Comunistas da Galiza

Comunistas da Galiza é a marca en Galicia do Partido Comunista de los Pueblos de España logo da ruptura do Partido Comunista do Pobo Galego co PCPE en 2008. Con esta marca presentáronse por primeira vez ás eleccións ao Parlamento de Galicia 2012, se ben xa concorreran anteriormente como PCPE en diversas ocasións.

Comunistas da Galiza
Partido político de Galiza
Dirixentes e organización
LíderMarina Quintillán
Historia
Fundación2008
Posicións políticas
IdeoloxíaComunismo
marxismo-leninismo
soberanismo
internacionalismo
Representación
Representaciónsen representación parlamentaria

Traxectoria

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2012 Comunistas da Galiza presentou candidatura en dúas circunscricións, na provincia da Coruña e na de Pontevedra. A candidatura pontevedresa encabezábaa a mestra e música Marina Quintillán, e a coruñesa Francisco Aneiros Dopico. Nas eleccións municipais de 2015 presentou candidaturas nas cidades de Vigo e Ferrol.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012

As eleccións autonómicas de Galicia de 2012 foron as novenas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celébranse a falta de medio ano para o remate da lexislatura.

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.

Eleccións municipais en Ferrol

Corporacións democráticas en Ferrol desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Xaime Quintanilla Ulla — PSdeG-PSOEGoberno en coalición de PSdeG-PSOE, PCG, e UG

1983 Alcalde: Xaime Quintanilla Ulla — PSdeG-PSOEGoberno en coalición de PSdeG-PSOE e PCG.

1987 Alcalde: Alfonso Couce Doce — AP

1991 Alcalde: Mario Villaamil — PPdeGLogo de 89 días na alcaldía, Mario Villaamil pasa á oposición despois dunha moción de censura presentada polos grupos municipais do PSdeG-PSOE e EU-IU, resultando elixido alcalde Manuel Couce Pereiro do PSdeG-PSOE.

1995 Alcalde: Juan Blanco Rouco — PPdeGGoberno en coalición de PPdeG e IF.

1999 Alcalde: Xaime Bello Costa — BNG.Goberno en coalición de BNG e PSdeG-PSOE.

2003 Alcalde: Juan Juncal Rodríguez — PPdeGGoberno en coalición de PPdeG e IF.

2007 Alcalde: Vicente Irisarri Castro — PSdeG-PSOEGoberno en coalición de PSdeG-PSOE e IU-EU (Dende o 28 de outubro de 2008, goberno en minoría do PSdeG-PSOE).

2011 Alcalde: José Manuel Rey Varela — PPdeG

2015 Alcalde: Jorge Suárez Fernández — FeCCandidatos: José Manuel Rey Varela (PP), Jorge Juan Suárez Fernández (FeC), Beatriz Sestayo Doce (PSdeG-PSOE), Antonio Iván Rivas Rico (BNG), Ana María Rodríguez Masafret (C's) José María Hernández Roca (Marea Ártabra), Manuel Francisco Fernández-Castro Cancela (VOX), María Consuelo Amado Jove (UPyD), Sergio Pena Dopico (Comunistas da Galiza-PCPE) e Luz María Gen González (CG).

2019 Alcalde: Ángel Mato — PSdeG

Eleccións xerais de España de 2015

O domingo 20 de decembro de 2015 celebráronse eleccións a Cortes Xerais en España. Foron as duodécimas desde a transición á democracia e as primeiras con Filipe VI como Rei de España.

Os 36.510.952 cidadáns con dereito a voto, 34.635.680 residentes no país e 1.875.272 no estranxeiro, decidiron a renovación de 558 dos 616 escanos que conforman as Cortes Xerais: os 350 do Congreso dos Deputados e os 208 de elección directa do Senado. Tras estas eleccións comenzará a XI lexislatura das Cortes Xerais.

Foron convocadas polo Rei, a proposta do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e previa deliberación do Consello de Ministros, mediante a expedición do real decreto de disolución das Cortes Xerais e convocatoria de eleccións, que entrou en vigor un día despois mediante a súa publicación no Boletín Oficial del Estado, en cumprimento do artigo 115 da Constitución e do 42, apartado primeiro, da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral.Ese mesmo día celebráronse eleccións locais parciais en 30 municipios e en 113 entidades de ámbito territorial inferior al municipio que tralas eleccións do 24 de maio tiveron que ser repetidas pola falta de candidatos.O vencedor das eleccións foi o Partido Popular, presidido e liderado polo presidente Mariano Rajoy, que obtivo no Congreso dos Deputados unha maioría simple de 123 escanos (63 menos que en 2011) e un 28,72 % dos sufraxios, seguido do Partido Socialista Obrero Español de Pedro Sánchez, que obtivo o 22,01 % dos votos, o que se traduciu en 90 deputados (20 menos que nos anteriores comicios, o seu peor resultado na actual democracia). O partido liderado por Pablo Iglesias, Podemos, presentouse por primeira vez a unhas xerais e obtivo 42 deputados (un 12,76% dos votos), que sumado ás coalicións electorais autonómicas En Comú Podem (12 parlamentarios, 3,72 % dos votos), Compromís-Podemos-És el moment (9, 2,69 %) e En Marea (6, 1,64 %), todas elas vinculadas a Podemos e outras formacións de esquerda, deron un total de 69 deputados e o 20,66 % dos votos. O outro partido emerxente, Cidadáns - Partido da Cidadanía, con Albert Rivera á fronte, obtivo 40 deputados (un 13,93 % dos votos). O resto do arco parlamentario quedou configurado por Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (9, 2,39 %), Democràcia i Llibertat (8, 2,25 %), o Partido Nacionalista Vasco (6, 1,20 %), Unidad Popular: Izquierda Unida, Unidad Popular en Común (2, 3,67 %), Euskal Herria Bildu (2, 0,87 %) e Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario (1, 0,33 %). Unión Progreso y Democracia, Unión Democrática de Cataluña, o Bloque Nacionalista Galego —que se presentaba na candidatura Nós— e a coalición Geroa Bai, que tiveron representación na x lexislatura, non obtiveron ningún escano.No Senado, o Partido Popular mantivo a maioría absoluta, con 124 escanos dos 208 de designación libre en xogo, aínda que perdeu 12. O Partido Socialista Obrero Español perdeu uno, obtendo 47, seguido de Podemos (9), Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí (6, seis máis que en 2011), Democràcia i Llibertat (6), o Partido Nacionalista Vasco (6), En Comú Podem (4), En Marea (2) e Compromís-Podemos-És el moment, Cambio-Aldaketa, Coalición Canaria-Partido Nacionalista Canario e a Agrupación Socialista Gomera (todos eles cun representante).

Francisco Sebio

Francisco Eugenio Sebio Peña é un mestre, sindicalista e político galego.

Laura Quintillán

Laura Quintillán Núñez, nada en Montevideo en 1956, é unha violinista e política galega de Comunistas da Galiza.

Partido Comunista de los Pueblos de España

O Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) é un partido político español marxista-leninista fundado en xaneiro de 1984 tras a unión de varios partidos e organizacións que anteriormente se escindiran do Partido Comunista de España por non estar de acordo coa liña eurocomunista de Santiago Carrillo.

Partido Comunista dos Traballadores de España

O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).

Ástor García

Ástor García Suárez, nado en Oviedo en 1978, é un profesor e político comunista español. É o actual secretario xeral do Partido Comunista dos Traballadores de España.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.