Comboios de Portugal

Comboios de Portugal é unha empresa portuguesa de transporte ferroviario. Foi creada en 2009, sucedendo á empresa Caminhos de Ferro Portugueses. A empresa Comboios de Portugal E.P.E. foi creada polo Decreto-Lei n.º 137-A/2009.

CP - Comboios de Portugal, E.P.E.
Flickr - nmorao - Estação de Miranda do Corvo, 2008.06.10
Próxima paragem: mudar a sua vida.
Alfa Pendular
TipoEmpresa pública
Fundación2009
LocalizaciónFlag of Portugal.svg Lisboa, Portugal
IndustriaTransportes, Ferrocarril
Páxina webhttp://www.cp.pt/
CP PSB UME3400
Conbois urbanos da CP na Estación de São Bento no Porto.
Alfa Pendular
Conbois Alfa Pendular da CP na Gare do Oriente en Lisboa.
Intercidades with 5604 at Entroncamento
Intercidades circulando na Liña do Norte preto do Entroncamento
CP 592.0 (UM) (17366984831)
Conboio interrexional da CP na Liña do Douro

Caracterización

LogoCPantigo
Logotipo dos Caminhos de Ferro Portugueses

Logotipos da CP.

Na actualidade, a CP transporta preto de 178 millóns de pasaxeiros (107 millóns en 2013[1]) e 9,3 millóns de toneladas de mercadorías por ano. Atópase dividida en diferentes sub-empresas que representan unidades de negocio diferentes, cada unha cunha parte específica dos servizos prestados pola empresa:

  • CP Regional
  • CP Porto
  • CP Lisboa
  • CP Coimbra
  • CP Longo Curso
  • CP Frota
  • CP Serviços
  • CP Carga

A CP na actualidade dedícase apenas ao transporte e actividades conexas. A xestión da rede ferroviaria nacional, que lle pertenceu ata 1997, está hoxe entregada a outra empresa pública, a REFER. Está liderada por Manuel Queiró, presidente do Conselho de Administração da CP dende o 21 de febreiro de 2013.

En xuño de 2011, a empresa presetaba un beneficio de 195 millóns de euros e unha débeda de 3.3 millóns de euros.[2]

Liñas actuais e antigas

Flickr - nmorao - Regional 5502, Vale da Bica, 2009.09.15
Rexional circulando na Liña do Leste, no Alentexo

Actuais:

Marcha 95601, Estação de Santa Apolónia, 2013.01.23 (8410164598)
Sud Expresso na estación de Santa Apolónia, en Lisboa
Pt ferv
Rede da REFER, onde circulan os servizos da CP.
  • Liña do Minho
  • Ramal de Braga
  • Liña de Guimarães
  • Liña do Douro
  • Liña do Tua (por concesión ao Metro de Mirandela)
  • Liña do Norte
  • Liña do Vouga
  • Liña da Beira Alta
  • Ramal de Alfarelos
  • Liña do Oeste
  • Ramal de Tomar
  • Liña da Beira Baixa
  • Liña de Cintura
  • Liña de Sintra
  • Liña de Cascais
  • Liña do Alentejo
  • Liña de Évora
  • Ramal de Neves-Corvo
  • Liña do Sul
  • Liña do Algarve

Consello de Administración

O Presidente do Consello de Administración é o responsábel máximo da empresa, lidedrando un equipo xeralmente constituído por cinco membros, contando con o propio presidente. Os membros do consello de administración son nomeados directamente polo ministro responsábel e exercen xeralmente un mandato trianual.

Sendo un cargo de confianza política, os nomeados son xeralmente membros ou independentes próximo dos dous partidos que se alteran o Goberno de Portugal, o PS e o PSD.

O actual Presidente do Consello de Administración é Manuel Queiró, que sucedeu a José Benoliel o 21 de febreiro de 2013.

Titular Partido Político Mandato
António Brito da Silva Partido Social Democrata 19951997
Crisóstomo Teixeira Partido Socialista 19972003
Ernesto Martins de Brito Partido Social Democrata 20032004
António Ramalho Partido Social Democrata 20042006
Francisco Cardoso dos Reis Partido Socialista 20062010
José Benoliel Independente 20102012
Manuel Queiró CDS - Partido Popular 2013—actualidade

Notas

  1. http://www.cp.pt/StaticFiles/Institucional/2_gestao_sustentavel/1_RelatoriosSustentabilidade/relatorio2013.pdf
  2. "CP em crise dá carros de luxo a gestores".
9 de setembro

O 9 de setembro é o 252º día do ano do calendario gregoriano e o 253º nos anos bisestos. Quedan 113 días para finalizar o ano.

Accidente ferroviario do Porriño

O accidente ferroviario do Porriño de 2016 foi un descarrilamento ferroviario que tivo lugar o 9 de setembro de 2016 no Porriño. O tren cubría o servizo Celta entre Vigo e Porto.

