Competencia administrativa

A competencia administrativa é un dos presupostos da acción da administración pública

No exercicio das potestades públicas, o suxeito activo ha ser sempre un órgano da Administración, pero ademais debe ser o órgano competente.

Clases

  • Por razón do territorio, en virtude da cal cada órgano administrativo ten competencia fronte aos seus iguais no territorio que se lle asigne.
Segundo o tipo de administración (administración estatal, autonómica ou local), cada órgano terá as súas competencias, propias e excluíntes, ou ben compartidas. O acto administrativo ditado por un órgano incompetente territorialmente é nulo de pleno dereito.
  • Por razón da materia, en virtude da cal a cada órgano da Administración atribúenselle competencias nunha ou máis materias. O acto administrativo ditado por un órgano incompetente por razón da materia é nulo de pleno dereito.
  • Por razón da xerarquía, en virtude do cal atribúese a competencia a uns órganos preferentemente respecto dos seus superiores ou inferiores. O acto administrativo ditado por un órgano incompetente por razón da xerarquía é anulable.

Véxase tamén

Outros artigos

Administración pública

Por Administración pública, xeralmente, enténdese á organización integrada por un persoal especializado, dotada de medios económicos e materiais públicos que pon en práctica as decisións tomadas polo goberno. Componse de todo o que a fai efectiva: funcionarios e edificios públicos, entre outros. Pola súa función, é o enlace entre a cidadanía e o poder político. Con todo, non só existe Administración Pública no Poder Executivo, senón en gran parte do Estado e ata en entes privados que desempeñan funcións administrativas por habilitación do Estado, coma os colexios profesionais.

Do latín "ad-ministrare", que significa servir, ou de "ad manus traher" que alude á idea de manexar ou xestionar.

No entanto, o concepto de Administración Pública pode ser entendido desde dous puntos de vista.

Desde un punto de vista formal, enténdese á entidade que administra, ou sexa, ao organismo público que recibiu normativamente a competencia e os medios necesarios para a satisfacción dos intereses xerais.

Desde un punto de vista material, enténdese máis ben a actividade administrativa, ou sexa, a actividade deste organismo considerado nos seus problemas de xestión e de existencia propia, tanto nas súas relacións con outros organismos semellantes como cos particulares para asegurar a execución da súa misión.Tamén se pode entender como a disciplina encargada do manexo científico dos recursos e da dirección do traballo humano enfocada á satisfacción do interese público, entendendo este último como as expectativas da colectividade.

Competencia

Competencia pode referirse a:

A competencia biolóxica , un tipo de relación interespecífica biolóxica.

A competencia lingüística, sistema de regras lingüísticas interiorizadas polos falantes.

A competencia administrativa, un dos presupostos de acción na administración pública.

As competencias básicas, as capacidades para usar os coñecementos e habilidades adquiridos durante o proceso de aprendizaxe;

As competencias profesionais, as capacidades que definen unha profesión ou ocupación.

Picos de Europa

Os Picos de Europa é unha formación montañosa da Cordilleira Cantábrica, ao norte da Península Ibérica, entre Asturias, Castela e León e Cantabria. Está constituída por rocha calcaria carbonífera pregada antes do choque da Península Ibérica coa placa africana. De valor paisaxístico importante, posúe numerosos endemismos. A formación está dentro dos límites do Parque Nacional dos Picos de Europa.

Reino de León

O Reino de León foi un dos reinos medievais da Península Ibérica que perviviu administrativamente ata o século XIX e que tivo a súa orixe no chamado territorio legionese, aquel que circundaba a cidade de León e que lle deu o nome ao reino.

Sicilia (provincia romana)

Sicilia (oficialmente, Provincia Sicilia) foi o nome dado á primeira provincia romana da antiga Roma. A parte occidental da illa foi sometida ao control romano no 241 a.C ao finalizar a Primeira Guerra Púnica contra Cartago. Un pretor era asignado regularmente á illa desde o 227 a.C.. O Reino de Siracusa baixo Hierón II permaneceu como aliado independente de Roma ata a súa derrota no 212 a.C. durante a Segunda Guerra Púnica. A provincia incluía toda a Sicilia, a illa de Malta e os grupos de illas máis pequenas (as Illas Égadi, as Illas Eolias, Ustica, e Pantelleria).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.