Comarca do Salnés

A comarca do Salnés é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vilagarcía de Arousa á cal pertencen os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Constitúe un dos máis importantes enclaves turísticos de Galiza. Con poucas palabras, está comprendido entre a ría de Arousa polo norte e a ría de Pontevedra polo sur, formando parte das denominadas Rías Baixas.

Recibe este nome polas antigas salinas que existían na desembocadura do río Umia. No Parochiale suevorum do século VI faise mención á Comarca Saliniense. Fontes históricas apuntan á existencia de conflitos relacionados coas salinas localizadas en diferentes puntos da comarca, concretamente nas freguesías de Nogueira, Vilalonga, Noalla e Dena, actualmente pertencentes aos concellos de Meis, Sanxenxo e Meaño.[1]

Comarca do Salnés
Comarca Salnés
ProvinciaProvincia de Pontevedra
CapitalVilagarcía de Arousa
Área275 km²
Poboación110.534 hab. (2014)
ConcellosCambados
O Grove
A Illa de Arousa
Meaño
Meis
Ribadumia
Sanxenxo
Vilagarcía de Arousa
Vilanova de Arousa

Descrición

Salnés alcaldes
     PSdeG      PPdeG      PPdeG      Independentes Ribadumia

A comarca do Salnés ten unha poboación de 110.534 habitantes, que se reparten nunha extensión de 265,81 km². A media anual de temperatura máxima é de 20 °C e a temperatura mínima de 5 °C.

Vilagarcía é o seu principal núcleo de poboación e económico, se ben toda a súa costa presenta un elevado dinamismo económico e demográfico con importantes núcleos como Cambados, O Grove, Portonovo e Sanxenxo, que duplican a súa poboación durante os meses de verán.

Desde o punto de vista topográfico, o amplo e fértil val do río Umia ocupa boa parte da comarca, delimitada por unha serie de rebordes montañosos de suaves pendentes e escasa altitude, entre os que destacan o monte Xiabre ó norte e os montes de Castrove no sueste, que constitúen excelentes miradoiros. Aínda que as especies arbóreas autóctonas desapareceron en gran medida, a repoboación forestal ten cubertos estes montes case na súa totalidade con piñeiros e eucaliptos. As carballeiras, castiñeiros, amieiros, bidueiros e outros aparecen moi illados nos vales das terras baixas, entre as terras de labranza, viñedos e prados. O val do Salnés ten a forma dun triángulo co vértice na vila de Caldas de Reis e a base nunha liña que iría de Carril á Lanzada. Nesta base asentan os centros de poboación máis importantes: Vilagarcía de Arousa, Cambados, O Grove e Sanxenxo, que están comunicados por unha rede de estradas[2].

Este Val do Salnés caracterízase por ter un relevo suave derivado do seu proceso de formación, no que o seu principal axente foi a acción erosionada do río Umia.

A súa costa é baixa e areosa, de apacibles e resgardadas praias, relacionadas na súa maioría con complexos dunares de grande desenvolvemento coma os da Lanzada.

Tamén se abren extensas enseadas que polas súas condicións de abrigo favoreceron a localización de varios portos.

Outro risco da paisaxe costeiro é a presenza de numerosas illas: A Illa, A Toxa, Cortegada e outras de menor extensión.

A Comarca é berce de numerosos persoeiros entre os que cabe mencionar a Valle-Inclán, Francisco Asorey, Ramón Cabanillas, ou os irmáns Camba.

A importante actividade pesqueira, industrial e turística constitúen os piares da súa economía, ó que haberá que engadi-la súa riqueza agrícola, que acada o seu máximo expoñente no cultivo da vide, da que se elabora o prestixioso e afamado viño albariño baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas.

Ademais da vide, tamén son importantes os cultivos en invernadoiro de flores e produtos hortícolas, que contan cunha lonxa en Ribadumia. Desde o punto de vista turístico, O Salnés é un dos lugares máis frecuentados polos turistas estivais de dentro e fóra de Galiza. As paisaxes, as praias, os monumentos, os viños e mariscos, o clima... son aspectos moi característicos e importantes nesta comarca.

Concellos do Salnés

Censo total 2014 110.534 habitantes
Menores de 15 anos 15.985 (14.46 %)
Entre 15 e 64 anos 72.362 (65.47 %)
Maiores de 65 anos 22.187 (20.07 %)
O Salnés
Concello Poboación Extensión
(km²)
Imaxe da comarca
Vilagarcía de Arousa 37.903 47,14 Salnes County in Pontevedra Province-gl
Sanxenxo 17.586 44,00
Cambados 13.946 23,44
O Grove 11.241 21,89
Vilanova de Arousa 10.614 35,84
Meaño 5.444 28,00
Ribadumia 5.107 19,70
A Illa de Arousa 5.020 7,00
Meis 4.988 51,90
O Salnés 111.763 275,2

Notas

  1. "San Lourenzo de Nogueira berce do nome da comarca do Salnés". Meis: Caderno de Bitácula. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2018.
  2. Bosque Maurel, Vilá Valentí, Joaquín, Juan (1989). Geografía de España, Volumen 4. Planeta. ISBN 84-320-8383-6.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da comarca do Salnés.
Comarca do Salnés

Localización da comarca.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bamio, Vilagarcía de Arousa

San Xens de Bamio é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa na comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2016 tiña 1 269 habitantes (671 mulleres e 598 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ós anos 2010, cando tiña 1 375 habitantes, e 2005, cando eran 1 423.

