Comarca de Vigo

Non confundir con: Área Metropolitana de Vigo

A comarca de Vigo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vigo. A ela pertencen os concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.

Comarca de Vigo
Comarca Vigo
ProvinciaProvincia de Pontevedra
CapitalVigo
Área613,4 km²
Poboación423.842 hab. (2014)
ConcellosBaiona
Fornelos de Montes
Gondomar
Mos
Nigrán
Pazos de Borbén
O Porriño
Redondela
Salceda de Caselas
Soutomaior
Vigo

Poboación

Vigo alcaldes
     PSdeG      PPdeG      MS
  • Poboación estranxeira: 18.545 (2014)
  • Idade media: 43.1 anos (2014)
  • Saldo vexetativo: -195 (2014)
  • Saldo migratorio: +2.044 (2004)
Censo total 2014 423.842 habitantes
Menores de 15 anos 60.216 (14.21 %)
Entre 15 e 64 anos 281.807 (66.49 %)
Maiores de 65 anos 81.819 (19.3 %)
Concello N.º de
parroquias
Habitantes
1991 1996 2001 2005 2009
Baiona 5 9.690 10.499 10.873 11.521 12.091
Fornelos de Montes 7 2.194 2.410 2.230 2.057 1.976
Gondomar 10 10.440 11.147 11.631 12.685 13.841
Mos 10 13.340 13.755 13.920 13.996 14.650
Nigrán 7 14.008 15.197 16.302 17.281 18.021
Pazos de Borbén 8 3.403 3.287 3.089 3.160 3.170
O Porriño 8 15.093 15.749 16.076 16.576 17.475
Redondela 13 27.751 28.893 29.090 29.863 30.001
Salceda de Caselas 7 5.696 6.074 6.349 7.176 8.289
Soutomaior 2 4.907 5.236 5.398 5.956 6.867
Vigo 23 278.050 286.774 287.282 293.725 298.648
Total 100 384.572 398.981 402.240 413.996 425.029

Fonte: IGE

Comarcas históricas

Vigo comarcas históricas
Mapa das comarcas históricas da comarca de Vigo.

A comarca de Vigo, noutrora, estaba dividida en seis comarcas:[Cómpre referencia]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da comarca de Vigo.
Comarca de Vigo

Localización en Galicia.

Vigo County in Pontevedra Province-gl

Concellos e localización na Provincia de Pontevedra.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Baiona

Baiona é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2015 tiña 12.072 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baionés. Limita cos concellos de Oia, Nigrán, Gondomar e Tomiño, e mais co océano Atlántico.

Borreiros, Gondomar

San Martiño de Borreiros é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o IGE, no 2014, tiña 1.254 habitantes (666 mulleres e 588 homes), distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.047 habitantes. O lugar de cabeceira, onde está a igrexa e o centro cultural, é San Martiño.

Comarca da Coruña

A comarca da Coruña é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é A Coruña. Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur coa comarca de Ordes, ao leste coa comarca de Betanzos e ao oeste coa comarca de Bergantiños.

Abarca unha superficie de 469,6 km², e no 2014 tiña 397.254 habitantes distribuídos en nove concellos: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

Couso, Gondomar

San Cristovo de Couso é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 410 habitantes (210 mulleres e 200 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999, cando tiña 393 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 414 habitantes, sendo 209 homes e 205 mulleres.

Destaca o Alto de Santo Antoniño pola súa área de lecer e as vistas panorámicas de boa parte do Val Miñor. Pola parroquia pasa o río de Couso.

Dentro da arquitectura relixiosa destaca a igrexa parroquial e unha capela. Entre a arquitectura popular destacan os canizos ou hórreos, pontes, cruceiros e casas.

Da parroquia é a banda de gaitas Novos Aires, e nela hai dúas asociacións de Augas e dúas Comisións de Festas (San Cristovo e Os Remedios).

Donas, Gondomar

Santa Baia de Donas é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.318 habitantes (666 mulleres e 652 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.181 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación ascendera ata os 1.469 habitantes, sendo 741 homes e 728 mulleres.

Fornelos de Montes

Fornelos de Montes é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE, no ano 2018 a súa poboación era de 1.640 persoas. O seu xentilicio é "fornelán/fornelá" ou "fornelense".

