Compromiso por Galicia

Compromiso por Galicia é unha formación política galega de orientación nacionalista, constituída en maio de 2012[1] por Máis Galiza, o Espazo Ecosocialista e Acción Galega (Rafael Cuíña, Teresa Táboas, Xosé Manuel Pérez Bouza), así como por outras pequenas formacións como Terra Galega[2], PNG-PG, PG, PGD e CG.

Máis Galiza, algúns integrantes de Acción Galega, e o PNG-PG, proveñen do BNG. Unha das formacións fundadoras, o Espazo Ecosocialista, decidiu posteriormente a súa saída da organización.[3]

No momento da súa fundación definíase como galeguista, progresista e socialdemócrata[4]. En 2019 desbotou a socialdemocracia da súa ideoloxía e engadiu o europeísmo.

Compromiso por Galicia (CxG)
Partido político de Galicia
Comprimiso
Dirixentes e organización
LíderJuan Carlos Piñeiro
Xoán Bascuas
Rafael Cuíña
Teresa Táboas
Xosé Manuel Pérez Bouza
MocidadesMocidade Nacionalista Galega
Historia
Fundación2012
Posicións políticas
IdeoloxíaEuropeísmo
Progresismo
Nacionalismo galego
Galeguismo
Representación
Parlamento de Galicia
0 / 75
Congreso dos Deputados
0 / 350
Concelleiros
21 / 3.766
Alcaldes
2 / 313
Outros datos
Páxina webcompromiso.gal

Formacións creadoras

Outras formacións que tamén se poden considerar integradas no proxecto son o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG), Esquerda Nacionalista, Espazo Socialista Galego, Unidade da Esquerda Galega e o Partido Galeguista Demócrata (PGD).[8][9]

Historia

Formouse a raíz das desavinzas entre as formacións creadoras e a folla de ruta que Xosé Manuel Beiras quería marcar no novo proxecto común, que lideraba o Encontro Irmandiño[10]. O 21 de xuño de 2012, anunciouse a incorporación do colectivo Unidade da Esquerda Galega, grupo escindido do PSdeG[11]. Porén, apenas un mes máis tarde, o seu responsable, Óscar Lomba, abandonaría CxG para integrarse en Anova - Irmandade Nacionalista, a formación de Beiras[12].

Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012 participou en solitario, despois de fracasaren as negociacións para concorrer con Anova - Irmandade Nacionalista e Esquerda Unida en coalición.[13]

O 21 de xaneiro de 2017, tralo segundo Congreso Nacional do partido, Juan Carlos Piñeiro substituíu a Xoán Bascuas como Secretario Xeral.[14]

O 21 de setembro de 2019, durante o terceiro Congreso Nacional, o partido mudou a súa orientación política, deixando atrás a socialdemocracia, para pasar a definirse nos seus estatutos como "unha forza demócrata, progresista, ecoloxista, galeguista, europeísta e transversal"[15]

Compromiso por Galicia mantén unha estreita relación co Partido Nacionalista Vasco[16], co que concorreu ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 e de 2019. No Congreso Nacional de 2019 anunciouse que solicitarán a súa inclusión no Partido Demócrata Europeo, do que forman parte, amais do PNV, Coalición Canaria (socio tamén das candidaturas para os comicios europeos) e o portugués Partido Democrático Republicano.[17]

