Comarca dos Ancares

Os Ancares é unha comarca situada ó leste da provincia de Lugo cuxa capital é Becerreá, que á súa vez é o concello máis poboado. Toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental de Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León. Pertencen a ela os concellos de Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

Comarca dos Ancares
Comarca Ancares
ProvinciaProvincia de Lugo
CapitalBecerreá
Área907 km²
Poboación10.951 hab. (2014)
ConcellosBecerreá.svg Becerreá
As Nogais.svg As Nogais
Escudo de Baralla.svg Baralla
Cervantes.svg Cervantes
Escudo Navia de Suarna.jpg Navia de Suarna
Pedrafita do Cebreiro Coat of Arms.svg Pedrafita do Cebreiro

Localización e características

É unha zona montañosa que forma parte das serras orientais, que tamén inclúen a comarca da Fonsagrada (ao norte) e O Courel (ao sur). Os Ancares tiña 10.951 habitantes no 2014, e uns 907 km2, polo que posúe unha baixa densidade de poboación de 12,07 hab/km2. Os concellos que conforman Os Ancares galegos son Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

Nos Ancares hai importantes masas forestais de carballo e bidueiro, acompañados de abeleiras, cancereixos, acivros, pradairos e teixos. Tamén hai mato abondo, como é o caso das uceiras e piornais predominantes. Na comarca aínda se pode ver ocasionalmente o oso pardo, en vías de extinción, e podería quedar algún exemplar illado da pita do monte.

Poboación

Censo total 2014 10.951 habitantes
Menores de 15 anos 636 (5.8 %)
Entre 15 e 64 anos 6.068 (55.42 %)
Maiores de 65 anos 4.247 (38.78 %)

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da comarca dos Ancares.
Comarca Ancares
O Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro, comarca dos Ancares

O Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro.

Panoramica Baralla dende Arroxo

Panorámica da vila de Baralla

Véxase tamén

Outros artigos

As Nogais

As Nogais é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares linda con Pedrafita do Cebreiro, Cervantes, Becerreá e Triacastela. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.191 habitantes (1.441 no 2006, 1.477 no 2005, 1.501 no 2004, 1.520 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nogalego .

Baralla

Baralla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2014 tiña 2774 habitantes (2889 no 2011, 2955 no 2009, 3100 no 2006, 3134 no 2005, 3193 no 2004, 3242 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barallés.

Becerreá

Becerreá é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2015 tiña 2987 habitantes (3250 no 2009, 3334 no 2006, 3389 no 2005, 3424 no 2004, 3442 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é becerrego ou becerreense.

Cervantes

Cervantes é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE no 2015 tiña 1.487 habitantes (1.844 no 2007, 1.914 no 2006, 1.973 no 2005, 2.031 no 2004, 2.080 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cervantego».

Fonfría, Pedrafita do Cebreiro

San Xoán de Fonfría é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padróm municipal (INE 2013) ten 34 habitantes (19 homes e 15 mulleres).

Galería de imaxes da comarca dos Ancares

Galería de imaxes da comarca dos Ancares.

A comarca dos Ancares comprende os concellos de Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

Hospital, Pedrafita do Cebreiro

San Xoán de Hospital é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 54 habitantes (25 homes e 29 mulleres).

Liñares, Pedrafita do Cebreiro

Santo Estevo de Liñares é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 67 habitantes (41 homes e 26 mulleres).

Lousada, Pedrafita do Cebreiro

San Vicente de Lousada é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 124 habitantes (74 homes e 50 mulleres).

Navia de Suarna

Navia de Suarna é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.211 habitantes (1.615 no 2006, 1.680 no 2005, 1.732 no 2004, 1.807 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «naviego».

O Mosteiro, Cervantes

San Xoán do Mosteiro é unha parroquia que se localiza no concello lucense de Cervantes na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 73 habitantes (38 homes e 35 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 91 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 62 habitantes, sendo 35 homes e 27 mulleres.

Pacios, Pedrafita do Cebreiro

San Lourenzo de Pacios é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 68 habitantes (37 homes e 31 mulleres).

Padornelo, Pedrafita do Cebreiro

San Xoán de Padornelo é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 123 habitantes (66 homes e 57 mulleres).

Pedrafita do Cebreiro

Pedrafita do Cebreiro é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 1.032 habitantes (563 homes e 469 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cebreirego».

Pedrafita do Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro

Santo Antón de Pedrafita do Cebreiro é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 225 habitantes (110 homes e 115 mulleres).

O topónimo Cebreiro procede do latín CEBRARIUM, "lugar onde hai moitos asnos bravos", tamén chamados onagros e "cebros" <(e)quos feros + o sufixo abundancial -arium>.

Quintá de Cancelada, Becerreá

Santa Eulalia de Quintá de Cancelada é unha parroquia que se localiza no concello lucense de Becerreá na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 188 habitantes (99 homes e 89 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 216 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 161 habitantes, sendo 86 homes e 75 mulleres.

Riocereixa, Pedrafita do Cebreiro

Santa María Madanela de Riocereixa é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013 ten 72 habitantes (42 homes e 30 mulleres).

San Tomé de Cancelada, Cervantes

San Tomé de Cancelada é unha parroquia que se localiza no concello lugués de Cervantes na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 151 habitantes (76 mulleres e 75 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 169 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 123 habitantes, sendo 63 homes e 60 mulleres.

Zanfoga, Pedrafita do Cebreiro

San Martiño de Zanfoga é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 170 habitantes (82 homes e 88 mulleres).

Concellos da comarca dos Ancares
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.