Comarca do Eume

A comarca do Eume é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e con capital en Pontedeume. Pertencen a esta comarca os concellos da Capela, As Pontes de García Rodríguez, Cabanas, Pontedeume e Monfero. Limita ao norte coas comarcas de Ferrolterra e Ortegal, ao sur coa de Betanzos e ao este coa da Terra Chá pertencente á provincia de Lugo.

Comarca do Eume
Comarca Eume
ProvinciaProvincia da Coruña
CapitalPontedeume
Área538,7 km²
Poboación25.490 hab. (2014)
ConcellosA Capela
As Pontes de García Rodríguez
Cabanas
Pontedeume
Monfero

Características

Ten unha superficie total de 538,7 km², o que supón o 1,95% da superficie total de Galiza. A comarca recibe o seu nome do río Eume, río que alberga nas súas marxes o parque natural das Fragas do Eume, no que se atopan o medieval mosteiro de San Xoán de Caaveiro e o mosteiro de Monfero.

Demografía

A poboación total da comarca era de 25.490 habitantes no 2014, aproximadamente o 1% do total da poboación galega, e a densidade de poboación é de 47,32 habitantes por km².

Censo total 2014 25.490 habitantes
Menores de 15 anos 2.660 (10.43 %)
Entre 15 e 64 anos 16.667 (65.39 %)
Maiores de 65 anos 6.163 (24.18 %)

Concellos da comarca do Eume

Comarca do Eume

Concello Poboación
(2016)
Extensión
(km²)
Densidade
(hab./km²)
Westconf1.png Escudo de A Capela.svg A Capela 1 318 58,0 22,72
Westconf2.png As Pontes de García Rodríguez.svg As Pontes de García Rodríguez 10 399 249,4 41,7
Westconf3.png Escudo de Cabanas.svg Cabanas 3 259 30,3 107,56
Westconf4.png Escudo de Pontedeume.svg Pontedeume 8 005 29,3 273,21
Westconf5.png Monfero.svg Monfero 2 019 171,7 11,76
Eume 25 000 538,7 46,4

Concellos eume

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca do Eume
Comarca do Eume

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Capela

A Capela é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.334 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «capelao».

A Castiñeira, San Fiz de Monfero, Monfero

A Castiñeira é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Estaba despoboado no ano 2010 segundo datos do INE.

A Ribeira, San Fiz de Monfero, Monfero

A Ribeira é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Estaba despoboado no ano 2010 segundo datos do INE.

Agudeiro, San Fiz de Monfero, Monfero

Agudeiro é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 31 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE dos cales 17 eran homes e 14 eran mulleres.

As Eiras, San Fiz de Monfero, Monfero

As Eiras é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 5 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE dos cales 3 eran homes e 2 eran mulleres.

Cabanas, Cabanas

Santo André de Cabanas é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cabanas na comarca do Eume. Segundo o IGE en 2013 tiña 960 habitantes (493 mulleres e 467 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 804 habitantes.

Comarca de Ferrol

A comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol. A ela pertencen os concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño. Limita ao norte e ao este co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. Ten unha extensión de 623,5 km² e conta cunha poboación de 159.422 habitantes no 2014, distribuídos en 11 concellos.

Comarca de Ortegal

A comarca de Ortegal é unha comarca galega situada no norte da provincia da Coruña. Abrangue os concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira. A comarca non conta con capital oficial, se ben é Ortigueira onde se sitúan determinadas estruturas administrativas (Xulgado de Instrución, Delegación de Facenda, Oficina do INSS, Notaría, Rexistro da Propiedade...), que sumado á súa posición xeográfica central e a de ser o concello máis poboado e máis extenso, lle confiren esa condición oficiosa de capital.

Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur co concello das Pontes de García Rodríguez (comarca do Eume), ao leste coa comarca da Mariña Occidental -xa na provincia de Lugo- e ao oeste coa comarca de Ferrol, onde se integra o concello de Cedeira, tradicionalmente integrado na comarca do Ortegal por razóns históricas e xeográficas, condición que abandonou nos anos 90 ao producirse a división comarcal de Galicia, por consideralo mellor para os seus intereses.

Enveande, San Fiz de Monfero, Monfero

Enveande é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 5 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE dos cales 2 eran homes e 3 eran mulleres.

Guitiriz, San Fiz de Monfero, Monfero

Guitiriz é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 15 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 7 eran homes e 8 eran mulleres.

Monfero

Monfero é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.985 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «monferés».

A maior parte do parque natural das Fragas do Eume está en Monfero, na súa franxa norte.

O Barral, San Fiz de Monfero, Monfero

O Barral é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Estaba despoboado no ano 2010 segundo datos do INE.

O Convento, San Fiz de Monfero, Monfero

O Convento é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Estaba despoboado no ano 2010 segundo datos do INE.

O Peteiro, San Fiz de Monfero, Monfero

O Peteiro é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Estaba despoboado no ano 2010 segundo datos do INE.

O Val de Xestoso, Monfero

San Pedro do Val de Xestoso é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Monfero na comarca do Eume. Segundo o IGE en 2013 tiña 417 habitantes (203 mulleres e 214 homes) distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 538 habitantes.

Os Fornos, San Fiz de Monfero, Monfero

Os Fornos é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 2 habitantes homes no ano 2010 segundo datos do INE.

Rebordelo, San Fiz de Monfero, Monfero

Rebordelo é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 44 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 19 eran homes e 25 eran mulleres.

Sanguiñedo, San Fiz de Monfero, Monfero

Sanguiñedo é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 5 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 3 eran homes e 2 eran mulleres.

Vilarboi, San Fiz de Monfero, Monfero

Vilarboi é un lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello coruñés de Monfero na comarca do Eume. Tiña 40 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 17 eran homes e 23 eran mulleres.

Concellos da comarca do Eume
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.