Compostela Aberta

Compostela Aberta (CA) é un movemento cidadán e político creado na cidade de Santiago de Compostela que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015. No movemento participan diversos partidos políticos, como Anova, Esquerda Unida, Podemos ou Equo[2].

Compostela Aberta
Candidatura municipal
Logo Compostela Aberta
Dirixentes e organización
LíderMartiño Noriega
Historia
Fundación2015
Posicións políticas
IdeoloxíaDemocracia Participativa
Galeguismo
Esquerdismo
Representación
Concelleiros en Compostela
5 / 25
[1]
Outros datos
Páxina webcompostelaaberta.org
Compostela Aberta-asemblea 20150528-3
Martiño Noriega na asemblea postelectoral de Compostela Aberta o día 28 de maio de 2015, na oficina electoral do Cantón do Toural.

Historia

O médico e alcalde de Teo, Martiño Noriega, foi o candidato de CA nas eleccións municipais do 25 de maio de 2015[3], nas que obtivo a maioría simple co 34,58% dos votos emitidos (16 327 votos), que lle valeron a asignación de 10 concelleiros[4].

Os membros da candidatura que obtiveron acta de concelleiro, ademais de Noriega, foron María Rozas (consultora en xestión económica e membro de EU-IU), Jorge Duarte (arquitecto, ex-presidente do COAG), Branca Novoneyra (escritora e coreógrafa), Xan Duro (ecoloxista de Verdegaia, membro do Espazo Ecosocialista Galego), Concha Fernández (ex-dirixente local do BNG, profesora de Intervención Sociocomunitaria no CIFP Compostela e ex-sindicalista), Manuel Dios Diz (presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz e membro tamén do Espazo Ecosocialista), Marta Lois (profesora de Políticas e integrante do ANPA do Colexio de Fontiñas), Rafa Peña (responsable da CIG no Aeroporto da Lavacolla) e Noa Morales (experta en relacións internacionais e membro de EU-IU)[5].

Por fin, o 13 de xuño Martiño Noriega foi investido alcalde de Santiago. O correspondente repartimento das concellarías foi como segue[6]:

  • Martiño Noriega Sánchez. Alcalde. Portavoz da Xunta de Goberno Local. Competencias directas en Réxime Interno (Persoal, Contratación, Arquivo, Innovación e Informática), Lingua e Participación e Relacións Veciñais.
  • María Rozas Pérez. Concelleira responsable da Área de Economía e Facenda, con competencias en Planificación Económica e Financeira, Xestión Tributaria, Xestión presupostaria e Política Fiscal. Primeira tenente de alcalde.
  • Jorge Duarte Vázquez. Concelleiro responsable da Área de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, con competencias en Cidade Histórica, Rehabilitación, Planeamento, Urbanismo, Dereito á Vivenda e Mobilidade. Segundo tenente de alcalde.
  • Branca Novoneyra. Concelleira responsable da Área de Acción Cultural, con competencias en Auditorio de Galicia, Teatro Principal, Rede de Centros Socioculturais e Festas. Terceira tenente de alcalde.
  • Xan Duro Fernández. Concelleiro responsable da Área de Medio Ambiente e Convivencia, con competencias en Sustentabilidade (RSU, Auga, Enerxía e Consumo), Parques e Xardíns e Convivencia (Policía Local, Bombeiros e Protección Civil). Secretario da Xunta de Goberno.
  • Concepción Fernández Fernández. Concelleira responsable da Área de Políticas Sociais e Diversidade, con competencias en Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Economía Social, UMAD, UAMI e Cooperación.
  • Manuel Dios Diz. Concelleiro responsable da Área de Educación e Cidadanía, con competencias en Educación, Cidadanía e Dereitos Humanos. Deputado provincial.
  • Marta Lois González. Concelleira responsable da Área de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, con competencias en Igualdade, Promoción Económica, Emprego, Mercados, Comercio e Turismo.
  • Rafael Peña Vidal. Concelleiro responsable da Área de Medio Rural e Equilibrio Territorial, con competencias en Medio Rural e Brigada de Obras.
  • Noa Morales Sánchez. Concelleira responsable da Área de Mocidade, Deporte e Benestar Animal, con competencias en Xuventude, Deportes e Refuxio de Animais.

Nas eleccións municipais de 2019, tamén con Martiño Noriega como candidato á alcaldía, obtiveron 5 escanos.[1]

Galería de imaxes

Compostela Aberta-Praza Publica2

Presentanción ante os medios en marzo de 2015.

Compostela Aberta-noite electoral 20150524-1-detalle

Concentración a noite do 24 de maio de 2015 na oficina electora.

