Comarca do Baixo Miño

A comarca do Baixo Miño é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Pontevedra e a súa capital é Tui. Pertencen a ela os concellos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

Comarca do Baixo Miño
Comarca Baixo Miño
ProvinciaProvincia de Pontevedra
Área322,8 km²
Poboación50.402 hab. (2014)
ConcellosEscudo de A Guardia.svg A Guarda
Escudo Oia.svg Oia
Escudo de El Rosal (Pontevedra).svg O Rosal
Escudo de Tomiño.svg Tomiño
Escudo de Tui.svg Tui
Baixo Miño alcaldes 2019
     PSdeG      PPdeG      BNG

Xeografía

A comarca do Baixo Miño localízase co océano Atlántico ao oeste e o río Miño ao sueste que lle serve de fronteira natural con Portugal, até a súa desembocadura na Guarda, onde forma un amplo esteiro de importancia ornitolóxica.

Economía

Sobresae a produción pesqueira (A Guarda), coa frota palangreira adicada á captura do peixe espada máis importante do mundo; os vales do Rosal e outros levan as viñas da comarca, cos seus viños incluídos na denominación de Orixe Rías Baixas.

Demografía

Censo total (2014) 50.402 habitantes
Menores de 15 anos 7.097 (14.08 %)
Entre 15 e 64 anos 33.062 (65.6 %)
Maiores de 65 anos 10.243 (20.32 %)

Igrexa

Está dentro da diocese de Tui-Vigo, abarcando parroquias dos arciprestados de A Guarda-Tebra, Tui e Entenza.

Evolución da poboación de Comarca do Baixo Miño   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
- - - 44.110 47.145 50.799 51.116 51.096 50.402 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Concello Extensión
(km²)
Poboación (2012)
(hab.)
Densidade
(hab./km²)
Escudo de A Guardia.svg A Guarda 20,5 10.453 509,9
Escudo Oia.svg Oia 83,3 3.101 37,2
Escudo de El Rosal (Pontevedra).svg O Rosal 44,1 6.574 149,1
Escudo de Tomiño.svg Tomiño 106,6 13.738 128,9
Escudo de Tui.svg Tui 68,3 17.230 252,3
TOTAL 322,8 51.096 158,3

Fonte: IGE[1]

Galería de imaxes

Concellos da Comarca do Baixo Miño

Concellos da comarca do Baixo Miño.

Baixo Miño County in Pontevedra Province-gl

Concellos e localización na provincia de Pontevedra.

Comarca do Baixo Miño
Vista baixo Miño

Vista do Miño dende o mirador de Vilanova de Cerveira (Portugal)

A Guarda

A Guarda é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE no ano 2016 tiña 10.133 habitantes (4.937 homes e 5.196 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é guardés.

A Telleira, Caldelas de Tui, Tui

A Telleira é un lugar da parroquia de Caldelas de Tui, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Tiña 46 habitantes, segundo o padrón municipal do Instituto Nacional de Estadística referido ao 2009. Destes, 18 son homes e 28, mulleres. En relación ao 2000, experimentou un aumento de poboación do 12,2 por cento.

Arciprestado da Guarda-Tebra

O arciprestado da Guarda-Tebra é un arciprestado da comarca do Baixo Miño, pertencente á diocese de Tui-Vigo. Abrangue parroquias dos concellos de Oia, O Rosal, A Guarda e Tomiño (aínda que a parroquia de Sobrada pertence ó arciprestado de Tui).

Burgueira, Oia

San Pedro de Burgueira é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Oia na comarca do Baixo Miño, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE, no 2013, tiña 410 habitantes (197 homes e 213 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 487 habitantes.

Galería de imaxes da comarca do Baixo Miño

Galería de imaxes da comarca do Baixo Miño.

A comarca do Baixo Miño comprende os concellos da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

Loureza, Oia

San Mamede de Loureza é unha parroquia que se localiza no concello de Oia na comarca do Baixo Miño, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE, no 2013, tiña 418 habitantes (206 homes e 212 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 490 habitantes.Por Loureza transcorren as augas do río Tamuxe.

