Comarca do Morrazo

A comarca do Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Cangas. A cal pertencen os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.

É a comarca máis pequena de Galicia (140,7 km², o 0,47% de Galicia). Tiña 82 445 habitantes no 2018, e é unha das cinco máis densamente poboadas (585,96 hab/km²).

É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico. A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a Península do Morrazo, que abrangue tamén o concello de Vilaboa (agás a parroquia de Bértola e unha parte da de Figueirido, e o barrio de Paredes na parroquia de Vilaboa). Tamén forma parte da península as parroquias pontevedresas de Lourizán e a maior parte da de Salcedo. Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no arciprestado do Morrazo.

O concello de Vilaboa, malia pertencer ó partido xudicial de Cangas, foi integrado na comarca de Pontevedra debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino. Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo, á que pertence desde hai uns anos.

Comarca do Morrazo
Comarca Morrazo
ProvinciaProvincia de Pontevedra
CapitalCangas
Área140,7 km²
Poboación82.445 hab. (2018)
ConcellosBueu
Cangas
Marín
Moaña
Xentiliciomorracense

Municipios

Morrazo alcaldes
     PP      BNG      Alternativa Canguesa de Esquerdas

Os municipios que forman a comarca do Morrazo son:

Bueu: Municipio de 12.000 habitantes situado ó noroeste

Marín: Municipio de preto de 25.000 habitantes situado ó nordeste. Posúe un dos portos de pesca conxelada máis importante de España, tamén é a sede da Mariña.

Moaña: Municipio de 19.000 habitantes situado ó sueste. Posúe a sede de Fandicosta e estaleiros.

Cangas do Morrazo: É o municipio máis poboado e importante da comarca, residen nel máis de 26 500 persoas. É un dos puntos turísticos máis importantes de Galicia.

Vilaboa: Este municipio foi historicamente da comarca do Morrazo, pero agora pertence á de Pontevedra.

Economía

A economía da comarca basease no sector servizos e na pesca. Actualmente hai activas na comarca preto de 35.000 persoas.

Delas teñen emprego 27.618 (Setembro 2017) e están desempregadas arredor de 6.500.

O Morrazo posúe varios portos:

Porto de Marín: É un porto moi importante no ámbito da pesca fresca, sitúase nun dos postos máis importantes en descarga de peixe de España.

Porto de Cangas: É un porto de baixura, importante no ámbito galego. Un dos portos de baixura máis importantes de Galicia.

Porto de Bueu: É un porto de baixura, destaca pola descarga do polbo.

Porto de Moaña: É un porto no que destaca a descarga de mexillón.

Porto de Aldán: É un porto no que destaca a descarga de mexillón.

O turismo tamén é un factor moi importante na comarca sobre todo no municipio de Cangas, aínda que o turismo é importante en toda a comarca. Esta conta con numerosas praias e numerosos quilómetros de costa.

Sectores productivos na Comarca do Morrazo
Sector Primario 8,76 %
Sector Secundario 23,43 %
Sector Terciario 67,74 %

Demografía

A poboación do Morrazo é de 83.109 habitantes. Cun saldo vexetativo negativo e un saldo migratorio que se alterna por anos. Dende Cangas ou Moaña que gañan poboación ata Marín que perde moita cantidade dela cada ano.

Censo total 2016 83.109 habitantes
Menores de 15 anos 12.060 (14.51 %)
Entre 15 e 64 anos 54.719 (65.84 %)
Maiores de 65 anos 16.330 (19,64%)

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal na Galería de imaxes da comarca do Morrazo
ComarcaMorrazoPO

Mapa dos concellos da comarca.

Plano vila de Bueu

Plano da vila de Bueu.

Plano da vila de Cangas

Plano da vila de Cangas.

Plano de Marín

Plano da vila de Marín.

Plano de Moaña

Plano da vila de Moaña.

