Compañía de Xesús

A Compañía de Xesús (en latín Societas Iesu, S.I.) é unha orde relixiosa católica fundada por Ignacio de Loiola, que despois foi canonizado como Santo Ignacio de Loiola.

Compañía de Xesús
Societas Iesu
Ihs-logo
Selo da Compañía de Xesús
Historia
FundadorSanto Ignacio de Loiola
Goberno e estrutura
Prepósito XeneralAdolfo Nicolás Pachón
Membros17,287 (xaneiro de 2013)[1]
Outros datos
Páxina websjweb.info
Ignatius Loyola
Santo Ignacio de Loiola.
Basilica of St. Ignatius in Loyola
Basílica de Loyola, en Azpeitia (Guipúscoa).

Traxectoria

Fundada o 15 de agosto de 1534 en París,[2][3] e aprobada pola igrexa en 1540 por medio da bula Regimini Militantis Ecclesiae do papa Paulo III,[3] é unha orde apostólica que concreta a súa misión polo servizo da fe e a promoción da xustiza.

Os membros desta orde coñécense popularmente como os xesuítas. Con 20.000 membros, é a orde máis grande da Igrexa Católica da actualidade. A súa estrita formación de máis de dez anos (estudan filosofía e teoloxía, ademais de realizar "prácticas" de diversa natureza e estudar diferentes linguas) fixo que se convertesen durante máis de catro séculos nos líderes intelectuais do catolicismo. Os xesuítas realizan os tres votos habituais da vida relixiosa (obediencia, pobreza e castidade), pero ademais, suman outro voto de obediencia ao Papa. A Compañía de Xesús foi unha organización relixiosa que sempre viviu entre a loanza e a crítica, mais sempre na polémica.

Notas

  1. The Society of Jesus in numbers, (en inglés)
  2. Thomas J. Campbell (2014). The Floating Press, ed. The Jesuits, 1534-1921: A History of the Society of Jesus from its Foundation to the Present Time. p. 32. ISBN 9781776530991.
  3. 3,0 3,1 Michael Mullett (2010). Scarecrow Press, ed. Historical Dictionary of the Reformation and Counter-Reformation. pp. 258–259. ISBN 9780810873933.
26 de novembro

O 26 de novembro é o 330º día do ano do calendario gregoriano e o 331º nos anos bisestos. Quedan 35 días para acabar o ano.

31 de xullo

O 31 de xullo é o 212º día do ano do calendario gregoriano e o 213º nos anos bisestos. Quedan 153 días para finalizar o ano.

3 de setembro

O 3 de setembro é o 246º día do ano do calendario gregoriano e o 247º nos anos bisestos. Quedan 119 días para finalizar o ano.

Colexio dos xesuítas de Camposancos

O Colexio Apóstolo Santiago dos Padres Xesuítas, na Pasaxe (Camposancos, A Guarda) hoxe en ruínas, foi xermolo das universidades de Deusto e Comillas.

Collegium Canisianum

O Collegium Canisianum, ou simplemente Canisianum de Innsbruck, é un seminario internacional de Teoloxía da Igrexa Católica, dirixido pola Compañía de Xesús, e é un dos máis importantes de Austria.

Contrarreforma

A Contrarreforma, tamén denominada Reforma Católica, é o nome dado ao movemento creado no seo da Igrexa Católica en resposta á Reforma Protestante iniciada con Lutero a partir de 1517. En 1543, a Igrexa Católica convocou o Concilio de Trento establecendo, entre outras medidas, a continuación do Tribunal do Santo Oficio (Inquisición), a creación do Index Librorum Prohibitorum, cunha relación de libros prohibidos pola igrexa, e o incentivo á catequese dos pobos do Novo Mundo, coa formación de novas ordes relixiosas dedicadas a esa empresa, incluíndo a Compañía de Xesús. Outras medidas incorporaron a reafirmación da autoridade papal, o mantemento do celibato, a creación do catecismo e seminarios e a supresión de abusos mediante indulxencias.

Cuzco

Cuzco (en quechua: Qusqu ou Qosqo) é unha cidade de Perú, sita no sur do país, cunha poboación de 358.052 habitantes (censo de 2007). Despois de ter sido a capital do Imperio Inca na época precolombiana, durante a época colonial española foi unha das cidades mais importantes do Vicerreinado do Perú. Actualmente está declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco, e segundo a propia constitución peruana, é a capital histórica do país.

Francisco, papa

Francisco (en latín: Franciscus), nado co nome de Jorge Mario Bergoglio en Buenos Aires o 17 de decembro de 1936, é o 266º, e actual, papa da Igrexa católica, bispo da diocese de Roma e soberano do Estado da Cidade do Vaticano dende o 13 de marzo de 2013.

Ignacio de Loiola

Santo Ignacio de Loiola, nado en Azpeitia en 1491 e fiando en Roma o 31 de xullo de 1556, foi un relixioso vasco, fundador da Compañía de Xesús, coñecida como os xesuítas, unha compañía relixiosa católica establecida co fin de fortalecer á Igrexa, inicialmente contra o protestantismo.

Igrexa de San Xurxo da Coruña

A igrexa de San Xurxo é un templo relixioso católico da cidade da Coruña de estilo barroco, construída entre 1725 e 1906. Está situado na praza do Marqués de San Martín, nas inmediacións da praza de María Pita, ao lado esquerdo da casa do concello da cidade herculina.

Igrexa do Gesù

A Igrexa do Gesù (en italiano, Chiesa del Sacro Nome di Gesù, ou Igrexa do Santo Nome de Xesús) situada na praza del Gesù en Roma, é a igrexa nai da Compañía de Xesús, coñecida coma os xesuítas, unha orde da Igrexa Católica. A súa fachada está recoñecida coma «a primeira verdadeiramente barroca» e foi o modelo de innumerables igrexas xesuítas en todo o mundo, especialmente no continente americano.