Malvas, Tui

Santiago de Malvas é unha parroquia que se localiza no concello de Tui na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 382 habitantes (199 mulleres e 183 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 384 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 407 habitantes, sendo 189 homes e 218 mulleres.

O Monte, Caldelas de Tui, Tui

O Monte é un lugar da parroquia de Caldelas de Tui, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Tiña 38 veciños no ano 2009, segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Nacional de Estadística, tantos homes como mulleres. Esta cifra supón un incremento dun 31 por cento respecto ao 2000.

O Monteiro, Caldelas de Tui, Tui

O Monteiro é un lugar da parroquia de Caldelas de Tui, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. É o único núcleo deshabitado da parroquia, segundo datos do IGE e do INE para o período 1999-2008.

O Rosal

O Rosal é un concello situado ó suroeste da provincia de Pontevedra. Pertence á comarca do Baixo Miño, situándose á beira da desembocadura do río Miño. Limita polo sur coa Guarda, polo norte con Oia e polo nordeste con Tomiño. O seu xentilicio é rosaleiro.

O Rosal, O Rosal

Santa Mariña do Rosal é unha parroquia do concello pontevedrés do Rosal na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 4.619 habitantes (2.336 mulleres e 2.283 homes). Pertence á diocese de Tui-Vigo, e nela, o arciprestado da Guarda-Tebra.

Oia

Oia é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, no ano 2016 tiña 3.002 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é oiense.

Pedornes, Oia

San Mamede de Pedornes é unha parroquia do concello pontevedrés de Oia, na Comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, no 2013, tiña 406 habitantes (209 homes e 197 mulleres).Elévase dende o nivel do mar, na Punta Orelluda, ata o Monte do Corrubedo, de 596 metros de altitude, na Serra da Groba.

Hai varios petróglifos, como o de Pedra do Cazador.A festa parroquial celébrase o 7 de agosto.

Pinzás, Tomiño

Santa María de Pinzás é unha parroquia do concello de Tomiño, na Comarca do Baixo Miño, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE en 2014 tiña 173 habitantes (90 mulleres e 83 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 140 habitantes. Pertence á diocese de Tui-Vigo, e dentro dela, ó arciprestado da Guarda-Tebra.

San Miguel de Tabagón, O Rosal

San Miguel de Tabagón é unha parroquia do concello pontevedrés do Rosal, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, no ano 2014 tiña 963 habitantes (503 mulleres e 460 homes). Pertence á diocese de Tui-Vigo, e nela, ó arciprestado da Guarda-Tebra.

En San Miguel de Tabagón desemboca o río Tamuxe no río Miño.

No lugar do Cruceiro está o cruceiro de Tabagón, unha estrutura pétrea de granito que se dispón sobre tres chanzos e un podio. O fuste é de sección cadrada, capitel e tres cruces en forma de calvario.

Tabagón, O Rosal

San Xoán de Tabagón é unha parroquia do concello pontevedrés do Rosal na comarca do Baixo Miño. Ten 7 entidades de poboación: A Mina, A Paradela, A Portela, O Río, A Rúa da Cal, A Rúa de Abaixo e O Xisco. Segundo o IGE en 2014 tiña 630 habitantes (320 mulleres e 310 homes).

Está bañada polas augas do Río Miño e dista 5 quilómetros da capital do concello.

Tomiño

Tomiño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2016 era de 13 548 habitantes (6813 homes e 6735 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é tomiñés/tomiñesa.

Torroña, Burgueira, Oia

Torroña é un lugar da parroquia de Burgueira, no concello pontevedrés de Oia na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, no 2013, tiña 151 habitantes (74 homes e 77 mulleres).

Tui

Tui é un concello galego da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño da que é capital. Tui foi a capital dunha das sete provincias de Galicia até 1833, da provincia de Tui. Segundo o IGE a súa poboación en 2016 era de 16.966 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é tudense.

Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade portuguesa de Valença do Minho unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concellos, separados tan só polo río Miño.

Concellos da comarca do Baixo Miño
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.