A Boubeta, Coiro, Cangas

A Boubeta é un lugar da parroquia de Coiro no concello pontevedrés de Cangas na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2011 tiña 59 habitantes (30 homes e 29 mulleres).

A Costeira, Coiro, Cangas

A Costeira é un lugar da parroquia de Coiro no concello pontevedrés de Cangas na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2011 tiña 30 habitantes (15 homes e 15 mulleres).

A Devesa, Coiro, Cangas

A Devesa é un lugar da parroquia de Coiro no concello pontevedrés de Cangas na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2011 tiña 45 habitantes (24 homes e 21 mulleres).

A Pedreira, Coiro, Cangas

A Pedreira é un lugar da parroquia de Coiro no concello pontevedrés de Cangas na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2011 tiña 732 habitantes (355 homes e 377 mulleres).

A Retirosa, Coiro, Cangas

A Retirosa é un lugar da parroquia de Coiro no concello pontevedrés de Cangas na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2011 tiña 262 habitantes (129 homes e 133 mulleres).

A Rúa, Coiro, Cangas

A Rúa é un lugar da parroquia de Coiro no concello pontevedrés de Cangas na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2011 tiña 28 habitantes (16 homes e 12 mulleres).

Agualevada, Coiro, Cangas

Agualevada é un lugar da parroquia de Coiro no concello pontevedrés de Cangas na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2011 tiña 59 habitantes (32 homes e 27 mulleres).

Bueu

Bueu é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo. O concello ten unha poboación de 12.189 habitantes (2016), unha superficie de 30,8 km² (26,3 km² continentais e 4,5 km² insulares) e unha densidade poboacional de 401,04 hab./km². O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bueués.

Domaio, Moaña

San Pedro de Domaio é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Moaña na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2014 tiña 2.127 habitantes (1.030 homes e 1.097 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 2.052 habitantes.

Marín

Marín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente xeografica e administrativamente á comarca do Morrazo, pero integrado socioeconomicamente na zona urbana de Pontevedra. Segundo o IGE en 2014 tiña 25.359 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «marinense».

Miranda, Coiro, Cangas

Miranda é un lugar da parroquia de Coiro no concello pontevedrés de Cangas na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2011 tiña 151 habitantes (78 homes e 73 mulleres).

O Carballal, Coiro, Cangas

O Carballal é un lugar da parroquia de Coiro no concello pontevedrés de Cangas na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2011 tiña 68 habitantes (35 homes e 33 mulleres).

O Cruceiro, Coiro, Cangas

O Cruceiro é un lugar da parroquia de Coiro no concello pontevedrés de Cangas na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2011 tiña 46 habitantes (26 homes e 20 mulleres).

O Forte, Coiro, Cangas

O Forte é un lugar da parroquia de Coiro no concello pontevedrés de Cangas na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2011 tiña 1598 habitantes (796 homes e 802 mulleres).

O Igrexario, Coiro, Cangas

O Igrexario é un lugar da parroquia de Coiro no concello pontevedrés de Cangas na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2011 tiña 20 habitantes (10 homes e 10 mulleres).

O Outeiro, Coiro, Cangas

O Outeiro é un lugar da parroquia de Coiro no concello pontevedrés de Cangas na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2011 tiña 71 habitantes (37 homes e 34 mulleres).

Reboredo, Coiro, Cangas

Reboredo é un lugar da parroquia de Coiro no concello pontevedrés de Cangas na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2011 tiña 407 habitantes (210 homes e 197 mulleres).

San Tomé de Piñeiro, Marín

San Tomé de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Marín na comarca do Morrazo. Segundo o IGE no ano 2016 tiña 1059 habitantes (524 homes e 535 mulleres). A parroquia ten 12 entidades de poboación.

Trigás, Coiro, Cangas

Trigás é un lugar da parroquia de Coiro no concello pontevedrés de Cangas na comarca do Morrazo. Segundo o IGE, en 2011 tiña 147 habitantes (77 homes e 70 mulleres).

Concellos da comarca do Morrazo
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.