.

Lago de Maracaibo

O Lago de Maracaibo ou Lago de Zulia está situado no occidente de Venezuela, no estado de Zulia. Posúe preto de 13.820 km² e unha gran riqueza petrolífera, pois é onde se extrae a maior parte da produción de cru do país latinoamericano.

Mar Caspio

O mar Caspio é un mar interior que ocupa a parte máis fonda dunha depresión entre Asia e Europa, a depresión cáspica, que forma parte da gran depresión aralo-cáspica. É a masa de auga interior (Conca endorreica) máis grande do mundo, cunha superficie de 371.000 km² (sen incluír o lago de Kara Bogaz Gol) e un volume de 78.200 km³ con características comúns tanto cos mares como cos lagos. A miúdo é considerado o lago máis grande do mundo, aínda que non é de auga doce senón salgada. Ten numerosos Illas, a maior das cales é a de Ada Ogurja, que ten 47 quilómetros de lonxitude; cara ao norte a maioría das illas son pequenas e deshabitadas. Baña Rusia, Daguestán, Acerbaixán, o Turkmenistán, o Casaquistán e Irán, coas estepas da Asia Central ao norte e ao leste. Na antigüidade, coñecíase como o océano Hircaniano ou tamén mar Khazar e mar Khvalisian.

Pobo lenape

Os lenape, tamén chamados lenni lenape e delaware, son un pobo indíxena, que vive no Canadá e nos Estados Unidos. Tamén son chamados indios delaware, e o seu territorio tradicional incluía o actual estado de Nova Jersey e o leste de Pensilvania a carón da conca fluvial do río Delaware, a cidade de Nova York, o oeste de Long Island e o val Hudson.

O sistema de parentesco lenape eran os clans matrilineais, é dicir, os nenos pertencían ó clan da nai, a partir do cal eles gañaban o seu status social e a súa identidade. O irmán maior da nai era máis significativo como mentor do neno que o seu propio pai, que polo xeral era doutro clan. O liderado hereditario transmitíase a través de liña materna, e as mulleres maiores podían quitar do poder os líderes que desaprobaban. A terra agrícola era xestionada polas mulleres e asignada segundo as necesidades de subsistencia das súas familias extensas. As familias eran matrilocais; as parellas recentemente casadas vivían coa familia da noiva, onde a súa nai e as súas irmás tamén podían axudala coa súa crecente familia.Durante as guerras dos Castores da primeira metade do século XVII, os colonos europeos foron coidadosos en evitar que as armas de fogo caesen en mans dos lenape, mentres que os seus rivais iroqueses, como os susquehannocks e a Confederación dos Iroqueses estaban comparativamente mellor armados. Por mor disto, os lenape foron subxugados primeiro polos susquehannocks, e despois polos iroqueses, chegando a precisar o visto bo dos seus rivais para iniciar tratados como a venda de terras. Como moitas outras tribos, os lenape foron debilitados por doenzas introducidas polos europeos, principalmente varíola pero tamén cólera, gripe e disentería, e os seu número descendeu polos frecuentes conflitos raciais cos europeos. Os pobos iroqueses loitaron ocasionalmente cos lenape. A comezos do século XVIII, moitos lenape trasladáronse cara ó oeste, unha terra relativamente baleira, e durante as guerras dos Castores, sábese que os iroqueses facían incursións e reclamaron esas terras como territorios de caza.Durante as décadas seguintes do século XVIII, moitos lenape foron expulsados das súas terras por mor da expansión das colonias europeas. A súa grave situación foi exacerbada polas perdas dos conflitos intertribales. As divisións e conflitos da Guerra de Independencia dos Estados Unidos de América leváronos aínda máis cara ó oeste. Na década de 1860, o goberno dos Estados Unidos enviou a moitos lenape cara ó Territorio Indio (o actual estado de Oklahoma) baixo a política de deportación dos indios. No presente, moitos lenape viven no estado de Oklahoma, con comunidades en Wisconsin, Ontario (Canadá) e as súas terras tradicionais.

Ría da Coruña

A ría da Coruña ou ría do Burgo é a ría máis occidental do Golfo Ártabro e forma parte das Rías Altas galegas.

Fórmase pola desembocadura do río Mero no mar e baña catro municipios (A Coruña, Oleiros, Culleredo e Cambre).

Tamén se coñece polo nome de ría do Burgo, e ás veces utilízase o termo de "ría da Coruña" para referirse á parte da ría situada entre a ponte da Pasaxe e o mar, e o termo de "ría do Burgo" para referirse á parte situada entre a ponte da Pasaxe e o río Mero.

Río Barcés

O río Barcés é un curso fluvial da provincia da Coruña que nace nos concellos de Cerceda e Carral e traza un percorrido en dirección nordés. Conflúe co río Mero en Orto, Abegondo, a unha elevación de 80 metros sobre do nivel do mar, onde ambos chegan ao encoro de Cecebre. Alí dan lugar ao Lugar de importancia comunitaria do encoro de Abegondo - Cecebre

O Barcés é o principal dos colectores secundarios da conca do río Mero, e a cal recolle as augas da aba meridional dos montes do Xalo e das terras de Cerceda.

