Complexo Deportivo das Travesas

O Complexo Deportivo das Travesas é un recinto polideportivo situado na parroquia viguesa de Freixeiro, construído en 1968 e con capacidade para 3.500 persoas.

Serve de feudo ao Real Club Celta Indepo de baloncesto e máis ao Octavio Pilotes Posada de balonmán.

Coordenadas: 42°13′09″N 8°43′55″O / 42.21917, -8.73194

As Travesas
Pavillón As Travesas
Vista xeral
Datos
LocalizaciónVigo, Galiza
Estadio
Capacidade3.500 espectadores
LocalíaReal Club Celta Indepo (baloncesto)
Octavio Pilotes Posada (balonmán)

Instalacións

O complexo deportivo alberga as oficinas do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo e diversos pavillóns e pistas. Dispón dun campo de fútbol de céspede artificial, tres pavillóns polideportivos de 500, 300 e 100 prazas, cinco pistas exteriores de frontón e unha pista exterior de asfalto para a práctica de atletismo e ciclismo.

O pavillón central ten capacidade para 3.500 persoas. Conta cunha tarima de madeira flotante de 46,22 x 25,31 m de superficie.

A superficie total do complexo deportivo é de 13.400 m². Foi remodelado por última vez en 1999.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Ciudad de Vigo Básquet

O Ciudad de Vigo Básquet, coñecido na súa última tempada de existencia como KICS Ciudad de Vigo, foi un club de baloncesto profesional da cidade de Vigo (Galicia). O club foi fundado en 2006 e en 2010 desapareceu por motivos económicos. Ao longo da súa curta historia chegou a competir na Liga LEB Ouro, a segunda competición en importancia do baloncesto español, na súa derradeira tempada.

Os seus xogadores vestían un uniforme que consiste nunha camiseta cor vermella cun pantalón da mesma cor. A súa pista de xogo era o Pavillón das Travesas, que conta con capacidade para 3 260 espectadores.

Coia, Vigo

San Martiño de Coia-As Travesas é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Alcabre, Bouzas, Castrelos, Comesaña, Freixeiro, Matamá e Vigo Centro e pertence ó arciprestado de Vigo-Polígono.

Ten dúas entidades de poboación (Coia e As Travesas), 4 lugares e máis de 30.000 veciños (2013).[Cómpre referencia] Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): O Adro, Carballa, O Castro Castriño, O Chouzo A Espedrigada, Esturáns, Figueirido, Lavadouro e Quintela.

División de Honra Prata de balonmán 2013-14

A División de Honra Prata de balonmán na tempada 2013/14 recuperou o sistema habitual de competición, estando formada por 16 equipos que se enfrontan todos contra todos en encontros de ida e de volta. O primeiro clasificado consegue o ascenso directo á Liga ASOBAL e os seguinte catro equipos disputan unha liga de ascenso para ocupar outra praza de ascenso. Os tres últimos clasificados descenden á Primeira División Nacional

Liga ASOBAL 2011/12

A Liga ASOBAL 2011/12 foi a 61ª edición da liga española de balonmán, a 22ª coa denominación Asobal. Este ano o torneo tivo o mesmo sistema de competición das últimas tempadas, con 16 equipos e 30 xornadas. Unha das novidades máis salientables desta tempada foi o retorno á elite do conxunto galego do Academia Octavio, despois dunha tempada na División de Honra Prata. Outra novidade foi a primeira participación do Obearagón BM Huesca na máxima categoría do balonmán español na súa historia. Por outra banda, o BM Ciudad Real deixou a súa cidade de orixe, mudándose dende Cidade Real a Madrid, rebautizándose como BM Atlético de Madrid.

Liga ASOBAL 2012/13

A Liga ASOBAL 2012/13 é a 62ª edición da liga española de balonmán, a 23ª coa denominación Asobal. Este ano o torneo tivo o mesmo sistema de competición das últimas tempadas, con 16 equipos e 30 xornadas. Unha das novidades máis salientables desta tempada é o retorno á elite do conxunto galego do BM Cangas do Morrazo, despois de dúas tempadas na División de Honra Prata, tras impoñerse na fase de ascenso; outra novidade é a primeira participación do ARS Palma del Río na máxima categoría do balonmán español na súa historia tras ascender de xeito directo. Tanto o equipo de Cangas como o de Palma del Río pretenden competir na categoría sen estar adscritos á ASOBAL.