Notas

  1. 1,0 1,1 Resultados eleccións municipais 2019
  2. http://ccaa.elpais.com/ccaa/2015/03/11/galicia/1426103240_401630.html
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 12 de maio de 2015.
  4. "Ministerio de Interior, resultados das eleccións municipais 2015.". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2015. Consultado o 29 de maio de 2015.
  5. La Voz de Galicia, de 24-3-2015, artigo titulado "Nueve de los diez primeros candidatos de Compostela Aberta son afines a Noriega" (en castelán).
  6. Web do Concello de Santiago Arquivado 19 de abril de 2015 en Wayback Machine.. Consultado o 16/06/2015.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Agustín Hernández

Agustín Hernández Fernández de Rojas, nado en Madrid o 31 de marzo de 1961, é un enxeñeiro de camiños, canles e portos pola Universidade Politécnica de Madrid e ademais un político galego do PPdeG.

Ames Novo

Ames Novo é un movemento cidadán e político creado no concello de Ames que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015.

A candidata á alcaldía foi Pilar Candocia, anteriormente concelleira de Educación vencellada ao BNG. No movemento participan diversos partidos políticos, coma Anova, Compromiso por Galicia, Esquerda Unida, Equo e Espazo Ecosocialista Galego. A diferenza de noutras candidaturas cidadás Podemos non participa nesta lista, senón que promoveu outra candidatura: Contigo Pódese. Nas eleccións, Ames Novo foi a terceira forza máis votada con 2474 votos (17,94%) e 4 concelleiros.

Anova-Irmandade Nacionalista

Anova-Irmandade Nacionalista é unha formación política galega, nacionalista e independentista de esquerda, integrada polo Encontro Irmandiño e coa participación da Fronte Popular Galega. O seu portavoz nacional é Antón Sánchez dende o 2017. Ata entón e dende a súa fundación, o portavoz nacional foi o fundador do partido, Xosé Manuel Beiras Torrado. Xorde a partir de Encontro Irmandiño, escisión do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no 2012.

Comba Campoy

Comba Campoy García, nada en Santiago de Compostela en 1979, é unha actriz e xornalista galega.

Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña é o órgano institucional propio da provincia da Coruña e engloba os 93 concellos desta, encargándose de ofrecer diversos servizos aos cidadáns ademais de fomentar a colaboración entre os municipios.

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.

Eleccións municipais de 2019 en Galicia

As eleccións municipais de 2019 celebráronse o 26 de maio de 2019 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 313 corporacións municipais, unha menos ca nos comicios precedentes, logo da fusión de Cerdedo-Cotobade, así como as catro deputacións provinciais. Ademais, en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Eleccións municipais de España de 2015

De acordo co establecido na Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, o 24 de maio de 2015 (cuarto domingo de maio), realizáronse en España eleccións municipais.

Eleccións municipais en Santiago de Compostela

Corporacións democráticas en Santiago de Compostela desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Antonio Souto Paz — UCD. Renuncia, sendo substituído por Marcial Castro Guerra o 7 de setembro de 1981.Modelo:Santiago de Compostela 1979

1983 Alcalde: Xerardo Estévez — PSdeG-PSOE. Tras unha moción de censura o 5 de maio de 1986 toma posesión como alcalde Ernesto Viéitez Cortizo de Alianza Popular (AP).Modelo:Santiago de Compostela 1983

1987 Alcalde: Xerardo Estévez — PSdeG-PSOE

1991 Alcalde: Xerardo Estévez — PSdeG-PSOE

1995 Alcalde: Xerardo Estévez — PSdeG-PSOE. Renuncia, sendo substituído por Xosé Antonio Sánchez Bugallo o 19 de decembro de 1998.

1999 Alcalde: Xosé Antonio Sánchez Bugallo — PSdeG-PSOE

2003 Alcalde: Xosé Antonio Sánchez Bugallo — PSdeG-PSOE

2007 Alcalde: Xosé Antonio Sánchez Bugallo — PSdeG-PSOE

2011 Alcalde: Xerardo Conde Roa — PPdeG. Dimite en abril de 2012 trala súa imputación por fraude fiscal, sendo substituído polo seu compañeiro de partido Ángel Currás Fernández. O 9 de xuño de 2014, dimite Currás trala inhabilitación de sete dos seus concelleiros condeados por prevaricación, xunto coa súa imputación e a doutros dous concelleiros na Operación Pokemon. O seu substituto foi o ex-conselleiro Agustín Hernández, que fora na lista do PP ao concello no último posto.

2015 Alcalde: Martiño Noriega — Compostela AbertaCandidatos: Martiño Noriega Sánchez (Compostela Aberta), Agustín Hernández Fernández de Rojas (PP), Francisco Reyes Santiás (PSdeG-PSOE), Rubén Cela Díaz (BNG), Javier Sánchez-Agustino Mariño (C's), Xosé Antón López Fernández (CxG-CCTT), Cristina Bandín Potel (SAIn) e Antonio Asorey Cacheda (Converxencia 21).