O accidente tivo lugar ás 9:25 da mañá á entrada da estación do Porriño desde Redondela. Unha unidade 420 de Comboios de Portugal descarrilou e provocou a morte de 4 persoas (o maquinista José Arnaldo Moreira, de nacionalidade portuguesa, o interventor e dous pasaxeiros, un deles de Vigo e outro estadounidense) e 48 feridas. En total viaxaban no tren 63 persoas.

Tras a recuperación da caixa negra comprobouse que o tren circulaba a 118 km/h nun tramo limitado a 30. Estaba nun tramo recto cando descarrilou, e logo de chocar cuns paus o tren quedou parado contra unha torre de electricidade.

Tras o accidente abriuse unha investigación por parte da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios.

Apeadoiro de Figueirido

Figueirido foi un apeadoiro de Adif, situado na vila de Figueirido, no concello de Vilaboa, provincia de Pontevedra. O antigo predio de viaxeiros consérvase na beira da liña Santiago - Redondela e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Apeadoiro de Guísamo

Guísamo foi un apeadoiro da liña León - A Coruña localizado en Guísamo (Bergondo). A el se accedía por unha escaleira desde a estrada DP-01810, que salva a vía férrea mediante un paso superior. As súas instalacións foron eliminadas.

Estación da Susana

A Susana é un apeadoiro de Adif, situado na Susana, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña. Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación de Boborás

Boborás é un apeadoiro de Adif, situado moi preto da vila de Boborás, provincia de Ourense. Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación de Gorgullos-Tordoia

Gorgullos-Tordoia é un apeadoiro de Adif, situado en Gorgullos, no concello de Tordoia, provincia da Coruña. Está situada na liña A Coruña-Vigo e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación de Maside

Maside é un apeadoiro de Adif, situado no centro da vila de Maside, provincia de Ourense. Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación de Padrón

Padrón é unha estación de tren de Adif, situada na cidade de Padrón, na provincia da Coruña. Está situada na liña A Coruña-Vigo.

Estación de Pontecesures

Pontecesures é unha estación de tren de Adif, situada na vila de San Xulián, no concello de Pontecesures, na provincia de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Vigo.

Estación de Portas

Portas é un apeadoiro de Adif, situado na vila de Portas, provincia de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Vigo e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación de Portela

Portela é un apeadoiro de Adif, situado en Portela, no concello de Barro, provincia de Pontevedra. Está situado na liña A Coruña-Vigo.

Estación de Silleda

Silleda é un apeadoiro de Adif, situado na parroquia do Castro, preto da vila de Silleda, provincia de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación de Tui

Tui é unha estación de tren de Adif, situada na cidade de Tui, provincia de Pontevedra. Está situada na liña Vigo-Porto.

Estación de Verdía

Verdía é un apeadoiro de Adif, situado en Verdía, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña. Está situada na liña A Coruña-Vigo e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Estación do Freixeiro

O Freixeiro é un apeadoiro de Adif, situado no Freixeiro, no concello de Quiroga, provincia de Lugo. Actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Atópase na liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña, entre as estacións da Pobra do Brollón e San Clodio-Quiroga. O tramo é de vía única e está electrificado.

Estación do Porriño

A estación do Porriño é unha estación de tren de Adif situada na cidade do Porriño, na provincia de Pontevedra. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe Operadora.

Liña Monforte de Lemos - Vigo

A liña ferroviaria Monforte de Lemos-Vigo é unha liña de ferrocarril de ancho ibérico, que une as cidades de Monforte de Lemos (Lugo) e Vigo, pasando por Ourense.

Renfe Operadora

Renfe Operadora, ou simplemente Renfe, é unha entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Fomento de España, e a operadora ferroviaria hexemónica de viaxeiros pola rede de Adif, onde só se internan para servizos internacionais Comboios de Portugal e SNCF. Tamén mantén unha importante presenza no tráfico mercadorías.

Tomou o nome da antiga RENFE (Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles), empresa creada en 1941 e da que se desprendeu Renfe Operadora o 1 de xaneiro de 2005, pasando RENFE a se chamar Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias). Renfe heredou o groso do material rodante e persoal relacionado (maquinistas, interventores, ...) mentres que Adif quedou coa infraestrutura, superestutura, a maior parte dos predios e naves (agás talleres) e persoal relacionado coa circulación ferroviaria (factores, xefes de estación, persoal dos Postos de Mando e CTC, ...).

A creación de Renfe Operadora veu dada pola Lei do Sector Ferroviario, que apuntaba á separación da explotación dos servizos de transporte, da administración das infraestruturas, polo que se tiveron que conformar dúas empresas: Adif e Renfe Operadora.

Compañías ferroviarias nacionais de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.