Notas

  1. Nace 'Compromiso por Galicia', una nueva fuerza nacionalista con "vocación de gobierno" y que pide listas abiertas, 'Europa Press, 23 de maio de 2012.
  2. Terra Galega confluye con el grupo escindido del BNG La Voz de Galicia, 7-8-2012
  3. Os ecogaleguistas abandonan Compromiso e acordan integrarse en Alternativa Galega, Praza Pública, 13-9-2012
  4. "CxG". www.compromiso.gal. Consultado o 2019-10-09.
  5. [1] El País, 5 de xullo de 2012.
  6. El otro nacionalismo, abocado a unirse, El País, 1 de xuño de 2012.
  7. Ecogaleguistas se convertirán el sábado en un partido con fecha de caducidad, La Opinión de A Coruña, 22 de maio de 2012.
  8. El Partido Galeguista entra en Compromiso por Galicia a través del partido de Rafa Cuiña, Faro de Vigo, 3 de agosto de 2012.
  9. El Partido Galeguista se une a Compromiso por Galicia, La Voz de Galicia, 18 de xullo de 2012.
  10. Beiras apuesta por "confluir" con CxG pero no lo considera imprescindible, Faro de Vigo, 21 de xuño de 2012.
  11. El colectivo que integran exmilitantes del PSdeG entra en Compromiso, Europa Press, 24 de xuño de 2012.
  12. O responsábel de Unidade da Esquerda Galega renuncia ao seu posto no Consello Nacional de Compromiso por Galicia Arquivado 26 de agosto de 2012 en Wayback Machine. Sermos Galiza, 20-7-2012
  13. Páxina web de Compromiso
  14. "Juan Carlos Piñeiro encabezará un Compromiso por Galicia "renovado"". Galicia Press. Consultado o 10-06-2017.
  15. "Compromiso por Galicia, tamén a favor dunha coalición entre as forzas galegas". Galicia Confidencial. Consultado o 2019-10-09.
  16. "CxG celebrou no Alderdi Eguna a vitoria do PNV nas eleccións vascas". www.compromiso.gal. Consultado o 2019-10-09.
  17. Galiza, Sermos. "Compromiso tamén pide unha candidatura unitaria". Sermos Galiza (en inglés). Consultado o 2019-10-09.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Abrente-Esquerda Democrática Galega

Abrente-Esquerda Democrática Galega, ou Abrente-EDG, é unha corrente de ideoloxía socialdemócrata nacida en 2012 e integrada no seo do Bloque Nacionalista Galego.

Acción Galega

Acción Galega foi unha organización que actuou coma un partido político conformado por exmilitantes do BNG, do PPdG e outros independentes, ademais de cinco partidos galeguistas de centro (Partido Galeguista, o Partido Galeguista Demócrata, Coalición Galega, Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista e Terra Galega.Acción galega, e polo tanto as formacións que o integran, forma parte de Compromiso por Galicia.

Ten como principais referentes públicos ao ex-militante do PPdG Rafael Cuíña, á ex-conselleira do BNG Teresa Táboas e ao ex-senador do Bloque Nacionalista Galego Xosé Manuel Pérez Bouza e ó secretario xeral do PNG-PG Xosé Mosquera.

Alternativa Galega de Esquerda

Alternativa Galega de Esquerda é unha coalición política galega creada para as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012 polo partido nacionalista galego Anova - Irmandade Nacionalista, Esquerda Unida (federación galega de EU), EQUO Galicia (federación galega de EQUO) e Espazo Ecosocialista Galego. Actualmente só segue activa a nivel do Parlamento Europeo, onde está representada pola eurodeputada Lidia Senra, de Anova

Anova-Irmandade Nacionalista

Anova-Irmandade Nacionalista é unha formación política galega, nacionalista e independentista de esquerda, integrada polo Encontro Irmandiño e coa participación da Fronte Popular Galega. O seu portavoz nacional é Antón Sánchez dende o 2017. Ata entón e dende a súa fundación, o portavoz nacional foi o fundador do partido, Xosé Manuel Beiras Torrado. Xorde a partir de Encontro Irmandiño, escisión do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no 2012.

Espazo Ecosocialista Galego

Espazo Ecosocialista Galego foi un partido político galego que cualificaba como neogaleguista, ecosocialista, plural e aberto.

Naceu como colectivo cidadán no contexto do Movemento 15-M, que entenderon como evidencia da desafección de parte da sociedade cara á esquerda e ao nacionalismo en particular. Deciden así comezar un traballo que acade poñer en valor os puntos comúns das diferentes forzas sociais e políticas aliñadas baixo un ideario esquerdista e anovador, redefina o concepto clásico de partido e coordine as accións socias existentes en Galicia. O proceso culmina coa constitución dunha nova forza política galeguista e de corte ecosocialista. De cara ás eleccións autonómicas do 2012 decidiron inserirse na coalición electora Alternativa Galega de Esquerda.

Espazo Socialista Galego

O Espazo Socialista Galego é unha forza política que naceu como escisión de Esquerda Nacionalista dentro do Bloque Nacionalista Galego o 8 de novembro de 2008.

