Complexo Deportivo da Zona Escolar

O Complexo Deportivo da Zona Escolar ou Complexo Deportivo Vila de Noia, é un recinto polideportivo da localidade de Carballo (Galiza). Trátase do lugar emblemático do deporte carballés, inaugurado en 1989 e feudo das distintas seccións da AD Xiria (baloncesto, balonmán e voleibol). O Pavillón está construído coa piscina ao seu carón nun recinto único. O complexo conta cunha piscina climatizada inaugurada en 1987 (remodelada no 2009 para acoller tamén unha zona spa), un pavillón de parqué flotante e un ximnasio.

Polideportivo da Zona Escolar
Datos
LocalizaciónCarballo, Galiza
Construción
Inauguración1989
Estadio
Dimensións42 x 25
Capacidade800 asentos
LocalíaBasket Xiria
Balonmán Xiria
Voleibol Xiria

Véxase tamén

Ligazóns externas

Carballo

Carballo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. É un concello grande (186,8 km²) que segundo o IGE en 2015 tiña 31.283 habitantes segundo o IGE (31.358 no 2012, 31.303 no 2011, 31.149 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballés/carballesa.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.