Combarro, Poio

San Roque de Combarro é unha parroquia que se localiza no concello de Poio. Segundo o INE no 2008 tiña 1.786 habitantes (892 homes e 894 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.567 habitantes. Mailo INE, so conta 5 lugares: A Armada, Cidrás, Combarro, Chancelas e Xuviño.

Constituíu concello propio ata comezos do século XX.

San Roque de Combarro
SRCombarro
igrexa parroquial
ConcelloPoio
Área5,53 km²
Poboación1.833 hab. (2017)
Densidade331,46 hab./km²
Entidades de poboación8

Patrimonio

Ademais da igrexa parroquial de San Roque, ten outros dous templos católicos: a igrexa de San Bernardo e a capela da Virxe da Renda. A zona vella da vila, máis achegada ao antigo peirao, foi declarada Conxunto Histórico-Artísitico, e ten hórreos e casas pegadas á costa.

Festas

Combarro celebra desde o 2001 a Festa do Mar, o 24 de agosto.

Combarro na literatura popular

  • Árdelle o eixe,/ árdelle o carro,/ árdelle o eixe/ aos de Combarro [1].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Combarro, Poio.
SBCombarro

Igrexa de San Bernardo.

CRenda

Capela da Renda.

Cuembarro-Poyo

Hórreos en Combarro.

Barcas en Combarro

Barcas varadas no areal de Combarro.

Lugares e parroquias

Parroquias de Poio

Notas

  1. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 269. San Roque de Combarro é parroquia do concello de Poio.

Véxase tamén

Outros artigos

Adolfo Pérez Esquivel

Adolfo Pérez Esquivel, nado en Buenos Aires o 26 de novembro de 1931, é un arquitecto, escultor e activista de dereitos humanos arxentino a quen lle foi concedido o Nobel da Paz de 1980. Seu pai era natural da parroquia pontevedresa de Combarro (Poio).

Asociación A Solaina

A Solaina é unha asociación para a defensa e promoción do patrimonio histórico e artístico de Combarro (Poio). Foi creada en 1987.

Celestino Poza Pastrana

Celestino Poza Pastrana, nado en Pontevedra o 2 de setembro de 1903 e finado na mesma cidade o 25 de abril de 1971, foi un médico e político galego.

Chancelas, Combarro, Poio

Chancelas é un lugar da parroquia de Combarro no concello pontevedrés de Poio na comarca de Pontevedra. Tiña 345 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 179 eran homes e 166 eran mulleres.

Este lugar atópase a 5,3 quilometros da capital do concello.

Combarro, Combarro, Poio

Combarro é o núcleo principal da parroquia poiense do mesmo nome. Ademais, contén un dos conxuntos históricos máis fermosos e mellor conservados de Galicia. É famoso tamén polos seus hórreos, á beira do mar. Ten 1.253 habitantes (INE, 2008). É un aumento respecto a 2007, cando tiña 1.217 residentes.

Cruceiro

Un cruceiro é un monumento relixioso constituído por unha cruz de pedra, cunha ou varias imaxes, elevada sobre unha columna asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de camiños, adros de igrexas etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos pagáns á natureza (teoría xa proposta por Murguía e mantida por case tódolos autores).

O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura galegas, intimamente vencellado á paisaxe rural galega. Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e devoción populares. Hoxe séguense a esculpir e plantar en prazas, xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis. O cruceiro tamén é característico doutras rexións do mundo con fortes raíces católicas, por exemplo Irlanda en Europa onde se chaman high cross as que son de moita influencia celta e que existen desde o século VII. Tamén aparecen cruceiros semellantes aos galegos e portugueses en amplas zonas de Francia (especialmente na Bretaña), Alemaña e Gran Bretaña.

Non se coñece o número dos existentes en Galicia, e a distribución por provincias é desigual, observándose unha maior abundancia nas provincias da Coruña e Pontevedra e sendo máis escasos en Lugo e Ourense. Clodio González Pérez di que pasan dos 10.000, entre cruces e cruceiros. A Universidade da Coruña, que está realizando desde 1993 un inventario concello a concello, estima o número en "polo menos 12.000".

como exemplo, hai catalogados "case 140 cruceiros, cruces e petos" no Porriño,, 118 en Rianxo "algo más de 300" en Vilalba, máis de 250 na comarca de Pontevedra.. Segundo o inventario que realizou Yves Castel en 1980, a Bretaña francesa contaría cuns 9.000.

Galería de imaxes de Combarro, Poio

San Roque de Combarro é unha parroquia que se localiza no concello de Poio.

Galería de imaxes de Poio

Galería de imaxes do concello de Poio na provincia de Pontevedra.

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia.

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras.

Segundo Ventín Cerviño

Segundo Ventín Cerviño, nado en Monteagudo (Codeseda, A Estrada) en 1936, e finado en Combarro (Poio) o 21 de xullo de 2016, foi un mestre e escritor galego.

Tamara Andrés

Tamara Andrés Padín, nada en Combarro (Poio) o 8 de agosto de 1992, é unha escritora e tradutora galega.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.