Comarca do Ribeiro

A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

Ocupa unha superficie de 407,1 km², nos que viven 16.547 habitantes (2017). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

Comarca do Ribeiro
Comarca Ribeiro
ProvinciaProvincia de Ourense
CapitalRibadavia
Área406,9 km²
Poboación16.547 hab. (2016)
ConcellosA Arnoia
Avión
Beade
Carballeda de Avia
Castrelo de Miño
Cenlle
Cortegada
Leiro
Melón
Ribadavia.
Xentilicioribeiro/ribeira

Poboación

Censo total 2016 16.547 habitantes
Menores de 16 anos 1.237 (7.48 %)
Entre 15 e 64 anos 9.038 (54.62 %)
Maiores de 65 anos 6.272 (37.90 %)

Clima

O clima é de transición oceánico-mediterráneo, propicio para o cultivo do viñedo.

O Ribeiro na cultura popular galega

Refraneiro
  • Dálle ó porco do caldeiro, e non do Ribeiro [1].
  • Mentras auga teña o Miño, no Ribeiro non falta viño [2].
  • O viño do Ribeiro fai andar ó mozo lixeiro [3].
  • O viño do Ribeiro fai fortes ós mozos e remoza ós vellos [3].
  • O viño do Ribeiro fai ó vello chuscarrandeiro [3].
  • O viño do Ribeiro non ten compañeiro [3].
  • O viño do Ribeiro ten sona de paroleiro [3].
  • Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro [3].
  • Pra bos viños, Ribadavia, e todo o Ribeiro de Avia [3].
  • Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro [3].
Cantigueiro
  • O Ribeiro é moi alegre/ polo tempo da vendima,/ que o veñen facer alegre/ as nenas de aló d’arriba.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da comarca do Ribeiro.
Comarca do Ribeiro
ComarcaRibeiroOU

Concellos da comarca do Ribeiro.

Notas

  1. Eladio Rodríguez González, s. v. porco.
  2. Marcial Valladares Núñez (1884)'
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano (1958-1961), s. v. viño.

Véxase tamén

Bibliografía

A Arnoia

A Arnoia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2016 tiña 1002 habitantes (1040 en 2014). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arnoiao».

Avión

Avión é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2016 era de 1910 habitantes (1962 en 2015, 2730 no 2006, 2780 no 2005, 2804 no 2004, 2881 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é avionés.

Beade

Beade é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro, un dos máis pequenos en extensión e menos poboados de Galicia. Segundo o IGE en 2016 tiña 427 habitantes (500 en 2012, 557 en 2007, 553 no 2006, 559 no 2005, 578 no 2004, 576 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é beadés.

Carballeda de Avia

Carballeda de Avia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1390 habitantes (1596 en 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballedés ou (véxase no Galizionario) aviao .

Castrelo de Miño

Castrelo de Miño é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.

Cenlle

Cenlle é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.235 habitantes (1.601 en 2003)

Eladio Rodríguez González

Eladio Rodríguez González, nado en San Clodio o 24 de xullo de 1864 e finado na Coruña o 14 de abril de 1949, foi un lexicógrafo, xornalista e escritor galego. Foi un dos corenta membros numerarios fundadores da Real Academia Galega, a cal presidiu entre 1926 e 1934; tamén é autor dun dicionario, ó que lle dedicou toda a súa vida, moi valorado polo seu contido etnográfico, que foi editado postumamente.

Galería de imaxes da comarca do Ribeiro

Galería de imaxes da comarca do Ribeiro.

A comarca do Ribeiro comprende os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia.

Lamas, Leiro

Santa María de Lamas é unha parroquia do concello ourensán de Leiro, na comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2010 tiña 193 habitantes (101 mulleres e 92 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 222 habitantes.

Leiro

Leiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 tiña unha poboación de 1.630 habitantes, o que representa unha diminución constante respecto ós anos 2004, cando tiña 1.940 habitantes, e 2003, con 1.967.

Melón

Melón é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal (IGE) tiña en 2016 1 280 habitantes, dos que 667 son mulleres e 613 homes, nun descenso continuado de poboación desde 2012, cando tiña 1 479 habitantes.

Pena Corneira

Pena Corneira é un espazo natural de 998 hectáreas declarado monumento natural da comarca ourensá do Ribeiro, entre Avión, Carballeda de Avia e Leiro, e que se caracteriza por se asentar sobre un vasto macizo granítico senlleiro cun grande interese pola súa singularidade e importancia dos seus valores científicos, culturais e paisaxísticos. Carballeda de Avia o municipio que alberga unha maior superficie, seguido dos concellos de Leiro e Avión, todos na comarca do Ribeiro.No cumio do monte existe a a Pena Corneira, un penedo vertical de dez metros de altura.

Rabiño, Cortegada

San Bieito de Rabiño é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense, na comarca do Ribeiro. No ano 2007 tiña 176 habitantes, dos cales 85 eran homes e 91 eran mulleres.

Ribadavia

Ribadavia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2018 tiña 5.028 habitantes (5.540 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é ribadaviense.

Samuel Eiján

Samuel Eiján Lorenzo, nado en San Clodio (Leiro) o 10 de maio de 1876 e finado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1945, foi un sacerdote franciscano e escritor galego.

San Clodio, Leiro

San Clodio é unha parroquia do concello de Leiro, na comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2011 tiña 98 habitantes (45 homes e 53 mulleres).

Está situado a medio camiño entre Ribadavia e O Carballiño, a carón do río Avia. O mosteiro de San Clodio actualmente acolle un hotel.

Valongo, Cortegada

San Martiño de Valongo é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense comarca do Ribeiro. No ano 2013 tiña 275 habitantes, dos cales 133 eran homes e 142 eran mulleres.

Xesús Alonso Montero

Xesús Alonso Montero, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928, é un ensaísta, membro do CCG e da RAG, catedrático de Literatura galega, sociolingüista, poeta e conferenciante galego. Foi presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017.

Zaparín, Cortegada

San Martiño de Zaparín é unha parroquia do concello de Cortegada, comarca do Ribeiro, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 31 habitantes, dos cales 9 eran homes e 22 eran mulleres.

Concellos da comarca do Ribeiro
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.