Esquerda Nacionalista

Esquerda Nacionalista é un partido político galego formado en 1992. Conta con 9 membros no seu Consello Nacional e tiña arredor de 600 militantes no ano 2002[Cómpre referencia]. Estivo integrado no BNG desde a súa fundación até febreiro de 2012, o 14 de abril dese ano a organización acordou deixar de actuar como tal, quedando os seus militantes como membros de Máis Galiza, formación no que xa estaba integrada, con todo formalmente non se disolveu quedando en estado latente .

Federalismo europeo

O federalismo europeo é un movemento político e social que persegue a creación da Federación Europea, é dicir, que os estados de Europa se unan nunha federación.

Intersindical Nacional Galega

A Intersindical Nacional Galega (ING) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en marzo de 1977 da unión do Sindicato Obreiro Galego, UTEG, UTSG, UTBG e o SGTM. Francisco García Montes foi o seu secretario xeral. Celebrou o seu primeiro Congreso en outubro de 1977.

Nas primeiras eleccións sindicais de 1978 a ING converteuse no terceiro sindicato de Galicia con 722 delegados (13'5%). En setembro de 1980 fusionouse coa Central de Traballadores Galegos, co que a finais de ano conseguiron o status de sindicato máis representativo ao superar o 15% e obteren 1.679 delegados (17'5%). Denominouse Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) a partir de 1981.

María Xosé Alfonso

María Xosé Alfonso Torres, nada en Esteiro (Muros) en 1967, é unha política galega de Compromiso por Galicia.

Miguel Barros

Miguel Barros Puente, nado en Cerdedo-Cotobade o 21 de novembro de 1944, é un político e escritor galego.

Mocidade Nacionalista Galega

A Mocidade Nacionalista Galega (MNG), constituída o 13 de novembro de 2010 na cidade de Santiago de Compostela como o referente xuvenil de Máis Galiza, é unha organización xuvenil que estivo integrada no seo de Galiza Nova (Bloque Nacionalista Galego) ata o 10 de marzo de 2012. Na actualidade é o referente xuvenil de Compromiso por Galicia.

Como organización política da mocidade galega, a MNG defende o dereito de Galiza a definirse e decidir o seu futuro libre e soberanamente co fin de acadar a súa autodeterminación.[Cómpre referencia]A Mocidade Nacionalista Galega é herdeira política directa da Mocidade Socialista Galega e da súa política de ampliación de horizontes políticos encarnada na plataforma 'Entre tod@s, Galiza Nova' destinada á XI Asemblea Nacional das mocidades do BNG e no proceso 'Máis Mocidade' que derivou na fundación da propia MNG. A Mocidade Socialista Galega autodisolveuse o propio día 13 de novembro na MNG[Cómpre referencia].

Mocidades Galeguistas

Mocidades Galeguistas foi unha organización xuvenil galega fundada en 1987 coma Mocidades Nacionalistas Galegas. A súa ideoloxía era o Social liberalismo e o nacionalismo galego moderado, defendendo o encaixe de Galiza nunha España federal

Máis Galiza

Máis Galiza, antes chamada Máis BNG ou +BNG, é unha forza política que naceu como unha corrente interna do Bloque Nacionalista Galego en 2009 e que nunha asemblea celebrada o 11 de marzo de 2012 decidiu saír do BNG e constituírse en partido político . Actualmente está integrada en Compromiso por Galicia.

Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista

O Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG) é un partido nacionalista centrista-liberal que estivo integrado no BNG ata o 17 de marzo de 2012 para pasar a ser parte de Compromiso por Galicia

Rafael Cuíña

Rafael Luís Cuíña Aparicio, nado en Lalín o 13 de xaneiro de 1972, é un empresario, político e columnista galego, fillo do político Xosé Cuíña.

Terra Galega

Terra Galega (Tega) é un partido político de centro progresista e galeguista que se formou o 4 de novembro de 2005, aínda que está rexistrada dende maio dese ano.

Unidade Galega (coalición)

Para o partido político formado en 1991, vexa Unidade Galega (partido)

Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.

A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de Cataluña e o País Vasco e a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados para negociar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35 %) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35 %) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingos Merino.

As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980.

Xoán Bascuas

Xoán Carlos Bascuas Jardón, nado en Rüsselsheim (Hessen, Alemaña) en 1971, é un profesor universitario e político galego.

Partidos políticos
Sindicatos
Organizacións armadas
Asociacións xuvenís e de estudantes
Movementos sociais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.