Gondomar

Gondomar é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca histórica do Val Miñor (Baiona, Gondomar e Nigrán). Dende o ano 1992 está administrativamente ligada á Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo , á comarca de Vigo e integra a Área Metropolitana de Vigo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 14 192 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é gondomarés

ou gondomarense.

Gondomar, Gondomar

San Bieito de Gondomar é unha parroquia, a capital e máis poboada do concello pontevedrés de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.675 habitantes (1.363 mulleres e 1.312 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.379 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 3.562 habitantes, sendo 1.757 homes e 1.805 mulleres.

Morgadáns, Gondomar

Santiago de Morgadáns é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 1.255 habitantes (624 homes e 631 mulleres), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento progresivo en relación aos anos 2004, cando tiña 1.229 habitantes, e 1999, con 1.160.

Durante o antigo réxime formou un morgadío xunto ás parroquias de Chenlo (O Porriño) e Pazos de Reis (Tui).

Pertenceu primeiro á xurisdición de Baiona para formar despois concello propio ata a distribución municipal definitiva de 1836, cando foi definitivamente integrada en Gondomar. Xa en 1844 hai constancia de que os veciños de Morgadáns, xunto ós da parroquia veciña de Chaín reclamaron infrutuosamente formar concello, con capital en San Roque de Morgadáns, hoxe un lugar desta parroquia.

O 7 de agosto de 1932 constituíuse nunha das 9 entidades locais menores que existen en Galiza. Trala guerra civil suspendeu as súas actividades ata 1955. Entre os bens que xestiona destaca o monte do Galiñeiro.

Nigrán

Nigrán é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 17.715 habitantes (8.684 homes e 9.031 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nigranés.

O Porriño

O Porriño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo, en concreto ao Val da Louriña. Segundo o IGE en 2018 tiña 19.740 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «porriñés».

Pazos de Borbén

Pazos de Borbén é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 3.075 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pacense».

Salceda de Caselas

Salceda de Caselas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. A súa poboación en 2015 era de 8873 persoas, segundo o Padrón municipal de habitantes. 2007, 7686 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «salcedán» ou «caseleiro».

Sanguiñeda, Mos

Santa María de Sanguiñeda é unha parroquia do concello de Mos na comarca de Vigo. Segundo o IGE en 2014 tiña 1623 habitantes (812 homes e 811 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación. Segundo o padrón municipal en 2004 tiña 1621 habitantes (821 mulleres e 800 homes), os mesmos ca en 1999.

O topónimo Sanguiñeda é un fitónimo derivado do sanguiño ou amieiro negro, do latín Sanguīnĕus (da cor do sangue) xunto co derivativo abundancial -ēta.

Soutomaior

Soutomaior é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o INE, no ano 2014 tiña 7.356 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «soutomaiorense».

Sárdoma, Vigo

San Pedro de Sárdoma é unha parroquia do concello pontevedrés de Vigo na comarca de Vigo. Limita coas parroquias de Beade, Castrelos, Freixeiro, Lavadores e Vigo Centro e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores.

Val da Louriña

O Val da Louriña é unha comarca histórica da provincia de Pontevedra formada polos concellos de Mos e O Porriño, é moi coñecida a zona destes municipios polo nome da Louriña fronte a denominación oficial na que se enmarcan, comarca de Vigo, así o reflicten os periódicos da provincia e locais. O seu nome outórgallo o río Louro que recolle as augas de todo o val encamiñado a crear unha das zonas naturais máis importantes do sur da provincia, as gándaras de Budiño.

Dentro da demarcación eclesiástica, a comarca do Val da Louriña constitúe un arciprestado. Este inclúe tamén a parroquia viguesa de Zamáns, e exclúe San Salvador de Budiño (pertence ó arciprestado de Entenza).

Vigo

Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 293.642 habitantes no 2018 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 293.642 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2018. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.

Vilaza, Gondomar

Santa María de Vilaza é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 721 habitantes (374 mulleres e 347 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 694 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 876 habitantes, sendo 414 homes e 462 mulleres.

Concellos da comarca de Vigo
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Naturais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.