Complexo Deportivo das Eiroas

O Complexo Deportivo das Eiroas é unha instalación deportiva situado na parroquia de Bértoa, no Polígono industrial; o seu propietario é o concello de Carballo.

Conta con dous recintos adicados á práctica do fútbol, o Campo Municipal das Eiroas (inaugurado no 2001) e un campo anexo (inaugurado no 2009, cunhas dimensións de 99 x 51 e con capacidade para 2.500 espectadores). No estadio principal xoga os seus partidos como local o principal equipo de fútbol da localidade, o Bergantiños FC.

No 2008 renovouse o céspede artificial. Nestas instalacións agroman os talentos das Escolas Luis Calvo Sanz, encargadas da base do fútbol carballés.

Coordenadas: 43°14′07.1″N 8°41′11.2″O / 43.235306, -8.686444

Complexo Deportivo das Eiroas
Datos
LocalizaciónRúa Bronce, no Polígono de Bértoa
Carballo, Galicia
Construción
Inauguración2001
Estadio
SuperficieHerba artificial
Dimensións105 x 65
Capacidade3.500
PropietarioConcello de Carballo
LocalíaBergantiños FC

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bergantiños Fútbol Club

O Bergantiños Fútbol Club é un equipo de fútbol de Carballo (A Coruña). Foi fundado en 1923 e compite na Terceira División. Disputa os seus partidos como local no Estadio As Eiroas da capital bergantiñá.

Polígono industrial de Bértoa

O polígono industrial e comercial de Bértoa é un polígono industrial situado na parroquia de Bértoa, ao norte da vila de Carballo.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.