Comarca do Xallas

A comarca do Xallas é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santa Comba. Pertencen a esta comarca os concellos de Mazaricos e Santa Comba. Ten 391 km² e no 2014 tiña 14.008 habitantes. Limita, ao norte, coas comarcas de Terra de Soneira e Bergantiños; ao leste, coas comarcas de Santiago e A Barcala; ao sur, coas comarcas de Noia e Muros; e ao oeste, coa comarca de Fisterra. O seu xentilicio é xalleiro/xalleira.

Comarca do Xallas
Comarca Xallas
ProvinciaProvincia da Coruña
CapitalSanta Comba
Área391 km²
Poboación14.008 hab. (2014)
ConcellosMazaricos
Santa Comba
Xentilicioxalleiro/xalleira

Etimoloxía

Carta geométrica de Galicia 1834 facsímil 1974 hoja 06
Carta xeométrica de Galicia, co topónimo Comarca de Jallas

O topónimo Xallas, de orixe discutida, aparece durante a Idade Media referido a diferentes elementos xeográficos da zona. A primeira mención recollida, durante o reinado de Afonso IX, é a vila de Ialles de Alcayaa, actual Xallas de Castriz. O nome Xallas pasaría logo a denominar o territorio da vila e finalmente o río, coñecido como río Ézaro. Este topónimo mantívose para o seu tramo final ata o século XX.[1]

Demografía

Censo total 2014 14.008 habitantes
Menores de 15 anos 1.347 (9.61 %)
Entre 15 e 64 anos 8.513 (60.77 %)
Maiores de 65 anos 4.148 (29.61 %)

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca do Xallas
Comarca do Xallas

Notas

  1. Martínez Lema, Paulo (2010). A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV) (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 24-6-2017.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Xunqueira, Antes, Mazaricos

A Xunqueira é un lugar da parroquia de Antes, no concello coruñés de Mazaricos, na comarca do Xallas. Segundo o IGE, en 2015 tiña 61 habitantes (31 homes e 30 mulleres).

Agrís, Alborés, Mazaricos

Agrís é un lugar da parroquia de Alborés no concello coruñés de Mazaricos na comarca do Xallas. Tiña 18 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 8 eran homes e 10 eran mulleres.

Alborés de Abaixo, Alborés, Mazaricos

Alborés de Abaixo é un lugar da parroquia de Alborés no concello coruñés de Mazaricos na comarca do Xallas. Tiña 11 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 5 eran homes e 6 eran mulleres.

Alborés de Arriba, Alborés, Mazaricos

Alborés de Arriba é un lugar da parroquia de Alborés no concello coruñés de Mazaricos na comarca do Xallas. Tiña 36 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 20 eran homes e 16 eran mulleres.

Comarca de Bergantiños

A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas e esta situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo. Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Ten unha superficie de 742 km² e tiña 68.928 habitantes no ano 2014.

Comarca de Muros

A comarca de Muros é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Muros. A esta comarca pertencen os concellos de Carnota e Muros. Limita, polo norte, coa comarca do Xallas, polo leste, coa comarca de Noia e polo sur e o oeste co Océano Atlántico.

Cumbráns, Antes, Mazaricos

Cumbráns é un lugar da parroquia de Antes, no concello coruñés de Mazaricos, na comarca do Xallas. Segundo o IGE, en 2015 tiña 85 habitantes (42 homes e 43 mulleres).

Fontemourente, Chacín, Mazaricos

Fontemourente é un lugar da parroquia de Chacín no concello coruñés de Mazaricos, na comarca do Xallas. Segundo o IGE, en 2011 tiña 28 habitantes (11 homes e 17 mulleres).

Freixeiro, Santa Comba

San Fins de Freixeiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Santa Comba na comarca do Xallas. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 488 habitantes (198 mulleres e 173 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 683 habitantes.

Galería de imaxes da comarca do Xallas

A comarca do Xallas comprende os concellos de Mazaricos e Santa Comba.

Galería de imaxes de Mazaricos

Galería de imaxes do concello de Mazaricos na provincia da Coruña.

Galería de imaxes de Santa Comba

Galería de imaxes do concello de Santa Comba na provincia da Coruña.

Grille, Antes, Mazaricos

Grille é un lugar da parroquia de Antes, no concello coruñés de Mazaricos, na comarca do Xallas. Sitúase na zona leste da parroquia e segundo o IGE, en 2015 tiña 64 habitantes (28 homes e 36 mulleres).

Mazaricos

Mazaricos é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE, en 2014 tiña 4.289 habitantes (4.939 en 2009, 5.179 en 2007, 5.329 no 2006, 5.488 no 2005, 5.639 no 2004, 5.787 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mazaricán».

Monteagudo, Colúns, Mazaricos

Monteagudo é un lugar da parroquia de Colúns no concello coruñés de Mazaricos da comarca do Xallas. Tiña 8 habitantes no ano 2015 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 4 eran homes e 4 eran mulleres.

Neste lugar atopase en situación ruinosa o castelo de Brandufe, tamén coñecido como castelo Grande.

Pazos, Antes, Mazaricos

Pazos é un lugar da parroquia de Antes, no concello coruñés de Mazaricos, na comarca do Xallas. Segundo o IGE, en 2015 tiña 119 habitantes (53 homes e 66 mulleres).

Portochán, Freixeiro, Santa Comba

Portochán é un lugar da parroquia de Freixeiro no concello coruñés de Santa Comba na comarca do Xallas. Tiña 15 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, , dos cales 6 eran homes e 9 eran mulleres.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Santa Comba

Santa Comba é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE en 2015 tiña 9.635 habitantes (10.487 no 2009, 10.588 no 2007, 10.647 no 2006, 10.683 no 2005, 10.704 no 2004, 10.823 en 2003). O seu xentilicio é «combés» ou «xalleiro».

Concellos da comarca do Xallas
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.