Comunistas de Castilla

Comunistas de Castilla (Comunistas de Castela en galego) é un partido político de España, de ideoloxía comunista e castelanista, creado en 2011 trala escisión de varias células do Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) en Castela e León. Mantén estreitas relacións co colectivo Rede Vermella, escisión á súa vez de Corrente Vermella, o que provocou a inspiración trotskista desta última.

O seu ámbito de actuación é o territorio histórico de Castela, nación que estaría composta segundo os estándares do castelanismo polas actuais comunidades autónomas de Castela e León, Castela-A Mancha, a Comunidade de Madrid, A Rioxa e Cantabria.

Creación

En outubro de 2011, con motivo das eleccións xerais do 20 de novembro do 2011, o Partido Comunista del Pueblo Castellano (PCPC), sección castelán-leonesa do PCPE, emite un comunicado público no que anuncia que non concorrerá ao devandito proceso electoral,[1] contradicindo a decisión tomada pola dirección central do PCPE para toda España de concorrer en todas as cirunscripcións electorais posibles. Finalmente, trala expulsión dos militantes rebeldes de Valladolid e a baixa, por principios ideolóxicos e morais, da organización da totalidade dos militantes de Segovia e Palencia, publícase na rede unha "declaración de principios" de Comunistas de Castilla, na que aseguran que pretenden construír un proxecto de soberanía e socialismo para Castela.

O primeiro grande acto público de Comunistas de Castilla foi a celebración do 23 de abril (reivindicado coma "Día Nacional de Castela", e celebrado oficialmente como Día de Castela e León) de 2012 na localidade de Villalar de los Comuneros.[2][3][4] Na carpa que rexentaban, podíanse ver bandeiras castelanistas comuneiras moradas, bandeiras republicás e bandeiras coa fouce e o martelo.

Segundo a páxina web da organización,[5] Comunistas de Castela conta con presenza en Madrid, Palencia, Segovia e Valladolid.

Notas

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2012. Consultado o 18 de decembro de 2012.
  2. http://castillasocialista.org/?p=2654
  3. http://castillasocialista.org/?p=2662
  4. http://castillasocialista.org/?p=2675
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2013.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Nacionalismo castelán

O nacionalismo castelán (tamén chamado castelanismo) é unha ideoloxía orientada a preservar e promover os valores propios e distintivos do que se considera Castela: tradicións, cultura, recursos naturais e humanos, integridade territorial, e o cuestionamento das políticas centralistas de índole identificadora entre o español e o castelán.

Esisten diversos movementos que poden cualificarse de nacionalistas casteláns: xa sexan de índole rexionalista ou nacionalista, á marxe da súa orientación política (esquerdas, socialdemócrata, dereitista...). Remontan as súas raigumes políticas ao Pacto Federal Castelán de 1869, asinado polos representantes e delegados do partido procedentes de 17 provincias castelás. Propúgnase desde entón a unificación deses territorios, considerados de raíz milenaria ou de evolución secular castelá, que estarían compostos por un total de cinco comunidades autónomas actuais: as dúas autonomías nominalmente castelás (Castela e León e Castela-A Mancha), máis Cantabria, Madrid e A Rioxa, ademais diversas comarcas que non pertencen a devanditas comunidades autónomas, pero que formaron parte historicamente do Reino de Castela, situadas ao sueste e suroeste dese mapa pretendido.

Partido Comunista de los Pueblos de España

O Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) é un partido político español marxista-leninista fundado en xaneiro de 1984 tras a unión de varios partidos e organizacións que anteriormente se escindiran do Partido Comunista de España por non estar de acordo coa liña eurocomunista de Santiago Carrillo.

Partido Comunista del Pueblo Castellano

O Partido Comunista del Pueblo Castellano (PCPC) foi a organización territorial do Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) na comunidade autónoma de Castela e León, con presenza nas cidades de Valladolid e Segovia, principalmente, aínda que tamén contaba cunha célula en Guardo, na provincia de Palencia. Eran de tendencia marxista-leninista e estaban a favor do dereito de autodeterminación dos pobos.

Durante un breve período formou parte da coalición Izquierda Castellana, asumindo un ideario de carácter máis soberanista sobre o territorio histórico de Castela.En 2011, debido às disputas entre o PCPC e a dirección central do PCPE, unha boa parte dos militantes casteláns abandonaron o proxecto do PCPE e crearon en Segovia unha nova organización: Comunistas de Castilla, cunha orientación máis enfocada ao castelanismo.

Segovia de Izquierdas

Segovia de Izquierdas (Segovia de Esquerdas en galego) é un movemento social e político creado arredor desta coalición en 2007, a cal presentou candidaturas para as eleccións ás Cortes de Castela e León e as municipais de 2011 na provincia de Segovia co apoio de Izquierda Castellana, Yesca, Confederación Xeral do Traballo (CGT), Comunistas de Castilla, Coordinadora Antifascista de Segovia e a Plataforma por unha escola pública, laica e gratuíta de Segovia, así como ex-membros de Esquerda Unida. Presentou candidaturas ás Cortes de Castela e León por Segovia e aos concellos segovianos de Segovia, Palazuelos de Eresma e Matabuena, obtendo, neste último municipio, un concelleiro ao ser votada a candidatura cun 13,29% dos votos totais.

Esta coalición participará xunto con outros partidos nas eleccións autonómicas e municipais de maio de 2015 dentro dunha nova candidatura chamada Ganemos Segovia.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.