2019 Alcalde: Xosé Antonio Sánchez Bugallo — PSdeG-PSOE

En Marea

En Marea é un partido galego que xurdiu como unha candidatura para se presentar ás eleccións xerais de 2015 e ás eleccións autonómicas en 2016. A candidatura está inspirada nas candidaturas unitarias nas eleccións municipais de 2015 en Galicia. O nome da coalición nas papeletas era "En Marea (Podemos-En Marea-Anova-EU)".

Trátase dunha coalición conformada por diversos partidos e plataformas:

Marea Atlántica

Compostela Aberta

Marea Pontevedra

Ferrol en Común

Encontro por unha Marea Galega

Ourense en ComúnHistoricamente tamén formaron parte de En Marea os partidos políticos Podemos, Esquerda Unida e Anova-Irmandade Nacionalista, ata que se retiraron en xaneiro de 2019.

Esquerda Unida

Esquerda Unida é unha forza política que constitúe a federación galega de Izquierda Unida.

Ferrol en Común

Ferrol en Común é un movemento cidadán e político creado na cidade de Ferrol que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015. O candidato foi o membro de Esquerda Unida Jorge Suárez. No movemento participaron diversos partidos políticos, como Esquerda Unida, Anova e membros de Podemos a título individual.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Lugonovo

Lugonovo é un movemento cidadán e político creado na cidade de Lugo que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015 obtendo tres concelleiros. Xurdiu da confluencia de Gañemos Lugo e Lugo en Común como ferramenta política de loita contra o que identificaba como un proceso de "descomposición institucional".

O candidato nas eleccións de 2015 foi o mestre de Abadín Santiago Fernández Rocha. Logo das Eleccións municipais de 2015 en Galicia Lugonovo conseguiu tres representantes na corporación. Para a investidura do candidato do Partido dos Socialistas de Galicia puxo como condición a renuncia de Xosé López Orozco, alcalde até aquel momento, pola súa vinculación con varios casos de corrupción, negándose a apoiar a persoas imputadas como representantes públicas. Finalmente, Lara Méndez foi elixida alcaldesa de Lugo.

Na creación do movemento participaron diversos partidos políticos, como Anova, Podemos e Espazo Ecosocialista Galego, mais a diferenza doutros municipios non Esquerda Unida que decidiu apoiar á candidatura Alternativa Cidadá de Esquerdas.

Marea Pontevedra

Marea Pontevedra é un movemento cidadán e político creado na cidade de Pontevedra que se presenta ás eleccións municipais de maio de 2015.

O candidato é o escritor e xornalista, Luís Rei Núñez. No movemento participan diversos partidos políticos, como Anova, Esquerda Unida, Podemos, Espazo Ecosocialista Galego e Equo.

Nas eleccións municipais de 2015 obtivo dous escanos.Nas eleccións municipais de 2019 non obtivo escanos.

Mareas cidadás

As mareas cidadás son un tipo de formación política creado para as Eleccións municipais de 2015 en Galicia. Aínda que poden tomar a forma xurídica de partido político, coalición ou agrupación de electores caracterízanse pola diversidade de membros e de asociacións que as compoñen. Os candidatos se elixen por votación directa e se someten a votación todas as decisións importantes tomadas no concello ou na formación durante toda a lexislatura.

Por funcionalidade, pode ser que decisións pequenas as tomen directamente un grupo máis reducido de traballo.

Martiño Noriega

Martiño Noriega Sánchez, nado na Coruña o 22 de febreiro de 1975, é un médico e político galego.

Ourense en Común

Ourense en Común é un movemento cidadán e político creado na cidade de Ourense que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015, obtendo 3 concelleiros na cámara municipal. O seu candidato á alcaldía foi Miguel Doval Garza.

David Bruzos, membro de OuEC, foi escollido deputado nas eleccións xerais de 2015 nas listas de En Marea.

Nas eleccións municipais de 2019 non obtiveron escanos.

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2017 tiña 96.456 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».

Por outra banda, tamén é a Sé Arcebispal galega, amais do destino das diferentes rutas que conforman o Camiño de Santiago, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, distinción que tamén posúe o seu casco vello dende o ano 1985.

A cidade aséntase entre o monte Pedroso e o monte Viso, circundada polos ríos Sar e Sarela. Limita ao norte cos concellos de Val do Dubra, Trazo e Oroso; ao sur con Teo, Vedra e Boqueixón; ao leste co Pino; e ao oeste con Ames. Ademais da cidade de Santiago, o termo municipal comprende vinte e nove parroquias rurais. Por poboación é o quinto concello galego despois de Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo. Posúe unha densidade de poboación de 432,74 hab./km² (2011), e unha superficie de 220,6 km².

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.