Cambados

Cambados é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2015 tiña 13.895 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cambadés.

Limita cos concellos de Vilanova de Arousa, Ribadumia, Meaño e co océano Atlántico.

Cambados, Cambados

Santa Mariña de Cambados é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Cambados na comarca do Salnés. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 6.708 habitantes (3.210 homes e 3.498 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 6.005 habitantes.

Casal do Río, Paradela, Meis

Casal do Río é un lugar da parroquia de Paradela no concello pontevedrés de Meis, na comarca do Salnés, segundo consta no Nomenclátor de Galicia . Non obstante, o IGE non rexistra habitantes neste lugar no censo de 2016 , polo que non se poden achegar datos da súa poboación.

Castrelo, Cambados

Santa Cruz de Castrelo (do latín castellum e castrum, "cidade alta e fortificada") é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cambados na comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2016 tiña 2.008 habitantes (1.005 mulleres e 1.003 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ó ano 2010, cando tiña 2.098 veciños, e 2005 cando eran 2.174 habitantes.

Corvillón, Cambados

San Mamede de Corvillón é unha parroquia que se localiza no norte do concello pontevedrés de Cambados na comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2016 tiña 2.342 habitantes (1.219 mulleres e 1.123 homes), o que supón un aumento en relación ó ano 2010, cando tiña 2.210 veciños, e 2005 cando tiña 2.166 habitantes.

A parroquia está atravesada pola estrada PO-549 que une Cambados con Vilagarcía de Arousa, e mais polo corredor de alta capacidade VG-4.3. É unha parroquia costeira, da que os seus accidentes máis importantes son a punta de Tragove e numerosos illotes de reducidas dimensións. Bañan o territorio regatos pequenos.

Lede, Lois, Ribadumia

Lede é un lugar da parroquia de Lois no concello pontevedrés de Ribadumia, na comarca do Salnés, segundo consta no Nomenclátor de Galicia . Non obstante, o IGE non rexistra habitantes neste lugar no censo de 2016 , polo que non se poden achegar datos da súa poboación.

Liñares, Paradela, Meis

Liñares é un lugar da parroquia de Paradela no concello pontevedrés de Meis, na comarca do Salnés. Tiña 21 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 12 eran mulleres e 9 homes, o que representa un descenso respecto ós anos 2010 e 2005, cando tiña 26 veciños en ámbolos censos.

Lois, Ribadumia

San Fins de Lois é unha parroquia que se localiza no concello de Ribadumia na comarca do Salnés. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 466 habitantes (237 homes e 229 mulleres), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que representa un descen so respecto ós anos 2010, cando tiña 497 habitantes, e 2005, cando eran 473.

Meaño

Meaño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE no ano 2016 tiña unha poboación de 5.341 habitantes, o que representa un descenso con respecto ó ano 2005, cando contaba con 5.475 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meañés».

Meis

Meis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o INE, no ano 2016 contaba cunha poboación de 4.844 habitantes (2.313 homes e 2.531 mulleres), o que representa un descenso respecto a anos anteriores (5.006 en 2015, 5.033 en 2014 ou 5.007 en 2013). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meisiños - meisense».

A capital municipal localízase no lugar do Mosteiro, da parroquia de San Vicente de Meis.

O Grove

O Grove é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2016 tiña 10 758 habitantes. Forma unha península situada na beira sur da ría de Arousa. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «groveiro», «grovense» ou popularmente «meco».

Ribadumia

Ribadumia é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2015 tiña 5.087 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribadumiense».

San Lourenzo de Nogueira, Meis

San Lourenzo de Nogueira é unha parroquia que se localiza no concello de Meis na comarca do Salnés. Segundo o INE, en 2016 tiña 593 habitantes (276 homes e 317 mulleres), o que representa un descenso respecto ó ano 2014, cando tiña 637 habitantes, para alcanzar practicamente a poboación que tiña en 2004, cando eran 597 habitantes.

San Tomé de Nogueira, Meis

San Tomé de Nogueira é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Meis na comarca do Salnés. Segundo o INE en 2016 tiña 655 habitantes (326 homes e 329 mulleres), o mesmo número ca en 2008.

Sanxenxo

Sanxenxo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2018 contaba con 17.212 habitantes (8.487 mulleres e 8.725 homes), cifra que segundo o concello se multiplica por seis en época estival. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é sanxenxino ou sanxenxeiro e, popularmente, lilaino, -a .

Vilagarcía, Vilagarcía de Arousa

Santa Baia de Vilagarcía é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa, na Comarca do Salnés. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 19 465 habitantes (10 164 mulleres e 9 301 homes), distribuídos en catro entidades de poboación, o que supón un descenso respecto ó ano 2010, cando tiña 19 510 veciños, pero un aumento notable respecto a 2005, cando eran 17 456 habitantes.

Nesta parroquia sitúase a capital do concello. O Nomenclátor de Galicia contempla catro lugares nesta parroquia, se ben o IGE só rexistra poboación nun deles, Vilagarcía, no que se supón anexionados os outros tres .

Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa é un concello, e unha cidade, da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés.

Vilanova de Arousa

Vilanova de Arousa é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2016 tiña 10.406 habitantes, dos que 5.304 eran mulleres e 5.102 eran homes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilanovés» ou «arousán».

Concellos da comarca do Salnés
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.