Complexo Deportivo Carballo Calero

O Complexo Deportivo Carballo Calero é un recinto polideportivo da localidade de Carballo (Galiza) nomeado en honor a Ricardo Carballo Calero Este recinto está confeccionado a imaxe e semellanza do seu curmán da Zona Escolar e situado ao carón do Colexio Bergantiños. O edificio conta cun pavillón polideportivo (chamado popularmente Pavillón Bergantiños) de linóleo (renovado no 2008) no que xoga os seus partidos como local o Escola Lubiáns (equipo local de hóckey a patíns), así como cunha piscina climatizada empregada polos distintos clubs da localidade e que conta cunhas bancadas con capacidade para 300 espectadores. No ano 2009 abriuse no complexo unha sala de fitness de 180 metros cadrados á disposición dos cidadáns.[1]

Coordenadas: 43°13′04″N 8°41′50″O / 43.2177273, -8.6971416

Pavillón Bergantiños
Datos
LocalizaciónCarballo, Galiza
Construción
Inauguración1995
Estadio
Dimensións42 x 22
Capacidade600 espectadores
LocalíaEscola Lubiáns

Notas

  1. "Instalacións" (PDF). Concello de Carballo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xullo de 2012. Consultado o 4 de outubro de 2016.

Véxase tamén

Ligazóns externas

AD Fogar da Xuventude

A Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude (AD.Fogar) é un club deportivo de natación e tríatlon con sedes en Carballo e Oleiros.

Foi creado no ano 1988 con José Carlos Mancebo Porteiro como presidente. En 1999 á entidade súmase tamén o Concello de Oleiros.

Na sección Carballo os deportistas adestran no complexo deportivo Carballo Calero, e na sección Oleiros os deportistas adestran nas instalacións do INEF en Bastiagueiro.

Carballo

Carballo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. É un concello grande (186,8 km²) que segundo o IGE en 2015 tiña 31.283 habitantes segundo o IGE (31.358 no 2012, 31.303 no 2011, 31.149 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballés/carballesa.

Escola Lubiáns

O Escola Lubiáns de Hockey e Patinaxe é un club galego de hóckey a patíns e patinaxe artística da cidade de Carballo. Foi fundado en 1983 e actualmente compite na Liga Sénior Masculina. Os equipos de todas as categorías e seccións do club disputan as súas competicións como locais no Pavillón Carballo Calero da capital bergantiñá.

O club debe o seu nome á Ponte Lubiáns, de orixe romana, que une os concellos de Carballo e Coristanco cruzando o río Anllóns.

Ricardo Carballo Calero

Ricardo Carballo Calero (desde 1981 asinou como Ricardo Carvalho Calero), nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990, foi un historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua.

Dentro da súa extensa obra, cultivou a poesía (Pretérito imperfeito 1927-1961, 1980), a novela (A xente da Barreira, 1951) e o teatro (Teatro completo, 1982). Destacou no campo da crítica literaria con Sete poetas galegos (1955), Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1959), Historia da literatura galega contemporánea (1962), Libros e autores galegos I e II (1979, 1982), Estudios rosalianos (1979) e Letras galegas (1984). É autor, tamén, dunha Gramática elemental del gallego común (1966), Problemas da língua galega (1981) e Da fala e da escrita (1983). Está considerado como o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, postura que defende que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa ou, no ámbito científico, do galego-portugués.

Empregou os pseudónimos de Eduardo Colmeiro, Fernando Cadaval, Ilex, José Loureiro, Leopoldo Calero, Martinho Dumbria.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.