Os numerosos problemas económicos da meirande parte dos equipos supoñen unha notable perda de nivel da liga, chegando ao punto de que varios equipos tiveron que renunciar á súa praza na competición antes de comezar a tempada. Ese foi o caso do BM Torrevieja, que o 2 de xullo de 2012 confirmaba a súa renuncia á praza que lle correspondía na competición, o primeiro equipo ao que correspondería o dereito de aceptar a praza era o BM Antequera, mais debido á súa desaparición, este dereito pasou ao BM Puerto Sagunto, que aceptou a praza e regresou á Liga ASOBAL tras descender na tempada anterior. A mediados do mes de xullo, o histórico San Antonio anunciou a súa decisión de renunciar a competir na categoría dada a imposibilidade de afrontar os seus gastos con garantías, polo que a súa praza pasou a ser ocupada polo BM Villa de Aranda, que debutou na máxima categoría.

Ao final da tempada o FC Barcelona proclamouse campión de liga cun balance case perfecto no que tan só rexistrou unha derrota no feudo do Club Balonmano Ciudad de Logroño. Deste xeito, o equipo catalán conseguiu o seu 12º título dende o nacemento da Liga ASOBAL na tempada 1990-91.

Lista dos pavillóns de Galicia de maior capacidade

A lista dos pavillóns de Galicia de maior capacidade inclúe a aqueles recintos cubertos, multiusos ou polideportivos, que poden acoller a unha maior cantidade de espectadores nas súas bancadas, dentro do territorio galego.

Real Club Celta Baloncesto

O Real Club Celta Baloncesto, coñecido por motivos de patrocinio como Real Club Celta Zorka (anteriormente R.C. Celta Banco Simeón, R.C. Celta Vigourban, Real Club Celta Indepo, RC Celta Selmark) é un club de baloncesto feminino con sede na cidade de Vigo.

Real Club Celta de Vigo

O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928.

O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º. Disputou 46 tempadas en primeira, sendo o equipo galego con máis tempadas na máxima categoría. Ocupa o décimo segundo posto na clasificación histórica de primeira. Mantén historicamente unha gran rivalidade co Deportivo da Coruña. Os encontros disputados entre os dous equipos adóitanse chamar o Derbi Galego. Ten tamén unha histórica rivalidade co Pontevedra CF.

Entre os seus logros cabe destacar 3 subcampionatos da copa do rei, unha Copa Intertoto, 7 clasificacións para a Copa da UEFA, unha para a Liga de Campións na tempada 2003-04, na que caeu eliminado en oitavos de final polo Arsenal FC e a clasificación histórica do 20 de abril para as semifinais da Liga Europa, tras gañar ao Genk belga 3-2 na casa e quedar 1-1 no Luminus Arena. É o décimo equipo en número de afeccionados do Estado español (2,2%), segundo unha enquisa do CIS de maio de 2007.

Sociedad Deportiva Octavio

O Octavio Pilotes Posada é un equipo de balonmán de Vigo que milita no grupo A da Primeira Estatal, o terceiro chanzo do sistema de ligas do balonmán español, o cal acolle unicamente clubs galegos: catorce pontevedreses e dous coruñeses. Xoga como local no Complexo Deportivo das Travesas de Freixeiro, con capacidade para 4.500 persoas.

Xesús Ferreiro

Xesús Xan Ferreiro García ou simplemente Xesús Ferreiro, alcumado "Cachorro", nado na Coruña o 24 de febreiro de 1985 é un boxeador profesional galego. Na súa carreira profesional ten disputado un total de 20 combates, gañando 15 (5 por KO), perdendo 4 (2 por KO) e empatando un. Cachorro é, xunto con Moncho Casal o único boxeador coruñés que conseguiu un campionato estatal en dúas categorías distintas, semipesado e supermedio.

De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.