Liexa

Liexa (francés: Liège; neerlandés: Luik) é unha cidade de Bélxica, capital da provincia homónima. Ten uns 185.000 habitantes segundo o censo do ano 2005. Situada xunto a desembocadura do río Ourthe no Mosa, no leste do país. Está comunicada con Antuerpen polo Albertkanaal (canle Alberto) e coa rexión renana polo río Mosa.

Dende o século XV, a cidade experimentou un continuo desenvolvemento económico, e no século XIX convertérase nun importante centro industrial, como consecuencia da explotación das minas de hulla e do seu procesamento. Industria siderúrxica, de transformados metálicos, de construción de maquinaria, armamentística, química, do caucho, do vidro e alimentaria (refinería de azucre). A cidade posúe un dos portos fluviais máis importantes de Europa, tamén posúe un Aeroporto en Bierset. Liexa constitúe o centro cultural dos valóns. A súa universidade fundouse en 1817.

Entre o 4 e o 16 de agosto de 1914 tivo lugar nesta cidade a batalla de Liexa, na que os alemáns conquistarían a praza no seu avance cara París.

Entre 1931 e 1937 estivo situada nesta localidade a Escola de Enxeñería ICAI, logo de que a Compañía de Xesús fora expulsada de España.

Oxfam Intermón

Oxfam Intermón é a ONG española da confederación Oxfam Internacional. Naceu o 11 de agosto de 1956 como Secretariado de Misións e Propaganda da Compañía de Xesús, destinado a axudar nas misións a Bolivia, Paraguai e a India. Con carácter relixioso e asistencialista en principio, durante os anos sesenta dirixiuse mais por apoiar económica e socialmente. Oxfam Intermón foi galardoada como a mellor ONG en axuda humanitaria no ano 2001.

Actualmente e desde hai varias décadas é unha organización totalmente laica e independente traballando activamente para xerar transformacións sociais tanto nos países do Norte como nos do Sur. Actúa nas áreas de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, Acción Humanitaria e xestión de conflitos, Comercio xusto e Incidencia política e mobilización social, con programas e proxectos a través de modelos que garantan a autosustentabilidade e independencia, a equidade, a sustentabilidade e a participación.

Desde 1997 a ONG forma parte da confederación Oxfam Internacional, polo que agora se denomina Oxfam Intermón. Coopera en máis de 500 programas de desenvolvemento en 48 países de África, América e Asia, actúa en emerxencias, fomenta o comercio xusto como ferramenta para promover o desenvolvemento e realiza campañas de sensibilización e mobilización social e incidencia política e institucional tanto no Sur como no Norte.

Santuario de Loiola

O Santuario e Basílica de Loiola é un complexo monumental e relixioso construído ó redor da casa natal de Ignacio de Loiola, fundador da Compañía de Xesús, coñecida como os Xesuítas. Atópase no barrio de Loiola do municipio guipuscoano de Azpeitia, no País Vasco. O santuario atópase a beiras do río Urola entre as poboacións de Azpeitia e Azcoitia.

Ignacio de Loiola, que en realidade se chamaba Iñigo López de Loiola, era fillo do señor de Loiola, Beltrán Ibáñez de Oñaz (cabeza dos Oñacinos), e da ondarresa Marina Sánchez de Licona, membro dunha importante familia oñacina biscaíña. Naceu no ano 1491 na casa torre familiar de Loiola.A Compañía de Xesús converteuse nunha poderosa institución que tiña moita influencia na cúpula dirixente católica. Ignacio, o seu fundador, foi nomeado santo e, como era lóxico, a súa casa natal pasou a ser un lugar de devoción. Cando no século XVII a casa torre onde nacera foi cedida ós xesuítas, estes construíron alí, ó redor da casa natal do seu fundador, todo un complexo relixioso no cal destaca a súa basílica.

Sarrià

Sarrià é un barrio do distrito de Sarrià-Sant Gervasi da cidade de Barcelona. Sarrià foi a vila principal do antigo municipio de Sarrià que ademais da vila de Sarrià incluía o sector de Pedralbes e les Tres Torres pero que furon urbanizados moito máis tarde que o pobo de Sarrià. Finalmente, en 1921 foi o último dos pobos circundantes a Barcelona en ser anexionado. Os primeiros datos por escrito que se conservan da vila son do século X.

Algúns sectores de Sarrià son: Sarrià Vell, Santa Amèlia, Can Ponsic-Caputxins, Sagrat Cor-Can Caralleu e Can Pomaret-Peu del Funicular. Inicialmente o pobo foi unha zona dedicada ao sector agrícola, especialmente vinícola pero máis tarde atraeu a familias acomodadas.

Destaca a igrexa de Sant Vicenç de Sarrià e dous colexios, o das Teresianas, de estilo modernista e de Sant Ignasi-Sarriá, de estilo neogótico inglés, da Compañía de Xesús. A igrexa de Sarrià, da que existen documentos que acreditan a súa existencia desde o ano 980, está dedicada a San Vicente e foi reedificada en 1379. En 1781 o mestre Josep Mas construíu o edificio actual de estilo neoclásico. A praza de Sarrià, situada diante da igrexa, foi o cemiterio do pobo ata 1850.

En 1858 comunicouse o pobo con Barcelona a través do tren de Sarrià, actualmente unha liña dos Ferrocarrils de la Generalitat.

Universidade Pontificia Comillas

A Universidade Pontificia Comillas é unha universidade privada, da Igrexa Católica, dirixida pola Compañía de Xesús, con sé en Madrid.

Conta con 9.301 alumnos e 1.712 profesores.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.