Río Berg

O río Berg (tamén chamado gran río Berg ou en afrikaans: Bergrivier) é un río que se atopa ó norte de Cidade do Cabo na Provincia de Cabo Occidental, en Suráfrica. Ten arredor de 294 km de longo cunha conca fluvial de 7,715 km² e desemboca no Océano Atlántico. Preto do 65% da área do río Berg está destinada á agricultura. As principais vilas na área do río Berg son Velddrif e Laaiplek preto da costa, Piketberg, Hopefield, Moorreesburg e Darling máis no interior, e Wellington e Paarl na conca superior. A fonte principal do río Berg atópase ó sur de Franschhoek, nas montañas Drakenstein.

Río Grande de Xuvia

O Grande de Xuvia, ou simplemente Xuvia e ás veces incorrectamente como Xubia, é un río galego na provincia da Coruña, que forma a ría de Ferrol.

Río Limia

O río Limia (en portugués rio Lima) é un río ibérico que decorre por Galiza e por Portugal.

Río Mero

O Río Mero está na provincia da Coruña

Río Ohio

O río Ohio é un dos principais afluentes do Mississippi; discorre pola parte leste dos Estados Unidos. Ten unha importancia capital na historia dos Estados Unidos, tanto para as tribos amerindias como para os colonos europeos. O río constituíu unha vía de transporte privilexiada durante a conquista do oeste. Atravesa non menos de seis estados, e a súa conca fluvial esténdese sobre 14 estados, incluíndo á maioría dos estados do sueste do país. O seu principal afluente é o río Tennessee. No século XVIII, o río Ohio constituía a fronteira meridional dos estados do Norte, marcando de facto o límite entre os estados que practicaban a escravitude e os que a aboliron.

Río Tombigbee

O río Tombigbee é un afluente do río Mobile, de aproximadamente 644 quilómetros de lonxitude, nos estados norteamericanos de Mississippi e Alabama. É un dos seus dous principais ríos, xunto co río Alabama, que se unen para formar o pequeno río Mobile antes de desembocar na Baía de Mobile no Golfo de México. A conca fluvial das augas do Tombigbee abarca a maior parte da chaira costeira rural do oeste de Alabama e do nordés de Mississippi, discorrendo xeralmente cara ao sur. O río proporciona unha das rutas principais de navegación comercial no sur dos Estados Unidos, navegable ao longo da maior parte da súa lonxitude a través de esclusas e unido na súa parte superior co río Tennessee a través da Canle de Tennessee-Tombigbee.

Río Valiñas

O río Valiñas é un curso fluvial galego.

Santuario de vida silvestre da conca de Cockscomb

O Santuario de vida silvestre da conca de Cockscomb é unha reserva de natureza no distrito de Stann Creek, en Belize. Foi estabelecido para protexer os bosques, a fauna e a conca fluvial de 400 quilómetros cadrados nas pendentes orientais dos montes Maia.

A reserva foi estabelecida no ano 1986 como a primeira área natural para a protección do xaguar (Panthera onca). É considerado como un dos principais lugares de conservación do xaguar en todo o mundo.O nome 'Cockscomb' deriva da aparencia da cadea de montañas Cockscomb, que semellan a crista dun galo, a cal se atopa na franxa norte da reserva e é facilmente visible dende a chaira costeira do mar Caribe. A área foi habitada polos maias dende hai 10 000 anos. Porén, a primeira exploración moderna rexistrada na conca non se produciu até 1888.

Sedimentación

Para a sedimentación en xeoloxía, véxase Rocha e Rocha sedimentaria.

A sedimentación é o proceso polo cal o sedimento en movemento se deposita.

Un tipo común de sedimentación ocorre cando o material sólido, transportado por unha corrente de auga, deposítase no fondo dun río, un encoro, un canal artificial ou nun dispositivo construído especialmente para tal fin (por exemplo, nunha estación depuradora de augas residuais).

Toda corrente de auga, caracterizada polo seu caudal, velocidade e forma da sección, ten unha capacidade de transportar material sólido en suspensión e outras substancias en disolución. O cambio dalgunha destas características da corrente pode facer que o material transportado se deposite ou precipite; ou que o material existente no fondo ou nas marxes do leito sexa erosionado.

Posto que a maior parte dos procesos de sedimentación prodúcense baixo a acción da gravidade, as áreas elevadas da litosfera terrestre tenden a seren suxeitas predominantemente de fenómenos erosivos, mentres que as zonas deprimidas están suxeitas predominantemente á sedimentación. As depresións da litosfera na que se acumulan sedimentos, denomínanse concas sedimentarias.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.