Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo

A Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo (en castelán: Compañía del Ferrocarril de Medina a Zamora y de Orense a Vigo), tamén coñecida polas siglas MZOV, foi unha empresa de transporte ferroviario española que tivo o seu período de operacións de 1862 a 1928, cando as súas infraestruturas quedaron integradas na empresa pública Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.

Estación (Las Torres de Aliste)
A estación de Las Torres de Aliste, na provincia de Zamora.

Historia

O 19 de febreiro de 1861 concedeuse a Rafael Beltrán de Lis unha concesión ferroviaria ao amparo da Lei Xeral de Ferrocarrís de 1855 para crear a sociedade Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora. O proxecto iniciou a desexada conexión de Galicia coa Meseta Central. No trazado da liña interviron diversos enxeñeiros debido á cantidade de túneles e pontes que salvan a orografía das provincias de Zamora e Valladolid entre Medina del Campo e Zamora.

Posteriormente iniciouse a construción do segundo tramo, entre Vigo e Ourense. A empresa recibiu entón o nome Compañía do Ferrocarril de Medina del Campo a Zamora e de Ourense a Vigo ou MZOV. No proxecto participou Juan Flórez.

En 1928 o Estado nacionalizou as empresas ferroviarias e as infraestruturas de MZOV quedaron integradas na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste. Con todo, a división construtora da compañía continuou e fusionouse con Cubiertas y Tejados en Cubiertas y MZOV, a cal xuntouse en 1997 con Entrecanales y Távora para crear Acciona (que, por certo, ten unha división ferroviaria)[1].

Notas

  1. "MZOV: La marca de trenes que sobrevivió a Renfe". Consultado o 2019/05/24.

Véxase tamén

Outros artigos

Antonio Cantero Seirullo

Antonio Cantero Seirullo, nado en Valencia o 3 de abril de 1838, foi un político español.

Apeadoiro de Arcade

Arcade é un apeadoiro de ferrocarril de Adif situado en Arcade (Soutomaior, Pontevedra). Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe. Antes da posta en servizo do Eixo Atlántico de Alta Velocidade, tiña a consideración de estación.

Apeadoiro de Cesantes

Cesantes é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Cesantes, no concello de Redondela, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Estación da Frieira

Frieira é unha estación de tren de Adif situada no lugar da Frieira, no concello de Crecente, na provincia de Pontevedra, ao lado do río Miño. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Estación da Pousa-Crecente

A Pousa-Crecente é un apeadoiro ferroviario de Adif situado no lugar da Pousa, no concello de Crecente, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Estación das Neves

As Neves é unha estación de tren de Adif situada no lugar de Paredes, moi preto da vila das Neves, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Estación de Arbo

Arbo é unha estación de tren de Adif situada en Arbo, na provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Estación de Areas

Areas é unha estación de tren de Adif, situada en Areas, no concello de Sober, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia.

Estación de Barbantes

Barbantes é unha estación de tren de Adif situada na Barca de Barbantes, no concello de Cenlle, provincia de Ourense. Ten servizos de media distancia.

Estación de Barra de Miño

Barra de Miño é unha estación de tren de Adif situada en Barra de Miño, no concello de Coles, provincia de Ourense. Ten servizos de media distancia.

Estación de Caldelas de Tui

Caldelas de Tui ou Caldelas é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Caldelas de Tui, no concello de Tui, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Estación de Canaval

Canaval é unha estación de tren de Adif, situada en Canaval, no concello de Sober, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia.

Estación de Filgueira

Filgueira é unha estación de tren de Adif, situada en Filgueira, no concello de Crecente, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Estación de Louredo-Valos

Louredo - Valos é unha estación de tren de Adif situada en Louredo, no concello de Mos, provincia de Pontevedra. Actualmente non presta servizos de viaxeiros.

Estación de Ribadavia

Ribadavia é unha estación de tren de Adif situada na vila de Ribadavia, na provincia de Ourense. Ten servizos de longa e media distancia.

Estación de Salvaterra

Salvaterra é unha estación de tren de Adif situada na vila do Castelo, no concello de Salvaterra de Miño, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Estación de San Pedro do Sil

San Pedro do Sil é unha estación de tren de Adif, situada en San Pedro, no concello de Pantón, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia.

Estación de Santo Estevo do Sil

Santo Estevo do Sil é unha estación de tren de Adif, situada no lugar da Estación, no concello de Pantón, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia.

Estación de Sela

Sela é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Sela, no concello de Arbo, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.